OsYeah Yeah Yeahs é unha banda deindie rock egarage punk deNova York, liderados pola vocalistaKaren O. Os outros membros sonBrian Chase (batería) eNick Zinner (guitarra). A súa música é unha mestura de estilos retro con guitarras punk/rock fortes, sons sintéticos, erráticos e estridentes, ós que se une unha voz melancólica. A banda formouse no ano2000. Todo iniciouse na forma dun dúo folk entreNick Zinner eKaren O, que posteriormente decidiron tomar un novo camiño máis "eléctrico", inspirándose na escenaavant-punk deOhio. Despois de que o seu anterior batería abandonara a banda, Chase uniuse á formación, que permanece inalterada ata hoxe.
Karen O eBrian Chase coñecéronse no Oberlin College deOhio a finais dos 90, onde Chase era estudante dejazz no conservatorio. Karen pasouse á Universidade de Nova York, e mentres estaba enNova York coñeceu a Zinner nun bar da cidade. Durante ese tempo compartiron un apartamento enManhattan con futuros membros da bandaMetric.[1] Os dous formaron un dúo acústico chamado "Unitard", pero querían facer algo eléctrico inspirados pola escena avant-punk deOhio. Despois de que o batería que recrutaran se despedise, Chase uniuse a eles e decidiron formar unha banda punk semellante aos grupo de estudantes de arte que Karen tivera enOhio.
A estrea dos Yeah Yeah Yeahs foi un EP autotitulado lanzado en xullo do ano2001. Continuaron con outro EP,Machine, ó ano seguinte. No2003 lanzaron o seu primeiro disco completo,Fever To Tell
Fever to Tell recibiu boas críticas, coma un dos mellores álbums do ano 2003. O seu sinxelo "Maps" foi programado con frecuencia nas radios alternativas. O vídeo do seu sinxelo de2004, "Y Control", foi dirixido porSpike Jonze, quen estivo relacionado conKaren O durante un tempo. En outubro de 2004 lanzouse o seu primeiroDVD,Tell Me What Rockers To Swallow, incluíndo un concerto gravado enThe Fillmore enSan Francisco, tódolos vídeos da banda e entrevistas.
O seu segundo álbum,Show Your Bones, saíu á venda o28 de marzo de2006. O nome do seu novo disco está aparentemente inspirado poloantixenio de 9 anos Drake Barret, describindo o que acontece cando metes os dedos nun enchufe eléctrico. O primeiro sinxelo do álbum, "Gold Lion" publicouse o20 de marzo. A banda iniciou unha xira, na que actuaron noPrimavera Sound deBarcelona. No mes de decembro foi elixido o segundo mellor álbum do ano pola revistaNME, á vez que "Cheated Hearts" foi votada como a décima mellor canción. ARolling Stone elixiuno no posto 44 dos mellores álbums do ano e a revistaSpin situouno no posto 31 dos 40 mellores álbums do2006.
O terceiro EP de Yeah Yeah Yeahs,Is Is, foi editado o24 de xullo do2007. Nel incluíanse cinco cancións anteriormente non editadas e unha pequena película, gravada en GlassLands Gallery en Brooklyn. Os temas foron compostos no ano2004, durante a xira doFever To Tell, e as tocaron en directo a miúdo. Tres deles aparecen tamén no DVDTell Me What Rockers to Swallow.
O seguinte álbum apareceu en marzo do ano2009 e foi bautizadoIt's Blitz!. Inicialmente a súa edición estaba prevista para o13 de abril, pero despois de ser filtrado en Internet o22 de febreiro o selo da banda, Interscope Records, adiantou o lanzamento para reducir o impacto da filtración nas vendas do disco. O álbum foi elixido o segundo mellor do2009 pola revistaSpin e o terceiro mellor polaNME, e a canción "Zero" foi considerada a mellor do ano por ambas publicacións.
DeFever to Tell:
De 'Show Your Bones:
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
EPs | |
---|
Recompilatorios | |
---|
Videos | |
---|
Sinxelos | |
---|
- ↑"Emily Haines of Metric Interview".Ladygunn(eninglés). 2010-11-28. Consultado o2023-12-10.