enfermidade azul. (Medicina) Estado decianose permanente que se produce nos nenos que padecen certas enfermidadesconxénitas do corazón ou dos grandesvasos. V.cianose.
enfermidade crónica. (Medicina) Enfermidade de longa duración, ou habitual. V.crónico.
enfermidade cutánea. (Medicina) Calquera enfermidade da pel. V.dermatose.
enfermidade da pedra. Proceso dexenerativo que sofren algúns materiais de construción, especialmente as pedras, e que causa na obra realizada con eles un progresivo desgaste e unhaerosión que só poden combaterse mediante a limpeza e restauración das partes danadas.
enfermidade de Alzheimer. (Neuroloxía) Demencia presenil que se inicia contra os cincuenta anos e se caracteriza por unha deterioración intelectual profunda e masiva, acompañada de desorientacióntemporo-espacial. Debe o seu nome ao neurólogo alemán Alois Alzheimer (1864-1917).
enfermidade de Barlow. (Patoloxía) Enfermidade específica dos lactantes debida adéficit de vitamina C, caracterizada poranemia, dores óseas, unhasíndromehemorráxica e febre recorrente. Toma o nome do médico británico Sir Thomas Barlow (1845-1945).Sinónimo:escorbuto infantil.
enfermidade de Hodgkin. (Patoloxía) Cancro do sistemalinfático caracterizado pola proliferación dun tipo particular dehistiocitos. É a variedade delinfoma máis frecuente no mundo occidental, rexistrándose a máxima incidencia entre os 15 e os 35 anos, e despois dos 55 anos. A súaetioloxía é descoñecida, aínda que se ten implicado aaxentesinfecciosos (especialmentevirus) no seu desenvolvemento. Describiuna o médico británico Thomas Hodgkin (1798-1866).
enfermidade de Kaposi. (Patoloxía) Enfermidade observada principalmente na Europa central e na área mediterránea, que afecta principalmente a homes maiores de 40 anos, e que se inicia cunedema das extremidades inferiores, nas que aparecen placas de diversas cores (vermellas, violáceas, azuladas ou pardas) enodosidades etumores facilmenteulcerosos. O edema pode estenderse, chegando a unhaelefantíase que entorpece a marcha; as placas e os tumores poden invadir todo o corpo e mesmo alcanzar asvísceras (sobre todo as intestinais). Ainfección evoluciona durante un período moi longo (até 20 anos), e a súa natureza é descoñecida. Recentemente describiuse con frecuencia en afectos desida, presentando nestes casos un carácter particularmente agresivo, ao afectar, ademais da pel, o tubodixestivo e o aparellorespiratorio, e ao existir á vez infección porCitomegalovirus ePneumocystis carinii. Leva o nome dodermatólogo austríaco Moritz Kohn Kaposi (1837-1902). V.sarcoma de Kaposi.
enfermidade de Parkinson. (Neuroloxía) Trastorno da función motora caracterizado fundamentalmente portremor,rixidez muscular,amimia e debilidade dos movementos voluntarios. As lesións responsábeis sitúanse nasmasasgrises, particularmente nolocus niger e nopallidum, e caracterízanse por undéficit dedopamina. Describiuna en 1817 o médico británico James Parkinson (1755-1824).Sinónimo:paráliseaxitante. V.parkinsonismo.
enfermidade dos olmos. (Fitopatoloxía) Enfermidade dosolmos causada porCeratocystis ulmi, e transmitida porinsectos da familia dosescolítidos, que destruíu millóns destas árbores en Europa, Asia e Norteamérica. V.olmo,escotílido.
enfermidade espacial. (Medicina) Enfermidade producida polas condicións de ingravidez que se dan nas viaxes espaciais.
enfermidade específica. (Medicina) Enfermidade producida por un axente único e constante.
enfermidade esporádica. (Medicina) Enfermidade que se presenta en casos illados.
enfermidade familiar. (Medicina) Enfermidade que se transmitexeneticamente e que aparece, polo tanto, en individuos da mesma familia.Sinónimo: enfermidade hereditaria.
enfermidade importada. (Medicina). Enfermidadeinfecciosa de orixe xeralmentetropical, que se incorpora aocadropatolóxico habitual dunha rexión determinada, da que non é propia e á que chega artificialmente por vía dos desprazamentos da poboación.
enfermidade infecciosa. (Medicina) Enfermidade provocada por unha bacteria oi un virus. V.infección.