Azooloxía (dos termos dogrego antigo ζῷονzõon, 'animal', e λόγοςlógos, 'discurso', 'tratado') é aciencia que estuda osanimais, incluíndo a súa estrutura, embrioloxía, evolución, clasificación, hábitos e distribución de todas as especies.
Reunindo varias disciplinas e utilizando numerosas técnicas, estaciencia foi lentamente elaborada a través do paso dos tempos, desde a máis remota antigüidade. Historicamente, as primeiras reflexións precientíficas referidas á zooloxía que chegaron até a actualidade son as do filósofogregoAristóteles, doséculo IV a. C. As tentativas de clasificación dasespeceies animais foron numerosas e frecuentemente modificadas desde aquela época.
A controvertida distinción entre zooloxía e botánica
A fronteira entre azooloxía, que estuda os animais, e abotánica, que estuda osvexetais, sempre foi obxecto de controversias, e aínda o é a día de hoxe.
Algúnsseres vivos, que tradicionalmente foran considerados vexetais, resultaron seren animais. E mesmo hoxe, nos albores doséculo XXI, hai organismos que son obxecto de discusións. Para estes seres vivos atípicos, a pertenza a unha ou a outra das ciencias, está hoxe aclarándose grazas aos avances e descubrimentos técnicos e científicos (entre outros, a microscopía electrónica ou a análise doADN).
Se a maior parte dosmetazoos foron sempre indiscutibelmente considerados como animais, certos metazoos inferiores estaban aínda noséculo XIX situados nunha categoría particular denominada "Zoófitos" (etimoloxicamenteanimais-plantas).
O caso dosprotozoos é aínda máis problemático. O estudo dos seresunicelulares amosa formas ambiguas nas que a distinción entreanimal evexetal no é clara.
Algúns, como as especies deEuglena ou certosperidíneos (dinoflaxelados), que poden terennutrición autótrofa ouheterótrofa, hai moito tempo que están situados na fronteira entre ambas as disciplinas. En efecto, hai algúns organismos unicelulares que teñenclorofila (carácter do "estado vexetal"), pero que son móbiles e teñen unhamembrana celular flexíbel (carácter do "estado animal").
Na segunda metade doséculo XIX,Ernst Haeckel, considerando que a coexistencia destes caracteres fora herdada de antepasados comúns aos animais e aos vexetais, creou, en1866, para os organismes unicelulares oreino dos protistas (Protista). Aprotistoloxía, estudo científico dos protistas, encóntrase, pois, relacionado á vez coa zooloxía e a botánica. Porén, aínda permanece unha certa dicotomía tradicional: os zoólogos estudan as formas con "afinidade animal", e os botánicos as formas con "afinidade vexetal". As delimitacións e clasificacións dos protistas propostas polos expertos diverxen entón considerabelmente segundo a disciplina de que se trate.
Os investigadores intentaron delimitar os dous reinos, "animal" e "vexetal", que tenden a confundirse no seo dosflaxelados, pola coexistencia entre os zooflaxelados e os fitoflaxelados. Para os biólogos que, comoCavalier-Smith, a finais do século XX, recomendaban non utilizar o termo "animais unicelulares", a zooloxía éo estudo dos animais e dos protozoos.[5]
A comezos doséculo XXI, os datos dabioloxía molecular permiten apreciar de forma máis fiábel as relacións de parentesco entre as liñaxes dos organismos vivos.
Alveolata.[6] Foi posto en evidencia un estreito parentesco entre oscilióforos (ciliados), osesporozoos e osdinoflaxelados. Os dous primeiros grupos estaban anteriormente relacionados cos animais (protozoos) e o terceiro cos vexetais (fitoflaxelados), segundo a ausencioa ou a presenza de clorofila.
Heterokonta.[8] Unha mesma liñaxe reúne antigos protozoos, asopalinas (entre outras, parasitas da vexigas das ras), antigos fungos (entre elesPlasmopara viticola, o axente patóxeno domildio da videira) ealgas pardas pluricelulares, como osFucus e aslaminarias.
Opisthokonta.[9] O antigo reino animal, privado da maior parte das formas unicelulares que antigamente se relacionaban con el, parece próximo a un grupo que comprende a maioría dos antigos fungos. Entre as formas unicelulares, só o grupo doscoanoflaxelados ouChoanomonada queda como directamente emparentado cos metazoos, dos que constitúe ungrupo irmán.
Os modernos métodos dacladística permitiron distinguir aliñaxe verde (que concirne indiscutibelmente á botánica e áficoloxía), osopistocontos (que concirnen á zooloxía e ámicoloxía), aliñaxe parda (ficoloxía), e diversas liñaxes nas que a pertenza a tal ou cal disciplina non está aínda esclarecida.
Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo emellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, peronon quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador poroutro máis específico.(Desde maio de 2019)
O home iniciou a zooloxía xa naprehistoria: a medida que ía entrando en contacto cos seres vivos (en especial, os animais) foinos coñecendo e utilizando de acordo coas súas necesidades.
Narevolución neolítica, ádomesticación dos animais seguiu un coñecemento aínda máis adecuado dos fenómenos da natureza. As prácticas médicas rudimentarias involucraban certa clase de coñecementos sobre a anatomía humana, así como dos animais que se utilizaban na alimentación e para o traballo, que lle deron certos coñecementos superficiais das súas estruturas.
As escolas de medicina da antigüidade realizaban diseccións de animais con fins de comparación anatómica e adestramento cirúrxico. EnBabilonia, os sacerdotes coñecían algo acerca da anatomía animal (particularmente dos que sacrificaban) e de medicina; porén, esta última estaba intimamente ligada coaastroloxía. A medicina doantigo Exipto era máis práctica.
Os exipcios e osasirios realizaron observacións sobrevermes parasitos do home. Os antigosxudeus contribuíron cos seus coñecementos ás concepcións modernas de hixiene.
NoExtremo Oriente o coñecemento da natureza e da medicina non estaba tan avanzado como noutros aspectos da cultura.
Hipócrates (460–377 a.C.) está considerado como unha das figuras máis destacadas da historia da medicina e moitos autores refírense a el como o "pai da medicina moderna",[10][11][12] en recoñecemento ás súas importantes e duradeiras achegas a esta ciencia. A súa escola intelectual revolucionou a medicina da Antiga Grecia, establecéndoa como unha disciplina separada doutros campos cos cales se asociaba tradicionalmente (notabelmente ateoloxía e afilosofía), convertendo o exercicio damedicina nunha auténticaprofesión.[13][14]. Tamén é famoso por asociar a ética coa profesión médica (Xuramento hipocrático).
Aristóteles (384–322 a.C.) está considerado como o pai da zooloxía. Educador deAlexandre o Grande, sabio e filósofo, atribúeselle a clasificación dos animais en dous grupos: animais con sangue (enaima) e animais sen sangue (anaima) (aproximadamente, osvertebrados einvertebrados, respectivamente). No campo da zooloxía as súas obras máis importantes foronHistoria dos animais', unha bioloxía xeral dos animais;Sobre as partes dos animais, unha anatomía e fisioloxía comparadas, eSobre a xeración dos animais, un tratado sobre abioloxía do desenvolvemento.
A tradición grega continuou, na época romana, ao redor do Museo deAlexandría até ao redor do ano30 a.C., pero declinou baixoo a dominación doImperio romano.
Durante o Imperio romano producíronse só achegas rutineiras que incorporaban novos animais ao esquema aristotélico, existindo un baleiro case absoluto en canto ás posíbeis modificacións do mesmo.
Plinio o Vello (23-79) foi un nnaturalista romano que dedicou catro libros (VIII, IX, X e XI) aos animais da súaNaturalis Historia (A historia natural), obra enciclopédica en 37 volumes escritos en lingua latina. Nos catro libros sobre animais estuda, sucesivamente, os animais terrestres, os "peixes" (é dicir, os animais mariños —todos— e os peixes de río), as aves e os insectos.
Galeno (130–200) foi o primeiro gran filósofo que empregou o método experimental nos seus estudos. Realizou unha clasificación deósos earticulacións que se perdura até o día de hoxe. Pasou boa parte da súa vida na corte imperial, levando a cabo experimentos e escribindo. Fixoviviseccións de moitos animais co fin de estudar a función dosriles e amedula espiñal. Segundo as súas propias testemuñas, utilizou a 20 amanuenses para que anotaran as súas palabras. No ano191 un incendio destruíu algunhas das súas obras.
O estudo dos animais na época romana é máis ben descritivo e impreciso, admitindo toda unha serie de seres fabulosos (sereas,grifóss,dragóns,unicornios) etc., que foron a base dosbestiariosmedievais. Isto deu lugar a que moitas persoas creran que estes animais existían, o que se agudizou durante osséculos escuros daalta Idade Media, nos que se inventaron aínda máis lendas fabulosas.
AIdade Media non representou ningún avance no coñecemento zoolóxico. Desde a morte de Galeno até o denominadorenacemento do século XII, recompiláronse os traballos de gregos e romanos. A maior parte dos autores interesados na vida animal son tributarios deIsidoro de Sevilla (ca.560-636), que reuniu, a comezos doséculo VII, nas súasEtimoloxías (ouOrigines) gran parte dos coñecementos, pero tamén dos mitos, transmitidos por Plino na súaHistoria natural.
Noséculo XII prodúcese oredescubrimento de Aristóteles e dos seus tratados consagrados aos animais, especialmente grazas aos comentarios do filósofoárabeAverroes (1126-1198). Isto sería o punto de partida dun renacemento do interese pol munde animal. Cómpre ter preesente que durante a última parte deste período, os principais centros de cultura estiveron noislam. Os científicos árabes conservaran e interpretaran o máis notábel da antiga ciencia grega, trasmitindo estes coñecementos áEuropacristiá. A obra zoolóxica máis notábel procede daEspañamusulmá, data doséculo X e débese aMaslama al-Mayriti, oTratado da xeración dos animais.
No século XIII, a figuras máis importantes no campo da zooloxía foron:
Frederico II (1194-1250), emperador doSacro Imperio, que redacou un manual decetrería e deornitoloxía ilustrado, oDe arte venandi cum avibus (Sobre a arte de cazar coln aves), no que describe máis de 900 especies de aves, e consigna moi precisas observacións sobre o comportamento das aves moi avanzadas para o seu tempo, non dubidado en criticar a Aristóteles ao que censura polo feito de ter un coñecemento das aves só teórico.
Alberte o Magno (ca.1200-1280), autor dun vasto tratado,De animalibus (Sobre os aniimais), dedicado non só áfauna, senóin tamén áflora e aosminerais. Entre outras cousas, sinalou as diferenzas entreinsectos earácnidos, e contribuíu a eliminar os aspectos fantásticos, mitolóxicos e simbólicos que se introduciran nos séculos anteriores.
Frederico II e o seu falcón representados no seu libroDe arte venandi cum avibus
Páxina doFisiólogo de Berna, manuscrito do século IX, na que se describe a pantera
O leopardo dobestiario de Rochester (século XIII)
Loita dun elefante e un dragón nobestiario de Aberdeen
Pero, simultaneamente, a partir de finais do século XII, a historia natural dos animais atravesou o que se podería chamar o seuperíodo fabuloso, coa multiplicación de "bestiairios" dedicados á descrición e representación simbólicae e animaao reais e imaxinarios. Os máis ricosbestiairios medievais inspíranse nunha obra oriental anónima, que data probabelmente doséculo II e redactada sen dúbida enAlexandría,O fisiólogo (en latín,Physiologus; en grego, Φυσιολόγος), bestiairio cristián posteriormente arrequecido por préstamos dasEtimoloxías de Isidoro de Sevilla e doutro autors, que foi a fonte principal dos bestiarios medievais. Así, aparecen nestas recompilacións multitude de animais fabulosos ou fantásticos, entre eles unicornios, a ave fénix, os dragóns, o basilisco, a serpe de mar, as sereas, os grifóns e moitos máis.
Famosa xilografía gravada parAlbrecht Dürer (Alberte Durero) en1515, denominadaO rinoceronte de Durero.
ORenacemento debe o seu nome ao redescubrimento dos traballos dos antigos pensadores gregos e romanos, que marcou a fin da Idade Media e creoualicerces sólidos para o desenvolvemento de novos coñecementos. A ciencia como disciplina do coñecemento adquire así a súa autonomía e os seus primeiros grandes sistemas teóricos, até tal punto que Michel Blay fala da "canteira da ciencia clásica".[15][16] Este período é abundante en descricións, inventos, aplicacións e en representacións do mundo.
Ademais, no curso dosséculos XV eXVI prodúcense en Europa, iniciadas polosreinos deCastela ePortugal, grandes expedicións marítimas de envergadura mundial, coñecidas co nome degrandes descubrimentos. O impulso renovador da zooloxía vai ligado, por iso, ao descubrimento dasfaunas exóticas polas grandes exploracións xeográficas. É curioso que o descubrimento destes animais novos fixera volver os ollos cara aos propios.
Bacon, Copérnico e Galileo sentaron as bases do método científico
Guillaume Rondelet (1507-1566), médico deMontpellier, publicou en 1555Universæ aquatilium historiæ pars altera, obra onde relaciona todos os animais acuáticos (incluídos os míticos) que coñecía.
André Vesalio (1514–1564), profesor de anatomía enPadua (Italia), publicou en1543 o primeiro tratado científico sobre anatomía humana, fermosamente ilustrado.
Pierre Belon (ca.1517-1564) foi o autor daHistoire naturelle des éstranges poissons marins avec la vraie peinctvre & description du Daulphin & de plusieurs autres de son espèce (Historia natural dos estraños peixes mariños coa verdadeira imaxe e descrición do golfiño e de varios outros da súa especie). Tamén escribiu outra obra tituladaHistoire de la nature des oiseaux (Historioa da natureza das aves).
Conrad Gessner (1516-1565) publicou a súaHistoria animalium (Historia dos animais) enZürich entre 1551 e 1558. Compilador infatigábel, alcumadoo Plinio suízo, recompilou todos os coñecementos sobre os animais que puido recoller. A súa obra, ricamente ilustrada (entre outros, porAlbrecht Dürer), sería frecuentemente reeditada durante máis de tres séculos.
Ulisse Aldrovandi (1522-1605) foi o primeiro profesor deHistoria Natural na universidade deBoloña e publicou diversas obras sobreinsectos,réptilles eaves. Entre 1559 e 1605 publicou os catro primeiros volumes dunha historia natural que comprendía catorce(os outros sería publoicados despois da súa; o último, en 1668).
Xerome Fabricio (1537–1619), coñecido comoFabricius e discípulo deVesalio, realizou estudos da fisioloxía das veas, observando por primeira vez as válvulas que aseguran a circulación dosangue nun só sentido.
William Harvey (1578–1667), médico inglés, publicou a primeira información correcta acerca do movemento do sangue no corpo humano (1628). Nos seus estudosembriolóxicos (1651) deu importancia á orixe tanto das formasvivíparas como ásovíparas.
John Ray (1627-1705) eFrancis Willughby (1635-1672), ambos os dous briutánicos, xogaron un papel esencial tanto na botánica cpomo na zooloxía durante este príodo. Coñecéronse enCambridge e esatableceron axiña unha grande amizade. Xuntos, viaxaron por Europa para observaren os animais nos seus ambientes. En zooloxá, Ray foi o primeiro en propoñer unha clasificación dos animais fundada nos seus caracteres anatómicos; esta clasificación, especialmente a das aves, foi a máis avanzada até a obra de Linneo. A morte prematura de Willughby impediiulle rematar varias obras que Ray arrequeceu (ás veces considerabelmente) e publicou baixo o único nome de Willughby. Foi o caso, por exemplo, deOrnithologia (Londres, 1676) e deDe historia piscium (Oxford, 1686). Entre as principais obras de Ray cómpre sinalarSynopsis animalium quadrupedum et serpentini generis (Londres, 1693) e as póstumasHistoria insectorum (Londres, 1710) eSynopsis avium et piscium (Londres, 1713).
Francesco Redi (1626-1697), médico, naturalista, fisiólogo e escritortoscano demostrou (aínda que sen ter demasiado crédito entre os científicos da época) que osinsectos non nacen porxeración espontánea, expoñendo as súas experiencias na obraOsservazioni intorno alla generaziones degli insetti (Observacións sobre a xeración dos insectos), de 1668. Polo seu labor investigador, exposto sobre todo na obraOsservazioni intorno agli animali viventi che si trovano negli animali viventi (Observacións sobre os animais viventes que se atopan nos animais viventes), publicada en 1664, está considerado o fundador dahelmintoloxía científica (estudo dosvermesparasitos), describindo preto de 100 especies de parasitos microscópicos ou de moi pequeno tamaño.
Marcello Malpighi (1628-1694), biólogo e anaromista italiano, está considerado como o pai da anatomía micróscopica ouhistoloxía, e hoxe levan o seu nome ducias de estruturas do corpo humano e dos insectos.
Antonio Vallisneri (1661-1730), médico e naturalista italiano, publicou, entre 1696 e 1700, os seusDialoghi sopra la curiosa Origine di molti Insetti (Diálogos sobre a curiosa orixe de moitos insectos) naGalleria di Minerva; alí expón as súas primeiras expreriencias sobre a reprodución dos insectos que, coas observacións de Redi e Malpighi, contribuíron a desmentir a crenza, moi arraigada, na xeración espontánea.
Joseph Guichard Duverney (1648-1730), médico e anatomista francés, presentou perante aAcadémie des sciences de París, nos primeiros anos do século XVIII, varias importantes memorias sobre os aparellos circulatorios e respiratorios de vertebradosde sangue frío, como as ras, as serpentes etc.[17] En 1720,Michael Bernhard Valentini (1657-1729), médico e coleccionista alemán, publicou (1720) un estudo onde compara a anatomía de diferentes vertebrados, sendo tamén famoso pola publicación, en 1714, deMuseum Museorum, primeiro estudo das coleccións de animais de Europa. En 1734,Jacob Theodor Klein (1685-1759) dá á luzNaturalis dispositio Echinodermatum, obra pioneira sobre osequinodermos.
Johann Leonhard Frisch (1666-1743), lingüista, naturalista e entomólogo alemán, demostrou que o desenvolvemento dos vexetais podía retardarse pola acción dos seus parasitos.
René-Antoine Ferchault de Réaumur (1683-1757) levou a cabo experiencias sobre un gran número de asuntos (os máis coñecidos sobre o termómetro), pero tamén sobre a historia natural dos zoófitos, moluscos, crustáceos, insectos, arácnidos, peixes e aves. Entre 1734 e 1742 apareecen os seis volumes dasMémoires pour servir à l'histoire des insectes.
Abraham Trembley (1710-1784), naturalisxaxenovés fixo en 1740 o descubrimento impactante da reprodución porbipartición da hidra der auga doce; publicou as súas observacións en 1744 co títuloMémoires pour servir à l'histoire d'un genre de polypes d'eau douce à bras en forme de cornes.
Charles de Geer (1720-1778), biólogo e político sueco de orixevaloa elaborou unha monumnental obra sobre os insectos, que continuaba os traballos de Réamur, na que decribiu os costumes e a anatomía de máis de 1 500 especies, baixo o mesmo títulos deMémoires pour servir à l'histoire des insectes e na mesma forma, en sete volumesin 4°, que apareceron entre 1752 e 1778.
Lazzaro Spallanzani (1729-1799), naturalista italiano, foi o precursor dafisioloxía experimental. Polifacético, foi profesor de lóxica, grego, metafísica, física, matemática e historia natural en varias universidades do norte de Italia (e tamén ordenado sacerdote católico). Grazas aos seus traballos, fíxose acredor do alcume de "biólogo de biólogos", porque era foi unha persoa de múltiples intereses científicos que investigou, entre outras cousas, a orixe da vida, a rexeneración, a reprodución, a respiración e outras varias funcións do ser humano. Observador e experimentador de primeira orde, Spallanzani realizou, en 1777, a primeirafecundación artificial, estudando o mecanismo dareprodución nosbatracios. Realizou tamén con éxito, en 1779, a primeirainseminación artificial dunha cadela. Continuando os estudos de Francesco Redi, en 1765, que un caldo adecuadamente fervido e pechado hermeticamente nun recipiente, permanecía estéril, sen producir animais, confirmando así que non existía a xeración espontánea da vida. (A pesar diso, a crenza nesta antiga e arraigada teoría non sería totalmente abandonada até un século despois, grazas aos traballos deLouis Pasteur.)
Carl von Linné (1707-1778), naturalista sueco (coñecido correntemente comoLinneo), sentou as bases do sistema moderno de nomenclatura biolóxica, anomenclatura binomial. Coñecido como o pai dataxonomía moderna, é a este título polo que é importante para a zooloxía, tendo en conta que era, sobre todo, botánico (e médico). A décima edición do seuSystema Naturae (O sistema da natureza)[18] décima edición deste libro (1758) é considerada o punto de partida da nomenclatura zoolóxica.[19]
Buffon (1707-1788) foi un naturalista francés cuxa magna obra,Histoire naturelle, générale et particulière, marcóu o seu tempo; dedicada principalmente aos animais, comprende, entre outras partes,L'Histoire des animaux quadrupèdes (12 volumes, 1753-1767) eL'Histoire des oiseaux (9 volumes, 1770-1783).
No último cuarto do século XVIII, a zooloxía, ciencia que trata de todos os animais da natureza, estaba dividida en diferentes partes, que se poden reducir a seis:[20]
Tetrapodoloxía, historia dos cuadrúpedes cubertos de pelo.
Ornitoloxía, historia das aves.
Anfibioloxía, historia dos animais anfibios como as serpentes, os lagartos, as ras, as tartarugas etc.
Grandesnaturalistas como Lamarck, Cuvier, Geoffroy Saint-Hilaire e Darwin encarnan o espírito do século XIX, marcado en zooloxía polas teorías da evolución das especies animais. O descubrimento, a principios do século, dacombustión, arespiración e a formación deosíxeno polas plantas verdes (Lavoisier ePriestley), deu impulso á aplicación á bioloxía de coñecemientosquímicos. A doutrina doprotoplasma como unha característica universal da vida foi aceptada 30 anos despois. Caracterizaron a última parte deste ciclo os estudos sobre amitose, o desenvolvento dascélulas xerminais, afecundación e aembrioloxía.
Jean-Baptiste Lamarck (1744–1829) deu a coñecer a súa teoría sobre a evolución, que formulou baseándose no uso ou non uso dos órganos vitais e na (hipotética)herdanza dos caracteres adquiridos. Expuxo a teoría no tratadoPhilosophie Zoologique, impecábel desde o punto de vista científico, aínda que máis tarde fixéronse evidentes algúns dos seus erros de concepto.
Étienne Geoffroy Saint-Hilaire (1772-1844) describiu a unidade dos plans de organización no seo doreino animal. Os seus traballos zoolóxicos tenden a demostrar a unidade de composición orgánica dos animais, nunha perspectiva transformista. Segundo el, existiría daquela, para o reino animal, un plan xeral de organización que sería modificado, co tempo, polo medio. Buscou entón analoxías entre as especies animais e enunciou a lei de conexión, de permanencia e de balance.
John James Audubon (1785-1851) percorreu aAmérica do Norte, desde a península doLabrador até aLouisiana, durante 35 anos, acumulando notas, deseños e acuarelas sobre as aves. Os catro volumes sobre as aves de América (Birds of America) apareceron entre 1827 e 1838.
Karl Ernst von Baer (1792-1876) estudou a embrioloxía dos mamíferos. O seu descubrimento máis célebre foi o doóvulo (1827), até daquela confundido cofolículo ovárico nos mamíferos,[21] que seguiu á posta en evidencia, en 1824, do papel fecundante dosespermatozoides porPrevost (1790-1850) eDumas (1800-1884). O paso dunha embrioloxía descritiva a unha verdadeira embrioloxía comparada deuno, en 1828, von Baer. Oembrión está formado por tres follas a partir das cales se forman ulteriormente os órganes; os primeiors estadios son semellantes en todos os animais.
Henri Milne-Edwards (1800-1885) fixo importantes innovacións, ligando a anatomía comparada de Cuvier coafisioloxía. A súa obra máis importante, asLeçons sur la physiologie et l'anatomie comparée de l'homme et des animaux publicouse entre 1857 e 1881, en 14 volumesin 8º.
Richard Owen (1804-1892), que se autodefinía como o herdeiro de Cuvier, fou o autor de numerosas obras sobre anatomía e paleontoloxía dos vertebrados. En 1842 cuñou o nomedinosauros para designar un gran grupo deréptilesfósiles daera secundaria. Introduciu os conceptos deórganohomólogo e órganoanálogo.
Claude Bernard (1813-1872) foi o gran químico fisiólogo do século. Desaenvolveu a teoría do xerme das enfermidades e o principio do seu control biolóxico.
Johannes Peter Müller (1801–1858), científico con infinidade de coñecementos, aplicou a anatomía comparada, a química e a física na fisioloxía.
Carl Ludwig (1816–1898) tamén realizou estudos de fisioloxía desde o punto de vista da física. Inventou algúns dos aparellos de laboratorio máis útiles que actualmente se usan.
Charles Darwin (1809–1882) realizou, de 1831 a 1836, unha viaxe porSuramérica e as illas doPacífico (no buqueHMS Beagle) durante o cal recolleu infinidade de datos xeolóxicos, zoolóxicos e botánicos, e pasou o resto da súa vida estudando estes datos e os subministrados por outros viaxeiros posteriores, cos que elaborou a súateoría da evolución, exposta no libroA orixe das especies (1859). Nela establece que as especies evolucionan como consecuencia daselección natural, que elixe aos individuos máis aptos.
Ilustración deAnthropogenie, de Haeckel (1874), mostrando os estadios "moi temperán", "un pouco más tarde" e "pouco antes de necer" de embrións de peixe (F), salamántiga (A), tartaruga (T), polo de galiña (H), porco (S), vaca (R), coello (K) e humano (M).
Louis Agassiz (1807-1873) precisa as nocións de homoloxía e analoxía, na evolución, no seu estudoDe l'espèce et la classification en zoologie (1869).[22]
Alfred Russel Wallace (1823–1913), zoólogo británico que, de forma independente a Darwin, chegou ás mesmas conclusións (e un dos que o animou a que publicaraA orixe das especies). Foi o promotor dazooxeografía ao comprobar que existían diferenzas fundamentais entre a faunaasiática e aaustraliana, e estableceu, na súa obraThe Geographical Distribution of Animals (A distribución xeográfica dos animais, 1876), unha liña de separación entre ambas asrexións bioxeográficas (coñecida hoxe comoliña de Wallace).
Ernst Haeckel (1834-1919) foi un dos zoólogosdarwinistas máis eminentes de finais do século XIX. Introduciu novidades tanto nas ideas como na terminoloxía. Fixo importantes estudos en embrioloxía comparada. A súa teoría dagastrea (1874) admite que o estadodiblástico deesponxas ecelentéreos é un grao evolutivo tamén presente nos demaismetazoos, nos cales é transitorio, pois o superan para adquiriren o estadotriblástico; deste xeito, imaxinou o arquetipogastrea, antecesor dos metazoos actuais. Propuxo, en 1866, a chamada (e discutida)lei bioxenética fundamental: "aontoxénese é unha curta recapitulación dafiloxénese". Ademais, foi quen cuñou o termoecoloxía.
Thomas Huxley (1825-1895), naturalista convencido pola teoría de Darwin, e un dos seus maiores defensores (alcumábanoo bulldog de Darwin) dedicouse a demostrar as afinidades entre ohome e ossimios antropoides. Pero a obra científica de Huxley é, sobre todo, a dun zoólogo que fixo importantes contribucións á bioloxía dos invertebrados e os vertebrados. Ademais, Huxley deulle ao fenómeno daconverxencia un papel esencial no proceso evolutivo.
Gregor Mendel (1822–1914) realizou, en 1860, os experimentos que lle permitiron descubrir as leis da herdanza biolóxica que actualmente se cóñecen comoleis de Mendel (aínda que non foron apreciados até 1901).
Francis Galton (1822–1911) aplicou os métodos estatísticos aos estudos da heredanza humana.
Alfred Brehm (1829-1884) publicou dende 1864 a 1869 unha vasta obra en varios volumes sobre o mundo animal co títuloIllustrirtes Thierleben (Vida dos animais ilustrada),Brehms Thierleben (Vida dos animais segundo Brehm) nas edicións posteriores, que lle deron ao seu autor moita sona no mundo enteiro.
Neste século, caracterizado por unha aplicación máis intensa dos métodos experimentais, producíronse as maiores achegas ás ciencias biolóxicas.
Hugo de Vries (1848–1935), redescubriu os traballos deMendel en 1901, e estableceu, nese mesmo ano, a teoría damutación, o que levou a que se produciran posteriormente importantes adiantos no estudo dos mecanismos da herdanza.
A primeira clasificación dos animais da que temos noticia foi a xa citada de Aristóteles, que os dividiu en dous grupos: os animais "sen sangue", e os animais "con sangue".
No auténtico xurdimento da zooloxía despois do período lendario da Idade Media cómpre sinalar o labor deEdward Wotton (1492–1555), médico inglés, nado en Oxford e que exerceu a súa profesión en Londres, e que está considerado como o pioneiro dos estudos modernos da zooloxía, despoxándoa de moitas das adicións fantasiosas e folclóricas que engadiran co tempo ao corpo do coñecemento zoolóxico. As súas investigacións sistemáticas están recollidasDe differentiis animalium libri decem, obra publicada en París en 1552.[23] Wotton, ademais, tamén foi parcialmente responsábel deInsectorum, sive, Minimorum animalium theatrum ouTeatro dos insectos, aínda que este non fou publicado (editado porThomas Muffet) até 1634.[24]
Ray foi o primeiro en propoñer unha clasificación dos animais baseada en criterios anatómicos e non condutuais ou ambientais. A súa clasificación, especialmentre a das aves e os peixes peces, foi a máis avanzada até os traballos de Linneo. Nas súas diferentes obras, John Ray eFrancis Willughby melloraron considerabelmente a clasificación dos animais,[25]
John Ray distingue, entre os animais, e como Aristóteles, os desprouvistos de sangue, osexsangües, e os que teñen sangue, ossanguíneos. A súa clasificación dos animais é,. esquematicamente, a seguinte:
Animais exsangües (é dicir, invertebrados)
Animais sanguíneos (é dicir, vertebrados)
con respiración branquial (é dicir, peixes)
con respiración pulmonar
co corazón cun ventrículo (é dicir, réptiles)
co corazón con dous ventrículos
ovíparos e provistos de plumas (é dicir, aves)
vivíparos e provistos de pelos (é dicir, mamíferos)
Táboa doRein Animal na primeira edición (1735) doSystema Naturae deLinné.Portada da décima edición doSystema Naturae de Linné (1758).
Carl Nilsson Linæus, latinizado comoCarolus Linnaeus, tamén coñecido logo do seu ennobrecemento comoCarl von Linné (1707-1778, científico, médico, botánico e zoólogo sueco, foi quen estableceu os fundamentos para o esquema moderno da nomenclatura binomial, considérandoselle o fundador da moderna taxonomía (ademais de recoñecerse como un dos pais da ecoloxía).
Sendo novo, nunha viaxe aosPaíses Baixos, coñeceu aJan Frederik Gronovius, a quen mostrou un dos seu manuscritos que levara con el desde Suecia. O manuscrito describía un sistema novo de clasificación das plantas. Cando Gronovius o viu quedou moi impresionado, ofrecéndose a axudarlle a custear a súa impresión. Cunha contribución monetaria adicional do doutor escocés Isaac Lawson, o manuscrito publicouse baixo o nome deSystema Naturae.[26][27]
Linné familiarizouse cun dos médicos e botánicos máis respectado dos Países Baixos,Herman Boerhaave, que intentou convencer a Linné de facer carreira no seu país. Boerhaave ofreceulle unha viaxe aSuráfrica eAmérica, pero Linné escusouse manifestando que non soportaba a calor. Boerhaave suxeriulle visitar o botánicoJohannes Burman, o cal Linné fixo. Tras a visita de Carl Linné, Burman quedou impresionado co coñecemento do seu invitado e decidiu que Linné quedaría con el durante o inverno. Durante a súa estancia Linné axudou a Burman coa súaThesaurus Zeylanicus. Burman tamén axudou a Linné cos libros en que estaba traballando:Fundamenta Botanica eBibliotheca Botanica.[28]
O seu título completo éSystema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis[29][30][31], (en galego: "Sistema natural, en tres reinos da natureza, segundo clases, ordes, xéneros e especies, con características, diferenzas, sinónimos, lugares"). A décima edición deste libro é considerada o punto de partida da nomenclatura zoolóxica.[19]A parte zoolóxica deSystema Naturae rerpartía aos animais en seis grupos (Cuadrúpedes, Aves, Anfibios, Peixes, Insectos e Vermes), establecidas segundo caracteres anatómicos (dentes, bicos, aletas, ás etc.), e foi obxecto de numerosas emendas por Linné entre a 1ª edición (1735) e a 13ª edición (1770). Así, osseres humanos foron clasificados cosPrimates, por primeira vez, en 1758. Na 10ª edición (1758), Linné transferiu oscetáceos dosPeixes aosMamíferos, e aosmorcegos dasAves tamén aos Mamíferos.
Linné atribuía a denominación deanimais con sangue branco aos insectos e aos vermes.
En 1777,Pennant distinguiu aos crustáceos dos insectos.
Latreille separou tamén os insectes dos crustáceos, pero así mesmo dosarácnidos e dosmiriápodos no seuPrécis des caractères génériques des Insectes, disposés dans un ordre naturel, publicado en 1796.
Lamarck propón denominar 'animais sen vértebras' ouinvertebrados aos animais que foranm antigamente considerados como desprovistos de sangue (e despois como 'animais de sangue branco') e darlle o nome devertebrados aos que tiñanvértebras para substituír a denominación de 'animais de sangue vermello'.
En 1809, Lamarck dividiu os invertebrados en dez clases taxonómicas:
Infusorios
Pólipos
Radiados
Vermes
Insectos
Arácnidos
Crustáceos
Anélidos
Cirrípedes
Moluscos
Canto aos vertebrados, conservou a clasificación de Linné en catro clases:
Blainville fixo varias modificacións significativas na clasificación dos animais no seuProdrome, publicado en 1816. Elevou ao rango declases independentes osréptiles e osanfibios (oubatracios).[33]
Na súa obra oReino animal, publicada en 1817,Cuvier admite catro grupos principais que denominafilos ou grandes divisións dos animais: vertabrados, moluscos, articulados e zoófitos (ou radiados):[34]
I. Vertebrados: mamíferos, aves, réptiles, peixes.
II. Moluscos: cefalópodos, pterópodos, gastéropodos, acéfalos, braquiópodos, cirrípedes.
III. Articulados: anélidos, crustáceos, arácnidos, insectos.
IV. Zoófitos: equinodermos, intestinais, acalefos, pólipos, infusorios.
Gradualmente, desde os tempos Cuvier, o estudoanatómico foise disociando cada vez máis da morfografía, até que a día de hoxe ninguén considera de valor un estudo animal que non inclúa no seu enfoque a estrutura interna, ahistoloxía e aembrioloxía.
En 1874,Ernst Haeckel propón,[35] baixo o nome de "árbore xenealóxico do home", unha filoxénia do reino animal construída segundo os datos da anatomía e da embrioloxía comparadas.
O científico alemán distinguía os protozoarios (Protozoa), os metazoarios ou metazoos invertebrtados (Metazoa evertebrata), os vertebrados (Vertebrata) e situaba aos mamíferos (Mammalia) no cumio da súaárbore filoxenética.
Anomenclatura é a disciplina dataxonomía e dasistemáticae que ten por obxecto definir e ditar as regras de atribución e de prioritidade dosnomes científicos dos organismos vivos (ou que viviran), chamadostaxons. FoiLinné, como vimos, quen estableceu as regras base da nomenclatura binomial aínda hoxe utilizada.
Acladística é unha rama da bioloxía que define as relacións evolutivas entre os organismos baseándose ensimilitudes derivadas. É a máis importante das sistemáticasfiloxenéticas, que estudan as relacións evolutivas entre os organismos.
A análise cladística forma a base da maior parte dos sistemas modernos de clasificación biolóxica, que buscan xuntar os organismos polas súas relacións evolutivas.
No seguintecladograma Brusca, G. J. (2005):Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.ISBN 0-87893-097-3.</ref>Trátase dunha hipótese filoxenética "clásica" na que se recoñecen os grandes clados admitidos tradicionalmente (pseudocelomados, articulados etc.) e asume a teoría colonial como a explicación sobre a orixe dos metazoos.
As modernas técnicas desecuenciación debases deADN, xunto coa metodoloxía dacladística, permitiron reinterpretar as relacións filoxenéticas dos distintosfilos animais, o que conduciu a unha revolución na clasificación dos mesmos; aínda non hai un acordo unánime sobre o tema, pero son cada vez máis os zoólogos que admiten a nova clasificación; así, a maioría dasbilaterais parecen pertencer a unha destas catro liñaxes:
Numerosas especes animais non se coñecen aínda na actualidade, quer por estar en coleccións non estudadas polo de agora, quer porque aínda non foron descubertas.
Algúns descubrimentosrecentes foron moi importantes, como, por exemplo:
A nivel taxonómico, ofilo enteiro dospogonóforos non foi recoñecido e creado até1944, e o primeiro individuo do grupo non se descubriu até1914.
A nivel das dimensións do animal, oocapi, un mamífero africano parente próximo dasxirafas, non foi descuberto até1900, e descrito o ano seguinte, a pesar de que pode medir máis de 2 m de lonxitude (pero que vive oculto na mesta selvacongolesa).[40] E otiburón de fociño grande, que mide máis de 4 m de lonxitude, foi descuberto en1976 e descrito en1983.[41]
A nivel do coñecemento da evolución das especies, ocelacanto non foi coñecido polos científicos máis que en estado fósil até1938.
↑Valmont de Bomare (1775):Dictionnaire raisonné universel d'histoire naturelle, Brunet, Paris, tomo IX, p. 474.
↑VV. AA. (1974):Grande encyclopédie Alpha des sciences et techniques, Zoologie, tomo I, Grange Batelière, Paris.
↑Thomas Cavalier-Smith, "A revised six-kingdom system of life",Biological Reviews, Cambridge Philosophical Society, Vol.73, Nº.3, agosto de 1998, p. 234.
↑"Alvélobiontes", in Hervé Le Guyader e Guillaume Lecointr],Classification phylogénétique du vivant, 3ª ed., Belin, Paris, 2006, p. 111.ISBN 2-7011-4273-3
↑"Euglénobiontes", in Hervé Le Guyader et Guillaume Lecointre,Classification phylogénétique du vivant, 3ª ed., Belin, Paris, 2006, pp .128-129.ISBN 2-7011-4273-3.
↑"Straménopiles", in Hervé Le Guyader et Guillaume Lecointre,Classification phylogénétique du vivant, 3ª ed., Belin, Paris, 2006, pp.118-119.ISBN 2-7011-4273-3.
↑"Opisthocontes", in Hervé Le Guyader et Guillaume Lecointre,Classification phylogénétique du vivant, 3ª ed., Belin, Paris, 2006, p. 135.ISBN 2-7011-4273-3.
↑Garrison, Fielding H. (1966):History of Medicine. Filadelfia: W.B. Saunders Company, pp. 92–93.
↑Nuland, Sherwin B. (1988):Doctors. Knopf Doubleday Publishing Group.ISBN 0-394-55130-3, p. 5.
↑Michel Blay,Dictionnaire critique de la science classique, Flammarion, 1988.
↑Este período foi igualmente recoñecido como o fundador da ciencia clásica e institucional polasActes du Congrès International d'Histoire des Sciences, que tiveron lugar en Liexa en1997.
↑Gascoigne, Robert Mortimer (1987):A chronology of the history of science, 1450-1900. New York: Garland.ISBN 0-8240-9106-X, p. 204.
↑O seu título completo éSystema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis ( en galego: "Sistema da natureza, en tres reinos da natureza, segundo clases, ordes, xéneros e especies, con características, diferenzas, sinónimos, lugares").
↑"Zoologie", in Denis Diderot (dir.),Encyclopédie ou Dictionnaire raisonné des sciences, des arts et des métiers, tomo 36º, Pellet imprimeur-libraire, Genève, 1779, pp. 474-475. (A famosaEncyclopédie
↑Karl Ernst von Baer,De Ovi Mammalium et Hominis Generi, Leipzig, 1827.
↑Louis Agassiz,De l'espèce et de la classification en zoologie, Germer Baillière libraire-éditeur, Paris, 1869.
↑Francis Willughby, "Ornithologia libri tres," publicación póstuma editada por John Ray, 1676. Francis Willughby, "De Historia Piscium", publicación póstuma editada por John Ray, 2 volumes, 1686. John Ray, "Sinopsis methodica animalium quadrupedum et serpentini genmeris, 1693. John Ray, "Historia insectorum", publicación póstuma, 1710. John Ray, "Sinopsis methodica avium, publicación póstuma.
↑Blunt, Wilfrid (2004):Linnaeus: the compleat naturalist. Frances Lincoln.ISBN 0-7112-2362-9, pp. 98-100.[1].
↑Anderson, Margaret J. (1997):Carl Linnaeus: father of classification. Enslow Publishers.ISBN 0-89490-786-7, pp. 62–63.
↑Jean-Baptiste de Monet de Lamarck, "Tableau du Règne Animal" inRecherches sur l’organisation des corps vivants, Paris, 1806. Jean-Baptiste de Monet de Lamarck,Philosophie zoologique ou Exposition des considérations relatives à l’histoire naturelle des animaux, Paris, 1809.
↑Henri-Marie Ducrotay de Blainville,Prodrome d'une nouvelle distribution systématique du règne animal, Bulletin de la Société philomatique de Paris, Vol.8, 1816.
↑Georges Cuvier,Le règne animal distribué d'après son organisation: Pour servir de base à l'histoire naturelle des animaux et d'introduction à l'anatomie comparée (O reino animal distribuído segundo a súa organización: para servir de base á historia natural dos animais e de introdución á anatomía comparada), Déterville libraire, Imprimerie de A. Belin, Paris, 4 tomos, 1817. Tomo I, que contén a introdución, os mammíferos e as aves. Tomo II, que contén os réptiles, os peixes, os moluscos e os anélidos. TomoIII, que contén os crustáceos, os arácnidos e os insectos. TomoIV, que contén os zoófitos, as táboas e as láminas.
↑Ernst Haeckel,Anthropogenie: oder, Entwickelungsgeschichte des Menschen, Engelmann, Leipzig, 1874.
↑International Commission on Zoological Nomenclature, 1999.International Code of Zoological Nomenclature. International Trust for Zoological Nomenclature.ISBN 0-85301-006-4 (contido onlineaquíArquivado 24 de maio de 2009 enWayback Machine.).(eninglés) Consultada o 22/09/2012.
↑Willi Hennig,Grundzüge einer Theorie der phylogenetischen Systematik (Fundementos dunha teoría da sistématica filoxenética), Deutscher Zentralverlag, Berlin, 1950.
↑Schlee, D. (1978): "In Memoriam Willi Hennig 1913-1976. Eine biographische Skizze".Entomologica Germanica (Stuttgart: Fischer)4: 377–391.