Ayakuza (やくざ) é o equivalente xaponés do crime organizado; é unha mafia xaponesa que data doséculo XVII. A orixe da palabra non se coñece con exactitude, pero dise que provén dun xogo de cartas chamadoOicho-Kabu, moi famoso entre osbakuto, no que a peor man consiste nun 8 (ya), un 9 (ku) e un 3 (za). A Yakuza moderna estendeu as súas actividades á corrupción bancaria e política. Estamafia é unha das máis antigas e poderosas e é, sen dúbida, a que máis membros ten, cun número aproximado de 84.700 membros.[1]
Durante operíodo Edo, a figura dosamurai era privilexiada dentro da sociedade debido á súa eficiencia militar e ós servizos de seguridade que prestaban á comunidade, a través dosdaimyō, señores feudais. Ó final do período Edo,Xapón iniciou a súaera moderna e continuou unificándose nun sógoberno, así que moitos samurais eran despedidos porque resultaban inútiles ós novos destinos da nación e convertíanse en mercenarios ambulantes coñecidos comorōnin. Estes seguiron facendo traballos de xeito independente para os seus xefes e a alta sociedade. Ó cabo dun tempo comezaron a organizarse en bandas paramilitares que protexían rexións a cambio de comida e comodidades que proporcionaba a comunidade. Pouco tempo despois acaban dominando os negocios ilegais do Xapón.
A finais doséculo XIX e ó iniciarse oXX tiñan o control da prostitución, o xogo, o contrabando, lavado de cartos, os espectáculos, a especulación de bens inmobiliarios, aextorsión, e otráfico de drogas, pornografía e armas. Ademais, despois dasegunda guerra mundial certas bandas de ideoloxía de ultradereita comezaron a operar e extorsionar dentro de grupos políticos.
A súa organización derivouse dos códigos dos samurais pero moito máis estruturados e fornecidos; todo oclan considérase unhafamilia onde se profesa a fidelidade absoluta á banda, o ultranacionalismo, a obediencia ó maior rango e o seu estrito e brutal código de honra. Os novatos adoutrínanse a través do sistemasenpai e kōhai, no cal se especifican os procedementos de castigo á deslealdade, como por exemplo aamputación dundedo maimiño (iubitsume). Dita amputación serve aínda na actualidade para recoñecer os membros retirados ou disidentes.