Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Xunqueira de Alba

Coord.:42°26′58″N8°38′49″O / 42.4495,-8.64683
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xunqueira de Alba
PontevedraEditar o valor en Wikidata
 Instancia de
Datas e cronoloxía
 Fundación
2000Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Superficie67 haEditar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Altitude
0 mEditar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

OParque Natural das Marismas de Alba ou daXunqueira de Alba, é unparque natural ezona húmida do alfoz da cidade dePontevedra, e unha das poucasmarismas daría de Pontevedra. É un parque que é utilizado como lugar de paseo a pé ou en bicicleta e de observación da fauna e a flora.

Localización e acceso

[editar |editar a fonte]

O parque está situado na desembocadura dorío Rons noLérez -Ría de Pontevedra no sur daparroquia de Alba, a poucos metros da parte norte da cidade dePontevedra. Basta con cruzar aponte das Correntes para atopar a entrada ao parque, no paseo deDomingo Fontán. Limita ao leste co barrio da Santiña e ocamiño portugués e ao oeste coa autoestradaAP-9.

Historia

[editar |editar a fonte]

Non se sabía como utilizar a marisma ata finais dos anos 70, cando, debido á falta de chan industrial no municipio de Pontevedra, decidiuse desecala e convertela nunha zona industrial. Tamén se pensou en construír un novo estadio de fútbol ou mesmo un parque temático.

Con todo, a Asociación San Benito, daparroquia de Lérez, reclamou parte dos terreos como espazo que pertencía á comunidade de montes de Lérez, o que salvou esta zona de gran riqueza natural da destrución. En 1981, un xulgado de Pontevedra ordenou a paralización da construción dun polígono industrial e comercial que se ía construír alí.[1]

Dado que a Xunqueira de Alba atopábase nun grave estado de degradación, oMinisterio de Medio Ambiente español decidiu recuperala. A rehabilitación da marisma foi planificada polo goberno socialista deFelipe González e inaugurouse no ano2000, conMariano Rajoy como vicepresidente do goberno español.[2]

Mapa da Xunqueira de Alba

En2001, o Concello de Pontevedra fíxose cargo do mantemento da Xunqueira de Alba.[3] O consistorio realizou a limpeza do río, a poda de árbores e a recuperación ou substitución de exemplares enfermos, a sega de praderías e a eliminación selectiva de maleza, entre outros traballos.

En2012, o parque foi declarado primeiroEspazo Natural de Interese Local (ENIL) de Galicia.[4]

A finais de decembro de2021 presentouse o proxecto de ampliación do parque cun bosque autóctono de 17.000 metros cadrados fronte ao paseo deDomingo Fontán, no lugar onde se atopaba o Parque de Maquinaria e a Imprenta Provincial daDeputación de Pontevedra, que foron demolidos. Plantáronse especies como ocarballo común, asobreira, ofreixo negro, aabeleira, osalgueiro irto, oérbedo, osalgueiro bravo, oacivro e oloureiro. Acondicionouse un camiño entre a senda dorío Rons e esta nova zona verde aberta, dotada de iluminación pública e mobiliario urbano.[5]

Descrición

[editar |editar a fonte]

No parque distínguense tres zonas: a marisma, a matogueira e a chaira lodosa da desembocadura do río Rons.

A zona pantanosa do parque natural permanece suxeita ao fluxo das mareas e así, cada seis horas, unha parte pasa de estar cuberta pola auga a estar descuberta.

Neste hábitat, de grande importancia paisaxística e ecolóxica, inventariáronse 17árbores, 14 especies dearbustos, 4plantas rubideiras e 80 plantas herbáceas. Hai máis de duascentas variedades de plantas e árbores (incluíndoacacias,orquídeas,chicoria,salgueiros,eucaliptos,chopos,freixos) e unhas setenta especies animais inventariadas. Tamén hai moitosxuncos, de aí o nome de xunqueira. Hai un total de 115 especies diferentes de flora presentes no parque, como aherba de namorar, a plantago marítima, o perexil de mar, aherba da andoriña ou a espadana.[6]

A contorna alberga unha gran variedade de especies naturais, tanto de aves como de animais, comoaves acuáticas,bolboretas,libélulas,[7]anfibios e pequenosmamíferos. Por este motivo, o parque e a xunqueira atópanse protexidos. No parque hai tres miradoiros para observar as aves no seu hábitat natural.[8]

Un estudo realizado entre o 14 de abril e o 30 de setembro de 2020 detectou ata 73 especies de aves diferentes neste parque natural, entre as que se atopangarzotas,estreliñas riscadas,picapeixes,galiñas de río,cirrios pálidos,fulepas das xunqueiras,papamoscas negros,gabiáns,ibis escarlata ourulas. Neste espazo natural víronse e rexistráronse un total de 142 aves.[9][10][11][12]

Nunha das entradas do parque hai unha área de xogos para cans inaugurada en 2010, que consiste nun gran recinto pechado por un enreixado metálico onde os cans poden correr e xogar libremente.[13]

