Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Zimbabwe

Coord.:19°S30°L / -19,30
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir conCimabue.
Modelo:Xeografía políticaZimbabwe

HimnoHimno nacional de ZimbabweEditar o valor en Wikidata

Lema«Unity, Freedom, Work»
«Unitat, llibertat, treball»
«Undeb, Rhyddid, Gwaith»Editar o valor en Wikidata
EpónimoGran ZimbabweEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 19°S30°L / -19,30
CapitalHarareEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación15.178.979(2022)Editar o valor en Wikidata (38,85hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
Lingua shona
Lingua ndebele setentrional
lingua chichewa
Barwe(en)Traducir
Lingua kalanga
Linguas khoisas
Língua ndau(pt)Traducir
Lingua tsonga
Língua de Sinais do Zimbábue(pt)Traducir
Lingua sesotho
chitonga
Lingua tswana
Lingua venda
Lingua xhosa
Lingua nambyaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie390.757 km²Editar o valor en Wikidata
Auga1 %Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Nyangani (2.592 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Runde (162 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación18 de abril de 1980Editar o valor en Wikidata
Organización política
• PresidenteEditar o valor en WikidataEmmerson Mnangagwa(2017–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento de Zimbabwe ,Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal28.371.238.666 $ (2021)Editar o valor en Wikidata
Moedadólar estadounidenseEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.zwEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+263Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia999,994,995 e993Editar o valor en Wikidata
Código de paísZWEditar o valor en Wikidata

Sitio webzim.gov.zw…Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451683

Zimbabwe[1][2][3][4] ouCimbabue[5][6] (eninglés:Zimbabwe), oficialmenteRepública de Zimbabwe (en inglés:Republic of Zimbabwe), é un país ó sur deÁfrica que anteriormente se chamabaRodesia. Limita ó norte conZambia eMozambique; ó leste con Mozambique; ó sur conSuráfrica e ó oeste conBotswana. Ten treslinguas oficiais: oinglés, oshona e ondebele do norte.

En 1965 a minoría branca declarou o país independente doReino Unido co nome deRodesia, non recoñecido poloReino Unido, e instalou un réxime de segregación racial semellante ó doapartheid deSuráfrica.

O país entrou en guerra civil coa implantación deste réxime, que só terminou cando os brancos concordaron coa mediación dos ingleses pór fin ó réxime de segregación da poboación negra. O17 de abril de1980 o Reino Unido concedeu formalmente a independencia do país co nome actual, Zimbabwe.

Aínda que inicialmente durante a década dos 1980 a súa administración intentou mellor o nivel de vida e a economía do país, o certo é que o seu goberno foi caracterizado polo despilfarro orzamentario, pola hiperinflación e por denuncias de incumprimentos dedereitos humanos.[7][8] Tamén se dá a fraude electoral[9] entre intimidacións varias,[10] que non logran estabilizar o goberno do estado a pesar dun intento de goberno compartido.[11]

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

A verbaZimbabwe deriva de "Dzimba dza mabwe," que significa "grandes casas de pedra" nalingua shona.[12] O seu uso como nome do país é poloGran Zimbabwe.

Goberno e política

[editar |editar a fonte]

Zimbabwe é unharepública parlamentaria. Osufraxio é universal para todos os maiores de 18 anos. Opresidente é, á súa vez, o xefe de Estado e de Goberno. Oparlamento está formado por dúas cámaras, a máis importante ten 150 escanos, dos cales 120 son escolleitos polos cidadáns, 20 polo presidente e dez xefes tribais. Outra cámara, unhacámara alta, oSenado, foi instaurada tralos cambios constitucionais de2005.[13]

O partido deRobert Mugabe,Unión Nacional Africana de Zimbabwe-Fronte Patriótica (ZANU-PF), leva dominando a vida política do país desde a súa independencia, gañando sempre as eleccións.[14] As eleccións de1990 foron nacional e internacionalmente criticadas por sospeitosas de fraude, xa que oZimbabwe Unity Movement, o segundo partido na oposición deEdgar Tekere, só obtivo o 16% dos votos. As eleccións de2002 celebráronse entre denuncias de manipulación de votos, intimidación e fraude.[15] As seguintes eleccións celebráronse o20 de marzo de2008, onde Mugabe obtivo o 90% dos votos e se gravaron irregularidades nas eleccións.[16]. En 2017, Mugabe dimitiu tras un golpe de Estado que levou ao poder aEmmerson Mnangagwa.[17] Mnangagwa gañou as eleccións presidenciais de 2018.[18]

Tanto aUnión Europea comoEstados Unidos decretaron sancións contra o goberno do actual presidente,Robert Mugabe, pola violación dosdereitos humanos.

Subdivisións

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Subdivisións de Zimbabwe.
Mapa das provincias do Zimbabwe, numeradas.

Cimbabwe divídese en oitoprovincias e dúas cidades con estatuto de provincia:

  1. Bulawayo (cidade)
  2. Harare (cidade)
  3. Manicaland
  4. Mashonaland Central
  5. Mashonaland Este
  6. Mashonaland Oeste
  7. Masvingo
  8. Matabeleland Norte
  9. Matabeleland Sur
  10. Midlands

Economía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía de Zimbabwe.

O goberno de Zimbabwe enfróntase a unha ampla variedade de difíciles problemas na súa economía. Entre estes problemas inclúense unha notoria falta dedivisas,hiperinflación e escaseza de provisións. A súa participación na guerra de1998 a2002 naRepública Democrática do Congo, por exemplo, significou un descenso de centos de millóns de dólares da súa economía.[19] O necesitado apoio doFMI non chegou, debido a que o goberno fracasou en alcanzar os obxectivos orzamentarios precisos para as axudas. A taxa deinflación incrementouse dun 32% por ano en1998 a un 586% a finais de2005, e co maior rexistro do mundo cunha taxa de inflación dunha estimación oficial en xaneiro do2008 do 100 580.2%, mentres que o tipo de cambio baixou de 24 dólares Zimbabwenses por US$ a 85.000 por US$ na mesma época. Zimbabwe ten actualmente a taxa de inflación máis alta do mundo. En marzo de2008, a inflación alcanzou o 100.000% e, unha taxa de cambio de 1 dólar USA por 30 000 000 de dólares Zimbabwenses. En xullo de2008 a inflación oficial chegou a 2 200 000% ao ano, mais estatísticas extraoficiais indicaban unha inflación real de 9 000 000% ao ano.[20] Polo tanto, a poboación local que pode tende a comprar os produtos esenciais nos países veciños deBotswana,Suráfrica eZambia.

As exportacións agrícolas, minerais e o turismo constitúen a principal vía de entrada de divisas estranxeiras.[21] Zimbabwe é o país que mantén a relación comercial máis importante conSuráfrica no continente africano.[22] A dinámica decadente da economía do estado foi atribuída, principalmente, á mala xestión, á corrupción do goberno de Mugabe e á expropiación das terras de máis de 4000 granxeiros brancos durante a controvertida redistribución da terra do ano2000.[23][24][25] AZimbabwe Conservation Task Force publicou un informe en xuño de2007 que estimaba a morte dun 60% dabiosfera salvaxe do país desde2000. O informe tamén advirte que a perda de vida xunto coa deforestación salvaxe é potencialmente perigosa para a industria turística.[26]

En2005, o goberno, motivado polo gobernador do Banco CentralGideon Gono, comezou a suxerir a posibilidade de que os granxeiros brancos volveran ao país. Aínda quedaban entre 400 e 500 no interior, mais a maior parte da terra que foi confiscada xa non era produtiva.[27] En xaneiro de2007 o Goberno permitiu incluso a algúns granxeiros facer contratos de arrendamento a longo prazo.[28] Porén, máis adiante deu marcha atrás e ameazou con encarcerar a todos os granxeiros brancos que seguiran en Zimbabwe.[29][30]

En agosto de2006 púxose en circulación un novo dólar Zimbabwense, equivalente a 1000 dos antigos. Segundo o cambio oficial, a taxa de cambio caeu dos 24 dólares antigos pordólar estadounidense en1998 a 250 000 dólares antigos o 250 novos por dólar estadounidense[31] ou no mercado paralelo, a 120 000 000 dólares antigos por dólar estadounidense en xuño de2007.

En xullo de2008, o Banco Central de Zimbabwe puxo en circulación un billete de 1.000 millóns de dólares Zimbabwenses para axilizar o uso de diñeiro en metálico. Non obstante, este novo billete ten aproximadamente o valor dun dólar estadounidense. Polo tanto, apenas serve para comprar unha barra de pan ou catro laranxas.[32]

A economía de Cimbabwe está en situación crítica. Tradicionalmente estivo baseada naagricultura aínda que a minería é moi importante, sendo un dos principais produtores decromo.

Festas
DataNome en galegoNome localNotas
1 de xaneiroDía de AninovoNew Year’s Day
Varía cada anoVenres SantoGood Friday
Varía cada anoLuns de PascuaEaster Monday
18 de abrilDía da IndependenciaIndependence dayConcedida poloReino Unido o 18 de abril en 1980
1 de maioDía do TraballoLabour Day
25 de maioDía deÁfricaAfrica’s DayO 25 de maio de 1963 fúndase aOUA
7 de agostoDía dos HeroesHeroes' Day
8 de agostoDía do ExércitoDefenced Forces Day
22 de decembroFesta da UnidadeUnity Day
25 de decembroDía deNadalChristmas Day
26 de decembroBoxing Day

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente"(PDF).Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016. 
  2. Definición dezimbabwés, -sa noDicionario de Galego deIr Indo e aXunta de Galicia.
  3. Goretti Sanmartín Rei et al. (2012). Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed.Criterios para o uso da lingua(PDF).ISBN 84-9749-199-8. 
  4. González González, Manuel (ed.)."Chewa".Tergal. Consultado o 25/12/2024. 
  5. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (2004)."LINGUA GALEGA. DÚBIDAS LINGÜÍSTICAS"(PDF). p. 102. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 01 de xuño de 2014. Consultado o 24 de outubro de 2013. 
  6. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004).Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304.ISBN 9788482887524. 
  7. "Zimbabwe". Amnesty International. Arquivado dendeo orixinal o 30 de maio de 2012. Consultado o 5 de abril de 2010. 
  8. Cimbabue prohibe as actividades das organizacións de dereitos humanosVieiros, 14 de decembro do 2004
  9. Desmond Tutu pide que ONU interveña en CimbabueVieiros, 29 de xuño de 2008
  10. A violencia de Cimbabue pode dexenerar nun novo xenocidioArquivado 05 de xaneiro de 2012 enWayback Machine.Galicia Hoxe, 25 de xuño de 2008
  11. Rompe o goberno de cohabitación en Cimbabue BBC News, 16 de outubro de 2009(eninglés)
  12. "Zimbabwe - gran casa de pedra"(en inglés). Somali Press. Arquivado dendeo orixinal o 03 de maio de 2011. Consultado o 5 de abril de 2010. 
  13. Constitución de Zimbabwe, 2005Arquivado 27 de setembro de 2007 enWayback Machine. NGO Network Alliance Project(eninglés)
  14. Mugabe, Robert. (2007). Encyclopædia Britannica.Encyclopædia Britannica 2007 Ultimate Reference Suite. Chicago: Encyclopædia Britannica
  15. Zimbabwe: Election Fraud ReportArquivado 04 de xaneiro de 2014 enWayback Machine.,Universidade de Pensilvania,18 de abril de2005
  16. [1]
  17. "Emmerson Mnangagwa: After Robert Mugabe resigns, who is the Zanu-PF politician favourite to succeed him as Zimbabwe President?"(eninglés). 21 de novembro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2019. 
  18. "Resultados das eleccións 2018"(eninglés). 3 de agosto de 2018. Arquivado dendeo orixinal o 19 de setembro de 2018. Consultado o 12 de xuño de 2019. 
  19. Violencia organizada e tortura en Zimbabwe en 1999Arquivado 02 de xuño de 2010 enWayback Machine., 1999, Zimbabwe Human Rights NGO Forum(eninglés)
  20. "Zimbábue corta 10 zeros da moeda para combater inflação".bbc.com(en portugués). 30 de xullo de 2008. Consultado o 6 de abril de 2010. 
  21. Perfil de CimbabweArquivado 26 de febreiro de 2008 enWayback Machine.(eninglés), Departamento de Asuntos Estranxeiros e Comercio Internacional de Canadá: “Posto que o país está ben equipado con recursos naturais como minerais, terra fértil e fauna salvaxe, posúe moitas oportunidades de actividades como a mineira, a agricultura e o turismo.”
  22. Relacións económicas entre Zimbabwe e África do Sur dende o 2000Arquivado 01 de xaneiro de 2008 enWayback Machine.,Africa News,31 de outubro de2007(eninglés): "Cimbabwe é o socio comercial máis importante de Suráfrica en África"
  23. Robinson, Simon.A Tale of Two CountriesArquivado 18 de outubro de 2019 enWayback Machine.,Time Magazine,18 de febreiro de2002(eninglés)
  24. Zimbabwe prohíbelle aos granxeiros brancos cultivar,USA Today,24 de xuño de2002(eninglés)
  25. Granxeiros brancos en estado de sitio en Zimbabwe,BBC News,15 de agosto de2002(eninglés)
  26. Nick Wadhams,A fauna e flora de Zimbabwe decimada pola crise económica, Nairobi:National Geographic News,1 de agosto de2007(eninglés)
  27. Meldrum, Andrew,Zimbabwe encamíñase cara ao desastre e invita aos granxeiros brancos e retornar,The Guardian,21 de maio de2005(eninglés)
  28. Timberg, Craig,Granxeiros brancos ofrecen arrendamentos en Zimbabwe,The Washington Post,6 de xaneiro de2007
  29. Zimbabwe ameaza aos granxeiros brancos,The Washington Post,5 de febreiro de2007(eninglés)
  30. Chinaka, Cris,Zimbabwe ameaza aos granxeiros brancos coa evicción,Reuters,8 de agosto de2007(eninglés)
  31. [2]Reserve Bank of Zimbabwe
  32. CNN."Zimbabwe introduces $100 billion banknotes"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 09 de novembro de 2020. Consultado o 03 de abril de 2010. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  ZimbabweModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Países membros daUnión Africana
Estados soberanos
Enteiramente
en Africa
Parcialmente
en Africa
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Zimbabwe&oldid=6936726»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp