Este artigo contén variasligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor,mellora o artigo introducindonotas ao pé,citando as fontes.
O termoxudaísmo (dohebreoיהדותYahadut, do termoיהודהYehudá) refírese árelixión, á tradición, á cultura ou á forma de vida do pobo xudeu. É a máis antiga das tres relixiónsmonoteístas,[1] as chamadas «relixións do Libro» ou «abrahámicas» xunto cocristianismo e oislam, e a menor delas en número de fieis. As doutrinas e historia do Xudaísmo constitúen unha parte importante dos fundamentos históricos das outras dúas relixións.
Aínda que non existe un corpo único que sistematice e fixe ocontido dogmático do xudaísmo, a súa práctica baséase nas ensinanzas datora, tamén chamadaPentateuco, composto por cinco libros. Á súa vez, a tora ou o Pentateuco é un dos tres libros que conforman oTanakh (ouAntigo Testamento, segundo o cristianismo), aos que se atribúe inspiración divina.
Na práctica relixiosa ortodoxa, atradición oral tamén desempeña un papel importante. Segundo as crenzas, foi entregada aMoisés xunto coa tora e conservada desde a súa época e a dos profetas. A tradición oral rexe a interpretación do texto bíblico, a codificación e o comentario. Esta tradición oral foi transcrita, dando nacemento áMishná, que posteriormente sería a base doTalmud e dun enorme corpo esexético, desenvolvido ata o día de hoxe polos estudosos. O compendio das leis extraídas destes textos forma a lei xudía ouHalajá.
O trazo principal da fe xudía é a crenza nunDeus omnisciente, omnipotente e próvido, que tería creado o universo e elixido ao pobo xudeu para revelarlle a lei contida nosDez Mandamentos e as prescricións rituais dos libros terceiro e cuarto da tora. Consecuentemente, as normas derivadas de tales textos e da tradición oral constitúen a guía de vida dos xudeus, aínda que a observancia das mesmas varía moito duns grupos a outros.
Outra das características do xudaísmo, que o diferencia das outras relixións monoteístas, radica en que se considera non só como unha relixión, senón tamén como unhatradición, unhacultura e unhanación.[2][3] As outras relixións transcenden varias nacións e culturas, mentres que o xudaísmo considera a relixión e a cultura concibida para un pobo específico. O xudaísmo non esixe dos non xudeus unirse ao pobo xudeu nin adoptar a súa relixión, aínda que os conversos son recoñecidos como xudeus en todo o sentido da palabra. Así mesmo, xudeu foi comisionado polas súasescrituras a ser «luz ás nacións» e propagar omonoteísmo ético por todo o mundo. A relixión, a cultura e o pobo xudeu poden considerarse conceptos separados, pero están estreitamente interrelacionados. A tradición e a cultura xudía son moi diversas e heteroxéneas, xa que se desenvolveron de modos distintos en diferentes comunidades e cada comunidade local incorporou elementos culturais dos distintos países aos que chegaron os xudeus a partir da|dispersión.
As distintas denominacións dentro do xudaísmo varían moito en cada pais. A máis coñecida e estruturada é a dos xudeus norteamericanos, que pode dividirse nos seguintes movementos:
Xudaísmo ortodoxo (separado entre grupos "hasídicos" e "non-hasídicos", chamadosmitnagdín).
Xudaísmo reformista (fóra dos Estados Unidos tamén é coñecido como Xudaísmo progresista e, noReino Unido, Xudaísmo liberal).
NoEstado de Israel, as divisións céntranse no nivel de observancia relixiosa e non en movementos organizados. O Rabinato de Xerusalén pertence á corrente ortodoxa, que é a corrente máis institucionalizada.
O xudaísmolaico non é propiamente un movemento, senón unha visión dunha parte do pobo xudeu de que é posible vivir o xudaísmo desvinculado darelixión.
