Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Centro histórico de Pontevedra

Coord.:42°25′58″N8°38′44″O / 42.432732,-8.6455
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Zona Monumental de Pontevedra»)
Centro histórico de Pontevedra
ConcelloPontevedra
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°25′58″N8°38′44″O / 42.432732,-8.6455
Poboación2.100,[1][2] hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

Ocentro histórico dePontevedra é a parte máis antiga da cidade correspondente ao primitivo asentamento urbano. É o segundo casco antigo máis importante deGalicia despois do de Santiago de Compostela[3][4] e foi declaradoConxunto Histórico-Artístico o 23 de febreiro de1951.[5]

O centro histórico da cidade posúe unha gran riqueza arquitectónica e conserva numerosos restos das épocas medieval, moderna e contemporánea.

Localización

[editar |editar a fonte]

O centro histórico de Pontevedra está delimitado principalmente polas rúas que coinciden co trazado daantiga muralla, situándose a súa parte norte na marxe esquerda dorío Lérez que atravesa a cidade.[6] O casco antigo está delimitado pola rúa Serra ao norte, a rúaArcebispo Malvar ao leste, a rúa Michelena ao sur e as rúasCobián Roffignac ePadre Amoedo Carballo ao leste. AAlameda e aGran Vía de Montero Ríos coasRuínas do Convento de San Domingo e os edificios institucionais oficiais de finais do século XIX considéranse como unha prolongación do centro histórico cara ao oeste.

Historia

[editar |editar a fonte]

Foi probablemente noséculo IX cando a poboación de Pontevedra comezou a reunirse en torno á antiga ponte e enclave romanos. En1169, o reiFernando II de León e Galicia concedeulle a categoría de cidade.[7] Iniciouse a construción da nova ponte medieval (actualponte do Burgo) e a poboación foise asentando no que hoxe é o centro histórico.[8]

Pontevedra dotouse dunha muralla fortificada que se desenvolveu en tres fases sucesivas a partir do núcleo orixinal situado nas inmediacións daBasílica de Santa María a Maior, a zona máis alta e facilmente defendible. A planta da primeira muralla é a dunha bastida preplanificada, organizada en tres rúas paralelas (Pratería Vella, Amargura-San Martiño e rúa Alta-Sor Lucía) e unha transversal central correspondente á parte alta da rúaIsabel II.[9]

Noséculo XIII, o recinto amurallado ampliouse como consecuencia do paulatino crecemento económico e demográfico xerado polos privilexios reais concedidos á cidade (en1229,Afonso VIII de León e Galicia outorgoulle un privilexio exclusivo para a elaboración e distribución de peixe en todo o reino, e en1238,Fernando III de Castela concedeulle a fabricación de graxa de saín).[10] Nos últimos anos do século XIII chegaron as ordes mendicantes dosdominicos, as clarisas[11] e os franciscanos; estes últimos construíron o seuconvento no outro punto alto do casco antigo, ao leste.

Centro Histórico de Pontevedra en 1669 segundo un debuxo dePier Maria Baldi.

Noséculo XIV produciuse unha segunda fase de ampliación da muralla, que discorre pola rúa Pasantería e apraza da Ferrería ata a súa confluencia coa rúa Michelena. Neste século o francésJean Froissart alcumou a cidadea Boa Vila (La Bonne Ville) nas súas crónicas[12][13] pola súa magnífica situación xeográfica e o seu esplendor económico.[14] Noséculo XV, o crecemento da cidade fixo necesaria unha última ampliación da muralla. En1452,Xoán II de Castela concedeu a Pontevedra o título deporto de carga e descarga de Galicia e, en1467,Henrique IV de Castela premiouna coa autorización para establecer unhafeira franca anual de 30 días.[15] Era necesario dispoñer dun espazo suficientemente amplo e controlado para celebrar a feira (correspondente á actual praza da Ferrería).[16] A nova muralla completouse en1480.[17]

Plano de Pontevedra e o seu centro histórico en 1856

Noséculo XVI, o poder económico do Gremio de Mareantes levou á construción daBasílica de Santa María a Maior. Ao longo do século XVI, o armazón de rúas, prazas e edificios cubriu parte dos espazos baleiros do interior das murallas de Pontevedra. En1719, a invasión inglesa causou grandes danos á cidade.[18] Durante este século leváronse a cabo reformas urbanas con novas prazas e rúas e construíronse novos edificios relixiosos, como aIgrexa de San Bartolomeu e oColexio da Compañía de Xesús, así como novos pazos urbanos como o deMugartegui e a remodelación do dosCondes de Maceda. Preto do recinto amurallado, construíuse en1792 aIgrexa da Virxe Peregrina.

Noséculo XIX derrubouse amuralla medieval, comezando en 1852 coa porta de Trabancas e terminando co tramo da rúa do Rouco e da rúa Cobián Roffignac en 1875.[19] Tamén se derrubaron astorres arcebispais e a fortaleza dos Churruchaos, e construíuse opalacete das Mendoza.[20]

En1880 construíuse a novaCasa do concello, urbanizouse apraza de España e ampliouse aAlameda (antiga horta dos dominicos), fronte á cal se construíron os edificios administrativos oficiais, sede das institucións da capital da provincia, outorgada en 1833. En1951, o centro histórico de Pontevedra foi declarado conxunto histórico-artístico.[21] En 1999, o centro histórico peonalizouse e levouse a cabo unha profunda renovación urbana.[22][23]

Estrutura urbana

[editar |editar a fonte]

Abasílica de Santa Maria A Maior e oconvento de San Francisco marcan os puntos estratéxicos de oeste a leste do casco antigo sobre dous outeiros. Entre eles, configurouse a cidade medieval co seu labirinto de rúas e prazas medievais. As rúas estruturáronse ao redor dun eixo principal que corresponde ás actuaisrúas Sarmiento eIsabel II, e a partir de aí dividíronse o resto das rúas, formando un exemplo clásico de cidade medieval con planta en espiña de peixe, onde as rúas estrutúranse a partir dun único eixo central sobre o que se enxertan as rúas secundarias.[24] Arúa Real atravesa parte do casco antigo de norte a sur. Entre as rúas, o centro histórico está salpicado de prazas de proporcións regulares, cadradas ou rectangulares, con moitas casas nobres con escudos de pedra, que airean o tecido urbano e danlle elegancia.

O principal espazo verde do casco antigo son os xardíns deCasto Sampedro, anexos áigrexa e ao antigo convento de San Francisco, no centro dos cales está afonte renacentista da Ferrería. Ao oeste atópase o Campiño de Santa María cos restos daantiga muralla, e ao suroeste do casco antigo está aAlameda de Pontevedra, antiga horta dos dominicos.

Lugares de interese e monumentos

[editar |editar a fonte]

Prazas de orixe medieval

[editar |editar a fonte]

O centro histórico organízase ao redor de distintas prazas. Estas prazas medievais do casco antigo de Pontevedra destacan como pequenas estancias de proporcións regulares e xeométricas.[25] Moitas delas evocan cos seus nomes comerciais as actividades que alí se desenvolvían hai séculos: a praza da Leña, a da Verdura, a da Pedreira, a da Ferrería...[26] As prazas máis importantes son: ada Verdura, ada Ferrería, ada Leña, ado Teucro, ada Pedreira, ade Méndez Núñez e ade Curros Enríquez. Outras prazas importantes do casco antigo son:Cinco Rúas,Peirao ouAlonso de Fonseca e na beira do centro histórico apraza da Peregrina e apraza de España.

Edificios relixiosos

[editar |editar a fonte]

Os edificios relixiosos máis representativos do casco antigo foron construídos por ordes mendicantes (dominicos, franciscanos),[27] polo poderoso gremio dos mareantes, polos xesuítas e pola confraría da nosa Señora do Refuxio e Divina Peregrina. Estes edificios son: asruínas do convento gótico de Santo Domingo, aigrexa gótica de San Francisco, abasílica gótico-renacentista de Santa María a Maior, aigrexa barroca de San Bartolomeu, ocolexio barroco da Compañía de Xesús e aigrexa barroca da Virxe Peregrina. No casco antigo tamén hai varias capelas, como ado Nazareno e adas Ánimas e oSantuario das Aparicións, e fóra do casco antigo, a poucos metros ao leste das antigas murallas, atópase oconvento gótico de Santa Clara.

Edificios civís

[editar |editar a fonte]

Pontevedra foi un lugar privilexiado de residencia da nobreza e de poderosas familias galegas.[28] Ningunha outra cidade galega posúe tal riqueza de escudos nas fachadas de moitas casas nobres e pazos. No centro histórico hai máis de 200 escudos tallados en pedra.[29]

Edificios civís importantes son: aCasa das Campás, oPazo dos Condes de Maceda, o Pazo de Gago e Montenegro, oPazo de Mugartegui, oPazo de García Flórez, oPazo de Castro Monteagudo, aCasa das Caras, aCasa dos Vaamonde, oTeatro Principal de Pontevedra e oLiceo Casino, o Pazo do Marqués de Aranda, acasa do Correo Vello, aCasa Consistorial de Pontevedra, opalacete das Mendoza, oedificio do Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Pontevedra, oPazo da Deputación de Pontevedra, oIES Valle Inclán, oMercado de Abastos de Pontevedra e oEdificio Castelao.

Estatuas

[editar |editar a fonte]

As estatuas do centro histórico renden homenaxe a personaxes importantes da historia da cidade:O Fiel contraste, oMonumento aos heroes de Ponte Sampaio ou aEstatua de Valle-Inclán, así como a figuras populares como oPapagaio Ravachol ou ás Mulleres Galegas (Muller con galiñas).

Pontes

[editar |editar a fonte]

Aponte do Burgo é a ponte medieval en arco que permite acceder ao centro histórico desde o norte e que deu nome á cidade (Pontis Veteris). Por ela pasa ocamiño portugués.

Museos

[editar |editar a fonte]

Os seguintes museos atópanse no centro histórico da cidade:

Bens de Interese Cultural

[editar |editar a fonte]

O conxunto de monumentos do centro histórico que desde1951 foi protexido patrimonialmente, ao abeiro de distintas figuras legais que en1985 quedaron unificadas baixo a categoría deBen de Interese Cultural, froito da entrada en vigor da Lei 16/1985, de Patrimonio Histórico Español son:[32]

Fóra da cidade vella atópase tamén oMosteiro de Lérez e arredores declarado Monumento Histórico-Artístico e Paraxe Pintoresca o21 de xuño de1946.

Eventos culturais e festividades

[editar |editar a fonte]

No centro histórico da cidade celébrase aFeira Franca de Pontevedra, o enterro dopapagaio Ravachol,os Maios e diversos eventos das festas patronais da Virxe Peregrina.

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "El casco histórico recupera la cifra de vecinos de hace una década y supera los 2.100 “entremuros”".Faro(encastelán). 28 de agosto de 2022. 
  2. "El casco histórico encadena tres años consecutivos manteniendo su número de vecinos, cerca de 2.000".Faro(encastelán). 26 de maio de 2019. 
  3. "Pontevedra".Xunta de Galicia. 13 de setembro de 2019. 
  4. Pombo, Antón, 2012, Un corto viaje a Galicia, Madrid, Anaya Touring, p. 61
  5. Saavedra, Segundo, 2011, Un corto viaje a Rías Bajas, Madrid, Anaya Touring, p. 37
  6. "La arqueología manda en las obras de rehabilitación del entorno de O Burgo".La Voz de Galicia(encastelán). 23 de setembro de 2006. 
  7. "Pontevedra celebrará los 850 años de su «fuero de ciudad»".La Voz de Galicia(encastelán). 11 de abril de 2019. 
  8. Aganzo, Carlos, 2010, Ciudades con encanto. Pontevedra, Madrid, El País-Aguilar, p. 18
  9. "Pontevedra redescubre su muralla".La Voz de Galicia(encastelán). 2 de marzo de 2002. 
  10. "Os foros do Portus Apostoli no medievo".La Voz de Galicia. 23 de marzo de 2018. 
  11. "Santa Clara y Pontevedra, 750 años mirándose".La Voz de Galicia(encastelán). 5 de decembro de 2021. 
  12. Pontevedra Viva, ed. (8 de xaneiro de 2016)."Pontevedra, bonne ville..."(encastelán). 
  13. "Pontevedra: la ciudad en la que los niños se zamparon los coches".El País(encastelán). 19 de maio de 2019. Arquivado dendeo orixinal o 18 de maio de 2021. Consultado o 22 de outubro de 2022. 
  14. El Español, ed. (4 de novembro de 2020)."¿Por qué Pontevedra "é boa vila"?"(encastelán). 
  15. "Sin impuestos en la Pontevedra bendecida por Enrique IV".El Mundo(encastelán). 3 de setembro de 2011. 
  16. "La ciudad empieza a engalanarse para la Feira Franca".La Voz de Galicia(encastelán). 27 de agosto de 2014. 
  17. Durán Villa, Francisco, 2000, Provincia de Pontevedra, Madrid, Editorial Mediterráneo, p. 78
  18. "La virgen de Quitapesares, el pirata Drake y la invasión de 1719".Pontevedra Viva(encastelán). 15 de abril de 2016. 
  19. "1852-2012: Del derribo de la muralla a su recuperación".La Voz de Galicia(encastelán). 30 de decembro de 2012. 
  20. "Las Torres Arcebispais entran en el siglo XXI".La Voz de Galicia(encastelán). 2 de setembro de 2014. 
  21. "Mismas fórmulas, pero con unos resultados dispares".La Voz de Galicia(encastelán). 31 de marzo de 2005. 
  22. "1999: Peatonalización del casco histórico".La Voz de Galicia(encastelán). 19 de xullo de 2019. 
  23. "Apenas restan diez calles por rehabilitar en el centro histórico".La Voz de Galicia(encastelán). 17 de novembro de 2019. 
  24. Saavedra, Segundo, 2011, Un corto viaje a Rías Bajas, Madrid, Anaya Touring, p. 37
  25. Aganzo, Carlos, 2010, Ciudades con encanto. Pontevedra, Madrid, El País-Aguilar, p. 10
  26. Pombo, Antón, 2012, Un corto viaje a Galicia, Madrid, Anaya Touring, p. 62
  27. Riveiro Tobío, Elvira, 2008, Descubrir Pontevedra, Pontevedra, Edicións do Cumio, p. 8
  28. Saavedra, Segundo, 2011, Un corto viaje a Rías Bajas, Madrid, Anaya Touring, p. 36 et 44
  29. ""Todos estamos emparentados con la nobleza"".La Voz de Galicia(encastelán). 14 de febreiro de 2011. 
  30. Aganzo, Carlos, 2010, Ciudades con encanto. Pontevedra, Madrid, El País-Aguilar, p. 50
  31. "Las Torres Arzobispais abren sus entrañas a la ciudad por primera vez".La Voz de Galicia(encastelán). 13 de agosto de 2010. 
  32. Xunta de Galicia (13 de decembro de 2016)."Bens de Interese Cultural (BIC)".abert@s. Arquivado dendeo orixinal(csv) o 26 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 
  33. "As ruínas de San Domingos recuperan o seu horario habitual de apertura".Pontevedra Viva. 3 de abril de 2017. 
  34. "Cultura desbloquea la reforma de Hacienda".Diario de Pontevedra(encastelán). 13 de maio de 2023. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Centro histórico de PontevedraModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
De interese enPontevedra
Lugares senlleiros
Edificios civís
Casa das Campás • Casa do Correo Vello • Casa dos Vaamonde • Pazo dos Condes de Maceda • Pazo de Mugartegui • Pazo de Castro Monteagudo • Pazo de García Flórez • Casa das Caras • Liceo Casino • Teatro Principal • Casa consistorial de Pontevedra • Palacete das Mendoza • Pazo da Deputación de Pontevedra • Goberno Militar de Pontevedra • Hospital Provincial de Pontevedra • Mansión do Marqués de Riestra • Edificio da antiga Escola Normal • Praza de touros • Café Moderno • Edificio do Banco de España • Villa Pilar • Instituto Valle Inclán • Pazo de Lourizán • Antigo Cuartel de San Fernando • Casa dos Fonseca • Casa de Correos • Edificio Gran Garaje • Edificio do Colexio Oficial de Aparelladores • Mercado de Abastos de Pontevedra • Edificio da Caixa de Pontevedra • Goberno Civil de Pontevedra • Pavillón Municipal dos Deportes • Biblioteca Pública do Estado • Auditorio e Pazo de Congresos e Exposicións • Recinto Feiral de Pontevedra • Edificio Central da Xunta de Galicia en Pontevedra • Edificio Castelao  • Cidade da Xustiza de Pontevedra
Edificios relixiosos
Monumentos e esculturas
Prazas e rúas
Pontes
Restos arqueolóxicos
Museos
Artes escénicas
Educación e Cultura
Parques e espazos naturais
Instalacións deportivas
Exposicións e espectáculos
Hospitais
Transportes
Barrios
Medios de comunicación
Eventos
Asociacións culturais
Barrios dePontevedra
Escudo de Pontevedra
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Centro_histórico_de_Pontevedra&oldid=6656360»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp