Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Xota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xota castelá.

Axota[1] é unhabaile exénero musicalespañol de carácter popular, estendida por gran parte da xeografía peninsular. As súas características varían segundo os diferentes territorios

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

O seu nome provén do castelán,jota, este do antigoxota, este domozárabe*šáwta, que significa "chimpo", e este deriva dolatínsaltare, "bailar". Algunhas teorías din que este baile naceu en Valencia, e o seu nome provén dovalenciano antigoxotar ("botar" ou "saltar"), que pasou aocastelán como «jota».

EnValencia, antigamente, bailábase a xota na cerimonia dos enterros, así como enCataluña, especialmente en zonas próximas aoEbro (Amposta,Tortosa). Tamén nasCanarias as xotas e rondallas con características peculiares eran a parte máis destacadas dofolclore, hoxe día un tanto desprazadas pola protección doutros estilos máis autóctonos. Nas illas existe aisa, unha peza musical derivada da xota. EnFilipinas, os relixiosos españois transmitiron a xota aos tagalos, que a interpretan en rondallas acompañada de instrumentos característicos da zona.

Historia

[editar |editar a fonte]

A maioría dos etnomusicólogos considera a xota un baile de orixe relativamente moderna, baseándose tanto na características documentais como nos documentos conservados, posto que aparece citada no saineteLa junta de los payos, de Ramón de la Cruz (1761). Non aparece mencionada, porén, noutras escolmas de bailes dos séculosXVI-XVIII. Considérase, polo tanto, que o seu espallamento pola xeografía peninsular produciuse durante oséculo XIX.

Características

[editar |editar a fonte]

O seuritmo adoita ser compaseado en 3/4, aínda que algúns autores sosteñen que o 6/8 se adapta mellor á estrutura do ciclo coreográfico e estrófico. As harmonizacións populares máis habituais sonacordes de primeira, cuarta e quinta do modo maior con sétima dominante. Para a súa interpretación empréganseguitarras,bandurras,laúdes,dulzaina etambores no caso da variantecastelá, e no caso dacántaba,asturiana egalega porgaitas,pitu montañés,pandeiretas,tambores ebombo.

As versións de exhibición cántanse e báilanse con traxes rexionais ecastañolas, non sendo tan habitual no caso de bailala por diversión ou como baile social. O contido das cancións é diverso, dende o patriotismo ou a relixión ata os temas sexuais.

Os pasos que executan os bailadores son semellantes aos dovalse, aínda que no caso da xota hai moita máis variación. A letra, en canto á forma, adoita seguir o esquema tradicional de cuartetos octosílabos, rimando en asonante o primeiro e terceiro verso.

Un bo número de compositores non españois empregaron este xénero en obras de inspiración española:

  • Maurice Ravel inclúe compases de xota na súa impresionistaRhapsodie Espagnole.
  • Jules Massenet enLe Cid eGeorges Bizet enCarmen inclúen «aragonaises».
  • Emmanuel Chabrier incorpóraa na súa sinfoníaEspagne (1883).
  • O compositor rusoMikhail Glinka, tras unha viaxe por España empregou o estilo da xota na súa obraA xota aragonesa.
  • Liszt, pianista e compositor de orixe húngaro, escribiu unha xota para piano.
  • Saint-Saëns, compositor francés, compuxo unha xota para orquestra, o mesmo que o compositor rusoBalakirev.
  • Raoul Laparra, compositor francés, compuxo unha ópera tituladaLa jota.
  • José White, compositor cubano (1836-1918), compuxoLa jota aragonesa.

Xota aragonesa

[editar |editar a fonte]
Xota aragonesa.

A xota aragonesa é a máis coñecida das manifestacións do folclore musical deAragón. Poderíase datar a súa orixe contra finais doséculo XVIII, tendo o seu maior esplendor durante oséculo XIX, adquirindo grande auxe tralaGuerra da Independencia. A súa bravura, a elegancia das súas formas, a difícil execución dos seus pasos e o peculiar xeito de se cantar fixo que a xota evolucionase, e que dende finais do século XIX fora levada aos escenarios como espectáculo. A xota tense incluído enzarzuelas, películas, grandes festivais, concursos e certames.

Os estilos de baile, chamados puros, por conservarse ata os nosos días, son os correspondente ás localidades deCalanda,Alcañiz,Andorra,Albalate eZaragoza. Actualmente existen infinidade de coreografías modernas realizadas por e para os grupos folclóricos.

Xota navarra-rioxana

[editar |editar a fonte]

Xunto coa aragonesa, forman o grupo das xotas doEbro. As letras das cancións son versos populares, nalgúns casos referidos a temas cotiáns presentes nas vidas da persoas polas que foron compostas. Un exemplo son as xotas ávendima ou cantos a Navarra mesma. Outros temas son os familiares, de campo ou de amor e desamor. Normalmente a parte instrumental da actuación está interpretada por unharondalla. Existen escolas de xota ao longo de todo o val do Ebro ao paso pola Rioxa e Navarra, e tamén é moi popular enMiranda de Ebro,Tudela, entre outras localidades. Realízanse diversos concursos deste baile, que é un dos máximos expoñentes culturais desta zona.

Xota montañesa

[editar |editar a fonte]

Chámase así a variantecántabra da xota, que tamén é coñecida como "A lu altu y a lu baju". A xota montañesa é de suma elegancia, con movementos de mans suaves e ondulatorios, máis lenta e señorial que as demais. As mulleres non deben moverse apenas; case só as mans, os brazos e os pés, levando o compás, sen os movementos bruscos que son propios doutras zonas da Península, e cos ollos baixos, fitos nos pés do bailador. Cando hai máis mozos que mozas, os desaparellados adícanse a "revolver", é dicir, entran no baile e quitan o sitio aos que xa están bailando, interpóndose entre estes e a súa parella.

A xota non só se acompañaba de pandeiretas. Na cidade deSantander contrataban gaiteiros. EnCabuérniga e no resto de occidente cántabro tocábase con gaita e tambor, e máis modernamente copitu montañés. EnCarmona os mozos levaban "triscos", pequenastarrañolas.

Xota castelá

[editar |editar a fonte]

A xotacastelá (tanto da parte castelá deCastela e León como deCastela-A Mancha) adóitase acompañar con guitarras, bandurras, laúdes, dulzaina e tamboril. Todo mentres a parella de bailadores danza mantendo as mans por riba da altura da cabeza, en ocasións acompañados por castañolas. A xota castelá báilase cos característicos pasos saltados, un chisco picada, e é máis sobria e menos movida e airosa ca a de Aragón.

A xota manchega ten como característica propia o trazo deronda. Moitas xotas da zona coñécense como "Xota do mantecado", xa que era frecuente cantalas e bailalas contra a época deNadal e outras datas sinaladas.

Xota galega

[editar |editar a fonte]

A xota galega[2] é un baile similar ao resto das xotas peninsulares, de onde chegou a través dos que ían ásega a Castela. De feito, é normal chamala polo seu nome en castelán,jota. Musicalmente falando, interprétase como amuiñeira, tanto por grupos de pandeiretas ou como con gaita. O baile estrutúrase en paseo e punto, habendo en ocasións unha terceira parte chamada descanso. A variante domaneo caracterízase por ter puntos arrastrados, feitos de xeito sincopado. Ozapateado é unha variante na que, como o seu nome indica, adóitanse a marcar mediante golpes cos pés os cambios a paseo ou troques de punto.

Xota filipina

[editar |editar a fonte]

A xota filipina era unha das danzas máis populares durante o período colonial español enFilipinas. Era orixinalmente interpretada en reunións sociais (convites de casamento, festas e bautizos) durante o réxime español. Os filipinos adaptaron a danza española, combinando música e baile de ámbalas dúas culturas.

As variantes da xota filipina difiren de rexión a rexión. Un exemplo é a xota paragua, procedente da antiga capital de Palawan, que amosa unha forte influencia castelá. A vestimenta empregada no baile doszapateados,cubrados e sevillanas teñen unha evidente orixe española. As mulleres axitan o seu mantón, mentres que os cabaleiros seguen o ritmo cunhastarrañolas de bambú. A música alterna tempos rápidos con lentos, de xeito similar aos aires españois de danzas como oflamenco, a propia xota española, obolero, aseguidilla e ofandango.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraXota.
  2. "Aula de xota con Olga Kirk e Pablo Díaz".ardelloeixo.gal. Consultado o 22/01/2021. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xota&oldid=6289668»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp