Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Zhou Xuan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaZhou Xuan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de agosto de 1918Editar o valor en Wikidata
Changzhou, República Popular da China(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Morte22 de setembro de 1957Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Shanghai, República Popular da ChinaEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaShanghaiEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, actrizEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1932Editar o valor en Wikidata -
InstrumentoVozEditar o valor en Wikidata

IMDB: nm1152104Spotify: 1bONVLlQIiuULYblokrPxjMusicbrainz: 51c3f650-25bc-4ea9-b25a-ef600af6ef80Discogs: 609722WikiTree: 蘇-3Editar o valor en Wikidata

Zhou Xuan ouChow Hsuan (chinés tradicional esimplificado: 周璇;pinyin:Zhōu Xuán;Wade-Giles:Chou1 Hsüan2), nome de nacementoSu Pu (chinés tradicional: 蘇璞; chinés simplificado: 苏璞;pinyin:; Wade-Giles:Su1 P'u2), nada enChangzhou o1 de agosto de1918 e finada enShanghai o22 de setembro de1957 foi unha cantante e actrizchinesa. Na década de 1940 convertérase nunha das "sete grandes estrelas da canción", sendo a máis coñecida das sete e alcumada a "voz de ouro". Gravou máis de 200 cancións e mantivo unha carreira cinematográfica ata 1954, aparecendo en máis de 40 filmes.[1]

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Primeiros anos

[editar |editar a fonte]

Zhou naceu como Su Pu (蘇璞), mais foi separada dos seus pais naturais de nena e creceu con pais adoptivos. Pasou toda a súa vida buscando os seus pais biolóxicos pero a paternidade non foi establecida ata despois da súa morte.[2] Segundo a posterior pescuda familiar, un parente adicto aoopio levouna con tres anos a outra cidade e vendeuna a unha familia apelidada Wang, que a chamou Wang Xiaohong. Despois foi adoptada por unha familia apelidada Zhou, que lle cambiou o nome polo de Zhou Xiaohong.[3]

Aos trece anos, tomou como nome artístico Zhou Xuan, pois 'Xuan' (璇) significa "xade fermoso" en chinés.

Carreira

[editar |editar a fonte]

En 1932, Zhou comezou a actuar como membro daBright Moon Song and Dance Troupe, deLi Jinhui. Cando tiña catorce anos, gañou o segundo premio nun concurso de canto en Shanghai e recibiu o sobrenome de "voz de ouro" (金嗓子) polas súas melodías naturalmente agudas.[1]

Zhou comezou a súa carreira no cinema en 1935 e converteuse nunha estrela en 1937, cando o directorYuan Muzhi a contratou como unha das cantantes deStreet Angel. Zhou pasou rapidamente a ser a máis famosa e vendible cantante popular da China na era dogramófono ata a súa morte, cantando moitas melodías coñecidas dos seus filmes.

Entre 1946 e 1950 ía habitualmente aHong Kong para participar en filmes como "All-Consuming Love" (長相思), "Hua wai liu ying" (花外流鶯),Sorrows of the Forbidden City e "Rainbow Song" (彩虹曲). Tras "Shanghai Nights" (夜上海) en 1949, Zhou volveu a Shanghai. Pasou os seguintes anos entrando e saíndo de institucións mentais, debido a frecuentes ataques. Zhou levou unha complicada e infeliz vida marcada polo seu matrimonio fracasado, fillos ilexítimos e intentos de suicidio. O seu primeiro home foi o compositor Yan Hua (严华, 1912-1992), que escribiu e ás veces interpretou cancións con ela.

En total participou en 43 filmes, sendo o seu favoritoStreet Angel, que contiña dúas cancións, "Four Seasons Song" (四季歌) e "The Wandering Songstress", que gozaron de gran popularidade.[3] Outras cancións célebres de Zhou Xuan foron "When Will You Return?", "Shanghai Nights" (canción do filme homónimo), "Yellow Leaves Dancing in Autumn Wind" (黃葉舞秋風), "Forever Smile" (永遠的微笑), "Hundred Flower Song" (百花歌), "Advice" (叮嚀), "Where Can the Soul Mate be Found" (知音何處尋) e "Picking Betel Nuts" (採檳榔).

Morte

[editar |editar a fonte]

Zhou faleceu enShanghai en 1957 nun sanatorio mental aos 39 anos durante o movemento antidereitista.[4] Unha posible causa da morte puido serencefalite tras unha crise nerviosa.

Foi sobrevivida polos seus dous fillos, Zhou Min[5] e Zhou Wei, de diferentes pais. Segundo a biografía de Zhou Min, o fillo máis novo, Zhou Wei, era fillo de Tang Di (唐棣), mentres que o pai de Zhou Min é descoñecido.

Filmografía

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1Yueh-yu Yeh, Emilie (1-1-2012). "12. China". En Creekmur, Corey; Mokdad, Linda.The International Film Musical.Edinburgh University Press. p. 173.ISBN 978-0-7486-3476-7. 
  2. Lu, Wenjing (8-4-2004)."周璇身世越发离奇 原名苏璞竟是苏轼后人" [Zhou Xuan's life is even more bizarre, formerly known as Su Pu a descendant of Su Shi].Epoch Times(en Chinese). Consultado o 16-11-2017. 
  3. 3,03,1""Golden Voice" Zhou Xuan".CRI. 31-3-2004. Arquivado dendeo orixinal o 03-03-2016. Consultado o 16-03-2018. Arquivado 03-03-2016 enWayback Machine.
  4. Atkins, Taylor (2003).Jazz Planet.University Press of Mississippi.ISBN 1-57806-609-3. 
  5. Shao, Hua (10-7-2004)."周璇两儿子爆出几十年恩怨纠葛(图)" [Zhou Xuan's son bursts decades of grudges].Chinese Business Network(en Chinese). Arquivado dendeo orixinal o 12-07-2004. Consultado o 16-03-2018. Arquivado 12-07-2004 enWayback Machine.
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Zhou_Xuan&oldid=6699448»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp