Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Infinitivo conxugado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Oinfinitivo conxugado,infinitivo persoal ouinfinitivo flexionado é unha flexión verbal que se forma engadindomorfema de persoa e número aoinfinitivo. É unha das características máis orixinais dogalego-portugués, aínda que existen formas similares nonapolitano doséculo XV e vestixios noleonés antigo, o que, xunto coa influencia doportugués, pode explicar a súa presenza nomirandés.[1] Tamén se usa hoxe nalingua húngara.[2]

Características

[editar |editar a fonte]

O infinitivo conxugado fórmase engadindo ao infinitivo impersoal os morfemas -es, -mos, -des, -en (que coinciden cos dofuturo de subxuntivo, agás nos verbos irregulares):

  1. cantar -
  2. cantares
  3. cantar -
  4. cantarmos
  5. cantardes
  6. cantaren

Úsase nos seguintes casos:

  • Cando oinfinitivo ten un suxeito distinto ao do verbo principal: (ti)Dille que o limpe antes devolver(mos) ;Ai, morte, canto xa tardas en melevares contigo!
  • Cando o suxeito do infinitivo vai expreso, pero a distancia do verbo principal:O rapaz saudou aos turistas aopasaren xunto del ;Aoestaren tan contentos, eu marchei caladiño para a cama.
  • Cando o infinitivo vai introducido por preposición:Parafalares con el, tes que pedir cita.

Non se emprega nos seguintes casos:

  • Cando o infinitivo é o verbo auxiliado dunha perífrase verbal: *Débesllo dicir agora mesmo.
  • Cando se constrúe con verbos do tipo: querer, poder, saber, deixar... porque neste caso o suxeito éo de todo o complexo verbal: *Queremos mercar un coche deportivo.

Non se debe confundir co futuro de subxuntivo, co que coincide nos verbos regulares e difire nos irregulares:

  • Inf. conx. regular: comer, comeres, comer, comermos, comerdes, comeren.
  • Fut. subx. regular: comer, comeres, comer, comermos, comerdes, comeren.
  • Inf. conx. irregular: querer, quereres, querer, querermos, quererdes, quereren.
  • Fut. subx. irregular:quixer, quixeres, quixer, quixermos, quixerdes, quixeren.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Piel 1944.
  2. Diario, Nós (2020-05-20)."Falares, falarmos, falardes... O infinitivo flexionado, na lección 12 do curso de galego".Nós Diario. Consultado o2022-08-24. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Infinitivo_conxugado&oldid=6672201»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp