Xudeu ortodoxo provisto de Kipá, Talit gadol e tefilín, preparándose para un servizo nunha sinagoga.
Oxudaísmo ortodoxo é unha das grandes pólas darelixión xudía na actualidade, xunto coxudaísmo conservador oumasortí e oxudaísmo reformista. Distínguese delas pola súa adhesión rigorosa áHalajá. Carece dunha autoridade doutrinal central permitindo certa variación na práctica.
Segundo a súa actitude cara a cultura contemporánea, o xudaísmo ortodoxo divídese informalmente enxudaísmo ortodoxo moderno, que busca adecuar ata algún punto as súas prácticas e estudos á situación social contemporánea, e o xudaísmoharedí, que rexeita toda innovación que os seus líderes consideren contraria ó espírito daTorá.
As divisións doutrinais neste senso non se fixaron ata arredor doséculo XVIII, no que baixo o influxo daIlustración, certos sectores da comunidade xudía rexeitaron a segregación imposta polas prácticas relixiosas convencionais e buscaron integrarse —malia o daquela dominanteantisemitismo— nas comunidades nacionais. O rexeitamento a este movemento definiu a ortodoxia.[1]A ortodoxia é un movemento creado no século XIX en contra dos rabinos e dirixentes que ensaiaban xeitos de combinar xudaísmo e modernidade.