Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wiktionary
Procurar

mozo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia:/ˈmoθo̝/(AFI)

Adxectivo

mozo (ms: mozo;mpl: mozos;fs: moza;fpl: mozas)

  1. Que ten poucos anos, tradicionalmente, entre 15 e 20.
    • Exemplo:Era un dos alumnos máismozos.

Substantivo

mozo (ms: mozo;mpl: mozos;fs: moza;fpl: mozas)

  1. Persoa de poucos anos, maior que unneno pero aínda nonadulto.
  2. Por extensión, persoa que aparenta ter menos anos dos que ten.
    • Exemplo:Así tan requintado parece aíndamozo.

    • Termos relacionados:bo mozo,estar mozo.
  3. Persoa coa que se ten unharelación sentimental.

Traducións

Substantivo masculino

mozo (sg: mozo;pl: mozos)

  1. (Exército) Persoa chamada a servir noexército.
  2. (Profesións) Persoa que realiza certos traballos non cualificados, normalmente noservizo doméstico ou de carga e descarga.
    • Exemplo:Dille ómozo que suba as maletas.

  3. (Mariña)Mariñeiro novo, que vai nobarco como aprendiz.
  4. (Carro) Pau que se enganchaba no extremo de diante dacabezalla docarro e que servía para sostelo horizontalmente cando se quitaba axugada.

Traducións


Partes docarro
acicarro -adival -afungadoiro -aixeda -amoradoiro -betoque -botoalla -brigueira -cabezalla -cabrita -cáceres -cadea -cádiga -caínza -camallón -camba -cambón -cancil -canga -canizo -cantadeira -cazoleta -chambaril -chantón -chavella -chaveta -cheda -chedeiro -cherca -contrarrellas -corre -coucillón -cueira -dentoira -empatías -eixo -espigo -estrobo -estadullo -freo -fungueiro -fura -gato -ladral -lamia -loro -mil -miñón -mozo -ollal -paínza -pebida -penle -ponte -ranqueiro -recadén -rella -roda -rodeiro -soliño -tentemozo -tilla -treitoira -xugo -zuncho



Castelán

Substantivo masculino

mozo (sg: mozo;pl: mozos)

  1. (Exército)Mozo,recruta.
  2. (Profesións)Mozo.
  3. (Mariña)Mozo.
  4. (Carro)Mourón,mozo,tentemozo.
Traído desde «https://gl.wiktionary.org/w/index.php?title=mozo&oldid=694953»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp