(Botánica) Órgano ou reunión de órganos reprodutivos dasanxiospermas, caracterizado xeralmente por ter cores vivas e, con frecuencia, cheiro agradable. As diferentes especies vexetais presentan formas, tamaños e disposicións moi variables, podendo agrupar os elementos masculinos (estames) e femininos (ovario) ou ben incluír un só dos elementos.
Por extensión,planta que produce flores, especialmente cando se destina adecoración.
Substancia que se forma na superficie de certos líquidos como producto da súa descomposición.
(Figurado) Parte máis valorada dunha cousa, dun tempo ou dun conxunto.