| Zuñiga, Ezteuinaga (eu) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade foral | Navarra | ||||
| Capital | Zúñiga(en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 78(2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 11,86 km² | ||||
| Altitude | 575 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Pedro Maria Oteiza Diaz(en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 31284 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 31265 | ||||
Zúñiga (Zuñiga enéuscaro), é un concello deNavarra, que forma parte da comarca de Tierra Estella. Encóntrase a 71 km dePamplona.
Zuñigués (en éuscaro, Zuñigarra). Os habitantes de Zúñiga tamén reciben o alcume decachuelos, que é o nome dun peixe que se cría nas augas dorío Ega.
Vila do val da Solana, noMeiriñado de Estella.Atópase situado no extremo occidental da comarca estellesa, formando parte da depresión de Tierra Estella. O concello limita ao norte pola ladeira de Santiago de Lóquiz e ao sur polo río Ega e aSerra de Codés.
Cos distintos nomes de Estunega, Buztunica, Estuniga, Stunica, Estúñiga, Stúñiga, formou parte ata1200 da terra deCampezo. Sancho Iñiguez, Señor do Estado e Val de Estunega (enéuscaro significa Estune,estreito, e Ega é o nome do río que pasa polo lugar), Arminguero do rei de Navarra e AragónSancho V Ramirez, e sexto neto do rei de NavarraFortún Garcús "o Monxe", comezou polo1080 a chamarse Sancho Iñiguez de Stunica.
A raíz da guerra civil que estalou en Navarra en1274 e durou ata o1277, debido á querela pola titoría da raíña nenaXoana I e ao seu compromiso matrimonial conFilipe IV de Francia "o Fermoso". Isto significaba a incorporación de Navarra á Coroa de Francia, polo que abandona Navarra Iñigo Ortiz de Stunica, Rico-home, Alférez Maior de Navarra, señor de Stunica, e outros lugares, quinto neto do rei de NavarraGarcía V Ramírez "o Restaurador" e establécese na Rioxa, Castela. Zúñiga é nomeada vila de reguengo e incorporada en1278 á Coroa de Navarra.
Despois de asinar o tratado de amizade e axuda entre os reis de CastelaHenrique III "O Doente" e de NavarraCarlos III "o Bo", que se asinou o21 de xuño de1394, o rei Carlos III restituíu a Diego López de Estúñiga, Xustiza Maior de Castela e do Consello do Rei, o31 de xullo de1394 o señorío de Estúñiga (o seu solar) e o señorío deMendavia en recompensa. Desde1430 ata1450 o señorío pasou a Carlos e Luis de Beaumont, obtendo a condición de boa vila con asento nas Cortes do reino en1482.
Álvaro de Stunica y Guzmán, duque I de Béjar e Plasencia, parente maior da Casa de Stunica / Estúñiga, castelanizou o apelido en Zúñiga, logo do pacto de reconciliación coa raíñaIsabel I "a Católica", asinado en1476. Desde entón empregouse o nome de Zúñiga por persoas e cidades dos Reinos de España.
Está integrado na Mancomunidade de Montejurra e na Agrupación de Municipios deLana,Piedramillera, Zúñiga,Mues eSorlada. Pertence ao partido xudicial de Estella.
| 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1975 | 2005 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 333 | 344 | 359 | 383 | 327 | 317 | 284 | 204 | 154 | 178 |
As festas patronais celebranse a última semana de xuño e a primeira de xullo.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zúñiga |