OXuízo Final ou oDía do Xuízo Final é a denominación relixiosa da fin do mundo, na que toda a humanidade será xulgada polos seus actos.
Nascrenzas cristiás é un día no queDeus xulgará todos os seres humanos e creará a nova terra segundo aApocalipse, a cal será gobernada polo mesmo Deus dende aNova Xerusalén. Esta crenza inspirou numerosas representacións artísticas.
Noxudaísmo, a crenza no xuízo final susténtase en varias pasaxes bíblicas (da Biblia hebrea ou Tanakh), coma o relativo aoVal de Josafat (Yehoshaphat, que significa en hebreo "Yahve xulga").
Segundo a escatoloxía cristiá, no día do Xuízo Final, tras a segunda vinda deXesucristo e a resurrección da carne, toda ahumanidade será xulgada segundo as súas obras.
Entre os textos neotestamentarios que describen ese momento están oEvanxeo de Mateu (cp. 24 e 25), oEvanxeo de Marcos (cp. 13), o Evanxeo de Lucas (cps. 17 e 21) e aApocalipse. Sexa ou non o autor deste último texto o mesmo que o doEvanxeo de San Xoán, si parecen estar relacionados ambos os dous no seu interese pola ampliación da concepciónescatolóxica propia do cristianismo primitivo: se o Evanxeo de Xoán comeza cun principio no Verbo (o "Logos"), na Apocalipse (20, 7-15) descríbese o Xuízo Final, e a chegada da Nova Xerusalén. Non obstante, a lectura do libro da Apocalipse realizábase orixinariamente como a esperanza dun cristián nacaída de Roma e no final da persecución contra os primeiros cristiáns. A súa inclusión nos libros canónicos supuxo o cambio de interpretación, pasando de serprofético a ser taménalegórico.