Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wiktionary
Procurar

base

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa naGalipedia o artigo acerca de «base».
  • Pronuncia:/ˈbase̝/(AFI)

Substantivo feminino

base (sg: base;pl: bases)

Sinatura de José María Acuña, na base dunha escultura en Vilanova de Arousa
  1. Superficie ou elemento sobre o que se apoia uncorpo. Calquera cousa que serve de asento a outra.
    • Exemplo:Expuxeron as máquinas sobrebases de escasa altura.

  2. Parte dun corpo que pousa sobre o chan ou calquera outrasuperficie.
    • Exemplo:Nabase da escultura estaba a sinatura do autor.

  3. Fundamento sobre o que se basa unhateoría.
    • Sinónimos:fundamento.
    • Exemplo:As teorías da pseudociencia non teñen ningunabase.

    • Exemplo:O acordo entre partidos esixe fixar unasbases previas.

  4. (Farmacia)Medicamento principal dunhafórmula.
    • Exemplo:Abase dese novo medicamento é un antihistamínico.

  5. (Arquitectura) Parte inferior dacolumna oupedestal, que asenta sobre aplataforma e sostén ofuste.
    • Exemplo:As columnas do estilo dórico carecen debase e apoian directamente sobre o estilóbata.

  6. Lugar onde seaprovisionan osparticipantes de certasactividades.
    • Exemplo:O ataque dos xaponeses ábase naval de Pearl Harbor determinou a entrada na guerra dos Estados Unidos.

  7. (Química) Complemento reactivo dunácido, ou ben unha substancia que pode cederelectróns.
    • Exemplo:A sosa cáustica é unhabase moi forte, moi agresiva.

  8. (Xeometría) Liña inferior dunha figuraxeométrica, que adoita opoñerse óvértice.
    • Exemplo:Debes calcular abase da pirámide xerada por este triángulo.

  9. (Anatomía) Aquilo que serve de sostén a algunha parte docorpo.
    • Exemplo:Sufriu unha fractura dabase do cranio.

  10. (Matemáticas)Número ou expresión numérica que se multiplicará por si mesmo tantas veces como indique oexpoñente.
  11. Primeira capa que se aplica sobre unhasuperficie, para logo aplicar o tratamento definitivo.
    • {{exemplo|Na escultura policromada dáse primeiro unhabase de xeso.
  12. (Política) Conxunto dos membros dunpartido político, que non ocupancargo ningún.
    • Observacións: Úsase xeralmente en plural.
    • Exemplo:Asbases do partido apoiaron maioritariamente a coalición proposta polo seu secretario xeral.

  13. Conxunto denormas polas que se rixe unhacompetición.
    • Observacións: Úsase xeralmente en plural.
    • Exemplo:Descalificárono porque non cumpría asbases do concurso.

Locución

Traducións


Substantivo masculino

base (sg: base;pl: bases)

  1. (Deportes)Xogador dunequipo debaloncesto que organiza oxogo.
    • Exemplo:Magic Johnson, de Los Angeles Lakers, foi un dos melloresbases da historia.

Traducións

Traído desde «https://gl.wiktionary.org/w/index.php?title=base&oldid=704165»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp