Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Xosé Filgueira Valverde

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaXosé Filgueira Valverde

(1931)Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalXosé Fernando Filgueira Valverde
Biografía
Nacemento28 de outubro de 1906Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, EspañaEditar o valor en Wikidata
Morte13 de setembro de 1996Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Pontevedra, EspañaEditar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte naturalEditar o valor en Wikidata
Día das Letras Galegas
2015 –
← Xosé María Díaz CastroManuel María →
PresidenteConsello da Cultura Galega
2 de novembro de 1990 – 13 de setembro de 1996
← Ramón PiñeiroCarlos Casares →
Q136101919Traducir
22 de xaneiro de 1982 – 16 de setembro de 1983
← sen valor
Académico da Real Academia da Historia
Representa:26

12 de decembro de 1980 – 13 de setembro de 1996
← Salvador de MoxóAlfonso Pérez Sánchez →
DirectorInstituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos
28 de novembro de 1971 – 1981
← Francisco Javier Sánchez CantónFrancisco Río Barxa →
Procurador nas Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971
Procurador nas Cortes
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967
Procurador nas Cortes
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964
Procurador nas Cortes
26 de novembro de 1959 – 18 de abril de 1961
← Prudencio Landín Carrasco
Alcalde de Pontevedra
10 de novembro de 1959 – 1968
← Prudencio Landín CarrascoRicardo García Borregón →Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de CompostelaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingua castelá,lingua galega eliteratura medievalEditar o valor en Wikidata
Lugar de traballoMadridEditar o valor en Wikidata
OcupaciónIntelectual, xurista, historiador da literatura, arqueólogo, escritor, político, historiadorEditar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido GaleguistaEditar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoHistoria, arqueoloxía e antropoloxía.
AlumnosXosé Carlos Valle PérezEditar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeM.ª Teresa Iglesias de Oscáriz.[1]Editar o valor en Wikidata
FillosAraceli (1939), José Fernando (1940), María Teresa (1942), Pilar (1944) e Ángeles (1947).Editar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 201169Galiciana: 27986BNE: XX869470Bitraga: 3213BUSC: filgueira-valverde-xose-1906-1996Dialnet: 20773WikiTree: Filgueira-30Arquivo Histórico de Deputados: 39680

Xosé Fernando Filgueira Valverde, nado enPontevedra o28 de outubro de1906 e finado na mesma vila o13 de setembro de1996,[2] foi unhistoriador,arqueólogo,antropólogo eescritorpolígrafo galego, de abundante produción literaria ehumanística.

Cofundou oSeminario de Estudos Galegos, dirixiu oInstituto Padre Sarmiento e oMuseo de Pontevedra. Presidiu oConsello da Cultura Galega e foi membro daReal Academia Galega. Persoa de fonda cultura humanista e de obra extensa e divulgativa nunha época na que as institucións que hoxe cumpren esa función non a cumprían ou non existían.

Adicóuselle oDía das Letras Galegas de2015 polo seu traballo divulgativo a prol dalingua e dacultura galega.[3] Trátase dunha figura que suscita controversia[4][5][6] e ao mesmo tempo resulta un persoeiro fundamental no decorrer da cultura e literatura galegas ao longo doséculo XX.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Cronobiografía de Xosé Filgueira Valverde.
Xosé Fernando fotografado, aínda debebé, no colo da nai.

Naceu na praza do Peirao de Pontevedra. Foi fillo de José María Filgueira Martínez (Mourente, 1871-1938), médico en Pontevedra, e Araceli Valverde Yaquero (Ugíjar,Granada, 1870-1946).

Estudou o bacharelato de man deAntón Losada Diéguez. No outono de1922 comezou os estudos deFilosofía e Letras enSantiago de Compostela.[7] Desde moi novo estivo involucrado en toda sorte de proxectos culturais. Con 17 anos de idade, o 12 de outubro de1923, na casa da infancia deRosalía de Castro enOrtoño, xunto conFermín Bouza Brey,Wenceslao Requejo Buet, Xosé Pena e Pena,Lois Tobío Fernández,Ramón Martínez López,Manoel Magariños Negreira,Francisco Romero de Lema e Alberte Vidán Freiría, fundou a terceira grande institución da época de preguerra (tras asIrmandades da Fala,1916, e oGrupo Nós,1920), oSeminario de Estudos Galegos,[8] onde dirixiría a sección deHistoria da Literatura ata o seu desmantelamento, en1936.[9] Colaborou enA Nosa Terra e enEl Pueblo Gallego. En 1935 comezou a organizar unha escolma da poesía galega de todos os tempos para conmemorar o centenario do nacemento de Rosalía de Castro. Proxéctanse en total nove volumes, e comeza con dous volumes adicados aos autores vivos, desde Noriega Varela e Cabanillas, até os máis novos como Celso Emilio ou Carvalho Calero. Reparte unha enquisa ás persoas que quere incluír na escolma, preguntando polos datos do autor, a súa formación, obra, poética, linguaxe, bibliografía e unhas preguntas xerais sobre a propia escolma.

X.F. Filgueira aos 17 anos.

Licenciouse enDereito naUniversidade de Santiago de Compostela en1927 e doutorouse en Filosofía e Letras naUniversidade Central de Madrid, coa tese "La Cantiga CIII: noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval" dirixida porArmando Cotarelo Valledor, defendida o 15 de novembro de 1935 ante un tribunal constituído polo propio Cotarelo,Juan Hurtado y Jiménez de la Serna,Américo Castro Quesada eÁngel González Palencia.[10] En1959 diplomouse enPsicoloxía, tamén na USC.

Comezou a súa traxectoria pública en 1928, como secretario da Xunta Provincial de Pontevedra do Padroado Nacional de Turismo, que presidíaDaniel de la Sota.[11]

Foi profesor axudante deliteratura no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra en 1928, conseguindo acátedra en1933. Dous anos máis tarde gaña por oposición a cátedra da mesma especialidade do Instituto Jaime Balmes deBarcelona, para pasar ao deMelilla e, o mesmo ano, ó deLugo, onde toma posesión da praza o 8 de novembro, vila na que coñeceu a María Teresa Iglesias de Oscáriz (1908-1995), filla dun médico, coma el, coa que casou o 15 de agosto de 1938 e con quen tería cinco fillos:Araceli, José Fernando, María Teresa, Pilar e Ángeles.

Manuel Lesteiro, Claudio Losada,Álvaro das Casas e Filgueira Valverde cos Ultreya en Noia, retrato enVida Gallega, 1932.
O profesor Filgueira foi o grande impulsor do Museo de Pontevedra.[12]

En1940 volveu a Pontevedra, ó instituto, que logo se chamaríaInstituto Sánchez Cantón, do que sería director desde1946 até axubilación, en1976. Desde ese 1940 tamén foi cronista oficial da provincia de Pontevedra.[13]

Participou na creación doMuseo Provincial de Pontevedra en 1927, do que foi secretario ata1942, ano no que se converteu no director,[14] mantendo a colaboración ata a fin dos seus días.

Foi proclamado correspondente da Real Academia Galega en 1925 e recibido como académico de número o27 de xullo de1941[15] en sesión extraordinaria celebrada na Universidade de Santiago, sucedendo nacadeira aCasto Sampedro y Folgar.[16] O seu discurso de ingreso foiDa épica na Galicia medieval, respondido porRamón Otero Pedrayo.

Participou sempre dogaleguismo, sendo membro desde os comezos doPartido Galeguista. En maio de1935 encabezou un grupo de militantes deste partido en Pontevedra que abandonan o partido como protesta pola política de pactos coaesquerda, organizando aDereita Galeguista.

Ocupou cargos públicos nofranquismo, como director do Instituto de Lugo[17] ou presidente do Tribunal Tutelar de Menores de Pontevedra ata 1967.

Alcaldía (1959-1968)

[editar |editar a fonte]

O 24 de maio de 1959 finouLuis Suárez-Llanos Menacho, presidente daDeputación de Pontevedra. O alcalde de Pontevedra,Prudencio Landín Carrasco, pasou a ocupar ese cargo, deixando baleira a cadeira no concello, que ocupou, en funcións,José Luis Peláez Casalderrey. O nomeamento de Filgueira como novo alcalde asinouse o 27 de outubro de 1959 polo Ministro da GobernaciónCamilo Alonso Vega, a proposta dogobernador civilRafael Fernández Martínez. Filgueira pronunciou o discurso de toma de posesión o10 de novembro de1959[11]. No cargo, estimulou a acción cultural e promoveu numerosas medidas dirixidas á conservación do conxunto histórico e monumental da vila.

Nomeamento como Presidente doCCG.

Durante o seu mandato anexionousePonte Sampaio ao concello enabril de1960; instalouse apapeleira deEnce enLourizán, cuxa instalación se decidira entre finais de 1955 e comezos de 1956; co gallo do ascenso doPontevedra Club de Fútbol aSegunda División na tempada 1959-60, mercáronse á familia deValentín Paz-Andrade os terreos doEstadio de Pasarón; inaugurouse a novaestación de ferrocarril (o8 de agosto de1966); urbanizouse opolígono de Campolongo; construíuse oPavillón Municipal dos Deportes e asentouse o Centro de Instrución de Recrutas n.º 13 (posteriormenteBRILAT) en terreos deFigueirido eSalcedo.[18]

Despois de 1968

[editar |editar a fonte]
Casa natal de Filgueira Valverde.

