Estás ante o Wiktionary galego, o Galizionario. Nesta empresa colectiva, calquera usuario pode colaborar incluíndo entradas como se fosen as dun dicionario. As principais características coas que se constrúen as páxinas (que tamén chamamos artigos), son as seguintes:
Para estruturar os artigos, facemos un abundante uso de modelos (en inglés,template), que son anacos de texto preformatados que aforran tempo e traballo. Nos artigos pode incluírse máis información cá definición e a categoría gramatical. Unha guía rápida para o seu uso estánesta páxina. Se queres ver unha listaxe da información que se consigna habitualmente e cales son os seus modelos asociados, podes vela enWiktionary:Lista de todos os modelos de artigo.
Os artigos pódense categorizar en temas ou categorías, que logo permiten navegar entre artigos do mesmo tema. Para ver os temas que se están usando na actualidade, podes velo encategory:Entradas por significado.
Para escribir todos estes datos co formato axeitado, usamos o código wiki. Neste código, as ligazóns, as categorías, as táboas, a inclusión de imaxes ou arquivos sonoros ou a remisión a outros proxectos wikimedia teñen un xeito de escribirse doado, pero concreto. Se queres aprender máis sobre o uso e sintaxe deste código, podes visitaresta páxina da Galipedia.
Se queres comezar a practicar, temos unhapáxina para facer alí as probas que queiras sen ningún medo.
Se en calquera momento queres volver a esta páxina, podes acceder na columna da esquerda, na sexta ligazón contando dende arriba.