Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

YouTube

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Desactualizado
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto
Asreferencias deste artigo non teñen unformato correcto. Podes colaborar editándoas como se indicanesta páxina.
Pode axudar amellorar este artigo e outros encondicións semellantes.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde outubro de 2021.)
YouTube
Logotipo
Imaxe
 Composto por
 Texto lema
Broadcast YourselfEditar o valor en Wikidata
 Historia
 Lingua
Implicados
 Propietario/a
Organizacións
 Forma xurídica
Características
 Aplicación oficial
 Licenza
 Plataforma
 Linguaxe de programación
Datas
 Fundación / creación
14 de febreiro de 2005Editar o valor en Wikidata
Recoñecemento
 Premios
 Puntuación da crítica
1.6/5 (Bad)Trustpilot(30 de abril de 2023)
4.0/5Google Maps(21 de marzo de 2021)Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 Sede
 Área de operación
 País
Identificadores
VIAF144469555Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09jcvsEditar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: co0202446Facebook: youtubeTwitter: YouTubeInstagram: youtubeYoutube: UCBR8-60-B28hp2BmDPdntcQPinterest: YouTubeTikTok: youtubeGitHub: youtubeEditar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

YouTube é unespazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartirvídeos. Fundouse enfebreiro de2005 por tres antigos empregados dePayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto deyou (eninglés ti) etube (eninglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así comoti es a televisión.

Características

[editar |editar a fonte]
Os fundadores de YouTube (de esquerda a dereita):Chad Hurley,Steve Chen eJawed Karim.

Hoxe en 2025, YouTube usa principalmente os codecs VP9 e H.264/MPEG-4 AVC, e emprega o protocolo DASH (Dynamic Adaptive Streaming over HTTP) para axustar a calidade á conexión do usuario.

Desde xaneiro de 2019, empezou a introducir o codec AV1 para contidos populares, que ofrece mellor compresión e eficiencia, aínda que require máis potencia de proceso.[1]

Nos seus comezos, YouTube utilizaba o formatoMacromedia Flash, hoxe en día practicamente desaparecido, para servir os seus contidos. Foi sempre moi popular, do mesmo xeito que o éGoogle Video, debido á posibilidade que ten calquera de abeirar os seus vídeos e, especialmente, porque ao usar un sistema de palabras chave, ao igual caFlickr ouTechnorati, permite localizar contidos de forma sinxela. YouTube contén unha ampla variedade de retrincos de filmes e programas de televisión, vídeos musicais e vídeos caseiros. Malia que as regras do YouTube ditan que non está permitido publicar vídeos concopyright, hai material propietario ás mancheas. As ligazóns a vídeos de YouTube poden ser tamén aloxadas enblogs ewebs persoais utilizandoAPIs.

Uso e operacións

[editar |editar a fonte]

Enxuño de2005, 95 000 vídeos novos subíanse a YouTube todos os días. O total de vídeos que se descargaban diariamente estimábase en 80 millóns e o número total de vídeos alí abeirados podía situarse nos 100 millóns.

No 2025, estimase que se soben unhas 360 a 720 horas de vídeo por minuto, o que equivale a entre 518.400 e 1.036.800 horas diarias.[2]

Estímase asemade, a data de marzo 2025, que YouTube contén máis de 5.100 millóns de vídeos públicos, case duplicando os ~2.7 mil millóns de 2021.[3]

En canto as visualizacións, os usuarios ven máis de 1.000 millóns de horas de vídeo cada día.[4]

Pódense publicar vídeos mediante un rexistro gratuíto. Para protexer a difusión comercial doutros produtos audiovisuais, o límite do tempo fixado é de 40 minutos por vídeo, cun tamaño máximo de 100megas.

A empresa

[editar |editar a fonte]

YouTube era en 2005 unha empresa pequena, con só 50 empregados e catro persoas máis en prácticas daUniversidade Stanford contratados comocensores para avaliar vídeos que os usuarios riscaron como "ofensivos". A oficina de YouTube atópase enSan Bruno,California.

En outubro de 2006, Google adquiriu YouTube por aproximadamente 1 650 millóns de dólares en accións. A operación quedou pechada no cuarto trimestre dese ano, mantendo YouTube como marca independente.[5]

Notas

[editar a fonte]
  1. https://www.theverge.com/tech/635020/av1-streaming-netflix-youtube-google-adoption
  2. https://www.marketingscoop.com/marketing/how-many-hours-of-video-are-uploaded-to-youtube-every-minute/
  3. https://f1rst.id/blog/how-many-videos
  4. https://moodive.com/youtube-stats-everything-you-need-to-know-in-2025/
  5. https://www.wired.com/2006/10/google-hearts-youtube-what-s-next/

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:YouTubeModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
  • Life in a Day, un filme documental creado polos usuarios de YouTube de todo o mundo.

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=YouTube&oldid=7155732»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp