Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Zambia

Coord.:14°S28°L / -14,28
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaZambia
Republic of Zambia (en)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoStand and Sing of Zambia, Proud and Free(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata

Lema«One Zambia, One Nation»
«Една Замбия, една нация»
«Una Zàmbia, una nació»
«Un Sambia, Un Genedl»Editar o valor en Wikidata
EpónimoRío ZambezeEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 14°S28°L / -14,28
CapitalLusacaEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación19.610.769(2022)Editar o valor en Wikidata (26,06hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie752.618 km²Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMafinga Central(pt)Traducir (2.339 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Zambeze (329 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación24 de outubro de 1964Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernopresidencialismo
democracia representativaEditar o valor en Wikidata
• PresidenteEditar o valor en WikidataHakainde Hichilema(2021–)Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoCabinet of Zambia(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
• PresidenteEditar o valor en WikidataEdgar LunguEditar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Nacional da Zâmbia(pt)Traducir ,(Escano: 166)Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal29.784.454.056 $ (2022)Editar o valor en Wikidata
MoedaKwacha zambianoEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.zmEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+260Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia999,911,112,991,992(en)Traducir e993Editar o valor en Wikidata
Código de paísZMEditar o valor en Wikidata

BNE: XX451728

Zambia[1][2] é un país interior deÁfrica, limitado ao norte coaRepública Democrática do Congo eTanzania; ao leste coMalawi; ao sur coMozambique,Zimbabwe,Namibia eBotswana; e ao oeste conAngola.

Historia

[editar |editar a fonte]

Visitada polosportugueses no século XVIII, a actual Zambia foi explorada polo británicoDavid Livingstone. A penetración colonial iniciouse no ano1890, por medio daBritish South Africa Company.

Antigamente chamadaRodesia do Norte, en1953 oReino Unido intentou unila á Zimbabwe e Malaui, pero os intereses dos colonos brancos de Zimbabwe fixeron que en1964 se separase, formando o novo estado de Zambia. O nome de Zambia débese órío Zambeze.

Goberno e Política

[editar |editar a fonte]

Zambia é unharepública, na que opoder executivo reside no presidente -que é tamén o xefe de estado- e o primeiro ministro, elixido por un período de cinco anos por voto popular, xunto co vicepresidente xeral, designados ambos polo presidente. O goberno está composto por un gabinete elixido polo presidente entre os membros da Asemblea Nacional. Opoder lexislativo é unicameral; o país non acepta a xurisdición daCorte Internacional de Xustiza. Opoder xudicial reside na corte suprema, aínda que os xuíces son designados polo presidente.

Economía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía de Zambia.

Aeconomía depende, en gran medida, docobre, mineral do que Zambia é un dos primeiros produtores mundiais e que representa o 90% do valor das exportacións. Este país pertence ao chamado "cinto de cobre", prolongación dos xacementos deKatanga. Opetróleo é importado e chega desde o porto deDar es Salaam (Tanzania). Dentro do sectorindustrial destaca o tratamento de minerais (sobre todo o refino do cobre). Tamén é importante a produción decemento e as industrias derivadas da agricultura: aceites vexetais, manufacturas doalgodón,azucre,xabón etc.

Aagricultura atópase pouco desenvolta, centrándose basicamente nos cultivos de subsistencia: batata,cacahuetes,millo emandioca. Tamén presenta cultivos de carácter comercial (algodón,café,cana de azucre,tabaco). Nos lagos e cursos fluviais practícase apesca.

Oturismo internacional, buscando os espazos naturais do país, constitúe unha importante fonte de ingresos.

Organización político-administrativa

[editar |editar a fonte]
ZambiaZambia divídese en nove provincias

Provincias de Zambia
  1. Provincia Central (Kabwe).
  2. Provincia de Copperbelt (Ndola).
  3. Provincia Oriental (Chipata).
  4. Provincia de Luapula (Mansa).
  5. Provincia de Lusaka (Lusaka).
  6. Provincia do Norte (Kasama).
  7. Provincia do Noroeste (Solwezi).
  8. Provincia do Sur (Livingstone).
  9. Provincia Occidental (Mongu).


Mapa de Zambia

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Zambia é un país interior sen saída ao mar. O seu territorio é fundamentalmente montañoso e presenta numerosas depresións e afundimentos tectónicos. O punto máis alto atópase nas montañas Mafinga a 2.301 m, e o máis baixo a 329 m norío Zambeze, que dá nome ó país. Aaltitude media non supera os 1.500 m, e as depresións son frecuentemente de carácter pantanoso, e están ocupadas por ríos coma oKafue, afluente do Zambeze, ou por lagos, coma o Bangüelo (Bangweulu), Moero (Mweru), e Kariba. No leste do país, e en dirección nordeste-suroeste, esténdense os montes Muchinga, que se elevan ata os 2.164 m.

Cataratas Victoria

Os cursos fluviais principais son o río Zambeze, oKafue e oLuangwa. Ao sur do país, no río Zambeze, facendo fronteira con Zimbabwe, atópanse ascataratas Victoria. As cataratas constitúen un dos principais focos turísticos da África austral en Zimbabwe e tamén da rexión de Livingstone en Zambia.

Oclima étropical, suavizado pola altura. As oscilacións térmicas estacionais varían entre os 15 °C (xullo) e os 20 °C (xaneiro).

Demografía

[editar |editar a fonte]
Evolución da poboación de Zambia

A poboación zambiana concéntrase no alto Zambeze e ao longo do corredor da vía férrea norte-sur, onde se emprazan as cidades deste país, un dos máis urbanizados da África negra. Agás na capital, Lusaka, o resto de principais urbes están na rexión mineira próxima á R.D. do Congo.

No ano 2006, Zambia tiña unha poboación de 11.500.000 habitantes. O 99% é de raza negra e o restante é de raza branca (europeos ou descendentes). O idioma oficial é oinglés. A esperanza de vida é de 40 anos. A media de fillos por muller é de 5.39. O 80% da poboación está alfabetizada. Calcúlase que o 16.5% da poboación está infectada cóvirus do VIH.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parazambiano.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura.Lingua galega: dúbidas lingüísticas(PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 119.ISBN 84-8158-266-2. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Zambia
Estados soberanos
Enteiramente
en Africa
Parcialmente
en Africa
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Zambia&oldid=6937122»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp