Pedimos xustiza, pedimos igualdade, pedimos que todos os dereitos civís e políticos que pertencen aos cidadáns dos Estados Unidos estean garantidos para nós e para as nosas fillas para sempre. --Susan B. Anthony
Os homes, os seus dereitos, e nada mais; as mulleres, os seus dereitos, e nada menos. --Susan B. Anthony
Fomos nós, o pobo; non nós, os cidadáns brancos homes; nin aínda menos nós, os cidadáns homes; senón nós, todo o pobo, quen formamos a Unión. --Susan B. Anthony
O descubrimento básico sobre calquera pobo é o descubrimento da relación entre os seus homes e as súas mulleres. --Pearl S. Buck
Cando falamos do dereito ao mesmo salario polo mesmo traballo dise que as mulleres xa imos avanzando. Se seguirmos con este paso acadaremos a igualdade de aquí a 475 anos. Eu non sei vós, pero eu non podo agardar tanto. --Lya Sorano
Sentirei que chegou a igualdade cando podamos elixir representantes mulleres que sexan tan incompetentes como algúns dos homes que xa o son. --Maureen Reagan
Ser feminista implica ser "unha persoa moi desagradábel que chee berra" ou "alguén que cre que as mulleres son seres humanos"? Para min é o segundo, así que me apunto. --Margaret Atwood
Se o divorcio se incrementou nun 1000%, non culpes o movimento das mulleres. Culpa os roles sexuais obsoletos nos que se baseaba o matrimonio. --Betty Friedan discurso, Nova Iorque, Xaneiro 20, 1974
Virei feminista como alternativa a ser masoquista. --Sally Kempton, xornalista
O feminismo é o concepto radical de que as mulleres son seres humanos. --Cheris Kramerae, autora de A Feminist Dictionary, 1996
Un/ha feminista é alguén que recoñece a igualdade e a completa humanidade de mulleres e homes. --Gloria Steinem
Eu nunca conseguín saber o que é exactamente o feminismo: só sei que a xente me chama feminista cando expreso sentimentos que me diferencian dunha mangoneada ou dunha prostituta. --Rebecca West, 1913
Aa mulleres non teñen que sacrificar a súa vida como persoas para seren mais. non teñen que sacrificar a maternidade para seren persoas. O propósito da liberación era expandir as oportunidades das mulleres, non limitalas. A autoestima que as mulleres teñen encontrado en novas metas tamén se pode encontrar na maternidade. --Elaine Heffner
Lembra, Ginger Rogers fixo todo o que fixo Fred Astaire, pero ela fíxoo cara atrás e con tacóns. --Faith Whittlesey
Se ben é verdade que a vida nesta sociedade é, sendo optimistas, un completo aborrecimento e que ningún aspecto da sociedade é relevante en absoluto para as mulleres, corresponde a mulleres cívicas, responsábeis e á procura de emocións fortes derrocar o goberno, eliminar o sistema monetario, instituír a mecanización total e destruír o sexo masculino. --Valerie Solanas
Se non se presta suficientes cuidados e atencións ás mulleres, estamos determinadas a fomentar unha rebelión, e non nos vamos deixar limitar por leis nas que non temos nin voz nin representación. --Abigail Adams
Isto non é unha sinxela reforma. Realmente é unha revolución. Como son diferenzas visíbeis, o sexo e a raza foron os mecanismos principais de organizar os seres humanos en grupos superiores e inferiores e de crear mao de obra barata da que o sistema aínda depende. Estamos falando dunha sociedade na que non haberá máis roles que os escollidos ou aprendidos. Na verdade estamos falando de humanismo. --Gloria Steinem
As feministas teñen unhas ansias desesperadas de probar que as mulleres son tan fortes como os homes. Vese claramente que están presas do medo de as mulleres NON seren tan fortes e tan capaces como os homes. --Ted Kaczynski, pt. 14 no manifestoUnabomber
[O feminismo é] un movemento político socialista contra a familia que encoraxa as mulleres a deixaren os seus maridos, asasinar os seus fillos, practicar a bruxaría, destruír o capitalismo e tornaren lesbianas. --Pat Robertson, Convención Nacional Republicana, 1992
Sei que isto molesta as mulleres, pero se unha muller casa, está aceptando se rexir por un home, o seu marido. Cristo rexe a familia e o marido rexe a muller, e así é como é, punto final. -Pat Robertson (Coligación Cristiá)
Son unha muller moi tradicional. Os homes debería cuidar de min, e se os homes cuidasen hoxe das mulleres, non teríamos que votar. -Kay O'Connor (Senadora republicana do Estado de Kansas)
O feminismo estabeleceuse para permitir que as mulleres feas poidan escapar facilmente da marxinalidade na sociedade. -Rush Limbaugh
Por moito que critiquen a "discriminación", as mulleres simplemente carecen da ambición e da determinación necesarias para competiren con éxito no fero mundo do capitalismo. -Pat Buchanan