OsCinco Aneis, son o principal símbolo dos xogos olímpicos modernos, un dos emblemas máis recoñecidos no mundo e un símbolo da paz.[1]
Para os Xogos Olímpicos na Antigüidade véxase esteartigo.
OsXogos Olímpicos[2] (Jeux Olympiques enfrancés, eOlympic Games eninglés),[3][4]:54 ouolimpíadas[5] son o maior eventodeportivo internacional multidisciplinario no que participan atletas de diversas partes do mundo. Os Xogos Olímpicos son considerados a principal competición do mundo deportivo, con máis de duascentas nacións participantes.[6] Existen dous tipos: osXogos Olímpicos de Verán e osXogos Olímpicos de Inverno, que se realizan cun intervalo de dous anos, segundo aCarta Olímpica: «Os xogos da olimpíada celébranse durante o primeiro ano dunha olimpíada, e os Xogos Olímpicos de inverno durante o seu terceiro ano».[4]:23Os Xogos Olímpicos modernos inspiráronse nosdo século VIII a. C. organizados polosantigos gregos na cidade deOlimpia, entre os anos776 a. C. e o393 d. C. Noséculo XIX, xurdiu a idea de realizar uns eventos similares aos organizados na antigüidade, os que se concretarían principalmente grazas ás xestións donobrefrancésPierre Frèdy, barón de Coubertin. O barón de Coubertin fundou oComité Olímpico Internacional (COI) en 1894. Desde entón, o COI converteuse no órgano coordinador doMovemento Olímpico, coa Carta Olímpica que define a súa estrutura e autoridade.
Aprimeira edición dos chamados Xogos Olímpicos da era moderna leváronse a cabo enAtenas, capital deGrecia, a partir do6 de abril de1896. Desde aquela oportunidade, foron realizados cada catro anos en diversas cidades do mundo, sendo as únicas excepcións as edicións de1916,1940 e1944, debido ao estalido daprimeira esegunda guerra mundial.
A evolución do movemento olímpico durante osséculos XX e XXI deu lugar a varias modificacións nos Xogos Olímpicos. Algúns destes axustes inclúen a creación dos xogos de inverno paradeportes invernais, osXogos Paralímpicos para atletas con algún tipo de discapacidade e osXogos Olímpicos da Mocidade para atletas adolescentes. Os Xogos Olímpicos de inverno realizáronse por primeira vez en1924, na localidadefrancesa deChamonix. Orixinalmente realizados como parte doevento de verán, o COI considerounos como un evento separado retroactivamente, e desde esa data comezaron a realizarse no mesmo ano que os xogos orixinais. Posteriormente, co fin de potenciar o desenvolvemento dos eventos invernais, o COI decidiu desfasar a realización dos Xogos invernais a partir deLillehammer 1994. Desde esa data, os Xogos Olímpicos de Inverno realízanse nos anos pares entre dous Xogos de Verán. Os primeiros Xogos Olímpicos da Mocidade de Verán celebráronse enSingapur en2010, mentres que os Xogos Olímpicos da Mocidade de Inverno celebráronse enInnsbruck en2012.
O COI tivo que adaptarse a unha variedade de avances económicos, políticos e tecnolóxicos. Como resultado, os Xogos Olímpicos afastáronse doamateurismo puro, segundo o previsto por Coubertin, para permitir a participación dos atletas profesionais. A crecente importancia dosmedios de comunicación de masas iniciou o tema de patrocinio das empresas e a comercialización dos Xogos. Grandesboicots realizáronse durante aGuerra fría nos Xogos de1980 e1984.
O Movemento Olímpico consta de Federacións Internacionais de cada deporte, Comités Olímpicos Nacionais e Comités Organizadores de cada edición. O COI é responsable da elección da cidade sede. Segundo a Carta Olímpica, a cidade anfitrioa é responsable da organización e o financiamiento dos Xogos. O programa olímpico, composto polosdeportes disputados nos Xogos, tamén está determinado polo COI. Existen diversos símbolos e cerimonias olímpicas, como abandeira e afacho olímpico, así como as cerimonias de apertura e clausura. Preto de 13 000 atletas compiten nos Xogos Olímpicos de Verán e Inverno en 33 deportes diferentes e en aproximadamente 400 eventos. Os gañadores do primeiro, segundo e terceiro lugar en cada evento reciben medallas olímpicas: ouro, prata e bronce, respectivamente.
Os Xogos Olímpicos constitúen unha oportunidade para o país e a cidade sede de darse a coñecer ao mundo.[Cómpre referencia]Na actualidade case todos os países están representados nos Xogos Olímpicos. Isto provocou diversos problemas:dopaxe, subornos e actos de terrorismo. Cada dous anos, os Xogos Olímpicos e a súa exposición aos medios, proporcionan aos atletas descoñecidos a oportunidade de alcanzar a fama nacional e internacional, ao tempo que lles fai estar suxeitos a múltiples presións, o cal fai que algúns deles utilizen substancias dopantes para mellorar os seus logros, moitas veces poñendo en perigo a súasaúde. OComité Olímpico Internacional estableceu dende1968 os chamadoscontrois anti-dopaxe que poden ser realizados en calquera momento a petición do COI e que poden desencadear a descualificación inmendiata do atleta que dea positivo nese control.
O termo olímpico ou olimpíada vén do nome da cidade deOlimpia, enGrecia, onde por volta do ano 776 a.C., comezáronse a celebrar polo verán na honra deZeus, un certame de xogos deportivos cada catro anos, até que o emperador romanoTeodosio I decidiu suprimilo, no final do século IV d.C. Polo tanto a cidade de Olimpia (Olumpía, na forma grega orixinaria, en relación co Olimpo (Ólumpos, ‘o alto entre o máis alto’), a morada dos deuses–, empregando para iso o xenitivoolumpiádos, que pasa ao latín comoolympiadis) é o eixo vertebrador de todo o léxico asociado ás Olimpíadas (do adxectivo olímpico -a, o adverbio olimpicamente ou o substantivo olimpismo, “o conxunto de valores e ideais propios dos xogos olímpicos”) e tamén o piar de boa parte da simboloxía propia do certame, como o rito de inauguración que consiste en prender aflama olímpica noestadio desta cidade para logo levala acesa nunfacho ata o país de acollida dos xogos que corresponda en cada edición[7].
Moitas veces o termoOlimpíadas[8] (período de catro anos que media entre distintosXogos Olímpicos, que naGrecia Antiga constituía unha unidade de medida dotempo, que servía para situarhistoricamente os feitos) faise sinónimo de Xogos Olímpicos, esta definición é tamén empregada con frecuencia na linguaxexornalística, porén fan referencia a conceptos distintos e, en certa medida, opostos, xa que de forma xeral a olimpíada é xusto o tempo que non é xogo olímpico. Existe, polo tanto, a nivel lingüístico, certa polémica e aínda que a denominación institucional aposta por definir olimpíada como período entre xogos, na práctica en portugués, castelán, francés, inglés ou galego, Olimpíada pasou tamén a designar a celebración deportiva[9].
Os Xogos Olímpicos antigos —chamados así por celebrarse na cidade deOlimpia— foron festas atléticas celebradas cada catro anos no santuario deZeus en Olimpia,Grecia. Ás competicións acudían participantes de variascidades-estado e reinos daantiga Grecia. Nestes xogos realizábanse diversos eventos deportivos, combates ecarreiras de cuadrigas. Durante os xoegos, os conflitos entre as cidades-estado participantes pospoñíanse ata a finalización das competicións deportivas. Este cesamento das hostilidades foi coñecido como paz outregua olímpica.[10]:54 A orixe dos Xogos Olímpicos está rodeada de misterio e lenda.[11]:12 Segundo o relato do historiador gregoPausanias, oDáctiloHeracles Ideo (non confundir conHeracles o fillo deZeus) e catro dos seus irmáns correron a Olimpia para entreter ao recentemente nacido Zeus. Ao gañar, Heracles coronouse cunha coroa de olivo e estableceu o costume de celebrar cada catro anos unha serie de eventos deportivos en honor a Zeus.[12]
Píndaro, noutro relato, atribúe os Xogos Olímpicos a Heracles, o fillo de Zeus,[13][14] ademais persiste na idea de que despois de completar os seusdoce traballos, construíu oestadio olímpico en honor a Zeus. Trala súa finalización, dirixiuse en líña recta douscientos pasos, e chamou a iso "distancia estadio" (engrego: στάδιον), que máis tarde se converteu nunha unidade de lonxitude. Outro mito asocia os primeiros Xogos co antigo concepto grego da tregua olímpica (ἐκεχειρία).[15]:229-230 A data de inicio máis aceptada para os Xogos Olímpicos da Antigüidade é a do ano776 a. C., basándose nunha inscrición en Olimpia que é unha lista de ganadores dunha carreira pedestre celebrada cada catro anos a partir do ano antes mencionado.[16] Na antigüidade celebráronse eventos decarreiras,boxeo (moito máis cruel có actual, sen apenas normas), loita libre (practicamente tal como a coñecemos actualmente),pankration (loita a morte), eventos ecuestres coma ascarreiras de carros,música (considerada unha competición máis) e un péntatlon —consistente ensalto de lonxitude, lanzamentos dedisco exavelina, carreira pedestre eloita —.[17]:59-61[18] A tradición di queCorebo, un cociñeiro da cidade deElis, foi o primeiro campión olímpico.[19]:24
Os Xogos Olímpicos tiñan unha importancia cultural e relixiosa fundamental. Ademais dos eventos deportivos, había sacrificios rituais na honra de Zeus (cuxaestatua, realizada porFidias, foi colocada no templo de Olimpia) e dePélope, heroe divino e rei mítico de Olimpia. Pélope foi famoso pola súa carreira de carros co reiEnómao dePisa.[20]:95 Os atletas participantes, cidadáns (só homes), adestrábanse durante anos nos ximnasios e competían completamente espidos. Os ganadores dos eventos foron admirados e inmortalizados enpoemas eestatuas.[21]:90-93 Celebrábanse cada catro anos, e ese período, coñecido comoOlimpíada, foi utilizado polos gregos como unha das súas unidades de medida do tempo. Os Xogos formaban parte dun ciclo coñecido como osXogos Panhelénicos, que incluía tamén aosXogos Píticos, osXogos Nemeos e osXogos Ístmicos.[22]
Os Xogos Olímpicos da antigüidade chegaron ao seu cénit nos séculosVI eV a. C., porén o seu poder diminuíu gradualmente tralo aumento de poder dos romanos en Grecia. Se ben non hai consenso entre os expertos sobre cando finalizaron oficialmente, a data máis aceptada é a do ano393 a. C., cando o emperadorTeodosio I decretou que todos os cultos e prácticas pagás serían eliminadas (porén, o decreto de Teodosio non contiña ningunha referencia específica a Olimpia). Outra data comunmente citada é o ano426 a. C., cando o seu sucesor,Teodosio II ordenou a destrución de todos os templos gregos.[17]:54
Documentouse que durante oséculo XVII se empregou de diversas formas o termo "olímpico" para describir eventos deportivos da época. O primeiro destes eventos foi oCotswold Olimpick Games, unha reunión deportiva anual realizada nas proximidades deChipping Campden,Inglaterra. Foi organizado polo avogadoRobert Dover entre1612 e1642, con varias celebracións posteriores que chegaron ata hoxe en día. AAsociación Olímpica Británica describe a estes xogos como «os primeiros movementos dos comezos olímpicos de Gran Bretaña».[23]
Selo grego dos primeiros Xogos Olímpicos.
L'Olympiade de la République, era un festival olímpico nacional celebrado entre1796 e1798 naFrancia revolucionaria tamén tratou de emular aos antigos Xogos Olímpicos.[24]:133[25]:19 A competición incluía diversas disciplinas dos Xogos Olímpicos antigos. O evento de 1796 marcou a introdución dosistema métrico no deporte.[25]:19[26]
Entre1862 e1867,Liverpool celebrou o "Grand Olympic Festival", un festival anual.[27] Foi deseñado porJohn Hulley eCharles Melly. Estes xogos foron os primeiros en seren de natureza totalmente afeccionada e teren perspectiva de proxección internacional, aínda que só os "cabaleiros afeccionados" podían competir.[28]:53-54[29] As competicións incluían carreiras pedestres, salto de altura, boxeo, loita libre,esgrima eximnasia.[27] O programa dosprimeiros Xogos Olímpicos da era moderna, celebrados enAtenas en1896, foi case idéntico ao dos Xogos Olímpicos de Liverpool.[30]:38 En1865, Hulley, Brookes e E. G. Ravenstein fundaron a Asociación Olímpica Nacional en Liverpool, un predecesor da Asociación Olímpica Británica. Os seus artigos fundacionais serviron de base para aCarta Olímpica Internacional.[11]:24 En1866, celebráronse uns Xogos Olímpicos Nacionais no Reino Unido noCrystal Palace londiniense.[31]
O interese grego por revivir os Xogos Olímpicos comezou coaGuerra da Independencia de Grecia doImperio Otomán en1821. A primeira proposta de restablecer os Xogos foi do poeta e editor de xornaisPanagiotis Soutsos no seu poemaDiálogo da Morte, publicado en1833.[11]:1 En1856,Evangelos Zappas, un rico filántropo grego, escribiu ao reiOtto de Grecia ofrecéndose a financiar a reinstauración permanente dos Xogos Olímpicos.[11]:14 Zappas patrocinou os primeirosXogos Olímpicos de1859, que se celebraron nunha praza de Atenas. Os atletas participantes eran gregos e do Imperio Otomán. Zappas custeou tamén a restauración do antigoEstadio Panatenaico para que puidese acoller todas as futuras edicións dos Xogos.[11]:14
O Estadio Panatenaico albergou as edicións dos xogos de1870 e de1875.[11]:2, 13-23, 81 Trinta mil espectadores presenciaron os xogos de 1870, non habendo rexistros oficiais de asistencia aos xogos de 1875.[11]:44 En1890, despois de asistir aos Xogos da Sociedade Olímpica de Wenlock, o barón Pierre de Coubertin tivo a inspiración para fundar oComité Olímpico Internacional (COI).[32] Coubertin baseouse nas ideas e os traballos de Brookes e Zappas co obxectivo de crear uns Xogos Olímpicos internacionais que se celebraran, cambiando de sede, cada catro anos.[32] Presentou estas ideas durante o primeiro congreso do incipiente COI, celebrado naUniversidade de París entre o 16 e o 23 de xuño de1894. O derradeiro día do congreso decidiuse que os primeiros Xogos Olímpicos organizados polo COI terían lugar en Atenas en1896.[33]:8 O Comité Olímpico Internacional elixiu o escritor gregoDemetrius Vikelas como o seu primeiro presidente.[11]:100-105 Dous anos máis tarde, Coubertin substituíu a Vikelas como presidente deste organismo.
Os primeiros Xogos celebrados baixo os auspicios do COI celebráronse no Estadio Panatenaico de Atenas en 1896. Competiron 241 atletas de 14 nacións en 43 eventos.[34] Evangelos Zappas e o seu primo,Konstantinos Zappas, deixaron ao goberno grego un fideicomiso para financiar futuros Xogos Olímpicos. Este fideicomiso usóuse para axudar a financiar os Xogos de 1896.[11]:117[35][36]George Averoff contribuíu xenerosamente á remodelación do estadio.[11]:128 O goberno grego tamén achegou fondos, que esperaban recuperar coa venda de entradas e selos conmemorativos dos primeiros Xogos Olímpicos.[11]:128
Os funcionarios gregos e o público en xeral estaban entusiasmados coa experiencia de albergar os Xogos Olímpicos. Este espírito foi compartido por moitos atletas, quen demandaban que Atenas fose a sede permanente dos Xogos. Porén, o COI insistía na idea de levar o evento a distintas cidades por todo o mundo. Así, foi elixidaParís como sede dosXogos Olímpicos de 1900.[37]
Despois do éxito dos Xogos de 1896, os Xogos entraron nun período de estancamento que ameazou a súa supervivencia. Os Xogos de 1900 en París e de1904 enSt. Louis foron presentados coma atraccións secundarias dasExposicións Universais respectivas. Os Xogos de París non tiñan estadio, mais foron notables por seren os primeiros nos que participaron mulleres. NosXogos de St. Louis participaron 650 atletas, pero 580 eran estadounidenses. O carácter homoxéneo destas celebracións xogou en contra do Movemento Olímpico.[38] Os Xogos conseguiron un novo pulo cosXogos Intercalados de 1906 celebrados en Atenas para conmemorar o décimo aniversario dos primeiros Xogos da era moderna (son chamados "intercalados" para indicar que se celebraron na metade da terceira Olimpíada, sendo ademais a única vez que se celebraron dous Xogos Olímpicos nunha mesma Olimpíada). Estes Xogos, aínda que foran recoñecidos polo COI, non son hoxe recoñecidos oficialmente. Os Xogos atraeron a unha ampla representación de participantes e xeraron un grande interese público. Isto marcou o comezo do ascenso tanto da popularidade coma da envergadura dos Xogos Olímpicos.[39]
Cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres
Como establece aCarta Olímica, son varios os elementos envolveitos na cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos. A cerimonia ha ter lugar antes dos eventos deportivos.[40]Moitos dos rituais datan dos Xogos Olímpicos de 1920 de Anveres.[41] Polo xeral, a cerimonia principia coa entrada doxefe de Estado do país organizador seguido polo izado da súa bandeira e a interpretación do seu himno nacional[40]. A cotinuación o Estado organizador presenta mostras artíticas de música, canto, baile e teatro representativo da súa cultura.[41] Esas presentacións artísticas gañaron en peso e complexidade co paso do tempo xa que os países intentan superar a cerimonia anterior para que sexa máis memorable, e así a cerimonia de apertura dos Xogos de Beijing puido custar 100 millóns de dólares, e na súa maioría nos elementos artísticos.[42] Á parte artística da cerimonia sucédelle o desfile dos atletas no estadio, agrupados por nacións. Grecia é por tradición a primeira en entrar no estadio en honra ás orixes das Olimpíadas, os mais países entran no estadio por orde alfabética, segundo a lingua que designara o país anfitrión, e este é o derradeiro en entrar. Nos Xogos Olímpicos de 2004 que se celebrou en Grecia, a bandeira grega entrou primeiro no estadio mentres a delegación grega foi a derradeira en entrar. Tras os desfiles veñen os discursos para abrir formalmente os xogos e finalmente o facho olímpico entra no estadio para llo entregar ao derradeiro relevista, habitualmente un atleta olímpico recoñecido do país organizador, que é o encargado de prender a chama olímpica no peveteiro olímpico.[40]
Atletas reunidos no estadio durante a cerimonia de clausura dos Xogos Olímpicos de 2018
A cerimonia de clausura ten lugar despois da conclusión de todos as competicións deportivas. Os abandeirados de todos os países participantes entran no estadio, e a seguir o atletas entran todos xuntos, sen distinción nacional.[43]Ízanse tres bandeiras nacionais mentres se interpretan os seus correspondentes himnos: son as bandeiras de Grecia, en honra do lugar de nacemento dos xogos olímpicos, a bandeira do país organizador da vindeira Olímpiada.[43] O presidente do comité organizador e mais o presidente do COI fan os discursos de clausura para dar os xogos como oficialmente concluídos e procédese a extinguir a chama olímpica.[44] No que se coñece como a Cerimonia de Anveres, o alcalde da cidade que organizou os xogos transfire unha bandeira olímpica especial ao presidente do COI que lla transpasa ao alcalde da cidade que vai ser a organizadora dos seguintes xogos olímpicos.[45] O estado organizador deses próximos xogos presenta algunha mostra de baile ou teatro representativo da súa cultura.[43]
Cerimonia de entrega de medallas, coa bandeira danesa, a británica e mais a de Nova Zelandia durante as Olímpiadas de 2008
É tamén costume realizar a derradeira entrega de medallas como parte desta cerimonia, omaratón nas olimpíadas de verán[43][46] eesquí de fondo nas de inverno .[47]
Realízase unha entrega de medallas cada vez que conclúe unha competición deportiva. O atleta ou equipo gañador, segundo e mais o terceiro atleta ou equipo soben ao alto dunha plataforma de tres chanzos, coñecida como podio, para recibiren as súas medallas[48] das mans dun membro do COI e logo ízanse as bandeiras nacionais dos tres medallistas mentre soa o himno nacional do país gañador do ouro[49] Voluntarios do país anfitrión axudan aos encargados da entrega das medallas e portan as bandeiras.[50].
↑Pausanias. "5". En Gregory R. Crane (Tufts University).Descrición de Grecia.Perseus Digital Library(eninglés). seccións 6-9. Consultado o 29 de agosto de 2018.
↑Coubertin, Pierre de; Philemon, Timoleon J.; Politis, N.G.; Anninos, Charalambos (1897). Charles Beck, ed.The Olympic Games: BC 776 – AD 1896(PDF)(eninglés). The Olympic Games in 1896 – Second Part. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 27 de maio de 2008. Consultado o 31 de agosto de 2018.
↑Comité Olímpico Internacional (ed.)."Athens 1896"(eninglés). Consultado o 8 de febreiro de 2010.
↑"Closing Ceremony"(PDF). International Olympic Committee. 31 de xaneiro de 2002. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 25 de marzo de 2009. Consultado o 27 de agosto de 2008.
↑"The Olympic Flags and Emblem". The Vancouver Organizing Committee for the 2010 Olympic and Paralympic Winter Games. Arquivado dendeo orixinal o 26 de abril de 2009. Consultado o 10 de febreiro de 2009.