Azarzuela[1] é unha forma de músicateatral xurdida en diversos territorios deEspaña con partes instrumentais, partes vocais (sós, dúos,coros...) e partes faladas.
O seu nome procede doPalacio da Zarzuela, nome dopavillón de caza próximo aMadrid onde se achaba o teatro que albergou as primeiras representacións do xénero e que hoxe é residencia dos monarcas españois. A zarzuela cultivouse con moitos acertos ao trasladarse aCuba, onde destacaron os compositoresGonzalo Roig eErnesto Lecuona, eRodrigo Prats,Eliseo Grenet e aVenezuela, conJosé Ángel Montero ePedro Elías Gutiérrez.
Tamén enGaliza o xénero acadou certa relevancia con figuras comoGustavo Freire, compositor da zarzuela galega deposguerraNon chores, Sabeliña (1943)[2] ou conRamón Armada Teixeiro e a súa composición da primeira zarzuela engalego (estreada o10 de abril de1886), titulada¡Non máis emigración![3]
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zarzuela![]() |