Galería

[editar |editar a fonte]
  • Camiño
    Camiño
  • Camiño e ponte das Correntes ao fondo
    Camiño eponte das Correntes ao fondo
  • Marisma
    Marisma
  • Camiño
    Camiño
  • Camiño de paseo
    Camiño de paseo
  • Outro camiño
    Outro camiño
  • Xunqueira e ponte de madeira
    Xunqueira e ponte de madeira
  • Zona húmida coa cidade ao fondo
    Zona húmida coa cidade ao fondo
  • Marisma descuberta
    Marisma descuberta
  • Miradoiro
    Miradoiro
  • Camiño de paseo
    Camiño de paseo

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "A Xunqueira de Alba pudo ser un polígono industrial".La Voz de Galicia(encastelán). 11 de abril de 2017. 
  2. "Rajoy pide al director general de Costas que siga apostando por Pontevedra".La Voz de Galicia(encastelán). 18 de setembro de 2000. 
  3. "El Concello de Pontevedra asume el mantenimiento de las marismas de Alba".La Voz de Galicia(encastelán). 9 de decembro de 2001. 
  4. "A Xunqueira de Alba cumple un año como espacio natural protegido".La Voz de Galicia(encastelán). 24 de outubro de 2013. 
  5. "La regeneración de la Xunqueira de Alba costará 3,6 millones y empezará en enero".Diario de Pontevedra(encastelán). 31 de decembro de 2021. 
  6. "176 ejemplares de 115 especies distintas configuran la flora de A Xunqueira de Alba".Pontevedra Viva(encastelán). 28 de febreiro de 2021. 
  7. "La Xunqueira de Alba registra 14 especies de libélula, una de ellas amenazada".El Mundo(encastelán). 28 xaneiro de 2011. 
  8. "Tres observatorios estables permitirán estudiar a las aves en su hábitat natural en la Xunqueira de Alba".La Voz de Galicia(encastelán). 5 de abril de 2009. 
  9. "Un estudo detecta 142 especies de aves no ENIL da Xunqueira de Alba".Diario de Pontevedra. 1 de xaneiro de 2021. 
  10. "El ENIL de A Xunqueira de Alba, un paraíso con 73 especies de aves, 26 de ellas migratorias transaharianas".Pontevedra Viva(encastelán). 30 de decembro de 2020. 
  11. "A Xunqueira de Alba, un edén de aves".Faro(encastelán). 31 de decembro de 2020. 
  12. "Un estudio avista 133 especies de aves en A Xunqueira de Alba".La Voz de Galicia(encastelán). 29 de xuño de 2010. 
  13. "Un parque para perros con lodo, piscinas y tablas para sortearlas".La Voz de Galicia(encastelán). 20 de abril de 2016. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Xunqueira de AlbaModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Cabaleiro Barros, Vítor Xosé (2010).Guía de aves do ENIL Xunqueira de Alba. Pontevedra: Concello de Pontevedra. 
  • Riveiro Tobío, Elvira (2008).Descubrir Pontevedra(encastelán). Pontevedra: Edicións do Cumio. p. 76-77.ISBN 9788482890852. 

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
De interese enPontevedra
Lugares senlleiros
Edificios civís
Casa das Campás • Casa do Correo Vello • Casa dos Vaamonde • Pazo dos Condes de Maceda • Pazo de Mugartegui • Pazo de Castro Monteagudo • Pazo de García Flórez • Casa das Caras • Liceo Casino • Teatro Principal • Casa consistorial de Pontevedra • Palacete das Mendoza • Pazo da Deputación de Pontevedra • Goberno Militar de Pontevedra • Hospital Provincial de Pontevedra • Mansión do Marqués de Riestra • Edificio da antiga Escola Normal • Praza de touros • Café Moderno • Edificio do Banco de España • Villa Pilar • Instituto Valle Inclán • Pazo de Lourizán • Antigo Cuartel de San Fernando • Casa dos Fonseca • Casa de Correos • Edificio Gran Garaje • Edificio do Colexio Oficial de Aparelladores • Mercado de Abastos de Pontevedra • Edificio da Caixa de Pontevedra • Goberno Civil de Pontevedra • Pavillón Municipal dos Deportes • Biblioteca Pública do Estado • Auditorio e Pazo de Congresos e Exposicións • Recinto Feiral de Pontevedra • Edificio Central da Xunta de Galicia en Pontevedra • Edificio Castelao  • Cidade da Xustiza de Pontevedra
Edificios relixiosos
Monumentos e esculturas
Prazas e rúas
Pontes
Restos arqueolóxicos
Museos
Artes escénicas
Educación e Cultura
Parques e espazos naturais
Instalacións deportivas
Exposicións e espectáculos
Hospitais
Transportes
Barrios
Medios de comunicación
Eventos
Asociacións culturais
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xunqueira_de_Alba&oldid=6993999»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp