Detalle da unión do xugo e a cabezalla (vista posterior).
Oxugo[1] é un apeiro agrícola que permite xunguir un ou, normalmente, dous animais de tiro a uncarro ou outro instrumento que deba ser movido, coma oarado. Tradicionalmente están feitos demadeira decarballo,cerdeira,freixo ou outras madeiras resistentes abondo.
EnGaliza utilízase para xunguir bois ou vacas, animais utilizados para o traballo docampo ata a aparición dotractor ou docamión. Noutras zonas emprégase tamén para xunguirbestas. A parella xunguida denomínasexunta ouxugada.
O vocábulo galegoxugo procede directamente dolatíniugum, que á súa vez xorde da raízindoeuropea *yak'om, de *yug-[2] ou *yeug-[3], "unir". Os seus derivados atópanse en todas as linguas fillas, como nosánscritoyugá,gregozygon, antigoalto alemánjuch eanglosaxóngeoc (alemán actualJoch,inglés actualyoke),antigo eslavo eclesiásticoigo,armenioluc,hititayugam,galésiau etc.[2]. Algúnscognados en galego son:xugular, subxugar, cigoto, axustar, xustapor, xustapoñer, xunta, xuntar, xunto, axuntar, arrexuntar, ceugma ouioga. O feito de que se atope tanto nas linguas indoeuropeas occidentais como nas orientais mostra que se trata dun termo común e moi antigo, un verdadeiro fósil, que indicaría que era un instrumento coñecido polos pobos indoeuropeos antes da súa dispersión.
O xugo común, de dúasvacas, componse dun pau horizontal máis ou menos recto, ás veces con dous arcos na cara inferior para adaptarse mellor ós pescozos dos animais, e mais os elementos de suxeición destes, que poden ser dous pares decangallas (paus rectos que atravesan o xugo), un par decancís (paus en forma de U nos que se mete a cabeza do animal) ou un conxunto de correas,corneiras, coas que se atan os seus cornos ó xugo. A estes elementos básicos engádense outros auxiliares que se describen a seguir.
No centro do xugo vai unestrobo,loro,timoeiro ousobeo, que serve para enganchar o xugo ácabezalla do carro ou ó temón do arado. Para asegurar esta suxeición, o xugo vai tallado por riba cuns entrantes (mosas) e saíntes (castelos,castelares,camallóns) para atar mellor o estrobo[4], e por baixo cun rebaixe no que se adapta a cabezalla. Este estrobo pode estar feito decoiro ou dunha corre de carballo retorta. En calquera caso, para que non se deslice ó longo da cabezalla, inclúese na atadura achavella, peza de madeira que atravesa verticalmente o extremo anterior da cabezalla[5].
É habitual que o xugo vaia decorado con tallas diversas ou figuras feitas con cravos, sobre todo na parte central e frontal. Esta decoración pode ser simplemente estética pero ás veces serve para identificar o propietario ou como signo protector contra omeigallo (mediante o tallado de cruces ou estrelas).
Xugo en Lérez (Pontevedra) cos arbitrios de rodaxe do carro.
Segundo o seu emprego podemos falar de tres tipos de xugo:
Xugo de sachar: máis longo có normal (ó redor de 1,5 m), para deixar entre os dous animais que puxan del un maior espazo e que non pisen o millo, as patacas etc.
Xugo do carro: xugo de dimensións normais (ó redor de 1 m) que deixan un espazo menor xa que só precisan dar cabida á cabezalla.
Xugo dunha soa vaca: para xunguir un único animal. É utilizado para traballos lixeiros.
Existen tamén outros tipos de xugo, moi pouco comúns, como oxugo dobre ó que se xonguen dous animais a un lado e un só ó outro; este xugo utilízase para domear un novo animal a ser xunguido, afacéndoo ó traballo ó colocalo entre dous animais xa acostumados. Outro tipo de xugo sería oxugo mixto, utilizado cando hai que xunguir nun mesmo tiro un bovino e unha besta.
Segundo a estrutura do xugo existen tres grandes tipos, denominadosxugo de canga,xugo de cancís exugo de molida[6]. A descrición que segue corresponde ás formas típicas, pero poden atoparse numerosas variedades nos elementos que o conforman.
O xugo de canga denomínase así polas dúas varas laterais (cangas oucangallas[7]) que atravesan o xugo e pasan a cada lado do pescozo do animal. O simple nomecanga substitúe, nalgunhas comarcas, á palabra xugo. Neste tipo de xugo, como no seguinte, os animais fan tracción co pescozo e a cruz, de onde lle vén o nome dexugo xugular.
As cangas son, normalmente, rectas pero tamén hai modelos que as presentan lixeiramente curvadas para abrazar mellor o pescozo. O extremo inferior presenta unhas escotaduras,apeaceiras, nas que se ata unha correa de coiro ou corda coa que se pecha o espazo aberto (aspiogas ouapeares[8]. Habitualmente, os extremos superiores das cangallas interiores están unidos por unha cadea, arame ou corda, atrenla,ladrizo oupiogón, que axuda a manter vertical o aparello ó engancharse nachavella.
Neste tipo, as cangallas son substituídas por cadanseu pau curvado en forma de U, extraíble, e no que se mete o pescozo do animal; hainos tamén de ferro. Ocancil suxéitase ó xugo cunha caravilla por riba deste, aespicha oubío. Como no tipo anterior, a tracción exércese co pescozo.
O xugo de molida está deseñado para que o animal efectúe a tracción coa testa ou fronte, para o cal posúe uns saíntes nos extremos que se atan óscornos mediante unha corda ou correa, ascornás oucorneiras. De aí a designación alternativa dexugo cornal. Este xugo caracterízase por levar unha especie de almofada entre o xugo e a caluga do bovino, chamadamolida oumolido, feita de pel e con la ou pelo no interior. A molida ten como función evitar o roce do xugo coa pel do animal.
Outras pezas accesorias deste tipo de xugo son ascubertas oucuberteiras, feitas de pel e que cobren e protexen as corneiras do sol e da chuvia. Adoitan rematar nun flocos,milfeiras, que, ó se mover segundo camiña o animal, espantan as moscas.
Nalgunhas zonas, este tipo de xugo únese á cabezalla mediante un aro de madeira que pende do centro do xugo, polo que pasa a cabezalla. A este aro chámanllearcoxo.
Xaquín Lorenzo e, posteriormente,Manuel González estudaron a distribución dos diferentes tipos de xugo en Galiza. Oxugo de canga ocupa boa parte da Galiza occidental: norte e occidente deLugo, toda aprovincia da Coruña e mais o norte da dePontevedra. Xaquín Lorenzo considerou que este era un tipo de xugo endóxeno, polo que o denominouxugo galego.
Oxugo de cancís ocupa un territorio menor que, en forma de cuña, esténdese desde a metade sur da provincia de Pontevedra e a zona noroccidental da deOurense ata o norte da de Lugo, cubrindo a parte central desta. A área de distribución esténdese porPortugal, e Xaquín Lorenzo considerou que era orixinario deste país, dándolle o nome dexugo portugués.
Oxugo de molida aparece a oriente dunha liña que desde o sur do concello deRibadeo baixa verticalmente ata cerca da provincia de Ourense para abrirse seguindo, máis ou menos, o curso doMiño, quedando a maior parte de Ourense dentro da área de distribución. Esta continúase cara aCastela, polo que Xaquín Lorenzo lle deu o nome dexugo castelán.
Dun xeito xeral, pódese dicir que na Galiza máis montañosa predominaba o xugo de molida ou cornal, xa que os animais fan máis forza coa cabeza. Consecuentemente, nas zonas de confluencia onde se solapan estas tres áreas poden coexistir xugos de máis dun tipo.
Xugo dunha soa vaca (Soutelo de Montes), cunvetillo (no centro, arriba), unha corre de carballo (centro á esquerda) e dous estrobos de coiro (centro á dereita e abaixo).
A imaxe do xugo simboliza a unión das forzas nunha tarefa común. Así, enheráldica, o xugo foi o emblema deFernando II de Aragón, presentado xunto coas setas que representaban á súa donaIsabel I de Castela. Noséculo XX, o símbolo do xugo e as setas foi adoptado polaFalange Española. O escudo de España adoptado tralaguerra civil, en vigor ata1981, tamén incluía estes símbolos.
Escudo dos Reis Católicos canda a conquista de Granada
Escudo da Falange
Escudo de España (1938-1981)
O mesmo concepto de unión, de xunguir dúas entidades nunha soa, aparece tamén noutros contextos. Así, en diversas rexións, incluída Galicia, existiu o ritualmatrimonial de unir á parella de noivos cun pano ou estola sobre os ombros. O mesmo acto do casar dúas persoas (e unirse dúas familias) denomínase tamén comoxunguir.
Unha vez a tía Ádega e o seu sobriño foron invitados a un casamento aldeán. Xunguíanse dúas casas labregas de moita riqueza e a lupanda tiña que ser sonada.
CASTELAO:Os dous de sempre
Pero tamén simboliza a opresión, o sometemento da vontade dunha persoa ou dun pobo á vontade allea. Así, escribeCastelao:
O noso pobo foi vítima do maquiavelismo castelán, pois era capaz de levantare contra os seus señores i endexamais pudo sacudir o xugo con que el mesmo axudou a someter á súa patria.