O chamadomesianismo ouxudaísmo mesiánico, que cre que Yeshua ben Yosef (Xesús, fillo de Xosé) é Ha Mashiach (O Mesías) prometido polos profetas do Tanakh (Antigo Testamento), non é considerado un movemento no seo da comunidade xudaica, non sendo recoñecido por ningunha das outras correntes, sendo efectivamente un grupo minoritario cristián que prega a conversión de xudeus a unha especie de cristianismo primitivo.
Un manuscrito datora. A tora contén os cinco libros deMoisés, ou a Biblia hebrea.
O texto fundamental do xudaísmo é aBiblia, que coincide coAntigo Testamento dalgunhas relixiónsprotestantes e ten algunhas diferenzas co Antigo Testamentocatólico. O seu nome en hebreo éתנ"ך,Tanakh.
O asunto doTanakh é un relato da relación dosisraelitas conDeus, segundo os reflexos desa relación na súa historia desde o principio dos tempos e até a construción doSegundo Templo (preto do 350 a.d.C).
A parte principal doTanakh é atora, a Lei. Para os xudeus, a tora (oPentateuco) foi transmitida aMoisés directamente deDeus. O seu contido foi compilado para que xamais fose esquecido e permanecese inmutable, mesmo co paso dos sabios que a transmitiron dexeración a xeración.
Xurdiron variadas formulacións das crenzas xudaicas, a maioría das cales con moito en común entre si, mais diverxentes en varios aspectos. Unha comparación entre varias desas formulacións mostra un elevado grao de tolerancia polas diferentes perspectivas teolóxicas. O que segue é un sumario das crenzas xudaicas. Unha discusión máis detallada destas crenzas, acompañada por unha discusión sobre as súas orixes, pode ser atopada no artigo sobre osprincipios de fe xudaicos.
Monoteísmo: o xudaísmo baséase nunmonoteísmo unitario estrito, a crenza nun únicoDeus. Deus é visto como eterno, o creador do universo e a fonte da moralidade.
Deus é único: a idea de Deus como unhadualidade outrindade é herética para os xudeus. É encarada como próxima dopoliteísmo. Curiosamente, en canto que os xudeus defenden que tales concepcións de Deus son incorrectas, son xeralmente de opinión que os xentís que teñen tales crenzas non son culpados.
Deus é omnipotente (todopoderoso), omnisciente (todo sabe) e omnipresente (está en todo lugar). Os diversos nomes de Deus son maneiras de expresar diferentes aspectos da presenza de Deus no mundo. Véxase a entrada acerca donome de Deus no xudaísmo.
Deus é non-físico, non-corpóreo e eterno: todas as declaracións naBiblia hebraica e na literatura rabínica que utilizan antropomorfismo son encaradas como conceptos lingüísticos ou metáforas, por ser imposible falar de Deus doutro modo.
Só a Deus se pode ofrecer preces: todas as crenzas de que pode ser usado un intermediario entre o home e Deus, sexa el necesario, sexa apenas opcional, teñen sido consideradas heréticas.
ABiblia hebraica e moitas das crenzas descritas naMishná e noTalmud son tidas como produto deRevelación divina. O modo como funciona a revelación, o que se quere dicir, exactamente, cando se di que un libro é "divino", ten sido desde sempre materia dalgunha disputa. Existen entre os xudeus diferentes perspectivas sobre este asunto.
Moisés foi o maior de todos os profetas e tamén o máis humilde. Como un gran profesor para o pobo xudeu.
Atora (os cinco libros de Moisés) é o texto principal do xudaísmo: o xudaísmo rabínico defende que a tora é idéntica á que foi entregada por Deus a Moisés noMonte Sinaí. Os xudeus ortodoxos consideran que a tora que existe hoxe é exactamente aquela que foi entregada por Deus a Moisés, cun número reducido de dúbidas de copia. Debido aos avances nos estudos bíblicos e na investigación arqueolóxica e lingüística, a maioría dos xudeus non ortodoxos rexeita este principio. En vez diso, aceptan que o núcleo da tora oral e escrita pode provir de Moisés, mais afirman que a tora escrita que existe hoxe foi amalgamada a partir de varios documentos.
Deus escolleu o pobo xudeu para participar nunha alianza única con Deus; a descrición desta alianza é a propiatora. Ao contrario do que xeralmente se pensa, o pobo xudeu non di simplemente que "Deus escolleu os xudeus". Os xudeus consideran que foron escollidos para desempeñar unha misión específica: para servir de luz para as nacións e para ter unha alianza con Deus tal como está descrito natora. Esta idea é discutida en maior profundidade na entrada sobre opobo escollido. Oxudaísmo reconstrucionista rexeita o concepto da escolla como moralmente defunto.
A era mesiánica. Haberá unMashíach (Mesías) e unha era mesiánica.
Aalma é pura no momento do nacemento. As persoas nacen cunyéser hattób, unha tendencia para o ben, e cunyéser hará', unha tendencia para o mal. Consecuentemente, os seres humanos son provistos de libre arbitrio e poden escoller o seu propio camiño na vida.
As persoas poden expiar os seus pecados. A liturxia dos Días de Temor (Rosh Hashaná eYon Kippur) declara que aprece, o arrepentimento e osedacá[Ligazón morta] (doazón espontánea para caridade) expían os pecados. Unha discusión máis detallada da visión xudaica do pecado pode atoparse na entrada sobre opecado.
A "profesión de fe" dun xudeu é: "Shemá‘ Yisraél Adonay Elohénu Adonay echad", é dicir: "Ouve Yisrael, o Eterno é noso Deus, o Eterno é un" (nótese que moitos xudeus asquenacís usan aquí a palabra hebraica 'Hashem' no canto de 'Adonay', literalmente "o nome", como unha alusión aO seu Santo Nome que non pode ser pronunciado ou escrito.)
Aínda que o xudaísmo teña sempre recoñecido un certo número doutrosprincipios de fe xudaicos, nunca desenvolveu un catecismo obrigatorio. Xurdiron variadas formulacións das crenzas xudaicas, a maioría das cales teñen moito en común, mais diverxen en varios aspectos. Nos últimos dous séculos, a comunidade xudaica dividiuse en variosmovementos xudaicos. Cada un deles ten unha abordaxe diferente no estilo de vida, cada movemento cumpre máis ou menos leis. A maior parte das formas de xudaísmo ortodoxo xeralmente cumpren moitos preceptos, ao paso que as formas non ortodoxas de xudaísmo xeralmente defenden que os principios foron evolucionando co tempo e adaptan o xudaísmo aos costumes locais. Estes tópicos son discutidos con maior profundidade no artigo sobre osprincipios de fe xudaicos.
O termo xudeu define tanto a unha persoa de relixión xudaica como a unha comunidade (etnia) e este uso pode levar a confusión. A Lei Xudaica considera xudeu todo aquel que naceu de nai xudía ou se converteu de acordo coa Lei Xudaica. Recentemente, os seguidores daReforma Americana e doReconstrucionismo teñen incluído tamén os nenos nacidos de pai xudeu e nai xentil, pois foron educados de acordo coa relixión xudaica.
Un xudeu que deixe de practicar o Xudaísmo e se transforme nun xudeu non practicante continúa a ser considerado xudeu. Un xudeu que non acepte osprincipios de fe xudaicos e se torne agnóstico ou ateo tamén continúa a ser considerado xudeu.
Porén, se un xudeu se converte a outra relixión, como o Budismo ou o Cristianismo, perde o lugar como membro da comunidade xudaica e transfórmase nun apóstata. Segundo a tradición, a súa familia e amigos toman loito por el, pois para un xudeu abandonar a relixión é como se morrese. Porén, aínda que a persoa estea fóra da comunidade xudaica e teña ideas non xudaicas, esa persoa aínda é xudaica de acordo coa maior parte das autoridades enlei xudaica.
Afilosofía xudaica é a conxugación entre o estudo serio de filosofía e a teoloxía xudaica. A filosofía xudaica inicial foi influenciada polas filosofías dePlatón,Aristóteles e pola filosofía islámica. Os filósofos xudaicos máis importantes foron, entre outros,Salomán Ibn Gabirol,Saadiá Gaon,Maimonides eXersonides. Grandes mudanzas se seguiron aoIluminismo (finais do século XVIII, inicio do século XIX), levando á aparición dos filósofos xudaicos posiluministas e, máis tarde, aos filósofos xudaicos modernos.
A base dalei e tradición xudaica é atora (os cinco libros deMoisés). De acordo coa tradición rabínica, existen 613misvot (mandamentos) na tora. Algunhas destas leis diríxense só aos homes ou ás mulleres, algúns só aosKohanín e aosLeviín (membros da tribo clérica), outras só a aqueles que constrúen dentro da terra deIsrael, e moitas outras eran aplicables só na época en que existía oTemplo en Xerusalén. Son menos de 300 os mandamentos aínda aplicables hoxe en día.
A pesar de teren existido grupos xudaicos que se baseaban no texto escrito datora (osSaduceus e osCaraítas), a maior parte dos xudeus consideraban naquilo a que chamaban alei oral. Estas tradicións orais orixináranse no sector Fariseo do xudaísmo antigo, e foron máis tarde pasadas a escrito e expandidas polos rabinos.
O xudaísmo rabínico sempre defendeu que os libros doTanakh (chamados de lei escrita) foron desde sempre transmitidos en paralelo coatradición oral. Apúntase para o texto datora, onde moitas palabras non teñen definición e moitos procedementos son mencionados sen explicación ou instrucións; isto, afírmase, significa que se supón que o lector estea familiarizado cos detalles a partir doutras fontes, orais. Este conxunto paralelo de material foi orixinalmente transmitido de forma oral e ficou coñecido como "alei oral". Algúns dos métodos de onde é derivado poden ser consultados noMidrash halakhico. Porén, ao tempo do rabinoYehudá Ha-Nasí (200 CE)a maior parte deste material foi editado en conxunto noMishná. Ao longo dos catro séculos seguintes, esta lei sufriu discusión e debate nas maiores comunidades xudaicas do mundo (en Israel e na Babilonia), e os comentarios aoMishná producidos por cada unha das dúas comunidades acabaron por ser editados en compilacións coñecidas como os dousTalmudes. Estes foron interpretados polos comentarios de varios estudosos da tora ao longo dos séculos.
Consecuentemente, aHalakhá, ou o modo de vida do xudaísmo rabínico, non se basea nunha lectura literal da tora, mais si na combinación das tradicións oral e escrita, o que inclúe o Tanakh, oMishná, oMidrash halakhico, oTalmud e os seus comentarios. Estes foron sumariados noscódigos de lei xudaica por varios estudosos da tora, tales como os rabinosAlfasi,Maimonides,Ya'akob ben Asher,Yosef Karo etc.
A Halakhá desenvólvese lentamente, a través dun sistema baseado en precedentes. A literatura de preguntas aos rabinos, e as súas respostas, é designada comoresponsa (enhebraico,"Sheelot U-Tshubot".) Ao longo do tempo, á medida que a práctica se desenvolve, novoscódigos de lei xudaica son escritos, baseados naresponsa.
OChéren é a máis alta censura eclesiástica na comunidadexudaica. É a exclusión total da persoa da comunidade xudaica. Excepto en casos raros que tiveran lugar entre os xudeus ultraortodoxos, ochéren deixou de se practicar despois do iluminismo, cando as comunidades xudaicas locais perderan a autonomía de que dispuñan anteriormente e os xudeus foron integrados nas nacións xentís en que vivían. Unha discusión máis profunda deste asunto pode ser atopada no artigo sobre ochéren.
O calendario xudaico é contado desde3761 a.C.. O Ano Novo xudaico, chamadoRosh Hashaná, acontece no primeiro ou no segundo día do mes hebreo deTishri, que pode caer ensetembro ououtubro. Os anos comúns, con doce meses, poden ter 353, 354 e 355 días, en canto os bisestos, de trece meses, 383, 384 ou 385 días.
Existen acontecementos do ciclo da vida dun xudeu que o unen a toda a comunidade.
Berit milá: as benvidas dos bebés do sexo masculino á alianza a través do ritual da circuncisión.
Zébed habbát: as benvidas dos bebés do sexo feminino na tradición sefardí.
Bar misvá eBat misvá: a celebración da chegada dun rapaz á maioridade, e por se tornar responsable, de aí en diante, por seguir unha vida xudaica e por seguir ahalakhá.
Casamento
Shib'a|Loito: o xudaísmo ten prácticas de loito en tres etapas. Á primeira etapa (observada durante unha semana) chámaseShib'a, á segunda (observada durante un mes) chámasesheloshim e, para aqueles que perderan un dos proxenitores, existe unha terceira etapa, aavelut yod bet chódesh, que é observada durante un ano.
O xudaísmo rabínico foi, en tempos, relacionado cosamaritanismo. Os samaritanos, porén, xa non se consideran xudeus, e ambos os grupos considéranse relixións separadas.
Por volta doprimeiro século D.C. había varias grandes seitas en disputa do liderado entre os xudeus, e en xeral todas elas procuraban, de forma diversa, unha salvación mesiánica en termos de autonomía nacional dentro do Imperio Romano: osfariseos, ossaduceus, oscelotas e osesenos. Entre estes grupos, só o dos fariseos sobreviviu ideoloxicamente; a súa descendencia ideolóxica, os rabinos, rapidamente tomou o control da relixión, e orixinaron todas as seitas modernas. Ocristianismo, en certo modo, relacionouse cunha facción xudaica que consideraba que Xesús era o Mesías, mais esta seita de cristiáns xudeus, rexeitada tanto polos xudeus como polos cristiáns, acabou por desaparecer.
Algúns xudeus noséculo VIII adoptaron o rexeitamento dos saduceos polalei oral dos fariseos / rabinos rexistrada naMishná (e desenvolvida por rabinos máis recentes nos dousTalmudes), pretendendo confiar apenas noTanakh. Curiosamente, este grupo en breve desenvolvía as súas propias tradicións orais, diferentes das rabínicas. Estes xudeus crearon a seitaKaraita, que aínda existe hoxe en día, aínda que os seus seguidores sexan en moito menor número que o resto dos xudeus. Os xudeus rabínicos defenden que os Karaitas son xudeus, mais que a súa relixión é unha forma de xudaísmo incompleta e errónea.
Ao longo do tempo, os xudeus fóronse diferenciando en grupos étnicos distintos: osasquenacís (da Europa de Leste e de Rusia), ossefardís (de España, Portugal e do Norte de África) e osXudeus Iemenitas, da extremidade sur da península Arábica. Esta división é cultural e non se basea en ningunha disputa doutrinaria.
Oxudaísmo hasídico fundounoIsrael ben Eliecer (1700-1760), tamén coñecido por Ba'al Shen Tov, ou polo Besht. Os seus discípulos atraeron moitos seguidores, e eles mesmos estableceron numerosas seitas hasídicas naEuropa. O xudaísmo hasídico acabou por se transformar no modo de vida de moitos xudeus en Europa, e chegou aosEstados Unidos durante as grandes vagas de emigración xudaica na década de1880.
Algún tempo antes, houbera un serio cisma entre os xudeus hasídicos e non hasídicos. Os hasidín denominabanmitnagdín (lit. "opoñentes") os xudeus europeos que rexeitaban o seu movemento. Algúns dos motivos para o rexeitamento do xudaísmo hasídico eran a exuberancia opresiva da pregaria hasídica, nas súas imputacións non tradicionais de que os seus líderes eran infalibles e presuntamente operaban milagres, e na preocupación da posibilidade de se transformar nunha seita mesiánica. Desde entón, todas as seitas do xudaísmo hasídico foron absorbidas pola corrente principal do xudaísmo ortodoxo, e en particular poloxudaísmo ultraortodoxo.
Na maior parte das nacións occidentais, moitos xudeus secularizados deixaron hai moito de participar nos deberes relixiosos. Moitos deles lémbranse de ter tido avós relixiosos, mais medraron en lares onde a educación e observancia xudaicas xa non eran unha prioridade. Desenvolveron sentimentos ambivalentes no que toca aos seus deberes relixiosos.
Nos últimos 50 anos todas as principais seitas xudaicas teñen asistido a un aumento de popularidade. Porén, este crecemento non ten compensado a perda demográfica debida aos casamentos mixtos e á aculturación.
Mentres, o cristianismo ten inspirado seitas como a dosXudeus por Xesús e oxudaísmo mesiánico, e persoas descontentas coa corrente principal do xudaísmo fundaron oXudeu-Paganismo. Debido ao feito destes movementos incorporaren relixións non xudaicas en conxunto co xudaísmo, os movementos xudaicos da corrente principal non consideran que os Xudeus por Xesús, o xudaísmo mesiánico e o Xudeopaganismo formen parte da relixión xudaica. A pesar diso, algúns membros destes movementos identifícanse como xudeus.
Na Casa da Cultura de Ribadavia pode visitarse oCentro de Información Xudía de Galicia, espazo cultural para lembra-la presenza dos xudeus en Galicia, os seus oficios, a súa relixión e a inquisición.
↑Philip Wilkinson,Religions, Londres: Dorling Kindersley, 2008;Religiões, Río de Janeiro: Zahar, 2011, pp. 61-83. Tamén Gabrielle Sed-Rajna,L'Abécédaire du Judaïsme, París: Flammarion, 2000; Éric Smilevitch,Histoire du Judaïsme, París: Presses Universitaires de France, 2012;The Religions Book, ed. G. Jones y G. Palffy, Londres: Dorling Kindersley, 2013;O Livro das Reiligiões, ed. Carla Fortino, San Pablo: Globo, 2014, pp. 166-199; Josy Eisenberg,Une Histoire des Juifs, París: CAL, 1970; Simón Dubnow,Manual de la Historia Judía, Buenos Aires: Sigal, 1977; Michael Brenner,Kleine Jüdische Geschichte, Múnich: C.H. Beck, 2008.
Merunéndano, L. (1915).Los Judios de Ribadavia. Origen de las 4 parroquias.Ediciónfacsímile (1981). Editorial Alvarellos.ISBN 84-85311-41-8.
Antonio Rubio, María Gloria de (2004).Los Judios de Ribadavia. La judería de Ribadavia y sus personajes en los siglos XIV.XV.Ex Cathedra. Edicións Lóstrego.ISBN 84-933244-4-2.
Antonio Rubio, María Gloria de (2004).Os xudeus en Galicia.O saber de peto. Edicións Lóstrego.ISBN 84-933244-1-8.
Xudeus e xudaizantes na historia de Galicia, séculos X-XXI Textos orixinais redactados por Carlos Barros (Universidade de Santiago de Compostela) en 2002 para a exposición permanente do Centro de Información Xudía, sito na Casa dos Condes en Ribadavia, Galicia.
A Biblia Kennicott, manuscrito xudeu da Galicia do século XV, dende finais do século XIX está na Biblioteca Bodleian da Universidade de Oxford.