- Este é un artigo sobre o futbolistabrasileiro. Para a marca de roupa deportiva véxaseZico España.
Arthur Antunes Coimbra, alcumadoZico, nado o3 de marzo de1953 enRío de Xaneiro é un exfutbolista e actualadestrador de fútbolbrasileiro. Xogaba decentrocampista e foi internacional coaselección brasileira. Deuse a coñecer mundialmente a partir da conquista daCopa Libertadores e daCopa Intercontinental co equipo carioca doFlamengo. Disputou tresCopas do Mundo nos anos1978,1982 e1986.
É considerado por moitos, en especial polos seareiros doFlamengo, o mellor xogador brasileiro despois dePelé eGarrincha, e o mellor xogador da historia do club, onde estivo a maior parte da súa carreira, entre1967 e1989, cun lapso entre1983 e1985 período no que xogou enItalia, coUdinese Calcio.
No Flamengo conquistou catro títulos nacionais, en1980,1982,1983 e1987, aCopa Libertadores de América e aCopa Intercontinental, en1981, entre outros títulos.
Zico xogaba nun pequeno equipo de amigos, o Juventude de Quintino, do barrio de Quintino Bocaiúva, na zona norte doRío de Xaneiro, mais o seu primeiro club de fútbol foi oRiver Futebol Clube, tradicional club da Piedade, tendo como mestre a Joaquim Pedro da Luz Filho, Seu Quinzinho. No River, con Seu "Quinzinho", o seu xogo chamou a atención. Foi para oFlamengo aos catorce anos de idade, cando en1967 o locutor Celso Garcia, amigo da familia, asistiu a un encontro de Zico nun torneo no River Futebol Clube, onde xogaba coa camisa doSantos, e levouno para aescolinha de futebol do club. Zico estreouse no primeiro equipo en1971, nun encontro contra oVasco da Gama, rematando 2 a 1 para o equiporubro-negro. Zico fica xa coma titular en1974, despois de pasar por unha intensa preparación física. Debido ao seu feble corpo de inicio de carreira e ó seu barrio de orixe (Quintino) gañou o cariñoso alcume de "Galinho de Quintino".
Xogou coaselección brasileira de1976 a1986, marcando 66 goles en 89 encontros e perdendo un único partido no tempo normal de xogo, contraItalia, noestadio de Sarrià, noMundial de España, en1982. Participou tamén nasCopas do Mundo de1978 e1986.
O seu debut na selección foi nunha xira no que o Brasil se enfrontou a varios países suramericanos. Fixo fermosos goles de falta e asumiu o rol de maior esperanza do Brasil despois do remate da carreira dePelé. A súa participación na Copa de 1978 foi curta, xa que na primeira fase sufriu unha gravecontusión muscular. A súa consagración foi na Copa de 1982, mais acabou vendo frustrada a súa vontade de gañar o mundial, cando o Brasil foi eliminado porItalia.
Na súa última oportunidade de ser campión dun mundial coma xogador, en 1986, Zico acabou sendo responsabilizado da eliminación do seu equipo diante deFrancia nos cuartos de final. No seu segundo partido na Copa, Zico fixo un lanzamento preciso e milimétrico para o xogadorBranco, que foi derrubado dentro da área. O árbitro asubioupenalti. Zico, o lanzador oficial da selección, erra, rematando o encontro en empate a un. Despois, o Brasil quedaría eliminado ao perder naquenda de penaltis por 4 a 3.
Zico retornou ao Flamengo en1985, para maior ledicia da afección, mais, no mesmo ano, a súa carreira sufriu o máis duro golpe. Nun encontro contra oBangu, o xogadorMárcio Nunes cometeu unha falta desleal, entrando cos dous pés no xeonllo esquerdo de Zico. A xogada rompeu os ligamentos cruzados doxeonllo do xogador, que se ten que se someter a diversas operacións, segundo di, "aprender a andar de novo". Máis tarde dixo non gardar rencor ó zagueiro.
En1990, durante o goberno do PresidenteFernando Collor de Mello, foi Secretario Nacional de Deportes.
En1991 retornou ao fútbol, para disputar o campionatoxaponés. A súa volta aos terreos de xogo, xunto con outros xogadores famosos xa retirados ou a punto de facelo, é hoxe cualificada coma unha das maiores razóns da rápida popularización do fútbol no Xapón. En1994, deixou definitivamente de xogar. O seu equipo foi o Sumimoto Metals (actualKashima Antlers).
Dendexuño de2002 exerceu o cargo de seleccionador daselección xaponesa. Malia ter sido varias veces convidado a asumir cargos no Flamengo, Zico nunca aceptou. Especúlase que iso se debe en gran parte ós rumbos tomados polas administracións do club carioca, que dende a época de Zico vén acumulando débedas e malos resultados. É actualmente adestrador de fútbol e de2004 até2006 dirixiu á selección doXapón, que, a pesar de ter sido a primeira clasificada, foi eliminada na primeira fase doMundial de Fútbol Alemaña 2006. Foi tamén campión asiático coa selección xaponesa en 2004. Despois da copa foi contratado para adestrar ao equipo doFenerbahçe enTurquía.
Equipo | Número de Goles | Encontros | Media |
---|
Flamengo (BRA) | 568 | 765 | 0,74 |
Udinese (ITA) | 57 | 79 | 0,72 |
Kashima Antlers (XAP) | 54 | 88 | 0,61 |
Selección Brasileira | 68 | 94 | 0,74 |
Selección Brasileira de Masters | 8 | 16 | 0,5 |
Outros | 44 | 49 | 0,9 |
TOTAL | 799 | 1091 | 0,73 |
Copa Intercontinental de Fútbol (1981)
Copa Libertadores (1981)
CampionatoBrasileiro (4) (1980, 82, 83 e 87)
Campionato Carioca Infantil (1969)
Campionato Quadrangular Infantil (1969)
Campionato Carioca Xuvenil (1972)
Campionato Carioca (7) (1972, 74, 78, 79,79 (especial), 81 e 86)
Copa Guanabara (9) (1972, 73, 78, 79, 80, 81, 82, 88 e 89)
Trofeo Ramón de Carranza (2) (1979 e 80)
Torneo de Goiás (1975)
Torneo de Jundiaí (1975)
Torneo de Mato Grosso (1976)
Trofeo Ciudad de Santander (1980)
Torneo de Nápoles (1981)
Copa Río de Xaneiro (1986)
Copa Euzébio de Andrade (1987)
Copa Kirin (XAP) (1988)
Trofeo Colombino (1988)
Torneo de Hamburgo (1989)
Torneo Cuadrangular de Udine (1983)
Copa Muroran (1992)
Copa Suntory (1ª fase,1993)
Copa Meiers (1993)
Copa Pepsi (1993)
- Mellor xogador do Fútbol Brasileiro nos últimos 30 anos - Rede globo / Esporte espetacular (BRA) - (2003)
- Mellor xogador das Américas elixido polo xornalEl Mundo (VEN) - (1977)
- Xogador do equipo das estrelas,FIFACopa do mundo de1978 - (1979)
- Mellor xogador das Américas elixido polo xornalEl Mundo (VEN) - (1981)
- Mellor xogador da final daCopa Intercontinental de Fútbol (1981)
- Mellor xogador do Mundo, elixido poloEl Mundo (VEN), Guerin Sportivo (ITA), Don Balón (ESP), e revista Placar (Brasil) - (1981)
- Bota de bronce daCopa do mundo - (1982)
- Mellor xogador das Américas elixido polos xornaisEl Mundo (VEN),El Gráfico (ARG) - (1982)
- Craque do equipo das estrelas,FIFACopa do mundo - 1982 (World Cup all-star Team player) - (1982).
- Mellor xogador do Mundo elixido pola revistaWorld Soccer (England) - (1983)
- "Premio Chevron" Mellor xogador do Campionato Italiano - (1983/84)
- Mellor xogador daCopa do mundo de fútbol de praia - (1995)
- Mellor drible doFIFA Street 2 - "Ginga" - (2006)
- Bola de Prata - Revista Placar - (1987)
- Bola de Prata - Revista Placar - (1982)
- Bola de Ouro - Revista Placar - (1982)
- Bola de Prata - Revista Placar - (1977)
- Bola de Prata - Revista Placar - (1975)
- Bola de Prata - Revista Placar - (1974)
- Bola de Ouro - Revista Placar - (1974)
- (Non hai ordenador neste capítulo do artigo, os premios debola de prata - Revista Marcador (Revista Placar), para artilleiro. Zico é o récord de Premio con 5 Bolas de prata, 2 Bolas de Ouro e 2 Bolas de prata de Artilheiro. En total son nove Premios ao longo da súa participación no Campionato brasileiro.)
- Décima cuarto Maior xogador doséculoXX pola -IFFHS
- Sétimo Maior xogador Sulamericano doséculoXX Pola -IFFHS
- Terceiro Maior xogador Brasileiro doséculoXX pola -IFFHS
- Nono Maior xogador doséculoXX pola revista -France football
- Nono maior artilheiro do Mundo na historia do fútbol no Campionato de primeira división, con406 goles -IFFHS
- Décima segundo maior goleador do Mundo na historia do fútbol en xogos oficiais, con516 goles -IFFHS
- FIFA 100
- Ós 23 anos, zico xa había se tornar o maior Artilheiro da historia do flamengo, con case300 goles.
- Récord de goles polo flamengo nunha só temporada - 49 goles - (1974)
- Récord de goles polo flamengo nunha só temporada - 56 goles - (1976)
- Máximo goleador da liga brasileira 59 goles - (1982)
- Máximo goleador do Flamengo nunha tempada - 81 goles en 70 partidos - (1979)
- Récord de goles en partidos seguidos no Campionato Xaponés, 11 goles en 10 partidos -(1992)
- Maior artilheiro de todos os tempos do Estadios Mário Fillo (Maracanã)
- Maior vencedor de todos os tempos do Premiobola de prata /bola de Ouro - Revista Marcado,(Placar)
- Maior artilheiro da historia doFlamengo -568 goles
- Maior artilheiro medio campista do mundo en todos os tempos - goles oficiais516, goles en total826
Campeonato Carioca de Escolinha (1970): 26 goles
Campeonato Carioca Infantil 1 (1971): 9 goles
Campeonato Carioca Profesional (1975): 30 goles
Copa Guanabara (1975): 10 goles
Campeonato Carioca (1977): 27 goles
Campeonato Carioca (1978): 19 goles
Campeonato Carioca (1979): 26 goles
Campeonato Especial (1979): 34 goles
Torneo Ramón de Carranza (1979): 3 goles
Torneo Ramon de Carranza (1980): 2 goles
Torneo de Santander (1980): 3 goles
Campeonato Brasileiro (1980): 20 goles
Copa Libertadores da América (1981): 11 goles
Torneo de Nápoles (1981): 4 goles
Campeonato Brasileiro (1982): 21 goles
Copa Guanabara (1982): 12 goles
Campeonato Carioca (1982): 21 goles
Campionato Italiano (1983): 19 goles
Campionato Xaponés (1992): 21 goles
Mundial de praia (1995): 12 goles