Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

YouTube

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Youtube»)
Desactualizado
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde outubro de 2021.)
YouTube

Editar o valor en Wikidata
TipoServizo de aloxamento de vídeos,buscador,filial,sitio web emedio de comunicación de masas
Fundación14 de febreiro de 2005
MatrizGoogle
FundadorSteve Chen
Chad Hurley
Jawed Karim
Número de empregados3000 (2021)
Na rede
youtube.comEditar o valor en Wikidata
IMDB: co0202446Facebook: youtubeTwitter: YouTubeInstagram: youtubeYoutube: UCBR8-60-B28hp2BmDPdntcQPinterest: YouTubeTikTok: youtubeGitHub: youtubeEditar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Os fundadores de YouTube (de esquerda a dereita):Chad Hurley,Steve Chen eJawed Karim.

YouTube é unespazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartirvídeos. Fundouse enfebreiro de2005 por tres antigos empregados dePayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto deyou (eninglés ti) etube (eninglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así comoti es a televisión.

Características

[editar |editar a fonte]

YouTube utiliza un formatoMacromedia Flash para servir os seus contidos. É moi popular, do mesmo xeito que o éGoogle Video, debido á posibilidade que ten calquera de abeirar os seus vídeos e, especialmente, porque ao usar un sistema de palabras chave, ao igual caFlickr ouTechnorati, permite localizar contidos de forma sinxela. YouTube contén unha ampla variedade de retrincos de filmes e programas de televisión, vídeos musicais e vídeos caseiros. Malia que as regras do YouTube ditan que non está permitido publicar vídeos concopyright, hai material propietario ás mancheas. As ligazóns a vídeos de YouTube poden ser tamén aloxadas enblogs ewebs persoais utilizandoAPIs.

Uso e operacións

[editar |editar a fonte]

Enxuño de2005, 95.000 vídeos novos se soben a YouTube todos os días. O total de vídeos que se descargan diariamente estimouse en 80 millóns e o número total de vídeos alí abeirados debe situarse nos 100 millóns.

Pódense publicar vídeos mediante un rexistro gratuíto. Para protexer a difusión comercial doutros produtos audiovisuais, o límite do tempo fixado é de 40 minutos por vídeo, cun tamaño máximo de 100megas.

A empresa

[editar |editar a fonte]

YouTube é unha empresa pequena, con só 50 empregados e catro persoas máis en prácticas daUniversidade Stanford contratados comocensores para avaliar vídeos que os usuarios riscaron como "ofensivos". A oficina de YouTube atópase enSan Bruno,California.

Críticas

[editar |editar a fonte]

Calidade de vídeo

[editar |editar a fonte]

Ao igual que sucede conGoogle Video e noutras páxinas de vídeos, hai abondosas queixas sobre a calidade. Un problema relativamente frecuente é que, nalgúns fragmentos, oson e o vídeo non están ben sincronizados.

Copias de seguridade

[editar |editar a fonte]

Para evitar copias dos arquivos de vídeo, estes distribúense en formatoMacromedia Flash, o que lles impide aos usuarios facer copias dixitais doadamente.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  YouTubeModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
  • Life in a Day, un filme documental creado polos usuarios de YouTube de todo o mundo.

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=YouTube&oldid=6884268»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp