Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Xurelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Xurelo (homónimos).
Xurelo
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Actinopterygii
Orde:Perciformes
Familia:Carangidae
Xénero:Trachurus
Especie:T. trachurus
Nome binomial
'Trachurus trachurus'
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia[1]
  • Scomber trachurus Linnaeus, 1758
  • Caranx trachurus (Linnaeus, 1758)
  • Trachurus vulgaris Fleming, 1828
  • Trachurus europaeus Gronow, 1854
  • Trachurus capensis (non Castelnau, 1861)
  • Trachurus trachurus capensis (non Castelnau, 1861)
  • Branchialepes tabulae (non Barnard, 1927)
  • Selar tabulae (non Barnard, 1927)

Oxurelo ouchicharro (taménxixí ouchincho cando son xuvenís) é unpeixe mariño, de nome científicoTrachurus trachurus (Linné, 1758), pertencente áfamilia dosCarangidae.

Distribución xeográfica

[editar |editar a fonte]

O xurelo vive noocéano Atlántico, desde omar do Norte atéSuráfrica, penetrando noÍndico até a altura deMaputo. Así mesmo ocupa todo omar Mediterráneo.

Hábitat

[editar |editar a fonte]
Xurelos

Por profundidades, os individuos máis novos ocupan zonas de ata uns 20 m de fondo, mentres que os adultos de maior idade móvense entre 225 e 300 m. Excepcionalmente poden achegarse até os 1 000 m de profundidade.

Reúnese en grandes bandos nas augas costeiras superficiais durante a época estival, e nos fondos daplataforma continental en inverno. Os individuso novos agrúpanse baixo aumbrela de grandesmedusas (sobre todo da especieRhizostoma pulmo), na que achan protección e sen perigo, pois son inmunes ao veleno dosnematocistes, comportamento que se observa noutros Carangidae.

Descrición

[editar |editar a fonte]

É un peixe fusiforme e algo comprimido, que cando adulto adoita alcanzar un talle medio de 20 a 30 cm aproximadamente. O tamaño máximo pode chegar até 70 cm e 2 kg de peso[2]. A cor do dorso é negro azulado ou verdoso, con flancos prateados e ventre abrancazado. Ten unha mancha negra na marxe superior do opérculo. As aletas son grises e vermellizas.

Está cuberto de pequenasescamas lisas. Na liña lateral, de cor verdosa e irisacións vermellas, presenta unha serie de escudetes, nunha cantidade de entre 66 e 76. A boca é grosa e oblicua, con queixo inferior prominente, e dentes pequenos nunha soa fileira. O primeiro arcobranquial posúe de 15 a 18 branquiespiñas superiores e de 41 a 48 inferiores. Ten dúas aletas dorsais, a primeira formada por espiñas, a segunda cunha espiña e de resto raios. A aleta anal é relativamente curta, con tres espiñas, dúas delas pouco visíbeis, e o resto son raios. Os pectorais son falciformes e a aleta caudal en forcada.

Reprodución e fases de vida

[editar |editar a fonte]

A época dereprodución pode variar segundo as zonas: é de xaneiro a febreiro nas latitudes altas e entre novembro e decembro na zona do Atlántico Centro-Leste. A femia pon até 140 000 ovos de cada[2], pero afecundidade absoluta varía segundo temperaturas: a óptima para os xurelos é de 18 °C a 21 °C, polo que pode efectuar postas que varían entre 22 e 345 millóns de ovas. As postas son peláxicas e as ovas miden entre 0,9 e 1,1 mm.[3].

As crías ao cabo dun ano miden sobre 12 cm. O tamaño medio alcánzase con maior rapidez arredor dos trópicos, onde veñen a alcanzalo ó cabo de 2 e 3 anos, en tanto que noGrand Sol tardan entre 4 e 5 anos[4].

Alimentación

[editar |editar a fonte]

Aliméntase deinvertebrados (crustáceos,cefalópodos), doutros peixes e defitoplancto.

Nomes galegos

[editar |editar a fonte]

Xurelo echicharro son os nomes habituais galegos desta especie. En termos de repartición xeográfica, pódese dicir que o primeiro é máis propio da costa sur, das grandes rías, entanto chicharro é usual nasRías Altas e costa deLugo. Pola contra a variantexurela para indicar o individuo de gran tamaño é propia da zona entreMuxía e aría de Ortigueira; nas rías meridionais adoita denominarsemoscón. A designación dechincho para o xurelo pequeno é propia das Rías Baixas, mentres na Costa da Morte o sinónimo éxixí. De resto poden usarse os diminutivosxureliño echicharriño[5].

Étimos

[editar |editar a fonte]

Chicharro presenta un étimo pouco claro. É posíbel que veña dobretónchinchard e desde aí polas linguas do litoral atlántico e cantábrico (francés, gascón, vasco) pasou ao galego e outros idiomas.Chincho sería unha formación regresiva de chicharro.Xurelo é remisíbel ao latín vulgar *sorellus, diminutivo desaurus, e este do gregosaûros "lagarto e xurelo". Fronte á anterior, esta variante é claramente mediterránea, como pode observarse no apartado seguinte[6].

Nomes noutras linguas

[editar |editar a fonte]
  • Portugués:carapau (egarapau),chicharro,sorêlo.
  • Castelán:jurel,chicharro,escribano.
  • Catalán:sorell.
  • Vasco:txitxarro.
  • Bretón:chinchard,craennik.
  • Francés:chinchard,caringue e carangue,saurel,maquerelle,maquereau bâtard.
  • Gascón:chichàrrou.
  • Italiano:lacierti,sauro,sorello,sciuro.
  • Inglés:horse mackerel,scad,pollock.
  • Holandés:horsmakreel
  • Alemán:Stöcker,Bastardmakrele.
  • Serbo-croata:sarun.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Froese, Rainer; Pauly, Daniel, eds. (March de 2006)."Trachurus trachurus".FishBase(eninglés). 
  2. 2,02,1FishBase:Trachurus trachurus
  3. Cfr. S.M. Overko e N.J. Mylnikov,Biologie e pêche du chinchard (Trachurus trachurus L.) de l'Atlentique Centre-Est. Hai discrepancia a respecto do tamaño, pois FishBase dá desde 0,5 mm.
  4. Overko e Mylnikov,ibídem.
  5. Cfr. Ríos Panisse, M.C.,Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. Santiago. Universidad de Santiago de Compostela. 1977, páxs. 358-363.
  6. Cfr. as apostilas de Antón Santamarina in Ríos Panisse, M.C., ibídem.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Xurelo
Vexa a entrada doGalizionario acerca de  Xurelo

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xurelo&oldid=6678158»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp