Yo-Yo Ma (enchinés tradicional: 馬友友; enchinés simplificado: 马友友; enpinyin: Mǎ Yǒuyǒu), nado enParís (Francia) o7 de decembro de1955, é unviolonchelistachinés-estadounidense. Ten gañado numerosos premios e distincións (entre eles variosGrammy), tamén gravou numerosos discos e ten actuado nos teatros e óperas máis importantes do mundo. É considerado un dos mellores violonchelistas do mundo.
Yo-Yo Ma naceu enParís en1955, fillo de pais de orixechinesa, aos 4 anos de idade estudouviolín eviola antes de aprenderviolonchelo. Comezou a sobresaír no mundo da música dende unha idade moi temperá, comezando a tocar en público aos cinco anos e ofrecendo o seu primeiro recital aos 6 anos naUniversidade de París.
En1962 a súa familia trasladouse aNova York, onde viviu a meirande parte dos seus anos de formación. Aos oito anos apareceu na televisión estadounidense nun concerto dirixido porLeonard Bernstein. Aos quince anos graduouse na escola secundaria e xa actuouu como solista coaHarvard Radcliffe Orchestra.
Yo-Yo Ma estudou naJuilliard School of Music conLeonard Rose antes de entrar naUniversidade Harvard.
Obtivo un gran recoñecemento e popularidade e estivo de xira con moitas das principais orquestras do mundo. As súas gravacións dasSuites para Violonchelo deJohann Sebastian Bach foron especialmente aclamadas.Tamén ten tocadomúsica de cámara en numerosas ocasións acompañado polopianistaEmanuel Ax, con quen mantén unha boa amizade dende que se coñeceron na Juilliard.
Silecenciouse durante a súa estadía enHarvard en1976, universidade que lle fixo merecedor dun doutoramento honorífico en1991. En1977 fixo o seu debut noReino Unido ao tocar no Festival deBrighton e enLondres coaRoyal Philarmonic, e en1978 debutou enThe Proms e foi galardoado co Avery Fisher Prize.
O7 de xullo de1994, estreou oConcerto para violonchelo e orquestra deJohn Williams, baixo a súa dirección e acompañado polaBoston Symphony Orchestra. O concerto foi escrito especialmente para el, como suxeriuSeiji Ozawa.
En1997 Yo-Yo Ma tocou o concerto para violonchelo deEdward Elgar coaChicago Symphony Orchestra baixo a dirección deDaniel Barenboim.
Yo-Yo Ma traballa actualmente noSilk Road Project, unha iniciativa do propio Ma que comezou en1998 e cuxo principal obxectivo é vencellar as artes deOccidente eOriente reuniendo artistas e público de todo o mundo, e co que brindou a posibilidade de desenvolvemento e estudo a todas as clases sociais no marco das ideas e tradicións das diferentes culturas que abranguen aRuta da Seda.
O20 de xaneiro do2009 participou na investidura deBarack Obama, interpretando xunto aos músicosItzhak Perlman,Gabriela Montero eAnthony McGill a obraAir and Simple Gifts, unha composición do músicoJohn Williams.
Yo-Yo Ma ten un repertorio máis ecléctico que o típico dos intérpretes demúsica clásica. Ademais das numerosas gravacións da norma do repertorio clásico, tamén gravou obras barrocas; bluegrass estadounidense; melodías tradicionais chinesas; obras deAstor Piazzolla, así como obras dePhilip Glass.Tamén traballou en variasbandas sonoras de películas, comoTigre e Dragón(Wo hu cang long) ouMemorias dunha geisha.
O primeiro instrumento de Ma foi un violonchelo feito enVenecia contra1733 pololuthieritalianoDoménico Montagnana. Yo-Yo Ma perdeu este violonchelo de máis de douscentos setenta anos (que el chamabaPetunia) esquecido nun taxi, unha noite en Nova York, aínda que máis tarde o recuperou intacto.
Outro dos violonchelos que emprega Yo-Yo Ma é unStradivarius de1712, que pertenceu aKarl Davydov e posteriormente aJacqueline du Pré.
Tamén posúe un violonchelo feito enfibra de carbono, da compañía de Luis & Clark (Boston).