Foi procurador enCortes ata 1971[19] e Conselleiro provincial de Belas Artes en1969.[20] De1971 a1981 dirixiu oInstituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos[21]. Formou parte do primeiro padroado doInstituto da Lingua Galega.[22] Tamén chegou a dirixir aCasa Museo Rosalía de Castro.[23]

No eido académico foi, amais, membro correspondente daReal Academia de Belas Artes de San Fernando, nomeado o 28 de xuño de 1971,[24] membro numerario daReal Academia da Historia desde 1980[25] (co discurso "Ideas y sistema de la historia de Fray Martín Sarmiento" contestado porAntonio Blanco Freijeiro)[26] e membro honorario daReal Academia Galega de Belas Artes desde 1990.[27]

Xa nademocracia, no primeiro goberno deXerardo Fernández Albor, en xaneiro de 1982, foi nomeado Conselleiro Adxunto ó Presidente para a Cultura[28] e, en decembro do mesmo ano,Conselleiro de Cultura,[29] ata1983.[30] Dende1990, e por dous mandatos, foi Presidente do Consello da Cultura Galega[31] e en 1995 foi nomeado xuíz protector daFundación Manuel Ventura Figueroa.[32]

Xosé Filgueira Valverde faleceu na casa familiar da rúa Arcebispo Malvar de Pontevedra o13 de setembro de1996, a piques de cumprir os 90 anos de idade.[33]

Obra

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Lista de obras de Xosé Filgueira Valverde.

Ten unha obra moi extensa, tanto científica coma literaria, fundamentalmente divulgativa, que supera os trescentos títulos entre libros e folletos,[34] máis de mil artigos en xornais e revistas e máis de 1.600 conferencias,[35] en galego e en castelán.[36]

Obra en galego

[editar |editar a fonte]

A primeira obranarrativa foi a recolleita de narracións breves:Os nenos, en1925, recollida despois enQuintana Viva (Galaxia, 1971).[37] Como articulista publicou numerosas colaboracións en diferentes medios, quedando recollidos 616 artigos na serieAdral, de nove volumes, editada entre1979 e1996.[38]

Ensaio

[editar |editar a fonte]
Conferencia do cabodano dePaz-Andrade.
  • A eirexa pre-románica de Francelos (1929), Publicacións do Seminario de Estudos Galegos.Revista Nós, n.º 62, 15 de febreiro de 1929.[39]
  • O baldaquino en Galicia denantes do arte barroco, conXosé Ramón Fernández-Oxea, enArquivos do Seminario de Estudos Galegos, T. V, 1930.[40]
  • Lago González. Arcebispo galego (1934), 40 p, Pontevedra.
  • Da épica na Galicia medieval, discurso de ingreso na RAG en 1941.[41]
Ningunha lírica do medievo románico mellora o número das nosas cancións; poucas poiden ter comparanza con ela na fondura do sentimento e na gama dos seus xeitos Expresivos.

— XFV,Da épica na Galicia medieval, 1934.

  • Con Rosalía de Castro no seu fogar /Con Rosalía de Castro en su hogar (1974). Patronato. Ed. bilingüe.
  • Adral (1979),Sada,Ediciós do Castro, 410 pp.[42]
  • A poesía medieval galego-portuguesa fóra dos seus lindeiros (1980).
  • Segundo Adral (1981), Sada, Ediciós do Castro, 458 pp.[42]
  • Terceiro Adral (1984), Sada, Ediciós do Castro, 405 pp.
  • Cuarto Adral (1987), Sada, Ediciós do Castro, 204 pp.
  • O arquivo do Museo de Pontevedra e unha guía sucinta (1988), ISSN 0210-7791.
  • Quinto Adral (1989), Sada, Ediciós do Castro, 393 pp.
  • Santiago de Compostela, con fotos deManuel G. Vicente, ed. trilingüe (1989),Ir Indo,ISBN 84-7680-025-8.
  • Sexto Adral (1990), Sada, Ediciós do Castro, 315 pp.
  • O Himno Galego. Da "Marcha do Reino de Galicia" a "Os Pinos" (1991), 41 pp.,Caixa de Pontevedra.[43]
  • Sétimo Adral (1992), Sada, Ediciós do Castro, 346 pp.
  • Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1925-1987), 1992, Galaxia,ISBN 84-7154-789-9.[44]
  • Octavo Adral (1994), Sada, Ediciós do Castro, 254 pp.
  • Noveno Adral (1996), Sada, Ediciós do Castro, 249 pp.
  • Arredor do libro: artigos de bibliografía (1996), Santiago, Xunta,ISBN 84-453-1847-0.

Dicionarios

[editar |editar a fonte]
Cuberta deO vigairo, deseño deCamilo Díaz

Narrativa

[editar |editar a fonte]

Teatro

[editar |editar a fonte]
  • Agromar. Farsa pra rapaces (1936), asinado baixo o pseudónimoJ. Acuña.[48][51]
  • Aucto de Santa María [Aucto de como Santa María foi levada aos ceos pra a festa da nosa señora en agosto (refeito con testos dos séculos XIII e XIV)],Grial, n.º 25 (1969).[48]

Poesía

[editar |editar a fonte]
Porque non seca a morte a fonte das cantigas
eu vos chamo, segreles, que veñades cantar
onde os verdes loureiros gardan vellas ermidas,
cabo das sabias ondas sulcadas do luar,
das insuas da ribeira nun antigo lugar,
¡San Cremenço do mar!

—XFV,6 canciones de mar "in modo antico", 1941.[52][53]

Algunhas das obras poéticas da Filgueira Valverde foron musicalizadas. O compositorponteareánRogelio Groba, realizou trescantatas sobre textos seus:Cantigas de mar (1981-1982),[56]Anxos de Compostela (1989 e outra versión en2004)[57][58] eCantata de Maio (1989).[59]

Edicións

[editar |editar a fonte]
  • Cancioneiriño de Compostela (1932), antoloxía poética,Nós, n.os: 103 e 104.[60]
  • Martín Sarmiento (1695-1772): Epistolario do P. Sarmiento (1945), con M.ª Xesús Fortes Alén,CCG.
  • Cancioneiriño novo de Compostela (1969), Pombal, Edicións Castelos, Vigo.
  • Afonso X e Galicia e unha escolma de cántigas (1980), Real Academia Galega.[61]
  • Armando Cotarelo Valledor (1879-1950), 1984, Real Academia Galega.
  • Antón Losada Diéguez. Escolma. Publicacións da Real Academia Galega. 1985.[62]
  • Enrique Campo (1989), Deputación de Pontevedra.
  • Álvaro Cunqueiro (1991), Publicacións da Real Academia Galega, A Coruña, 71 p.[63]
  • Antoloxía do conto galego de medo (1996), Galaxia,ISBN 84-8288-035-7.
  • Os poetas galegos (1936). Antoloxía consultada (2008), Deputación de Pontevedra,ISBN 978-84-95632-36-4.
Páxina de miniaturas que ilustra aCantiga103 (códiceescurialense). Filgueira Valverde analizouna polo miúdo na súa tese de doutoramento.

Obra en castelán

[editar |editar a fonte]

Ensaio

[editar |editar a fonte]
  • Guía de Pontevedra (1931), edición deXerardo Álvarez Gallego.
  • La Cantiga CIII: noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval (1936), Instituto de Estudios Regionales, USC. Tese de doutoramento defendida en Madrid o 15 de novembro de 1935.
  • Formas paródicas en la lírica medieval gallega (1947), AAEPC, Madrid.
  • "La lírica medieval gallega y portuguesa" no vol. I deHistoria General de las Literaturas Hispánicas deDíaz-Plaja (1949). Ed. Barna, Barcelona.[64]
  • El libro de Santiago, con debuxos deJ. Sesto (1948), Editorial Nacional.
  • Cervantes en nuestro camino (1949), Revista de la Obra de Protección de Menores, 29 p.
  • Santiago de Compostela. Guía de sus monumentos e itinerarios (1950),Porto y Cía. Editores.
  • La artesanía en Galicia (1953),Ediciones Galicia,Centro Gallego de Buenos Aires.[65]
  • Tierras Hispánicas. Compostela, la ciudad del Apostol (1954).
FreiMartín Sarmiento eLuís de Camões. Filgueira foi un especialista nas súas obras.[66][67]

Edicións

[editar |editar a fonte]

Recoñecementos

[editar |editar a fonte]
Rúa Filgueira Valverde, naEiriña, Pontevedra.
Tumba de Filgueira Valverde en Mourente.

Foi amplamente recoñecido con premios, como aCruz de Honra de San Raimundo de Pañafort (1961),[70] aGran Cruz da Orde do Mérito Civil (1964),[71] a Medalla de Ouro da Cidade de Pontevedra (1969), o Premio daDeputación da Coruña (1973)[72], a Medalla de Ouro da Provincia de Pontevedra (1977), aMedalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (1980),[73] aMedalla Castelao (1984), oPremio Otero Pedrayo (1986),[74] o PremioFernández-Latorre (1989),[75] oPremio Trasalba (1990) daFundación Otero Pedrayo. Foi nomeadoGalego Egrexio pola Fundación Premios da Crítica (1995),[76]doutor honoris causa polas universidades de Santiago de Compostela eVigo (ámbalas dúas en 1996).[77][78] Déronlle oPremio das Artes e das Letras de Galicia (1996). Foille outorgado oPremio Nacional de Historia de España, de xeito colectivo, porEspaña: Reflexiones sobre el ser de España (1998).[79] Días despois do seu pasamento oCentro Superior Bibliográfico de Galicia pasou a denominarseCentro Superior Bibliográfico de Galicia Xosé Fernando Filgueira Valverde,[80] e en 2007 foi nomeado Fillo Predilecto da Provincia de Pontevedra.[81]

Levan o seu nome rúas en Pontevedra,[82]Santiago de Compostela,Monforte de Lemos ePastoriza (Arteixo)[83] e a Fundación Filgueira Valverde foi clasificada, en 1984, como de interese galego.[84]

Día das Letras Galegas 2015 e controversia

[editar |editar a fonte]

O 5 de xullo de 2014 foi escollido pola Real Academia Galega como autor a homenaxear no Día das Letras Galegas do ano 2015,[85][86] cos avais deFrancisco Díaz-Fierros,Pegerto Saavedra,Ramón Villares eXosé Ramón Barreiro.

Os outros propostos foronRicardo Carvalho Calero (apoiado porManuel González González,Francisco Fernández Rei eEuloxio Ruibal),Celestino Fernández de la Vega (promovido porRosario Álvarez Blanco,Andrés Fernández-Albalat eAndrés Torres Queiruga),Manuel María (defendido porMargarita Ledo Andión,Darío Xohán Cabana,Fina Casalderrey eXosé Luís Regueira Fernández) eXela Arias (defendida porRamón Lorenzo,Antón Santamarina eXosé Fernández Ferreiro).[87]

A decisión final resultou polémica e recibiu críticas daMesa pola Normalización Lingüística[5],Manuel Rivas,Xosé Manuel Carril,[88]Fran Alonso,Bernardo Máiz[89] eSuso de Toro,[90] e mesmo provocou que a comisión executiva da Academia publicase unha nota na que afirmaba que “non tivo máis papel na elección da figura para as Letras Galegas 2015 cá que sinala o Regulamento de Réxime Interno da RAG, isto é, dar trámite ao Plenario das propostas recibidas”.[85]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Necrolóxica de María Teresa enABC, 10/5/1995(encastelán).
  2. El intelectual gallego Xosé Filgueira Valverde falleció ayer...El País, 14/9/1996(encastelán),
  3. Día das Letras Galegas a Xosé Filgueira ValverdeArquivado 14 de xullo de 2014 enWayback Machine., Real Academia Galega, 4/7/2014.
  4. O historiador galegoLucio Martínez Pereda, nunhaentrevistaArquivado 08 de marzo de 2015 enWayback Machine. realizada pola xornalistaMontse Dopico e publicada en marzo de 2015 a teor da publicación do ensaioMedo político e control social na retagarda franquista (Xerais, 2015), contestaba así respecto ao papel de Filgueira Valverde na comisión de substitución de mestres por persoas ideoloxicamente afíns ao réxime:"...o seu papel foi o dunha persoa astuta que tivo o poder suficiente para eliminar probas sobre a súa importantísima colaboración coa ditadura franquista. Como premio polos “servizos prestados” en tres organismos de depuración -bibliotecas, docentes, e revisión de sancións- foi nomeado catro veces procurador nas cortes franquistas".
  5. 5,05,1"A Mesa non apoia dedicar o Día das Letras Galegas 2015 a Filgueira ValverdeArquivado 14 de xullo de 2014 enWayback Machine. 6/7/2014.
  6. González Gómez Xesús."A estraña ausencia de biografías de Filgueira Valverde e outras curiosidades literarias"Arquivado 02 de abril de 2015 enWayback Machine.,Biosbardia, 19/3/2015.
  7. Xusto Beramendi: "Filgueira Valverde e o nacionalismo. Polos vieiros da Dereita Galeguista" enFaro da Cultura,Faro de Vigo, 16/5/2015.
  8. Gómez Sánchez, Anxo;Queixas Zas, Mercedes (2001).Edicións A Nosa Terra, ed.Historia xeral da literatura galega (1ª ed.). Vigo. p. 185.ISBN 84-95350-79-3. 
  9. Aniversario do Seminario de Estudos GalegosArquivado 14 de xullo de 2014 enWayback Machine.,Real Academia Galega, 15/10/2013.
  10. Ponte Hernando, Fernando:"La tesis doctoral de Filgueira Valverde"Arquivado 24 de maio de 2015 enWayback Machine.El Correo Gallego, 24/5/2015(encastelán).
  11. 11,011,1"El día que Filgueira dejó el Museo"Faro de Vigo, 11/12/11.
  12. Filgueira Valverde, José Fernando reportaxe de PontevedraTV enYouTube, 22/11/2011.
  13. Troyano Viedma, José Manuel."Cronistas oficiales de las comunidades autónomas de Cantabria, Cataluña, Extremadura y Galicia (España)".Real Asociación Española de Cronistas Oficiales(encastelán). 
  14. Persoeiros do MuseoArquivado 18 de xullo de 2011 enWayback Machine., Museo de Pontevedra.
  15. "Membros de número: Xosé Filgueira Valverde".Real Academia Galega. .
  16. "Membros de número: Casto Sampedro y Folgar".Real Academia Galega. .
  17. Ínsua, Emilio Xosé (10-4-2015)."Sobre Filgueira Valverde". 
  18. López Torre, Rafael (2015):Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía (1959-1968), Concello de Pontevedra eFaro de Vigo, D.L.: PO 314-2015(encastelán).
  19. Ficha no Congreso dos Deputados(encastelán).
  20. Orde de 27 de maio de 1969,Villar Palasí,BOE n.º 154, 28 de xuño de 1969.
  21. Historia do Instituto, IEGPS-Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.
  22. "40º aniversario da fundación do Instituto da Lingua Galega..." ILG, 21/3/2011
  23. A historia da Casa-Museo,Fundación Rosalía de Castro.
  24. Relación de membros da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando
  25. "Académicos Numerarios da Real Academia de la Historia". Arquivado dendeo orixinal o 11 de xullo de 2013. Consultado o 09 de xullo de 2014. 
  26. 26,026,1"Ideas y sistema de la historia de Fray Martín Sarmiento" enGoogle Books.
  27. Académicos honorarios Real Academia Galega de Belas Artes.
  28. Decreto, DOG. n.º 1 22 de xaneiro de 1982.
  29. Decreto, DOG. n.º 33 17 de decembro de 1982.
  30. Decreto, DOG. n.º 128 16 de setembro de 1983.
  31. Decreto 489/1990,Manuel Fraga Iribarne,DOG n.º 216, de 3 de novembro de 1990.
  32. Decreto 288/1995 Manuel Fraga Iribarne, DOG. n.º 214, de 8 de novembro de 1995.
  33. Pita Andrade, José Manuel (1996): "Necrología del Excmo. Sr. D. José Filgueira Valverde" enBoletín de la Real Academia de la Historia t. CXCIII, c. III p. 373,Madrid.
  34. "A obra de Xosé Filgueira Valverde supera os 300 títulos"La Voz de Galicia, 5/7/2014.
  35. Ferro Ruibal, Xesús.Boletín n.º 361 da RAGArquivado 15 de xullo de 2014 enWayback Machine. Ano 2000.ISBN 84-87987-21-4.
  36. Listaxe parcial de artigos, colaboracións e libros de Filgueira Valverde enDialnet.
  37. Filgueira Valverde, un sabio na corte do Teucro: "O mal" 25/10/2008.
  38. Índices dos nove tomos do Adral
  39. Iglesias, Xabier.Os libros de Ánxel Casal 22/3/2014.
  40. Iglesias, Xabier.Os libros de Ánxel Casal 6/5/2015.
  41. Da épica na Galicia medievalArquivado 18 de xullo de 2014 enWayback Machine., discurso de ingreso na RAG en 1941, publicado en 1973.
  42. 42,042,1Reeditado en 2015 por Editorial Galaxia.
  43. Otero, Isaac:Crónicas de la EmigraciónArquivado 24 de maio de 2015 enWayback Machine. 18/5/2015(encastelán).
  44. Estudios sobre lírica medieval vista previa en Google Books.
  45. 45,045,1Ánxel Casal, un editor para un país Consello da Cultura Galega, 2007.
  46. Reeditado en 2015 ("Reeditan "Os nenos", de Filgueira Valverde, en edición facsímil e ilustrada"Faro de Vigo, 11/4/2015).
  47. Casares Mouriño, Carlos, ed. (1990).Antoloxía da novela curta.Editorial Galaxia.ISBN 84-7154-746-5. 
  48. 48,048,148,2En abril de 2015, Galaxia editou o libroO Vigairo / A monxa-frade / Agromar / Aucto de Santa María, 164 pp, con portada deOvidio Murguía,ISBN 978-84-9865-602-2.
  49. Quintana viva, prosas de Xosé Filgueira Valverde, imaxe da portada.
  50. Quintana viva (ed. 1990). Vista previa en Google Books.
  51. Descarga dispoñible do orixinal e da versión en galego normativo
  52. Programa do Concerto das Letras Galegas, 2014 (extracto)Círculo das Artes de Lugo, Consello da Cultura Galega.
  53. Tres pezas audiovisuais con textos de Filgueira Valverde TVG e Xunta de Galicia.
  54. Méndez Fernández, Luz."Algunhas notas sobre Filgueira Valverde e o neotrobadorismo" enCinguidos por unha arela común: homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero, v. 2, USC, Departamento de Filoloxía Galega, 1999.
  55. Descarga de6 canciones de mar "in modo antico"
  56. Fundación Rogelio Groba (ed.)."Cantigas de Mar (cantata in modo antico)". Arquivado dendeo orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 16 de maio de 2015. 
  57. Fundación Rogelio Groba (ed.)."Anxos de Compostela (cantata in modo antico)". Arquivado dendeo orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 16 de maio de 2015. 
  58. Fundación Rogelio Groba (ed.)."Anxos de Compostela (Cantata in modo antico. Versión 2004)". Arquivado dendeo orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 16 de maio de 2015. 
  59. Fundación Rogelio Groba (ed.)."Cantata de Maio (in modo antico)". Arquivado dendeo orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 16 de maio de 2015. 
  60. RevistaNós, números:103 (xullo) completo e104 (agosto) páxinas 151-155
  61. "Afonso X e Galicia e unha escolma de cántigas". Arquivado dendeo orixinal o 31 de xullo de 2021. Consultado o 31 de xullo de 2021. 
  62. Imaxe da portada
  63. Álvaro Cunqueiro, imaxe da portada
  64. Fernández del Riego, Francisco (1971) [1951].Historia da Literatura Galega (2ª ed.). Vigo: Galaxia. p. 245. 
  65. La artesanía en Galicia enGaliciana. Biblioteca de Galicia.
  66. Conferencia: "Camoens, clásico español" na voz de Filgueira ValverdeArquivado 02 de abril de 2015 enWayback Machine. 12/06/1980, Fundación Juan March.
  67. Ferro Ruibal, Xesús (2015):Xosé Filgueira Valverde, O noso Adral, 136 pp.,La Voz de Galicia,ISBN 978-84-9757-289-7.
  68. Datos da edición de 1970Arquivado 09 de agosto de 2014 enWayback Machine. (hai unha edición posterior, de1982, de Edicións Xerais,ISBN 84-7507-059-0.)
  69. "Los «Pontevedreses universales» de Filgueira, reunidos en tres tomos"Arquivado 22 de xuño de 2015 enWayback Machine.La Voz de Galicia, 14/10/2000.
  70. Orden de 1 de outubro de 1961,Iturmendi,BOE n.º 251, de 20 de outubro de 1961.
  71. Decreto 1144/1964,Francisco Franco, BOE n.º 102, de 28 de abril de 1964.
  72. Boletín de la Real Academia Gallega nº. 355Arquivado 14 de xullo de 2014 enWayback Machine.(encastelán).
  73. Real Decreto 514/1980,Xoán Carlos R., BOE n.º 69, de 20 de marzo de 1980.
  74. "El investigador y poeta Filgueira Valverde, ganador del premio Otero Pedrayo"ABC, 15/11/1986(encastelán).
  75. "Premiados 1989. Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre". Arquivado dendeo orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 09 de xullo de 2014. 
  76. "Do 1978 ao 2012. Fundación Premios da Crítica Galicia". Arquivado dendeo orixinal o 11 de xullo de 2016. Consultado o 09 de xullo de 2014. 
  77. Vídeo, Doutor Honoris Causa pola Universidade de SantiagoTelevisión de Galicia.
  78. Doutores e doutoras Honoris Causa polaUniversidade de Vigo.
  79. Orden de 17 de decembro de 1998,Aguirre y Gil de Biedma, BOE n.º 8, 9 de xaneiro de 1999.
  80. Decreto 357/1996 DOG. nº 190, de 27 de setembro de 1996.
  81. Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra[Ligazón morta] 9/3/2007.
  82. Mapa de mobilidade do Concello de PontevedraArquivado 21 de xuño de 2013 enWayback Machine. 5'25 MB.
  83. Plano rueiro do Concello de ArteixoArquivado 14 de xullo de 2014 enWayback Machine. 4'1 MB.
  84. Orde DOG. n.º 205, 25 de outubro de 1984.
  85. 85,085,1Nota aclaratoria da Executiva da Academia sobre a elección da figura dedicataria do Día das Letras Galegas 2015Arquivado 27 de xullo de 2014 enWayback Machine., 10 de xullo de 2014.
  86. "Xosé Filgueira Valverde será o protagonista das Letras Galegas en 2015"Diario de Pontevedra, 5/7/2014.
  87. "Filgueira Valverde, no olimpo das Letras Galegas"Faro de Vigo, 6/7/2014.
  88. "Un grupo de académicos de la RAG manifiesta incomodidad por la elección ..."Arquivado 14 de xullo de 2014 enWayback Machine.Cadena SER, 7/7/2014.
  89. "Aumenta a polémica pola escolla de Filgueira Valverde para as Letras 2015"Praza Pública.
  90. «Un ano para Filgueira Valverde: burla, loucura ou provocación?» 7 de xullo de 2014.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Xosé Filgueira ValverdeModificar a ligazón no Wikidata
AGalicitas posúe citas sobre:  Xosé Filgueira Valverde

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]


Predecesor:
Casto Sampedro Folgar
 Cronista da provincia de Pontevedra 
1940 -1996
Sucesor:
-
Predecesor:
Xerardo Álvarez Limeses
(interino)
 
Director doMuseo de Pontevedra
 
1940-1986
Sucesor:
Xosé Carlos Valle Pérez
Predecesor:
Prudencio Landín Carrasco
 
Alcalde de Pontevedra
 
1959 -1968
Sucesor:
Ricardo García Borregón
Predecesor:
non existía
 
Conselleiro de Cultura
 
1982 -1983
Sucesor:
Alejandrino Fernández Barreiro
Predecesor:
Ramón Piñeiro
 Presidente do Consello da Cultura Galega 
1991 -1996
Sucesor:
Carlos Casares
Predecesor:
Salvador de Moxó Ortiz de Villajos
 
Real Academia da Historia
Medalla 26
 
1980 -1996
Sucesor:
Alfonso E. Pérez Sánchez
Membros de número daReal Academia Galega
Plenario
actual
Históricos
Galardoados coaMedalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
2020
2021
2022
2023
2024
2025
Onomástica do rueiro dePontevedra
Algúns dos persoeiros ou institucións que dan nome ásrúas,prazas, avenidas, travesías, camiños,parques e paseos da vila do Lérez

8 de marzo (Día da Muller Traballadora)Afonso IXAfonso X o SabioAfonso XIIIAlcalde HeviaAlejandro de la SotaAlejandro SesmeroAlexandre BóvedaAlfredo BrañasAlfredo García AlénAlfredo García HermidaAlmirantes MatosAlonso de FonsecaÁlvar PáezÁlvaro CunqueiroAmado CarballoAndrés MelladoAndrés MuruaisÁngel LimesesÁngel Amor RuibalÁngela RocafortAntón FraguasAntón Villar PonteAntón Iglesias VilarelleAntonio OdriozolaAntonio Rey SotoAntonio Taboada NietoArcebispo LagoArcebispo MalvarArcebispo XelmírezAugusto García SánchezAugusto González BesadaAvelino Montero VillegasBarónBenito CorbalBenito SotoBenito VicettoBlanco PortoCasimiro GómezCastelaoCasto SampedroCelso Emilio FerreiroCelso García de la RiegaCervantesCésar BoenteChurruchaosClaudio González ZúñigaCobián ArealCobián RoffignacColónConcepción ArenalConde de BugallalConde de San RománCondesa de Pardo BazánCornelis de HolandaCousiñoA Cova CélticaCruz GallásteguiCruz VermellaCurros EnríquezChariñoDaniel de la SotaDoutor FlemingDoutor Loureiro CrespoDoutor MarescotDomingo de AndradeDomingo FontánDon FilibertoDon GonzaloDona TareixaEchegarayEduardo Blanco AmorEduardo PondalEduardo VincentiEnrique Labarta PoseErnesto CaballeroFaustino SantalicesFernández VillaverdeFernando IIFernando IIIA FerreríaFigueroaFilgueira ValverdeFondevilaFrancisco AñónFrancisco AsoreyFrancisco Tomás y ValienteFrei Juan NavarreteFrei Tomás de SarriaGago de MendozaGaiteiro de SouteloGarcía CambaAntonio García Estévez Fariña eTomasa Suárez Flórez (rúa García Flórez) •Gerardo Álvarez LimesesGermán Adrio SobridoGonzalo GallasGregorio FernándezGutiérrez MelladoHerminia Fariña CobiánIndalecio ArmestoBartolomé eGonzalo García de Nodal (irmáns Nodales) •Carlos eRamón Sobrino Buhigas (irmáns Sobrino Buhigas) •Isabel IIIsidoro Millán MariñoJavier Puig LlamasJenaro Pérez VillamilJoaquín CostaJofre de TenorioJosé CasalJosé MartíMichelenaJosé MillánJuan Novás GuillánJuan Villaverde BarcalaJulio CambaLeandro del RíoLeonardo EnríquezLicenciado MolinaLouis BrailleLuis OteroLuis Rodríguez SeoaneLuís SeoaneManuel Cuña NovásManuel Leiras PulpeiroManuel MurguíaManuel del PalacioManuel QuirogaMaría Victoria MorenoMarqués de ArandaMarqués de MonteleónMarqués de RiestraMarquesaMartín CodaxMartín FervénSan MauroMédico BallinaMéndez NúñezMestre MateuMestre SoutulloMontero RíosMugarteguiPadre AmoedoPadre Fernando OlmedoPadre GaitePadre IslaPadre LuisPadre SarmientoPadre SobreiraPaio Gómez de SoutomaiorPardo de CelaPastor DíazPedro Mariño de LobeiraPedro Sarmiento de GamboaPerfecto FeijooPilar BértolaPintor LaxeiroPintor Rafael AlonsoPrudencio LandínRafael DiesteRamón CabanillasRamón Otero PedrayoRaíña VitoriaRobustiano Fernández CochónRogelio Lois EstévezRosalía de CastroSagastaSalustiano Portela PazosSan AmaroSan BartolomeuSanta ClaraSanta MaríaSan NicolásSan RoqueSan SebastiánSan TelmoSanta Teresa de Jesús JornetSebastián González García-PazSimón BolívarSor LucíaTeucroTristán de MontenegroUrbano LugrísUxío NovoneyraValentín Paz AndradeVasco da PonteVíctor Cervera MercadilloVíctor Sáid ArmestoXan GuillermeXeneral MartiteguiXeneral RubínXoán Bautista AndradeXoán Carlos IXoán Manuel PintosSan Xosé

Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xosé_Filgueira_Valverde&oldid=7137433»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp