Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Xosemaría Escrivá de Balaguer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosemaría Escrivá de Balaguer

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es)José María Julián Mariano Escrivá AlbásEditar o valor en Wikidata
9 de xaneiro de 1902Editar o valor en Wikidata
Barbastro (España)Editar o valor en Wikidata
Morte26 de xuño de 1975Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Roma, ItaliaEditar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenzaEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaigrexa prelaticia de Santa María da PazEditar o valor en Wikidata
Presidente da sociedade sacerdotal da Santa Cruz
14 de febreiro de 1943 – 26 de xuño de 1975 –Álvaro del Portillo →
CapelánAcademia DYA
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaVilla Tevere(1946–1975)
Madrid(1927–1946)
Zaragoza(1920–1927)
Logroño(1914–1920)
Barbastro(1902–1914)Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católicaEditar o valor en Wikidata
EducaciónSeminary of San Francisco de Paula(en)Traducir (1918–1925)
Colexio das Escolas Pías de Barbastro
Facultade de Dereito da Universidade de Zaragoza
Pontifical University of Zaragoza(en)Traducir
Universidade Central
Universidade Pontificia LateranenseEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico latino (1925–), escritor, avogadoEditar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresJosé Pou de FoxáEditar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa26 de xuñoEditar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloMarquesado de Peralta(1968–1972)Editar o valor en Wikidata
PaisJosé Escriba y CorzánEditar o valor en Wikidata  e María de los Dolores Albás BlancEditar o valor en Wikidata
IrmánsSantiago Escrivá de Balaguer y Albás
Carmen Escrivá de Balaguer y Albás
María Asunción Escrivá Albás
María de los Dolores Escrivá Albás
María del Rosario Escrivá AlbásEditar o valor en Wikidata
ParentesMariano Albás Blanc,tíoEditar o valor en Wikidata
Cronoloxía
28 de marzo de 1925ordenación sacerdotal no rito latino (Church of the Seminary of San Carlos Borromeo(en)Traducir)Editar o valor en Wikidata
Premios

Enciclopedia Galega Universal: 121658BNE: XX1720571Dialnet: 2948902Find a Grave: 27878617Editar o valor en Wikidata

Xosemaría Escrivá de Balaguer y Albás[1] de nome secularJosé María Julián Mariano Escrivá de Balaguer y Albás[2], nado enBarbastro o9 de xaneiro de1902 e finado enRoma o26 de xuño de1975, foi un sacerdotecatólicoaragonés, coñecido por ser o fundador doOpus Dei.[3] Foi canonizado en2002 polo papaXoán Paulo II.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Primeiros anos

[editar |editar a fonte]

Naceu en 1902 en Barbastro, no seo dunha familia profundamentecristiá, fillo de José Escrivá e Dolores Albás. O seu pai era comerciante de tecidos e posuía así mesmo unha pequena chocolatería.

En1915 quebrou o negocio de tecidos do pai e a familia houbo de trasladarse aLogroño, onde o pai comezou outro traballo. Segundo o seu propio relato, nesa cidade, despois de ver unhas pegadas na neve dos pés descalzos dun relixioso, intúe que Deus desexa algo del, aínda que non sabe exactamente que é. Pensa que poderá descubrilo máis doadamente se se fai sacerdote, e comeza a prepararse primeiro en Logroño e máis tarde no seminario deZaragoza.

Seguindo o consello de seu pai, naUniversidade de Zaragoza estuda tamén a carreira civil deDereito como alumno libre. José Escrivá finou en1924 e Xosé María queda como cabeza de familia. Recibe a ordenación sacerdotal o28 de marzo de1925 e comeza a exercer primeiro nunha parroquia rural e logo enZaragoza.[4]

En1927 trasládase aMadrid con permiso do seubispo para obter o doutoramento en Dereito. En Madrid, o2 de outubro de1928 funda o Opus Dei. Dende aquel día traballa no desenvolvemento da fundación ao tempo que continúa co ministerio pastoral que ten encomendado, e que lle pon en contacto coa enfermidade e a pobreza en hospitais e en barriadas populares de Madrid.

Guerra civil

[editar |editar a fonte]
Estatua de san Xosemaría noVaticano.

Cando estoupa aguerra civil española, en1936, Xosemaría Escrivá atópase en Madrid. A persecución relixiosa obrígalle a refuxiarse en diferentes lugares. Exerce o seu ministerio sacerdotal clandestinamente, ata que dá saído de Madrid. Despois dunha travesía polosPireneos ata o sur deFrancia, trasládase aBurgos.

Cando remata a guerra civil, en1939, volve a Madrid. Nos anos seguintes dirixe exercicios espirituais para laicos, para cregos e para relixiosos. No mesmo ano 1939 remata os seus estudos de doutoramento en Dereito.

Despois da Guerra

[editar |editar a fonte]

En1946 fixa a súa residencia enRoma. Obtivo o doutoramento enteoloxía polaPontificia Universidade Lateranense, grazas á súa obraLa Abadesa de las Huelgas.[5] É nomeado consultor de dúas Congregacións Vaticanas, membro honorario da Pontificia Academia de Teoloxía e prelado de honra da Súa Santidade. Segue os preparativos e as sesións doConcilio Vaticano II (1962-1965), e mantén trato con moitos dos pais conciliares.

Dende Roma viaxa a distintos lugares deEuropa para dar pulo ao establecemento e consolidación do traballo apostólico do Opus Dei. Co mesmo obxecto, entre 1970 e 1975 fai viaxes a México, á Península Ibérica, América do Sur e Guatemala onde, ademais, ten reunións de catequese con grupos de homes e mulleres.

Falece enRoma o26 de xuño de1975. Varios milleiros de persoas, entre elas bispos de distintos países —en conxunto, un terzo doepiscopado mundial—, solicitan áSanta Sé a apertura da súa causa debeatificación ecanonización[6].

Veneración

[editar |editar a fonte]

A súa causa foi introducida en 1981, e o17 de maio de1992Xoán Paulo II beatificouno napraza de San Pedro, en Roma. O6 de outubro de2002 foi canonizado en Roma, cunha asistencia de milleiros de persoas.[7] Durante a cerimonia de canonización, opapa animou os presentes a buscar a santidade en medio do mundo, no traballo e na vida ordinaria, ensinanza central de Xosemaría Escrivá.

Polémicas

[editar |editar a fonte]

Solicitude e concesión do Marquesado de Peralta

[editar |editar a fonte]

Posiblemente un dos episodios máis controvertidos na vida de Escrivá de Balaguer sucedeu no1968. Cando solicita e lle concede o goberno deFranco, en parte grazas á colaboración dun membro do Opus Dei noMinisterio de Xustiza[8], o título de IIImarqués de Peralta, título que retivo sen usar durante catro anos, antes de renunciar a el en1972 en favor do seu irmán Santiago. Segundo a investigación de Ricardo de la Cierva,[9] a concesión, aínda que con boa intención, foi obtida de xeito irregular.[10]

Proceso de canonización

[editar |editar a fonte]

O rápido proceso aos altares[11] non estivo exento de polémica e oposición. Os detractores critican o que ven como unha canonización inmediata ou "turbosantidade" de Escrivá, e afirman que o proceso enteiro estivo cheo de irregularidades.[12] Porén, tamén obtivo o apoio de diversas figuras da xerarquía eclesiástica.[13]

Publicacións

[editar |editar a fonte]

Algúns libros foron publicados en vida; outros son póstumos. O máis coñecido éCamiño, unha colección de 999aforismos, que tivo unha importante recepción. Postumamente, publicáronse outras dúas coleccións de aforismos:Surco[14] eForja.[15]

La Abadesa de las Huelgas[16] é un estudo teolóxico-xurídico, a partir das fontes e documentos orixinais, sobre o caso extraordinario de xurisdición cuasiepiscopal por parte da abadesa do famoso mosteiro burgalés. A primeira edición publicouse en1944.

Amar a la Iglesia[17] reúne tres homilías do fundador doOpus Dei:Lealtad a la Iglesia,El fin sobrenatural de la Iglesia eSacerdote para la eternidad. O volume inclúe ademais, dous artigos de Mons.Álvaro del Portillo arredor da figura do fundador do Opus Dei.

Discursos sobre la Universidad[18] é un volume elaborado polaUniversidade de Navarra por mor da beatificación do seu Fundador e Primeiro Gran Chanceler, no que se recollen diversos discursos académicos pronunciados por Escrivá de Balaguer ante a corporación universitaria, a homilía pronunciada no campus daUniversidade de Navarra enoutubro de1967 e algunhas outras declaracións públicas súas sobre temas universitarios.

Ademais, publicaronse dúas coleccións dehomilías,Es Cristo que pasa,[19] adicado aos grandes momentos doano litúrxico, eAmigos de Dios,[20] no que glosa unha serie devirtudes.Santo Rosario[21] eVia Crucis[22] (obra póstuma) están adicados a estas dúas formas tradicionais da piedade católica. Finalmente,Conversaciones con monseñor Escrivá de Balaguer[23] reúne nun volume entrevistas concedidas a diversos medios de comunicación e unha homilía pronunciada nocampus daUniversidade de Navarra en1967.

Tanto deCamiño como deSanto Rosario[24] publicáronse edicións crítico-históricas.Camiño,Vía Crucis eSanto Rosario foron traducidas ao galego[25].

No cine

[editar |editar a fonte]

No ano2011 estreouseThere be Dragons (en galego,Atoparás dragóns), película protagonizada porCharlie Cox,Wes Bentley,Dougray Scott eOlga Kurylenko, na que Charlie Cox dá vida a Xosemaría. A raíz do horror daguerra civil española, un candidato para a canonización é investigado por un xornalista que atopa que o seu propio pai tiña unha conexión profunda, escura e devastadora.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Biografía de Xosemaría Escrivá de Balaguer". Arquivado dendeo orixinal o 13 de setembro de 2010. Consultado o 18 de xuño de 2010. 
  2. Carta da Escrivá Albás nos documentos do Opus Dei(encastelán)
  3. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 13 de setembro de 2010. Consultado o 18 de xuño de 2010. 
  4. http://www.ideasrapidas.org/escrivabalaguer.htm[Ligazón morta]
  5. "Gli studi di teologia di san Josemaría Escrivá"(PDF).Studia et Documenta.ISSN 1970-4879. 
  6. vatican.va (ed.)."Beato Josemaría Escrivá: Cristo presente en los cristianos"(en castelán). Consultado o 28/01/14. 
  7. Artigos deEl País eEl Mundo sobre a canonización.
  8. En Madrid, unha das persoas que interviu na obtención do título nobiliario foi Alfredo López, membro supernumerario do Opus Dei, que se encargou como subsecretario do Ministerio de Xustiza de xestionar directamente a concesión do marquesado de Peralta; para máis detalles véxaseJesús Ynfante: "El santo fundador del Opus Dei", Cap. 9
  9. Véxase
  10. Ver o controvertido artigo deRicardo de la CiervaFalsificación do marquesado de Peralta Libro: Los años mentidos. Cap. X (páxinas 143 a 158) Autor: Ricardo de la Cierva. Editorial Fénix. No que se expoñen os datos da súa investigación. Por outra parte segundo, o irmán do Fundador, Santiago Escrivá de Balaguer, "fue una decisión heroica, porque sabía muy bien que de aquella decisión él sólo recibiría críticas y daría ocasión a calumnias y difamaciones; pero Josemaría era profundamente justo y no quería privarnos, sólo por esa razón, de ese derecho. Hizo siempre lo que pensaba en conciencia que debía hacer: obraba cara a Dios, y nos enseñó, ante la maledicencia, a perdonar y a olvidar... Actuó de forma solidaria conmigo y, pasado el tiempo oportuno, sin haber usado nunca el título -jamás tuvo la intención de utilizarlo- me lo cedió."[1]Arquivado 02 de marzo de 2008 enWayback Machine.
  11. http://opus-dei.blogspot.com.es/2001_09_01_archive.html#110279255759015339
  12. Kenneth Woodward, xornalista da revista Newsweek, que escribiu o libro A fabricación de santos subtitulado "Como a igrexa católica determina quen se converte en santo, quen non, e porqué" (1990), di que o opoñente oficial, foi puenteado e que importantes testemuñas críticas co opus non foron chamados. Segundo el, non é certo que oíron a once críticos da canonización de Escrivá, senón que soamente había un. Rexeitando de entrada membros próximos ao fundador, entre eles: María do Carmen Tapia, Miguel Fisac, o pai Vladimir Feltzman e John Roche. A este respecto hai que dicir que os nomes das testemuñas contrarias foron introducidos pola Postulación do Opus Dei na proposta de testemuñas para a Causa. Con todo, foron rexeitados polo Tribunal. O Opus Dei tamén incluíu na documentación as publicacións contrarias a Escrivá publicadas ata entón (cfr. Josemaría Escrivá de Balaguer. Itinerario da causa de canonización, Madrid, Palabra, 1991). Woodward tamén afirma que os consultores eran principalmente italianos e membros do Opus Dei. Con todo, malia que, segundo a praxe vixente na Congregación para as Causas dos Santos, os nomes dos consultores non se poden facer públicos (nin, xa que logo, o seu procedencia), no proceso fíxose constar explicitamente que ningún deles pertencía ao Opus Dei. Ademais, Woodward incide en que a abundancia de recursos económicos do Opus Dei foi utilizada para premer financeiramente sobre centenares de bispos, especialmente do terceiro mundo, para enviar informes favorables aos que levaban o proceso de canonización en Roma. Con todo, para o xuíz do proceso (o pai Rafael Pérez, agustino que durante anos foi Avogado do Diaño mentres existiu esta figura), esta acusación é insostible: "Non se fai caso de ningún tipo de presións. Sería case imposible e ineficaz que as houbese, porque en cada un dos distintos pasos interveñen moitas persoas", dixo nunha entrevista aparecida no xornal Heraldo de Aragón o 1 de decembro de 1991. Woodward alega que 1300 bispos mostráronse favorables a Xosemaría, pero que de todos eles, soamente 128 coñeceran persoalmente a Escrivá. Número este que, malia a valoración de Woodward, non deixa de ser elevado. A revista Newsweek pescudou tamén que dous dos xuíces, Mons. Luigi De Magistris, e Mons. Xusto Fernández Alonso, reitor da igrexa nacional española en Roma, non aprobaron a causa. De feito, un dos disidentes escribiu segundo o seu informe, que a beatificación de Escrivá podía causar grave escándalo público na igrexa.
  13. O arcebispo de París, en 1979 afirmou que sea Igrexa recoñecese a santidade de Monseñor Escrivá, o mundo enteiro obtería un gran beneficio, ou o do Cardeal Frantisek (arcebispo de Praga), que dixo poucos meses logo do seu falecemento:a súa morte selou unha exemplar vida cristiá e sacerdotal, modelo para a Igrexa. Mons. García Lahiguera, arcebispo de Valencia, que tratou a Escrivá durante máis de 40 anos, dixo quecontemplando a súa vida podíase dicir queJosemaría Escrivá de Balaguer y Albás era un santo, e o Cardeal Ángel Suquía afirmou na clausura do Proceso de Virtudes (paso previo á canonización) que tiña asegura esperanza de que a súa canonización serviríapara espertar e promover desexos e propósitos de santidade (estes e outros testemuños en Josemaría Escrivá de Balaguer. Itinerario de la Causa de Canonización, Op. cit., pp. 77-91).
  14. Josemaría Escrivá de Balaguer (2007).Ediciones Rialp, ed.Surco (23ª ed.).ISBN 9788432136580. Arquivado dendeo orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  15. Josemaría Escrivá de Balaguer (2001). Ediciones Rialp, ed.Forja (11ª ed.).ISBN 9788432133664. Arquivado dendeo orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  16. Josemaría Escrivá de Balaguer (1988). Ediciones Rialp, ed.La Abadesa de las Huelgas (3ª ed.).ISBN 9788432124389. Arquivado dendeo orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  17. Josemaría Escrivá de Balaguer (1996). Ediciones Palabra, ed.Amar a la Iglesia (5ª ed.).ISBN 9788482398518. 
  18. Obras de san Josemaría Escrivá.Discursos sobre la Universidad
  19. Josemaría Escrivá de Balaguer (1988). Ediciones Rialp, ed.Es Cristo que pasa (25ª ed.).ISBN 9788432124396. Arquivado dendeo orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  20. Josemaría Escrivá de Balaguer (1988). Ediciones Rialp, ed.Amigos de Dios (14ª ed.).ISBN 9788432124402. Arquivado dendeo orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  21. Josemaría Escrivá de Balaguer (2003). Ediciones Rialp, ed.Santo Rosario (49ª ed.).ISBN 9788432134630. Arquivado dendeo orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  22. Josemaría Escrivá de Balaguer (2002). Ediciones Rialp, ed.Via Crucis (27ª ed.).ISBN 9788432131837. Arquivado dendeo orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  23. Josemaría Escrivá de Balaguer (1985). Ediciones Rialp, ed.Conversaciones con Mons. Escrivá de Balaguer (14ª ed.).ISBN 9788432122682. Arquivado dendeo orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  24. Pedro Rodríguez, Constantino Anchel, Javier Sesé (2010). Ediciones Rialp, ed.Santo Rosario. Edición crítico-histórica.ISBN 9788432138188. Arquivado dendeo orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  25. "Obras de San Josemaría Escrivá, fundador del Opus Dei".www.escrivaobras.org. Arquivado dendeo orixinal o 27 de outubro de 2020. Consultado o2020-09-30. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]


Dignidades daIgrexa católica
Predecesor:
(Non houbo)
 
Secretario Xeral do Opus Dei
 
1928 -1975
Sucesor:
Álvaro del Portillo
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xosemaría_Escrivá_de_Balaguer&oldid=7157221»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp