Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Xoán XII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xuño de 2017.)
Modelo:BiografíaXoán XII, papa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 937Editar o valor en Wikidata
Roma, ItaliaEditar o valor en Wikidata
Morte14 de maio de 964Editar o valor en Wikidata (26/27 anos)
Roma, ItaliaEditar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio,ictusEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Xoán de LatránEditar o valor en Wikidata
130ºPapa
16 de decembro de 955 – 14 de maio de 964(Gregoriano)
← Agapito IILeón VIII →Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católicaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballoRoma
Estados PontificiosEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico, gobernante, escritorEditar o valor en Wikidata
Influencias
Outro
TítuloCondeEditar o valor en Wikidata
PaisAlberico di RomaEditar o valor en Wikidata  e Alda da ItáliaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:John XII.
Encyclopædia BritannicaEditar o valor en Wikidata
WikiTree: Spoleto-44
Odón I e Xoán XII

Xoán XII, nado enRoma cara ao937 e finado o14 de maio de964, foi oPapa nº 132 daIgrexa católica.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Foi fillo ilexítimo deAlberico II e, polo tanto neto da famosa prostitutaMarozia (amante deSerxio III) e neto dameretrizTeodora, foi imposto polo seu pai antes da súa morte en 954, e elixido Papa trala morte deAgapito II.

De nome Octaviano, tiña no momento da súa elección menos de dezaoito anos e unha nula formación, tanto mundana como relixiosa. Ó acceder ó pontificado tomou o nome de Xoán XII, sendo o segundo Papa en mudar o seu nome despois deXoán II.

Durante o seu pontificado, considerado como un dos máis nefastos da historia da Igrexa pola cataduramoral do pontífice, o rei de ItaliaBerengario II intentou estender a súa soberanía sobre territorios da Igrexa, o que impulsou a Xoán XII a solicitar en 960 a axuda do rei alemánOdón I, ofrecéndolle como recompensa a coroa imperial.

Odón penetrou en Italia e tomouPavia, cidade que xa tomara durante o pontificado de Agapito II, pero nesta ocasión dirixiuse inmediatamente a Roma, onde foi coroado emperador o 2 de febreiro de 962, facendo que tanto o Papa como o pobo romano lle prestasen xuramento de fidelidade. Con esta coroación naceu oSacro Imperio Romano Xermánico.

Xoán XII e Odón I rubricaron a súa alianza o 13 de febreiro dese mesmo ano no documento coñecido comoPrivilegium Othonis, polo que o emperador confirmaba as doazóns territoriais feitas á Igrexa desde o reinado dePipino o Breve a cambio da aplicación da coñecidaConstitutio Lotharii, documento firmado en824 polo papaUxío II e o emperadorLotario I, que establecía que ningún papa sería consagrado ata que a súa elección fose aprobada polo emperador de Occidente, que o emperador exercía o máis alto poder xudicial sobre Roma, e onde se prestaba xuramento de lealdade entre Roma e o Imperio.

Este pacto mantívose só durante o tempo que Odón permaneceu en Roma, xa ó abandonar Italia, Xoán XII rompeu o xuramento de fidelidade e buscou alianzas cos bizantinos, os húngaros e os príncipes italianos para desembarazarse do flamante emperador.

Odón reaccionou cunha nova marcha militar sobre Roma, que obrigou a Xoán XII a fuxir da cidade. O emperador convocou un concilio en San Pedro en novembro de 963, no que depuxo ó Papa acusándoo de vicios como oincesto,perxurio,homicidio esacrilexio, imputacións completamente fundadas.

Inmediatamente despois foi elixido para substituílo o secretario do emperador, León, unsegrar que recibiu as ordes sagradas ese mesmo día e que tomou o nome deLeón VIII.

Xoán XII, que na súa fuxida levara o tesouro da Igrexa, organizou un exército co que regresou a Roma en febreiro de 964, unha vez que Odón regresara a Alemaña. Convocou un concilio que depuxo ó fuxido León VIII e dedicou os últimos días da súa existencia a vingarse dos seus opositores, o que motivou que Odón regresase novamente a Roma, aínda que ó chegar xa falecera Xoán XII.

Xoán XII faleceu o 14 de maio de 964, ó parecer asasinado por un marido que sorprendera ó Papa no leito da súa muller, aínda que outra versión di que morreu deapoplexía en pleno acto sexual.

Informes do seu tempo concordan co seu desinterese no espiritual, a súa afección a paceres groseiros e a súa vida disoluta sen inhibicións.

Dende o establecemento da Igrexa (30)
Pedro  · Lino  · Anacleto  · Clemente I  · Evaristo  · Alexandre I  · Sisto I  · Telesforo  · Hixinio  · Pío I  · Aniceto  · Sotero  · Eutelo  · Vítor I  · Ceferino  · Calisto I  · Urbano I  · Ponciano  · Antero  · Fabián  · Cornelio  · Lucio I  · Estevo I  · Sisto II  · Dionisio  · Fiz  · Eutiquiano  · Caio  · Marcelino  · Marcelo  · Eusebio  · Melquíades
Dende oEdicto de Milán (313)
Silvestre I  · Marcos  · Xulio I  · Liberio  · Dámaso I  · Siricio  · Anastasio I  · Inocencio I  · Zósimo  · Bonifacio I  · Celestino I  · Sisto III  · León I  · Hilario  · Simplicio  · Xelasio I  · Anastasio II  · Símaco  · Hormisdas  · Xoán I  · Fiz III · Bonifacio  · Xoán II  · Agapito I  · Silverio  · Vixilio  · Paio I  · Xoán III  · Bieito I  · Paio II  · Gregorio I  · Sabiniano  · Bonifacio III  · Bonifacio IV  · Adeodato I  · Bonifacio V  · Honorio I  · Severino  · Xoán IV  · Teodoro I  · Martiño I  · Uxío I  · Vitaliano  · Adeodato II  · Dono  · Agatón  · León II  · Bieito II · Xoán V  · Conón  · Serxio I  · Xoán VI  · Xoán VII  · Sisinio  · Constantino  · Gregorio II  · Gregorio III  · Zacarías  · Estevo (II)  · Estevo II
Dende adoazón de Pipino (756)
Paulo  · Estevo III  · Hadrián I  · León III  · Estevo IV  · Pascual I  · Uxío II  · Valentino  · Gregorio IV  · Serxio II  · León IV  · Bieito III  · Nicolao I  · Hadrián II  · Xoán VIII  · Mariño I  · Hadrián III  · Estevo V  · Formoso  · Bonifacio VI  · Estevo VI  · Romano  · Teodoro II  · Xoán IX  · Bieito IV  · León V  · Serxio III  · Anastasio III  · Lando  · Xoán X  · León VI  · Estevo VII  · Xoán XI  · León VII  · Estevo VIII  · Mariño II  · Agapito II  · Xoán XII  · León VIII  · Bieito V  · Xoán XIII  · Bieito VI  · Bieito VII  · Xoán XIV  · Xoán XV  · Gregorio V  · Silvestre II  · Xoán XVII  · Xoán XVIII  · Serxio IV  · Bieito VIII  · Xoán XIX, papa  · Bieito IX  · Silvestre III  · Bieito IX  · Gregorio VI  · Clemente II  · Bieito IX  · Dámaso II  · León IX
Dende oGran Cisma (1054)
Vítor II  · Estevo IX  · Nicolao II  · Alexandre II  · Gregorio VII  · Vítor III  · Urbano II  · Pascual II  · Xelasio II  · Calisto II  · Honorio II  · Inocencio II  · Celestino II  · Lucio II  · Uxío III  · Anastasio IV  · Hadrián IV  · Alexandre III  · Lucio III  · Urbano III  · Gregorio VIII  · Clemente III  · Celestino III  · Inocencio III  · Honorio III  · Gregorio IX  · Celestino IV  · Inocencio IV  · Alexandre IV  · Urbano IV  · Clemente IV  · Gregorio X  · Inocencio V  · Hadrián V  · Xoán XXI  · Nicolao III  · Martiño IV  · Honorio IV  · Nicolao IV  · Celestino V  · Bonifacio VIII  · Bieito XI  · Clemente V  · Xoán XXII  · Bieito XII  · Clemente VI  · Inocencio VI  · Urbano V  · Gregorio XI  · Urbano VI  · Bonifacio IX  · Inocencio VII  · Gregorio XII  · Martiño V  · Uxío IV  · Nicolao V  · Calisto III  · Pío II  · Paulo II  · Sisto IV  · Inocencio VIII  · Alexandre VI  · Pío III  · Xulio II  · León X  · Hadrián VI  · Clemente VII  · Paulo III  · Xulio III  · Marcelo II  · Paulo IV
Dende aContrarreforma católica (1560)
Dende oConcilio Vaticano Segundo
Control de autoridades

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobrePapas é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xoán_XII,_papa&oldid=6899284»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp