Namitoloxía galega, ozarrouco ouzarronco é un ser imaxinario descrito baixo diferentes formas (insecto de gran tamaño, home extraordinariamente feo, ser fantasmal) co que se pretende meter medo ós meniños, a modo duncoco.
A forma que toma con máis frecuencia é a duninsecto grande (xigantesco, din) e desagradable, pero outras veces aparece, sempre de noite, como un home alto e moi feo, cun saco ás costas[1] e que non fala, senón que funga ou ronca (de onde probablemente lle veña o nome); móstrase sempre enfadado e de mal xenio.
Oslexicógrafos que recolle oDicionario de dicionarios só contemplan a acepción de insecto imaxinario grande e desagradable.