O seu atractivo aspecto e rusticidade, ao ser nativas de rexións áridas e aptas para a conservación daauga, requiren pouco rego; fai que as iucas se cultiven bastamente como ornamentais; aínda que ostalos efroitos de moitas especies sexan comestíbeis, non é común o seu emprego na gastronomía.
Particularmente notable é o sistema depolinización da iuca; están adaptadas a manter unha relación demutualismo con varias especies delepidóteros da familiaProdoxidade (coñecidas como "couzas da iuca"), na que o insecto se encarga de transportalo polen dende osestames da flor masculina até oestigma da feminina, pero á vez deposita os seusovos na flor. Aeiruga, ao nacer, aliméntase das sementas da planta, pero deixa as suficientes para que esta se espalle.