Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Xulio Sigüenza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXulio Sigüenza

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xaneiro de 1898Editar o valor en Wikidata
A Coruña, EspañaEditar o valor en Wikidata
Morte15 de abril de 1965Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Vigo, EspañaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, xornalista, ensaístaEditar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesíaEditar o valor en Wikidata

BUSC: siguenza-julio-1900-1965


Xulio Sigüenza Reimúndez, nado naCoruña o7 de xaneiro de1898 e finado enVigo o15 de abril de1965, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Emigrou mozo primeiro aCuba e despois áArxentina e oUruguai. Chegou áHabana en1912, onde viviu trece anos. Alí comezou a escribir poesía e artigos xornalísticos relacionados con Galicia. En1923 publicou o seu primeiro libroDe los agros Celtas, prologado porJacinto Benavente. Relacionouse con artistas e escritores galegos no café La Puerta del Sol, nun faladoiro coñecido como a Cova Céltiga; alí naceron as revistasGalicia,Labor Gallega eEl Eco de Galicia. Ao mesmo tempo traballou como xornalista noDiario de la Marina,Diario Español eEl Crisol. De Cuba viaxou aEstados Unidos de América en varias ocasións e dende alí enviou en1921 á revistaGalicia o artigo "Os mandamentos do bo galego", reflexo do seu pensamento nacionalista.

Volveu á Coruña e despois dun ano marchou a Arxentina, onde traballou en diferentes diarios comoLa Razón,Almanaque Gallego,El Despertar Gallego,El Heraldo Gallego e foi director da revistaCéltiga. Permaneceu en Buenos Aires uns dez meses e ao non estar de acordo co ambiente literario bonaerense, marchou aMontevideo. No Uruguai viviu sete anos e dirixiu a revistaGalicia, órgano de prensa doCentro Gallego de Montevideo do que foi secretario, e a revistaCartel xunto aAlfredo Mario Ferreiro. Foi fundador e primeiro secretario daAsociación Protectora de la Cultura Gallega e publicou libros de poesía en castelán. Nos anos americanos, o seu labor na defensa da cultura galega foi intenso, desde publicacións, centros culturais o como conferenciante nas universidades de La Plata e Montevideo.

En1928 presentou o seu primeiro libro en galego,Cantigas e verbas ao ar, na liña da poesía imaxinista deLuís Amado Carballo,[1] escrito en Montevideo e publicado na Coruña (fixo unha segunda edición, tituladaVerbas ao ar con algunhas modificacións e engadidos, editada en Vigo en 1957). Casou en 1933 con María Angelina Fontela e fixou a súa residencia en Vigo, onde naceron os seus dous fillos, Xulio e María Isabel. Continuou a súa tarefa de conferenciante e xornalista, dirixindo diarios comoLa Tarde de Vigo e traballando como xefe de redacción deEl Pueblo Gallego.

Durante a guerra civil foi detido polas súas ideas republicanas e, para poder escapar á máis que segura represión escribiuPoemas del imperio, un libro de adulación aoxeneral Franco. Colaborou nas revistasCristal (Pontevedra) eAlba (Vigo) e noFaro de Vigo. Foi director e fundador das revistasNumen de estudos poéticos eCartel de arte e actualidades. Ingresou como membro de número naReal Academia Galega o28 de xaneiro de1956 coa lectura do discursoUn gallego universal: José Alonso y Trelle (El viejo Pancho), contestado porÁngel del Castillo López.[2] Morreu en Vigo en abril de 1965, despois dunha curta enfermidade.

Obras

[editar |editar a fonte]
Caricatura de Julio Singüenza porMelchor Méndez Magariños no libro de poemas "Cuaderno del ojo sin sueño" de Singüenza,circa 1930.

Poesía

[editar |editar a fonte]
  • De los agros celtas, 1923.
  • Del amor y de la muerte, 1924.
  • La ruta aventurera, 1927.
  • Cantigas e verbas ao ar, 1928, A Coruña.
  • Cuaderno del ojo sin sueño, 1930.
  • Las canciones extraviadas, 1937.
  • Poemas del imperio, 1939.

Narrativa

[editar |editar a fonte]
  • El lobo, 1924.

Ensaio

[editar |editar a fonte]
  • Galicia cara y cruz, 1930.

En2000 oCentro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades publicouObra Galega en edición de Josefa Beloso Gómez.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984).De Pondal a Novoneyra.Xerais. p. 57.ISBN 84-7507-139-2. 
  2. "Julio Sigüenza Reimúndez".Real Academia Galega. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • "Xulio Sigüenza, nacionalista e poeta en Cuba: Trece poemas galegos" deXosé María Dobarro enCinguidos por unha arela común.

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Membros de número daReal Academia Galega
Plenario
actual
Históricos
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xulio_Sigüenza&oldid=6788510»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp