Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Xubalandia

Coord.:0°21′37″S42°32′55″L / -0.3603,42.5486
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaXubalandia
Jubbaland (so)
ولاية أرض جوبا في الصومال (ar)Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 0°21′37″S42°32′55″L / -0.3603,42.5486
CapitalKismaayoEditar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficialLingua somalí
lingua árabeEditar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1998Editar o valor en Wikidata
Disolución1999Editar o valor en Wikidata
Moedaxelim somaliano(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico+252Editar o valor en Wikidata

Xubalandia (ensomalí,Jubbaland; enárabe, جوبالاند ) ouVal do Xuba (en somalí,Dooxada Jubba) ouAzania (en somalí,Asaaniya; en árabe, آزانيا‎‎), é unhaRexión autóma do sur deSomalia

O seu nome oficial éDowlad Goboleedka Jubbaland ee Soomaaliya (en somalí) / ولاية أرض جوبا في الصومال (en árabe), é dicir, "Rexión autónoma de Xubaland en Somalia".

Xeografía

[editar |editar a fonte]

A súa fronteira oriental encóntrase a 40–60 km ao leste dorío Xuba, que se estiende desdeGedo até oocéano Índico, mentres que o seu lado occidental bordea a provincia nororiental deKenya, límite que foi establecido durante o período colonial.[1]

Xubalandia ten unha superficie de 110 293 km2 e, en2005, a súapoboación era de 953 045 habitantes.[2]

O seu territorio está formado polas provincias de Gedo, o Baixo Xuba e o Xuba medio.[3]

A capital éBu'ale,[3] e a súa cidade máis grande éKismaayo, situada na costa cerca da desembocadura do río Xuba.Bardhere,Afmadow,Luuq eBeled Haawo son outras cidades da rexión.

Historia

[editar |editar a fonte]
Bandeira da Xubalandia independente.

Desde1836 até1861, partes de Xubalandia foron nominalmente reclamadas polo Sultanato deMascate (agora enOmán). Máis tarde, incorpoáronse áÁfrica Oriental Británica.

A zona estvo habitada principalmente polosDarod, clan nómade, e máis especificamente polo subclán dosOgadeni, polos subgruposHarti (Majeerteen,Dhulbahante eWarsangali) e outros subclans pertencentes aos clansDir eHawiye.

En1925, o territorio foi cedido poloReino Unido aItalia, e pasou a formar parte daSomalia italiana.

Na época de colonización italiana, o territorio pasou a denomimarseTransxuba, ouUltraxuba (enitaliano,Oltre Giuba, porque estaba situada a partir da marxe oeste do río Xuba, até afronteira conKenya. En1926 tiña unha poboación de 120 000 habitantes.

O1 de xullo de1960, a rexión, xunto co resto da Somalia italiana e aSomalia británica, pasou a dormar parte da independenteRepública Federal de Somalia.

En Xubalandia tiveron lugar numerosas batallas durante aGuerra Civil Somalí. Seguindo a secessión dePuntlandia, en xullo de1998 varios líderes rexionais comezaron a prepararse para a independencia. O3 de setembro de1998, baixo a dirección deMohamed Said Hersi, coñecido comoXeneral Morgan, Xubalandia declarose independente, sendo a cidadeportuaria de Kismaayo a súacapital. Da mesma forma que o goberno de Puntlandia, Mohamed Said Hersi declarou que Xubalandia volvería a formar parte dunha Somalia unida, cando a paz se establecera.

A finais deagosto de2006, militantesislamistas (doConsello Supremo das Cortes Islámicas, CSCI) lograron o control da maioría da rexión, as provincias deJubbada Dhexe (Xuba Medio) eJubbada Hoose (Baixo Xuba), incluíndo acidade de Kismaayo, e estabeleceron a súa propia administración.[4]Ahmed Mohamed Islam (en somalí,Sheekh Axmed Maxamed Islaam) ouSheikh Ahmed Madobe, ouMadobe, membro do islamista CSCI, foi nomeado presidente de Xubalandia.[5]

AAlianza do Val do Xuba (JVA) pasou a gobernar en Gedo, sufrindo as súas milicias unha serie de derrotas, como consecuencia das cales, a JVA pasou a aceptar oGoberno Transitorio Federal de Somalia (TFG). A finais dedecembro de2006 o JVA, agora incorporado ao TFG, e co apoiomilitar deKenya, retomou o Val do Xuba. Ensetembro de2012, Kismaayo foi reconquistada polo TFG e forzas kenyanas.[6]

Para reclamar a posesión do territorio, o goberno de Somalia anunciara en2010 unha nova administración autónoma chamadaAzania, que se formalizou o ano seguinte. En2013, a administración provisional de Xubalandia, dentro de Somalia, foi oficialmente establecida e recoñecida. O15 de maio dese ano, Ahmed Mohamed Islam, o antigo presidente do país, foi elixido presidente da Rexión autónoma.[7]

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Selos postais de Xubalandia durante a administración italiana
    Selos postais de Xubalandia durante a administración italiana
  • Soldados da Unión Africana protexendo unha pnte sobre o río Xuba, cerca da cidade de Burdubow
    Soldados daUnión Africana protexendo unha pnte sobre o río Xuba, cerca da cidade de Burdubow
  • Jerdaani Gorge, ao oeste de Bardhere, (provincia de Gedo)
    Jerdaani Gorge, ao oeste de Bardhere, (provincia de Gedo)
  • Vista aérea de Bardhere
    Vista aérea deBardhere
  • O río Xuba augas abaixo de Jamaame
    O río Xuba augas abaixo de Jamaame
  • Paisaxe preto de Kysmaayo
    Paisaxe preto de Kysmaayo
  • O Presidente do Goberno de Somalia chega a Kismaayo para abrir a Conferencia de Reconciliación para Xubalandia
    O Presidente do Goberno de Somalia chega a Kismaayo para abrir a Conferencia de Reconciliación para Xubalandia
  • Posta en marcha da administración provisional de Xubalandia
    Posta en marcha da administración provisional de Xubalandia
  • Celebración da nova administración
    Celebración da nova administración
  • Mulleres na celebración da nova administración (20 de xaneiro de 2014)
    Mulleres na celebración da nova administración (20 de xaneiro de 2014)
  • Ahmed Mohamed Islam
  • O presidente de Puntlandia de visita en Kismaayo
    O presidente dePuntlandia de visita en Kismaayo

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Mohamed Amin AH Osman (1993):Somalia, Proposals for the Future. Somalia Patriotic Movement.
  2. "Regions, districts, and their populations: Somalia 2005 (draft)"Arquivado 28 de xullo de 2017 enWayback Machine. (PDF). UNDP.
  3. 3,03,1State Government of Jubaland of Somalia. March, 2013.(eninglés).
  4. Thousands displaced as insurgents take control of Kismayo en IRIN.(eninglés). Consultada o 23-04-207.
  5. Somalia: Prominent Islamist leader joins SufisArquivado 15 de abril de 2020 enWayback Machine. en Mareeg Online(eninglés). Consultada o 23-04-2007.
  6. Furiosi combattimenti in Somalia L’esercito keniano conquista Khisimaio DiarioLa Stampa, 28-09-2012.(enitaliano). Consultado o 23-04-2017.
  7. Former Islamist warlord elected president of Somali regionArquivado 08 de xuño de 2013 enWayback Machine. AxenciaReuters, 15 de naio de 2013.(eninglés). Consultada o 23-04-207.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  XubalandiaModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xubalandia&oldid=6838626»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp