Zanzíbar é un conxunto de dúas illas,Zanzíbar propia (1.554 km² e 800.000 habitantes) ePemba, a principal cidade e centro económico éMji Mkongwe na illa de Zanzíbar. Zanzíbar é un territorio autónomo deTanzania.
En Zanzíbar asentáronse inmigrantes persas procedentes de Shiraz, e probablemente o nome de proceda do farsi زنگبار Zangi-bar (Costa dos negros). Entre1503 e1698 osportugueses controlaron o territorio. En 1698 pasou a soberanía do sultán deOmán, en1861 Omán e Zanzíbar divíronse en dous principados independentes.Sayyid Majid bin Said Al-Busaid (1834/5-1870) converteuse no primeiro sultán de Zanzíbar. OReino Unido gradualmente foi aumentando a súa influencia sobre Zanzíbar, e en1890 noTratado de Helgoland-Zanzíbar osalemáns comprometéronse a non interferir nela, e Zanzíbar converteuse nun protectorado británico. En 1896 o sultánHamoud bin Mohammed prohibiu a escravitude e a trata de escravos, do que Zanzíbar era un dos principais centros dende a época dos omanís. O19 de decembro de1963 Zanzíbar obtivo a súa independencia como monarquía constitucional, pero o26 de abril de1964 logo doderrocamento do sultán, Zanzíbar uniuse conTanganika para formar o novo estado deTanzania.