Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Xustiza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde febreiro de 2019.)
Alegoría da Xustiza (detalle), do escultor francés Claude Laprade (1702), do Museo Nacional Machado de Castro (Coímbra, Portugal).

Axustiza é o conxunto de regras e normas que establecen un marco axeitado para as relacións entrepersoas einstitucións, autorizando, prohibindo e permitindo accións específicas na interacción de individuos e institucións.

A xustiza, no seu contexto máis xeral, inclúe a distinción entre que é xusto e o problema filosófico de que é o xusto. O propio concepto de xustiza está baseado en varios ámbitos e moitas visións que difiren entre elas, que inclúen conceptos de corrección moral baseadas naética,dereito,relixión eequidade. Normalmente, o debate xeral na xustiza está dividido no concepto dexustiza social co seu fundamento nafilosofía,teoloxía e relixión. Tamén trata da xustiza procedemental en canto á aplicación xusta da lei.

O concepto decultura difire en cada cultura. As primeiras teorías sobre a xustiza foron elaboradas polos filósofos daAntiga Grecia,Platón na súa obraA República, eAristóteles enÉtica a Nicómaco. Ao longo da historia diversas teorías ao respecto foron establecidas. Os defensores da teoría da orde divina argumentan que a xustiza provén deDeus. No século XVII, teóricos comoJohn Locke argumentaron en favor da teoría dalei natural. Pensadores da tradición docontrato social defenden que a xustiza se deriva do mutuo acordo de todas as partes involucradas. No século XVIII, pensadoresutilitaristas comoJohn Stuart Mill argumentaron que a xustiza é aquilo que trae as mellores consecuencias. As teorías daxustiza distributiva teñen que ver con que se distribúe, entre quen se distribúe, e como é a distribución correcta. Os igualitaristas argumentan que só pode existir xustiza dentro do marco daigualdade.John Rawls empregou o argumento do contrato social para amosar que a xustiza, especialmente a distributiva, é unha forma de xustiza. Os teóricos dos dereitos depropiedade (como Nozick) tamén toman un punto de vista consecuencialista da xustiza distributiva e argumentan que a xustiza baseada nos dereitos de propiedade maximiza a riqueza xeral dun sistema económico. As teorías da xustiza retributiva teñen que ver co castigo polas malas accións. A xustiza restitutiva (tamén chamada ás veces “xustiza reparativa”) é un enfoque á xustiza que se centra na necesidade das vítimas e os ofendidos.

Este conxunto de regras ten un fundamentocultural e na maioría de sociedades modernas un fundamento formal:

  • Ofundamento cultural baséase nun consenso amplo entre os individuos dunhasociedade sobre o bo e o malo, e outros aspectos prácticos de como deben organizarse as relacións entre persoas. Suponse que en toda sociedade humana, a maioría dos seus membros ten unha concepción do xusto, e considérase unha virtude social o actuar de acordo con esa concepción.
  • Ofundamento formal é o codificado formalmente en varias disposicións escritas, que son aplicadas porxuíces e persoas especialmente designadas, que tratan de ser imparciais con respecto aos membros e institucións da sociedade e osconflitos que aparezan nas súas relacións.

A xustiza foi e segue a ser un tema de debate en diversos ámbitos académicos, como en filosofía ou dereito, así como dende a relixión. Foron numerosos os autores que teorizaron acerca de concepcións propias da xustiza: desde os seus primeiros tratamentos explícitos en Platón e Aristóteles, ata numerosas teorías contemporáneas coma o utilitarismo ou os defensores da propiedade, entre os que destacaRobert Nozick.

Dentro do marco dafilosofía política e moral, a xustiza pode ser entendida dende un punto de vista normativo (é dicir, como dar a cada quen o que lle debe corresponder), mais tamén se pode considerar a xustiza como algo con valor en si mesmo, sen determinar o propio contido do termo, estipulando a xustiza como un algo a ser repartido entre as distintas partes que conforman un grupo segundo distintos criterios. Existen, ademais, diferentes tipos de distincións que se fan da xustiza. Un tipo de diferenciación respecto ao concepto de xustiza faise en termos da nosa situación en referencia a aquelas circunstancias consideradas coma relevantes. Desta maneira, diferenciamos:

  • Xustiza non comparativa: dar a cada quen o que lle debe corresponder atendendo ás circunstancias relevantes para o seu caso.
  • Xustiza comparativa: dar a cada quen o que lle debe corresponder atendendo ás circunstancias relevantes para o seu caso en comparación co que lle corresponde a outros individuos nas circunstancias relevantes para o seu.

Outro tipo de diferenciación, de corte máis clásico, distingue entre a xustiza distributiva, retributiva e correctiva:

  • Xustiza distributiva: distribuír a cada quen o que lle debe corresponder.
  • Xustiza retributiva: retribuír a cada quen o que lle debe corresponder, é dicir, facer que quen mereza, polas circunstancias estipuladas, un beneficio ou un prexuízo, o reciba.
  • Xustiza correctiva: devolver a cada quen o que lle debe corresponder. Isto é, repoñer aquelas cousas valiosas que alguén non recibiu e que debería ter sido así, tanto no caso de desfrutalas coma de sofrelas.

Teorización sobre a xustiza

[editar |editar a fonte]
A xustiza represéntase por unha muller cos ollos vendados, cunha balanza nunha man e unha espada na outra

A Xustiza non é o dar ou repartir cousas á humanidade, senón o saber decidir a quen lle pertence esa cousa pordereito. A Xustiza éética,equidade ehonradez. É a vontade constante de dar a cada un o que é seu. É aquel sentimento de rectitude que goberna aconduta e fai acatar debidamente todo os dereitos dos demais.Hans Kelsen defínea así: "A Xustiza é para min aquilo cuxa protección pode florecer a ciencia, e xunto coa ciencia, a verdade e a sinceridade. É a Xustiza da liberdade, a xustiza da paz, a xustiza da democracia, a xustiza da tolerancia."

Outro nivel de análise é entender a xustiza como valor e fin do Dereito (máis que como virtude subxectiva) ao que podemos conceptuar xuntamente conNorberto Bobbio como "aquel conxunto de valores, bens ou intereses para cuxa protección ou incremento os homes recorren a esa técnica de convivencia á que chamamos Dereito". Agora ben, en canto o "ideal de xustiza" ou sexa, ese conxunto de condicións protexidas polo dereito, pódese considerar desde unha perspectiva absolutaiusnaturalista dentro do cal todo dereito é xusto e se non é xusto é dereito. Pero desde unha perspectivaiuspositivista o dereito é condición da xustiza e á vez esta é unha medida de valoración do dereito, polo que podemos dicir que un dereito positivo determinado é xusto ou é inxusto de acordo cun ideal de xustiza subxectivo.

ODixesto, un dos compoñentes da obra de recompilación dodereito romano realizada porXustiniano (oCorpus Iuris Civilis), comeza así (D.1.1.1):

(...) ius a iustitia (...) ius est ars boni et aequi - O Dereito é xustiza, o Dereito é aarte do bo e o equitativo.

Todas as virtudes están comprendidas na xustiza. En definitiva, a verdadeira xustiza é a arte de dar o xusto ou facer dar o xusto a un individuo, baseándose nos principios da arte do dereito, sen ter ningún tipo dediscriminación ou preferencia cara a ningunha persoa, xa que todas as persoas deben ser tratadas sen ningunha discriminación ou preferencia pois así estaríase dando unha xustiza falsa, e non sería "dar a cada un o seu", senón "dar a el o que lle toque", dependendo da súaclase social ouraza.

Concepto revolucionario de xustiza

[editar |editar a fonte]

Oconcepto revolucionario de xustiza baséase en concibir a xustiza como o sentimento e actitude humana que, fundamentado nos principios e normas da ética, amoral e alei, ten como fin supremo lograr o respecto dos dereitos colectivos e individuais de todos e cada un dos membros que integran unha determinada sociedade, inducíndonos a decidir accións como instrumentos específicos de premiar ou sancionar a conduta humana, en proporción igual ao ben ou ao dano causado por devandita conduta.

Teorías acerca da Xustiza

[editar |editar a fonte]

Entre outras moitas teorías sobre a xustiza, destacamos a dosfilósofos:

  • Platón: A Xustiza aristocrática como harmonía social. Propón que os postos de mando os leven os mellores da sociedade, é dicir, os máis sabios.
  • Aristóteles: A Xustiza como igualdade proporcional: dar a cada un o que é seu, ou o que lle corresponde. Di que o que lle corresponde a cadacidadán ten que estar en proporción co seu rango social e os seus méritos persoais.
  • Tomé de Aquino: A Lei Natural. Di que os cidadáns han de ter osdereitos naturais, que son os que Deus lles dá. Estes dereitos son máis tarde chamados OsDereitos Humanos.
  • Para osutilitaristas as institucións públicas compóñense dunha forma xusta cando conseguen maximizar autilidade (no sentido defelicidade) agregada. Segundo esta teoría, o xusto é o que beneficia ao maior número de persoas á vez.

A Xustiza na Mitoloxía Universal

[editar |editar a fonte]

Mitoloxía grega:

  • Astrea, deidade feminina grega (xustiza moral), filla de Temis.
  • Diké, deidade feminina grega, filla de Temis.
  • Temis, deidade feminina grega (xustiza divina).

Mitoloxía nórdica:

  • Forseti, deidade masculina nórdica.

Mitoloxía romana:

Xustiza distributiva

[editar |editar a fonte]

Un aspecto interesante da organización das sociedades é como se reparten os recursos dispoñibles, osbens producidos e a riqueza dispoñible. En principio, na maioría de sociedades manexáronse dous conceptos parcialmente incompatibles sobre que é unha distribución xusta dos bens e a riqueza:

  • Axustiza segundo a necesidade, sostén que aqueles que teñen maiores necesidades dun ben deben posuír asignacións maiores. En xeral este criterio é preponderante ao considerar a situación de persoas enfermas ou con discapacidades e tamén a segmentos da sociedades con menos capacidade de procurarse bens como os nenos, os anciáns e os marxinados.
  • Axustiza segundo o mérito, sostén que aqueles que máis contribúen á produción de bens e riqueza deben ter tamén unha maior proporción dos mesmos. Algúns partidarios doliberalismo sosteñen que pór en risco o criterio anterior eliminaría un importante incentivo á xeración de riqueza e otraballo contributivo.

XaMarx na súaCrítica ao Programa de Gotha sinalou o erro de confundir ambos os dous tipos de xustiza. Na práctica nas sociedades modernas os dous criterios de xustiza distributiva coexisten na asignación de recursos, aplicándose con maior ou menor prioridade un ou outro segundo o caso concreto.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xustiza&oldid=6179017»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp