Yamoussoukro, é a capital administrativa deCosta do Marfil, que ten 100.000 habitantes. Está situada a 240 km aonorte deAbidjan, a antiga capital e a cidade máis importante do país.
A raíñaYamousso, protexida deKouassi N'Go, gobernaba a aldea deN'Gokro durante a época dacolonización francesa. Era un pequeno lugar de 475 habitantes e figuraba entre as 129 aldeasakué.
Foron acordadas relacións comerciais e diplomáticas cos franceses, mais en1909, so a dirección do xefe deDjamlabo, os akué rebeláronse contra a administración colonial. O posto deBonzi, a sete quilómetros de Yamoussoukro, na estradaBouaflé, foi incendiado e o administrador francés,Simon Maurice, salvouse grazas á intervención de Kouassi N'Go. Este respectado ex-xefe persuadiu os akué para non desencadear unha guerra que podería acabar con desastrosas consecuencias.
Tras a volta á normalidade, Simon Maurice, xulgando que Bonzi se volvera insegura, decidiu trasladar o posto militarfrancés para N'Gokro, onde a administración colonial fixo construír unha pirámide en memoria de Kouassi N'Go, e, en homenaxe a Yamousso, N'Gokro foi rebautizada Yamoussoukro.
En1919, Yamoussoukro estaba recuperada, e en1939Félix Houphouët-Boigny converteuse no xefe da localidade. Pasou, porén, un longo período no cal Yamoussoukro, apenas unha vila agrícola, permaneceu na sombra. Sería coa independencia do país cando Yamoussoukro comezou por fin a crecer.
Logo de1964, o presidente Félix Houphouët-Boigny proxectou plans ambiciosos para a cidade que comezou a ampliar. En1965, nun día posteriormente chamado a "Gran Lección de Yamoussoukro", visitou as plantacións cos líderes do país, convidándoos a concentrar na súa aldea os esforzos e os investimentos agrícolas da rexión. O21 de xullo de1977, Houphouët-Boigny ofreceu as súas plantacións ao Estado.
En marzo de1983, Yamoussoukro converteuse na capital política e administrativa deCosta do Marfil, logo de que, no transcurso dun século, o foranGrand-Bassam (1893),Bingerville (1900) e maisAbidjan (1933). Porén a maior parte das actividades económicas seguen a desenvolverse aínda enAbidjan.
O6 de novembro de2004, oAeroporto de Yamoussoukro foi atacado polainfantaría francesa, logo de que unha razzia aérea proveniente dese aeroporto bombardease os soldados daONU, matando nove militares franceses e un civil estadounidense. No ataque francés ficou destruída a maior parte das forzas aéreas da nación. A multitude tentou logo, á súa vez, atacar as tropas francesas.