Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Xoán XXIII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoán XXIII, papa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it)Angelo Giuseppe RoncalliEditar o valor en Wikidata
25 de novembro de 1881Editar o valor en Wikidata
Sotto il Monte Giovanni XXIII, Italia(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Morte3 de xuño de 1963Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Palacio Vaticano, Cidade do VaticanoEditar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de estómagoEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTomb of John XXIII(en)Traducir,Gregorian Chapel(en)Traducir(2001–)
Grutas vaticanas(1963–2001)Editar o valor en Wikidata
261ºPapa
28 de outubro de 1958 – 3 de xuño de 1963
← Pío XIIPaulo VI, papa →
Cardeal presbítero
29 de outubro de 1953 – 28 de outubro de 1958
← Adeodato Giovanni PiazzaGiovanni Urbani →
Patriarch of Venice(en)Traducir
15 de xaneiro de 1953 – 28 de outubro de 1958
← Carlo AgostiniGiovanni Urbani →
Cardeal
12 de xaneiro de 1953 –
Núncio apostólico em França(pt)TraducirApostolic Nunciature to France(en)Traducir
22 de decembro de 1944 – 12 de xaneiro de 1953
← Valerio ValeriPaolo Marella →
Arcebispo titular
30 de novembro de 1934 –
Diocese:Mesembria(en)Traducir
Visitador apostólico
3 de marzo de 1925 –
Arcebispo titular
3 de marzo de 1925 –
Diocese:Areopolis(en)Traducir
Diácono
18 de decembro de 1903 –
Delegado apostólico(pt)Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católicaEditar o valor en Wikidata
EducaciónPontifício Seminário Romano(pt)Traducir
Universidade de Roma La SapienzaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballoVenecia(1953–1958)
Cidade do Vaticano(1953–1963)
París(1944–1953)
Sofía(1925–1934)
RomaEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico latino (1925–), capelão militar(pt)Traducir (1914–1918), sacerdote católico latino (1904–), diácono transitorio (1903–)Editar o valor en Wikidata
Influencias
Carreira militar
Rango militarTenente (1916–)Editar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira Guerra MundialEditar o valor en Wikidata
ConsagraciónGiovanni Tacci Porcelli(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa11 de outubroEditar o valor en Wikidata
Participou en
11 de outubro de 1962Concilio Vaticano Segundo
28 de outubro de 1958conclave de 1958Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valorEditar o valor en Wikidata
PaiGiovanni Battista RoncalliEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Иоанн XXIII)
Obálky knih,Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 206088BNE: XX1721425Dialnet: 3147412Musicbrainz: d39663e2-360b-44ea-81a2-2829539d72e4Discogs: 565490IMSLP: Category:Pope,_John_XXIIIWikiTree: Roncalli-1Find a Grave: 2380Editar o valor en Wikidata

Xoán XXIII, enlatínIoannes PP. XXIII, nado comoAngelo Giuseppe Roncalli enSotto il Monte,Bérgamo, o25 de novembro de1881 e finado enRoma o3 de xuño de1963, foi o papa n.º 261 da Igrexa católica,[1] bispo da diocese deRoma e soberano daCidade do Vaticano dende o28 de outubro de1958 ata a súa morte.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Primeiros anos

[editar |editar a fonte]

Naceu o25 de novembro de1881 no casarío Brusico de Sotto il Monte, provincia de Bérgamo. Era o cuarto dos trece fillos (e o maior dos homes) que tiveron Giovanni Battista Roncalli e Mariana Mazzola.[2] A súa familia traballaba como labregos nun terreo arrendado; como contraste, o seu predecesorPío XII proviña dunha antiga familia aristocrática italiana, tradicionalmente ao servizo dopapado. No ambiente da súa humilde familia, encabezada polo seu tío avó (e padriño) Zaverio,[3] desenvolveu a súafecristiá.

En1892 entrou no Seminario deBérgamo para cursa-los estudos superiores,[4] grazas á axuda económica do párroco Rebuzzini e de Giovanni Morlani (propietario das terras cultivadas polos Roncalli). No seminario comezou a práctica, que continuaría ata a súa morte, de redactar unhas notas espirituais, que quedaron recollidas no seu"Giornale dell' Anima".[5]

A causa da súa capacidade, en1901 foi enviado aRoma para segui-los seus estudos como alumno do Seminario Romano dell'Apollinare. Foiordenado sacerdote o10 de agosto de1904.[6]

Sacerdocio e labor apostólico

[editar |editar a fonte]

En1905 o bispo de Bérgamo, MonseñorGiacomo Radini Tedeschi nomeouno o seu secretario[7] e o ano seguinte foi encargado da ensinanza deHistoria ePatroloxía no Seminario de Bérgamo. Ocupou estes postos ata a morte en1914 do seu bispo, como sempre lembraría a Monseñor Radini Tedeschi.

Durante aprimeira guerra mundial, exerceu primeiro de sarxento médico e máis tarde de capelán militar.[8] En1921, foi chamado dende Roma polopapaBieito XV para ocupa-lo cargo de Presidente para Italia do Consello Central da Obra Pontificia da Propagación da Fe.[9]

O19 de marzo de1925 Monseñor Angelo Giuseppe Roncalli foi consagrado bispo, e elixiu como lema episcopal"Obedientia et Pax" (obediencia e paz). O papaPío XI nomeouno Visitador Apostólico deBulgaria este mesmo ano, onde permaneceu dez anos. Alí realizou o seu labor apostólico visitando as comunidades católicas e establecendo relacións de respecto e estima con outras comunidades cristiás, en especial daIgrexa Ortodoxa Búlgara.

En1934 foi trasladado á Nunciatura enTurquía; alí, ademais, asumiu as funcións de administrador apostólico davigairía apostólica de Constantinopla, vacante dende 1925.[10]

A súa intervención foi indispensable para socorrer ós xudeus ante a persecuciónnazi.

O mes de decembro de1944 o PapaPío XII nomeouno nuncio apostólico de París. Contribuíu a normaliza-la organización eclesiástica en Francia, desestabilizada polos numerosos bispos que colaboraran cos alemáns. Grazas á súa cortesía, a súa simplicidade e a súa amabilidade puido resolve-los problemas e conquista-lo corazón dos franceses e de todo o Corpo Diplomático.

Patriarca de Venecia

[editar |editar a fonte]

En1953, o PapaPío XII noméao cardeal e envíao aVenecia como Patriarca. En1954, coincidindo coAno Santo Xacobeo, visitouSantiago de Compostela, convidado poloarcebispo compostelán e amigo seuFernando Quiroga Palacios. Chegou o22 de xullo procedente deDonostia logo de parar enLugo, e permaneceu na cidade até o día 24[11].

Pontificado

[editar |editar a fonte]
Escultura de Xoán XXIII, obra deCamilo Nogueira Martínez, en Vigo.

O28 de outubro de1958, contando con 77 anos, Roncalli foi elixido Papa ante a sorpresa de todo o mundo.[Cómpre referencia] Escolleu o nome de Xoán (nome do seu pai e do patrón da súa vila natal).

Despois do longo pontificado do seu predecesor, os cardeais lle semellaron escoller un papa de transición a causa da súa avanzada idade e da súa modestia persoal. Nin os cardeais nin o resto da Igrexa agardaban que o temperamento ledo, a calidez e a xenerosidade do papa Xoán XXIII seducisen os afectos do mundo dunha forma en que o seu predecesor (con toda a súa sabedoría e santidade) non puido.[Cómpre referencia]

En seguida empezou unha nova forma de facer de Papa. Foi o primeiro Papa, dende1870, que exerceu o seu ministerio de bispo de Roma visitando persoalmente as parroquias da súa Diocese. Ó cabo de dous meses de ser elixido, deu exemplo de obras demisericordia: por Nadal visitou os nenos enfermos dos hospitais Espírito Santo e Neno Xesús; ó día seguinte foi a visita-los prisioneiros do cárcere Regina Coeli.

Na súa primeira medida de goberno vaticano, que o enfrontou co resto dacuria, reduciu os altos salarios (e a vida de luxo que, en bastantes ocasións, levaban os bispos e cardeais). Así mesmo, dignificou as condicións laborais dos traballadores do Vaticano, que ata ese momento carecían de moitos dos dereitos dos traballadores deEuropa, ademais retribuídos con moi baixos salarios por parte do Vaticano.

Tres meses despois da súa elección, o25 de xaneiro de1959, naBasílica de San Paulo Extramuros, ante a sorpresa de todo o mundo anunciou o XXI Concilio Ecuménico -que posteriormente foi chamadoConcilio Vaticano II-, o I Sínode da Diocese de Roma e a revisión do Código de Dereito Canónico.

O2 de decembro de1960 reuniuse no Vaticano durante unha hora coArcebispo de Canterbury, o Reverendísimo Geoffrey Francis Fisher. Era a primeira vez en máis de 400 anos, dende aexcomuñón deIsabel I, que oArcebispo de Canterbury se reunía co Papa. Durante o seu Pontificado nomeou 37 novos cardeais, entre os cales por primeira vez un deTanzania, un xaponés, un filipino e un mexicano.

O papa Xoán XXIII escribiu oito encíclicas en total. O seu maxisterio social nas Encíclicas "Mater et Magistra" e, sobre todo, "Pacem in terris" foi fondamente apreciado. En ambas pastorais insístese sobre os dereitos e deberes derivados da dignidade do home como criatura de Deus.

O11 de outubro de1962 o papa Roncalli abriu oConcilio Vaticano II en San Pedro. Este Concilio cambiaría a face doCatolicismo: unha novaliturxia (máis sinxela e próxima ós fieis), un novo ecumenismo e un novo achegamento ó mundo.

Dende a apertura do Concilio, o papa Xoán XXIII indica a precisa orientación dos obxectivos: non se trataba de definir novas verdades nin condenar erros, senón que era necesario renova-la Igrexa para facela capaz de transmiti-loEvanxeo nos novos tempos, busca-los camiños de unidade dasIgrexas cristiás, procura-lo bo dos novos tempos e establecer diálogo co mundo moderno centrándose primeiro "no que nos une e non naquilo que nos separa".

Ó Concilio foron convidados como observadores, non só membros de tódalas Igrexas cristiás (Ortodoxa, Protestantes e Evanxélicas, en xeral) senón membros de diversos credos dende crentes islámicos ata indios americanos.

Morte e canonización

[editar |editar a fonte]

O23 de maio de1963 anunciábase publicamente a enfermidade do Papa (cancro de estómago). Xoán XXIII morreu en Roma o3 de xuño de1963. Na memoria de moitos, o PapaXoán XXIII quedou como "o Papa bo" ou como "o Papa máis amado a historia". Os seus restos embalsamados actualmente descansan na Basílica de San Pedro, en Roma.

A causa de beatificación foi introducida polo seu sucesorPaulo VI en1965, despois da clausura do Concilio Vaticano II. O papa Xoán XXIII foi beatificado porXoán Paulo II o3 de setembro de2000, e a súa festa litúrxica quedou fixada o11 de outubro, día da apertura do Concilio Vaticano II.

Canonización

[editar |editar a fonte]

O5 de xullo de2013 o papaFrancisco aprobou os decretos daCongregación para as Causas dos Santos que abriron a porta á canonización de Xoán XXIII e Xoán Paulo II.[12]

O30 de setembro do mesmo ano, anunciouse que a cerimonia conxunta de canonización de ambos papas terá lugar en abril de2014.[13]

Finalmente, o27 de abril de2014, ante unha multitume congregada napraza de San Pedro doVaticano, que se estima nuns 800.000 peregrinos chegados de todo o mundo, o papaFrancisco proclamou a canonización de Xoán XXIII, xunto á deXoán Paulo II, pedindo enlatín, coa fórmula ritual, que se inscribise aos dous papas noLibro dos Santos. Foi un día histórico xa chamado "o dos catro papas", xa que, ademais de que Francisco proclamou santos a Angelo Roncalli e Karol Wojtyła, á esquerda do altar onde se concelebrou a misa, estivo o papa eméritoBieito XVI, a quen o papa arxentino abrazou antes de comezar a ceromonia e ao finalizar a mesma. Na homilía da misa, Francisco destacou que ambos os novos santos "restauraron e actualizaron á Igrexa" á súa imaxe orixinal. O papa terminou a cerimonia saudando ás 93 delegacións asistentes, entre as que había 24 xefes de Estado e de Goberno, e entre os que se encontraban os reis deEspaña e deBélxica, ademais dos presidentes deParaguai,Honduras,O Salvador,Ecuador,Albania,Croacia ePolonia, entre outros.[14]

Obras

[editar |editar a fonte]

Constitucións apostólicas

[editar |editar a fonte]

Encíclicas

[editar |editar a fonte]

As encíclicas do seu papado, por orde cronolóxica, foron as seguintes:[15]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "The List of Popes".Catholic Encyclopedia(en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2014. 
  2. Tornielli, 2000, pp. 11-12.
  3. Sgarbossa, 2000, p. 12
  4. Tornielli, 2000, p. 23.
  5. Tornielli, 2000, p. 25.
  6. Trevor, 2000, p. 47.
  7. Trevor, 2000, p. 62.
  8. Capovilla, 2001, p. 28.
  9. Capovilla, 2001, p. 29.
  10. BENIGNI, Mario (2000). San Paolo, ed.Giovanni XXIII: biografia ufficiale(en italiano). p. 208.ISBN 9788821542671. 
  11. "Xoán XXIII visitou Galicia en 1954, antes de ser Papa"Arquivado 11/03/2016, enWayback Machine., artigo enLa Voz de Galicia, 2 de setembro de 2000.
  12. News.va (ed.)."Decretos de la Congregación para las Causas de los Santos: Juan XXIII y Juan Pablo II Serán canonizados"(en castelán). Arquivado dendeo orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 6 de marzo de 2014. 
  13. Ver noticia
  14. La Vosz de Galicia, 27-04-1014.
  15. vatican.va (ed.)."Encicliche di Giovanni XXIII - La Santa Sede - Il Santo Padre"(en italiano). Consultado o 6 de marzo de 2014. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Xoán XXIII, papa

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Dende o establecemento da Igrexa (30)
Pedro  · Lino  · Anacleto  · Clemente I  · Evaristo  · Alexandre I  · Sisto I  · Telesforo  · Hixinio  · Pío I  · Aniceto  · Sotero  · Eutelo  · Vítor I  · Ceferino  · Calisto I  · Urbano I  · Ponciano  · Antero  · Fabián  · Cornelio  · Lucio I  · Estevo I  · Sisto II  · Dionisio  · Fiz  · Eutiquiano  · Caio  · Marcelino  · Marcelo  · Eusebio  · Melquíades
Dende oEdicto de Milán (313)
Silvestre I  · Marcos  · Xulio I  · Liberio  · Dámaso I  · Siricio  · Anastasio I  · Inocencio I  · Zósimo  · Bonifacio I  · Celestino I  · Sisto III  · León I  · Hilario  · Simplicio  · Xelasio I  · Anastasio II  · Símaco  · Hormisdas  · Xoán I  · Fiz III · Bonifacio  · Xoán II  · Agapito I  · Silverio  · Vixilio  · Paio I  · Xoán III  · Bieito I  · Paio II  · Gregorio I  · Sabiniano  · Bonifacio III  · Bonifacio IV  · Adeodato I  · Bonifacio V  · Honorio I  · Severino  · Xoán IV  · Teodoro I  · Martiño I  · Uxío I  · Vitaliano  · Adeodato II  · Dono  · Agatón  · León II  · Bieito II · Xoán V  · Conón  · Serxio I  · Xoán VI  · Xoán VII  · Sisinio  · Constantino  · Gregorio II  · Gregorio III  · Zacarías  · Estevo (II)  · Estevo II
Dende adoazón de Pipino (756)
Paulo  · Estevo III  · Hadrián I  · León III  · Estevo IV  · Pascual I  · Uxío II  · Valentino  · Gregorio IV  · Serxio II  · León IV  · Bieito III  · Nicolao I  · Hadrián II  · Xoán VIII  · Mariño I  · Hadrián III  · Estevo V  · Formoso  · Bonifacio VI  · Estevo VI  · Romano  · Teodoro II  · Xoán IX  · Bieito IV  · León V  · Serxio III  · Anastasio III  · Lando  · Xoán X  · León VI  · Estevo VII  · Xoán XI  · León VII  · Estevo VIII  · Mariño II  · Agapito II  · Xoán XII  · León VIII  · Bieito V  · Xoán XIII  · Bieito VI  · Bieito VII  · Xoán XIV  · Xoán XV  · Gregorio V  · Silvestre II  · Xoán XVII  · Xoán XVIII  · Serxio IV  · Bieito VIII  · Xoán XIX, papa  · Bieito IX  · Silvestre III  · Bieito IX  · Gregorio VI  · Clemente II  · Bieito IX  · Dámaso II  · León IX
Dende oGran Cisma (1054)
Vítor II  · Estevo IX  · Nicolao II  · Alexandre II  · Gregorio VII  · Vítor III  · Urbano II  · Pascual II  · Xelasio II  · Calisto II  · Honorio II  · Inocencio II  · Celestino II  · Lucio II  · Uxío III  · Anastasio IV  · Hadrián IV  · Alexandre III  · Lucio III  · Urbano III  · Gregorio VIII  · Clemente III  · Celestino III  · Inocencio III  · Honorio III  · Gregorio IX  · Celestino IV  · Inocencio IV  · Alexandre IV  · Urbano IV  · Clemente IV  · Gregorio X  · Inocencio V  · Hadrián V  · Xoán XXI  · Nicolao III  · Martiño IV  · Honorio IV  · Nicolao IV  · Celestino V  · Bonifacio VIII  · Bieito XI  · Clemente V  · Xoán XXII  · Bieito XII  · Clemente VI  · Inocencio VI  · Urbano V  · Gregorio XI  · Urbano VI  · Bonifacio IX  · Inocencio VII  · Gregorio XII  · Martiño V  · Uxío IV  · Nicolao V  · Calisto III  · Pío II  · Paulo II  · Sisto IV  · Inocencio VIII  · Alexandre VI  · Pío III  · Xulio II  · León X  · Hadrián VI  · Clemente VII  · Paulo III  · Xulio III  · Marcelo II  · Paulo IV
Dende aContrarreforma católica (1560)
Dende oConcilio Vaticano Segundo
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xoán_XXIII,_papa&oldid=7160140»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp