Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Xoán Paulo II, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo contén variasligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto.
Por favor,mellora o artigo introducindonotas ao pé,citando as fontes.
Podes ver exemplos de como se fainestes artigos.
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto
Asreferencias deste artigo non teñen unformato correcto. Podes colaborar editándoas como se indicanesta páxina.
Pode axudar amellorar este artigo e outros encondicións semellantes.
Modelo:BiografíaSan Xoán Paulo II

(1980)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pl)Karol Józef WojtyłaEditar o valor en Wikidata
18 de maio de 1920Editar o valor en Wikidata
Wadowice, Polonia(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Morte2 de abril de 2005Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Roma, ItaliaEditar o valor en Wikidata
Causa da mortesenilidade
sepse
párkinson
infarto agudo de miocardioEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Pedro41°54′09″N12°27′16″L / 41.90245,12.45437
Tomb of John Paul II(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
264ºPapa
16 de outubro de 1978 – 2 de abril de 2005
← Xoán Paulo IBieito XVI →
Vice-President of the Polish Episcopal Conference(en)TraducirConferência Episcopal da Polônia(pt)Traducir
1969 – 1978 –Franciszek Macharski →
São Cesário em Palatio(pt)Traducir
28 de xuño de 1967 – 2 de abril de 2005
Nomeado por:Paulo VI, papa
Cardeal
26 de xuño de 1967 – 2 de abril de 2005
Arcebispo de Cracovia
13 de xaneiro de 1964 – 16 de outubro de 1978
← Adam Stefan SapiehaFranciszek Macharski →
Bispo titular
31 de agosto de 1958 – 13 de xaneiro de 1964
← James Johnston Navagh(en)TraducirAntónio de Castro Xavier Monteiro(pt)Traducir →
Diocese:Ombi(pt)Traducir
Bispo auxiliar
4 de xullo de 1958 – 13 de xaneiro de 1964
Bispo titular
4 de xullo de 1958 – 31 de agosto de 1958
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo polacoEditar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica ecatolicismoEditar o valor en Wikidata
EducaciónTheology faculty of the Jagiellonian University(en)Traducir-Doctor of Sacred Theology(en)Traducir (1953–1954)
Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino-Licentiate of Sacred Theology(en)Traducir (1946–1947)
Universidade Católica de LublinEditar o valor en Wikidata
Tese académicaThe Problems of Faith in the Works of St. John of the Cross(en)TraducirEditar o valor en Wikidata (1948Editar o valor en Wikidata)
Director de teseWładysław Wicher(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMinisterio petrino,poesía,drama escientific writing(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Lugar de traballoZakrzówek(en)Traducir
Lublin
Roma
Cracovia
Borek Fałȩcki(en)Traducir
Niegowić(pt)Traducir
Cidade do VaticanoEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1958–2005), sacerdote católico latino (1946–2005), diácono católico romano(pt)Traducir (1946–2005), diácono transitorio (1946–1946), arcebispo, catedrático, filósofo, activista polos dereitos humanos, escritor, político, autobiógrafo, poeta, autorEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1978Editar o valor en Wikidata - 2005Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Iaguelónica de Cracovia
Universidade Católica de LublinEditar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enActuación,montañismo,esquí,salto de esquí,piragüismo,turismo ecicloturismoEditar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioAndrzej Jawień
Stanisław Andrzej Gruda
Piotr JasieńEditar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarArmia Krajowa(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
ConsagraciónEugeniusz Baziak(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa22 de outubroEditar o valor en Wikidata
Participou en
1995Jornada Mundial da Juventude de 1995(pt)Traducir
28 de maio de 1982Pope John Paul II's visit to the United Kingdom(en)Traducir
12 de maio de 1982Q9386425Traducir
13 de maio de 1981Tentativa de assassinato do Papa João Paulo II(pt)Traducir
1979Q9132314Traducir
14 de outubro de 1978conclave de outubro de 1978
26 de agosto de 1978conclave de agosto de 1978
11 de outubro de 1962Concilio Vaticano Segundo
Q9136660Traducir
Pope John Paul II visit in Israel(en)Traducir
Jornada Mundial da Juventude de 1986(pt)Traducir
Q65175176Traducir
Jornada Mundial da Juventude de 1991(pt)Traducir
Q86687266TraducirEditar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valorEditar o valor en Wikidata
PaisKarol WojtyłaEditar o valor en Wikidata  e Emilia WojtyłaEditar o valor en Wikidata
IrmánsEdmund WojtyłaEditar o valor en Wikidata
Cronoloxía
27 de abril de 2014canonización (Praza de San Pedro)
1 de maio de 2011beatificación (Praza de San Pedro)
8 de abril de 2005funeral
20 de setembro de 1996visita pastoral(pt)Traducir (shrine of Sainte-Anne d'Auray(en)Traducir)
26 de xuño de 1967proclamación cardenalicia, perPaulo VI, papa
28 de setembro de 1958Consagración Episcopal de Rito Romano da Igrexa Católica (Catedral de Wawel(pt)Traducir)
1 de novembro de 1946ordenación sacerdotal no rito latino, perAdam Stefan Sapieha
20 de outubro de 1946ordenação diaconal(pt)Traducir, perAdam Stefan SapiehaEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Иоанн Павел II)
Den Store Danske Encyklopædi(pt)Traducir
Wojtyla segreto(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Sitio webvatican.va…Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0937552Allocine: 36923
BNE: XX1054221Dialnet: 257606Musicbrainz: b3e2a4cb-3e2b-4d77-b744-89dc43e8362bDiscogs: 710815WikiTree: Wojtyla-13Find a Grave: 10717244Editar o valor en Wikidata

Xoán Paulo II (enlatín,Ioannes Paulus PP. II), nado co nome deKarol Józef Wojtyła (AFI: [ˈkarɔl ˈjuzɛf vɔjˈtɨwa]) enWadowice o18 de maio de1920 e finado naCidade do Vaticano o2 de abril de2005, foi o papanúmero 264 daIgrexa católica. De orixepolaca, foi o primeiro Pontífice non italiano dendeHadrián VI, finado en1523. O seu pontificado de 26 anos foi o terceiro máis longo nahistoria da Igrexa católica, despois do deSan Pedro (crese que entre 34 e 37 anos) e o dePío IX (31 anos).

Foi considerado, segundo a revistaTime, un dos líderes máis influentes doséculo XX,[1] e considérase que axudou á fin dos réximescomunistas enPolonia e no resto de Europa.[2] No seu pontificado melloraron significativamente as relacións da Igrexa católica coxudaísmo, coislam, coaIgrexa ortodoxa e coaComuñón Anglicana. Algúns sectores criticárono por manter a postura contraria da Igrexa ante aanticoncepción e aordenación de mulleres, mentres que tamén foi criticado polo seu apoio aoConcilio Vaticano Segundo e ás súas reformas; porén, tamén foi gabado pola súa postura firme e ortodoxa en canto ádoutrina católica.

Perspectiva xeral

[editar |editar a fonte]
Xoán Paulo II na súa visita ao Brasil.

Xoán Paulo II enfatizou o que el denominou a «chamada universal á santidade». Tentou definir o papel daIgrexa católica no mundo moderno de cara a unha novaevanxelización, o pulo doecumenismo e a contribución á construción dun mundo máis xusto e máis humano (o que denominou acivilización do amor). Denunciou o que considerou erros ideolóxicos propios docomunismo, omarxismo, ofeminismo, oimperialismo, orelativismo, omaterialismo, ofascismo (incluíndo onazismo), oracismo e ocapitalismo e as súas consecuencias. En moitos sentidos, loitou contra aopresión, osecularismo e apobreza cunha constante defensa dosdereitos humanos, a dignidade da persoa e a diversidade cultural dos pobos.

A pesar de que mantivo relacións amigábeis con moitos dirixentes occidentais, rexeitou profundamente oconsumismo por consideralo culpable da corrosión espiritual dos países occidentais, e a orientaciónhedonista das súas poboacións. Acusou tamén a Occidente dun egoísmo insolidario cos desherdados da terra.

O seu labor en Polonia foi un factor relevante na apertura dos países do vello bloque soviético, tal como recoñeceu o propioMikhail Gorbachev.

Dende o punto de vista doutrinal, mantívose equidistante. Rexeitou as formulacións máis radicais dateoloxía da liberación, unha teoloxía comprometida cos procesos revolucionarios de Latinoamérica. Pero foi máis contundente con MonseñorLefevbre, coñecido polas súas posicións ultraconservadoras, a quen acabou excomungando. Elevou ao cardealado a teólogos perseguidos no seu día polas súas ideas aperturistas (Yves Congar,Henri de Lubac ouHans Urs von Balthasar), pero foi inflexible con outros comoHans Küng, xa sancionado porPaulo VI, ouLeonardo Boff).

Na súa loita contra o que denominou acultura da morte, foi criticado polas súas posicións contrarias á anticoncepción, opreservativo, oaborto, aeutanasia e afecundación artificial.

Maior recoñecemento suscitou a súa defensa da paz nos máis diversos conflitos bélicos e, moi particularmente, a súa condena da guerra deIraq.

Xoán Paulo II foi coñecido como o Papa Viaxeiro por percorrer distancias máis grandes que os seus predecesores.

Beatificou 1 340 persoas, máis que calquera dos papas anteriores. OVaticano confirmou que canonizou máis xente que a suma dos seus predecesores nos anteriores cinco séculos, e dunha gran variedade de culturas.[3] Este feito é difícil de demostrar, xa que as crónicas de moitas das máis temperás canonizacións están incompletas ou perdidas.

En febreiro de 2004 foi nomeado para oPremio Nobel da Paz honrando o seu traballo de oposición á opresión comunista e o seu traballo a prol da xustiza.[4]

Xoán Paulo II morreu o2 de abril de2005 tras unha longa loita contra adoenza de Parkinson e outras enfermidades. Inmediatamente trala súa morte, moitos dos católicos de todo o mundo demandaron que fose declarado santo o máis pronto posible, aos berros de «Santo Subito» («Santo xa» enitaliano). Tanto o xornalL'Osservatore Romano comoBieito XVI, refírense a el como o Grande.

Xoán Paulo II foi sucedido poloCardenal Joseph Ratzinger deAlemaña, antigo prefecto daCongregación para a Doutrina da Fe que celebrou o funeral.

Biografía

[editar |editar a fonte]

Vida temperá

[editar |editar a fonte]
Emilia e Karol Wojtyła (pai) no día do seu casamento.

Karol Józef Wojtyła naceu o18 de maio de1920 enWadowice, no sur dePolonia, e foi o menor dos tres fillos que tiveron Karol Wojtyła e Emilia Kaczorowska. A súa nai morreu en 1929, canto el tiña oito anos. O seu pai criouno de maneira que puido estudar. O seu irmán, que traballaba demédico, morreu cando Karol tiña uns 12 anos. A súa xuventude estivo marcada polos longos contactos coa comunidade xudía deWadowice. Xogaba aofútbol a miúdo, habitualmente como gardameta.[5]

Karol ingresou naUniversidade enCracovia. Traballou voluntariamente como bibliotecario e fixo o servizo militar obrigatorio na Lexión Académica. Na súa xuventude foiatleta,actor edramaturgo e aprendeu como mínimo doce idiomas durante a súa vida, entre eleslatín,ucraíno,grego,castelán,portugués,francés,italiano,alemán,inglés e, por suposto,polaco. Tamén adquiriu un certo dominio doruso.

Durante asegunda guerra mundial e a conseguinte ocupación nazi, todos os estudantes da Universidade foron arrestados e a Universidade suprimida. Todos os homes en idade de traballar debían ter un traballo. El traballou como mensaxeiro para un restaurante e como obreiro nunha canteira.

O seu pai morreu cando el tiña 22 anos.

Sacerdocio

[editar |editar a fonte]
Estatua de Xoán Paulo II na Catedral da Almudena, Madrid.

En 1942, en pleno dominio nazi, ingresou noseminario clandestino dirixido poloarcebispo de Cracovia,o cardeal Sapieha. Karol Wojtyła foiordenadosacerdote o1 de novembro de1946, polo mesmo arcebispo Sapieha, co que se confirmara. Pouco despois, comezou a estudarTeoloxía naUniversidade Pontificia de San Tomé de Aquino, onde acadou unha licenciatura e despois un doutoramento en Teoloxía Sacra. A súa investigación versou sobre aDoctrina de fide apud S. Ioannem a Cruce (A doutrina da fe de acordo a San Xoán da Cruz). Aínda que o seu traballo foi unanimemente aprobado en xuño de 1948, foille denegado o doutoramento porque non podía permitirse imprimir o texto da súa exposición. En decembro dese ano, un texto revisado da súa exposición foi aprobado pola facultade teolóxica da Universidade de Cracovia, e Wojtyła acadou finalmente o título.

Conseguiu un segundo doutoramento, baseado nunha avaliación da posibilidade de establecer unha ética católica no marco do sistema ético dafenomenoloxía deMax Scheler e a súa ética dos valores, en 1954. Como sucedera co primeiro, tivo que agardar a obter o título. Esta vez, as autoridades comunistas prohibiron á facultade da Universidade de Cracovia outorgar o título. Xunto coa súa habilitación naUniversidade Católica de Lublín, finalmente obtivo o doutoramento enFilosofía en 1957 desa institución, onde obtivo a Cátedra de Ética en 1956.

Bispo e cardeal

[editar |editar a fonte]

O4 de xullo de1958 o papaPío XII nomeouno bispo auxiliar daarquidiocese de Cracovia. Foi convocado a Varsovia para reunirse coprimado de Polonia, o cardealStefan Wyszyński, quen o informou de dito nomeamento. Accedeu a traballar comobispo auxiliar do arcebispoEugeniusz Baziak, e foi ordenado bispo o28 de setembro de1958 co título debispo titular deOmbi. Karol Wojtyła converteuse así, con 38 anos, no bispo máis novo dePolonia. O principal consagrador foi o propio Baziak, e os co-consagradores foron os bispos auxiliaresBoleslaw Kominek eFranciszek Jop. Baziak finou en xuño de1962, e Wojtyła foi seleccionado vicario capitular (administrador temporal) da arquidiocese.

En 1962 tomou parte noConcilio Vaticano Segundo, onde fixo achegas aoDecreto sobre a liberdade relixiosa (Dignitatis Humanae) e áConstitución Pastoral da Igrexa e o mundo moderno (Gaudium et Spes). Participou asemade noSínodo dos Bispos. En decembro de 1963 o papaPaulo VI nomeounoarcebispo de Cracovia. O26 de xuño de1967, Paulo VI anunciou a elevación do arcebispo Wojtyła aoSagrado Colexio de Cardeais, sendo o segundo máis novo do devandito colexio (47 anos) e recibindo o título de cardeal-presbítero deSan Cesareo in Palatio. No mesmo ano, contribuíu significativamente áencíclicaHumanae Vitae, que abordou en profundidade a postura católica contraria á anticoncepción.

Un papa para Polonia

[editar |editar a fonte]
Escudo de Xoán Paulo II. O «M» é pola Virxe María, a quen tiña moita devoción

En agosto de 1978, trala morte de Paulo VI, participou noconclave que elixiu papa aXoán Paulo I. Con 65 anos, era considerado novo para os estándares papais. De todos os xeitos, Xoán Paulo I, feble de saúde, morreu despois de tan só 33 días de papado, o que levou á celebración dun novo conclave.

As votacións no segundo conclave dividíronse principalmente entre dous candidatos: ocardeal Giuseppe Siri, oarcebispo de Xénova; e o cardeal Giovanni Benelli, oarcebispo de Florencia. Nas primeiras votacións, Benelli parecía o futuro papa. Finalmente Wojtyła converteuse no elixido, en parte grazas ao apoio do cardealFranz König e outros que antes apoiaran ao cardeal Siri.

Converteuse no papa 264º de acordo coalista de papas cronolóxica. Con 58 anos de idade, foi o papa máis novo elixido dendePío IX en1846. Como o seu inmediato predecesor, Xoán Paulo II prescindiu da tradicional coroación papal e no canto diso recibiu a investidura eclesiástica coa simplificada inauguración papal o22 de outubro de1978. Durante a súa inauguración, cando os cardeais se axeonllaban diante del, tomaban os seus votos e bicaban o seu anel, ergueuse cando o primado polacocardeal Stefan Wyszynski se axeonllou, parouno cando lle ía bicar o anel e ergueuno. Comobispo de Roma tomou posesión da súacatedral, o12 de novembro de1978.

Atentados

[editar |editar a fonte]

O13 de maio de1981 Xoán Paulo II foi ferido por un disparo deMehmet Ali Ağca, un pistoleiro turco, cando entraba naPraza de San Pedro nunha audiencia. Ağca foi capturado e sentenciado á cadea. Dous días despois doNadal de 1983, Xoán Paulo II visitou o cárcere onde Ağca estaba encerrado e falaron en privado durante 20 minutos. Xoán Paulo II dixo: «O que temos falado permanecerá como un segredo entre el e mais eu. Faleille como a un irmán a quen perdoei e que ten a miña completa confianza».

O2 de marzo de2006, unha comisión parlamentaria italiana concluíu que o Kremlin estaba detrás do atentado, en relación co apoio de Xoán Paulo II aSolidariedade, o sindicato católico obreiro polaco, unha tese que foi enseguida apoiada porMichael Ledeen e polaCIA no seu momento. A investigación estableceu que algúns departamentos de seguridade búlgaros foron empregados para manter oculto o papel desempeñado polaUnión Soviética. De todos os xeitos, hai outras teorías alternativas, e o mesmo papa declarou durante unha visita a Bulgaria en maio de 2003 que aquel país non tiña nada que ver coa tentativa de asasinato. O infrutuoso asasino era tamén membro da organización ultranacionalista turca osLobos Grises, que foran supostamente infiltrados polosGladio, unha organización paramilitar relacionada coa OTAN creada para prever unha posible invasión soviética de Turquía[6]. Bulgaria e Rusia rebateron as conclusións da comisión italiana, resaltando o feito de que o mesmo papa negara a conexión búlgara. Esta tese é tamén a trama da novela deTom ClancyCoello Vermello, publicada en 2002.

Outra tentativa de asasinato tivo lugar o12 de maio de1982, xusto un día antes do aniversario do anterior atentado da súa vida, enFátima,Portugal cando un home tentou cravarlle unha baioneta, pero foi detido polos gardas de seguridade. O asaltante, un sacerdote español ultraconservador de dereitas chamado Juan María Fernández y Krohn, opúñase ás medidas do Concilio Vaticano Segundo e chamou ao papa «axente deMoscova». Foi privado do seu cargo sacerdotal e cumpriu unha condena de seis anos.

Saúde

[editar |editar a fonte]
Xoán Paulo II o 22 de setembro de 2004.

Cando comezou o seu papado en 1978, Xoán Paulo II era un ávido deportista, que gozaba cosendeirismo e coanatación. No momento do seu nomeamento, con 58 anos, tiña moi boa saúde e era moi activo; corría polos xardíns do Vaticano (co horror do persoal vaticano, que o informou de que podía ser visto correndo polos turistas que subían ao máis alto da cúpula da Basílica de San Pedro. A resposta do papa foi «e que?»), nadaba e escalaba montañas.[Cómpre referencia]

Xoán Paulo foi moi comparado,[quen?] pola súa boa forma, cos papas de mala saúdeXoán Paulo I ePaulo VI, coa gordura deXoán XXIII e co sempre famélicoPío XII. O único papa moderno que gozara dunha boa saúde foraPío XI, que fora tamén un gran montañeiro.

En 1981 a súa saúde sufriu un gran golpe trala primeira tentativa de asasinato. A ferida da bala causoulle severas hemorraxias, e a presión sanguínea do papa baixou moito. Ademais, tívoselle que practicar unhacolostomía. Non obstante, mantivo unha aparente boa condición física ao longo dos 80.

A partir de 1992, a saúde de Xoán Paulo II comezou a declinar lentamente. Comezou a sufrir dificultade no falar e no oír. Aínda que non foi oficialmente confirmado polaCuria Romana ata o 2003, moitos expertos coincidían en que o Pontífice sufría depárkinson. A diferenza entre o atlético papa dos anos 70 e o fráxil papa dos 90 era moi rechamante. De ter unha forma física moi superior á dos seus predecesores, declinou fisicamente moito máis do que era normal nos outros pontífices.

En febreiro de 2005, Xoán Paulo II foi ingresado no hospital cunhainflamación delarinxe, como resultado dunhagripe. Aínda que lle foi dada a alta médica, ingresou novamente un mes despois con dificultades respiratorias. Foille practicada unhatraqueotomía, limitándoselle as facultades de falar.

En marzo de 2005, boa parte da opinión pública consideraba ao papa preto da morte;[Cómpre referencia] e isto foi confirmado polo Vaticano uns poucos días antes do seu pasamento.

Morte

[editar |editar a fonte]
Estatua de Xoán Paulo II enKošice,Eslovaquia. A estatua foi inaugurada poloCardenal Stanisław Dziwisz, antigo secretario privado do papa.

O31 de marzo de2005 o papa contraeu unhafebre moi alta.[7] Despois dese día as fontes do Vaticano anunciaron que Xoán Paulo II recibira aunción de enfermos polo seu amigo e secretarioStanisław Dziwisz. Durante os derradeiros días da súa vida, as luces permaneceron acesas durante a noite nas súas estancias doPalacio Apostólico.

Milleiros de persoas foron chegando ao Vaticano, ateigando aPraza de San Pedro e os arredores, e mantiveron unha vixilia completa durante dous días. Aproximadamente ás 15:30 CEST, Xoán Paulo II pronunciou as súas derradeiras palabras aos seus axudantes: «Marcho á casa do Pai», no seu polaco nativo, e entrou nuncoma durante unhas catro horas.[8] Morreu nas súas estancias, ás 21:37CEST (19:37UTC) o2 de abril. A misa da vixilia do segundo domingo de Ppascua foi celebrada a carón do seu leito. Varios axudantes estaban presentes, así como varias monxas polacas da Congregación das Irmás Serventes do Sagrado Corazón de Xesús.

Unha multitude de dous millóns[9][10] de persoas ateigaban a Cidade do Vaticano. Os polacos sufriron particularmente pola súa morte. A exposición pública do seu corpo naBasílica de San Pedro levou a máis de catro millóns[Cómpre referencia] de persoas á Cidade do Vaticano e foi unha das peregrinacións máis grandes dahistoria do Cristianismo[Cómpre referencia]. Moitos líderes mundiais expresaron as súas condolencias e ordenaron que as bandeiras dos seus países ondeasen a media hasta. Numerosos países de maioría católica, e incluso algúns con só unha pequena poboación católica, declararon loito nacional por Xoán Paulo II.

Funeral

[editar |editar a fonte]
Atumba de Xoán Paulo II.

A morte do papa Xoán Paulo II puxo en movementorituais e tradicións que datan da épocamedieval. Orito da Visitación tivo lugar dende o4 até o7 de abril naBasílica de San Pedro. O8 de abril a misa deréquiem foi oficiada polo decano do Colexio de Cardeais,Joseph Ratzinger, quen se convertería no próximo papa baixo o nome de Bieito XVI. Estímase que foi o funeral máis seguido de todos os tempos.[Cómpre referencia]

Xoán Paulo II foi enterrado nas grutas baixo a basílica, a Tumba dos Papas. Foi depositado nunha tumba que fora creada no mesmo nicho que ocuparan os restos dopapa Xoán XXIII. O nicho estaba baleiro dende que os seus restos foran trasladados ao corpo principal da basílica trala súabeatificación por Xoán Paulo II en 2000.

«Por última vez o mundo congregouse nunha xuntanza histórica para honrar un home que impactou a todos. Cinco reis, catro raíñas, 70 presidentes e primeiros ministros, 164 cardeais. Os pobres e os privilexiados».[11]

Proceso de beatificación

[editar |editar a fonte]

Canonización

[editar |editar a fonte]

O5 de xullo de2013 opapa Francisco asinou o decreto que autoriza acanonización de Xoán Paulo II e deXoán XXIII.

O30 de setembro do mesmo ano, anunciouse que a cerimonia conxunta de canonización de ambos os papas tería lugar en abril de2014.[14]

Finalmente, o27 de abril de2014, ante unha multitude congregada napraza de San Pedro doVaticano, que se estima nuns 800 000 peregrinos chegados de todo o mundo, o papaFrancisco proclamou a canonización Xoán Paulo II, xunto á deXoán XXIII, pedindo enlatín, coa fórmula ritual, que se inscribise aos dous papas noLibro dos Santos. Foi un día histórico, xa chamado «o dos catro papas», debido a que, ademais de que Francisco proclamou santos a Karol Wojtyła e Angelo Roncalli, á esquerda do altar onde se concelebrou a misa, estivo o papa eméritoBieito XVI, a quen o papa arxentino abrazou antes de comezar a cerimonia e ao finalizar a mesma. Na homilía da misa, Francisco destacou que ambos os novos santos «restauraron e actualizaron a Igrexa» á súa imaxe orixinal. O papa terminou a cerimonia saudando as 93 delegacións asistentes, entre as que había 24 xefes de Estado e de Goberno, e entre os que se encontraban os reis deEspaña e deBélxica, ademais dos presidentes deParaguai,Honduras,O Salvador,Ecuador,Albania,Croacia ePolonia, entre outros.[15]

Traballo en vida

[editar |editar a fonte]

Encíclicas

[editar |editar a fonte]
  • Ecclesia de Eucharistia (2003), sobre a eucaristía como centro da vida da Igrexa
  • Fides et Ratio (1998), sobre a compatibilidade entre fe erazón
  • Ut Unum Sint (1995), sobre a unidade dos cristiáns
  • Evangelium Vitae (1995), sobre o valor de todas as dimensións da vida humana
  • Veritatis Splendor (1993), sobre a moral cristiá baseada noamor
  • Centesimus Annus(1991), sobre a aposta da Igrexa a prol daxustiza social trala caída do comunismo
  • Redemptoris Missio (1990), sobre a evanxelización como proposición e non como imposición
  • Sollicitudo Rei Socialis (1987), sobre a crítica aocapitalismo e aomarxismo e a doutrina social da Igrexa
  • Redemptoris Mater (1987), sobre a preeminencia deMaría na historia da salvación e na Igrexa
  • Dominum et Vivificantem (1986), sobre o poder transformador doEspírito Santo
  • Slavorum Apostoli (1985), sobre a evanxelización dos pobos eslavos
  • Laborem Exercens (1981), sobre a dignidade do traballo e osdereitos inalienables dos traballadores
  • Dives in Misericordia (1980), sobre a misericordia como elemento central do cristianismo
  • Redemptor Hominis (1979), sobreXesús de Nazaret como resposta ás arelas do home

Exhortacións apostólicas

[editar |editar a fonte]
  • Pastores Gregis (2003)
  • Ecclesia in Europa (2003)
  • Ecclesia in Oceania (2001)
  • Ecclesia in Asia (1999)
  • Ecclesia in America (1999)
  • Una esperanza nueva para el Líbano (1997)
  • Vita Consecrata (1996)
  • Ecclesia in Africa (1995)
  • Pastores Dabo Vobis (1992)
  • Redemptoris Custos (1989)
  • Christifideles Laici (1988)
  • Reconciliatio et Paenitentia (1984)
  • Redemptionis Donum (1984)
  • Familiaris Consortio (1981)
  • Catechesi Tradendae (1979)

Outros documentos da súa autoría

[editar |editar a fonte]
  • Carta apostólicaNovo Milenio Ineunte (2001)
  • Carta apostólicaMulieris Dignitatem (1988)
  • Carta apostólicaDilecti Amici (1985)

Outros documentos elaborados durante o seu mandato

[editar |editar a fonte]
  • Código de Dereito Canónico, promulgado en 1983
  • Catecismo da Igrexa católica, aprobado en 1992
  • Compendio da doutrina social da Igrexa católica, elaborado polo Pontificio Consello Xustiza e Paz, 2005

Ensinanzas

[editar |editar a fonte]

Como papa, Xoán Paulo II escribiu 14encíclicas e ensinou sobre a «teoloxía do corpo». Algúns textos de especial importancia foron a encíclicaEcclesia de Eucharistia, a exhortación apostólicaReconciliatio et Paenitentia e a encíclicaRedemptoris Mater.

Xesús

[editar |editar a fonte]

Xesús, sobre todo co seu estilo de vida e coas súas accións, demostrou como no mundo en que vivimos está presente o amor, o amor operante, o amor que se dirixe ao home e abraza todo o que forma a súa humanidade. Este amor faise notar particularmente no contacto co sufrimento, a inxustiza, a pobreza; en contacto con toda a condición humana histórica, que de distintos modos manifesta a limitación e a fraxilidade do home, quer física, quer moral (EncíclicaDives in misericordia).

Sexualidade

[editar |editar a fonte]

O corpo xa non se considera como realidade tipicamente persoal, signo e lugar de relacións cos demais, con Deus e co mundo. Redúcese a pura materialidade: está simplemente composto por órganos, funcións e enerxías que hai que usar consonte a criterios de mero goce e eficiencia. Xa que logo a sexualidade despersonalízase e instrumentalízase: de signo, lugar e linguaxe do amor, é dicir, do don de si mesmo e da acollida do outro segundo a riqueza da persoa, pasa a ser cada vez máis ocasión e instrumento de afirmación do propio eu e da satisfacción egoísta dos propios desexos e instintos (EncíclicaEvangelium Vitae).

Amor

[editar |editar a fonte]

O home non pode vivir sen amor. El permanece para si mesmo un ser incomprensible, a súa vida está privada de sentido se non se lle revela o amor, se non se encontra co amor, se non o experimenta e o fai propio, se non participa del vivamente (EncíclicaRedemptor Hominis).

Perdón

[editar |editar a fonte]

Á luz da fe, a solidariedade tende a superarse a si mesma, a revestirse das dimensións especificamente cristiás da gratuidade total, perdón e reconciliación... O próximo, xa que logo, debe ser amado, aínda que sexa inimigo, co mesmo amor co que o ama o Señor, e por el se debe estar disposto ao sacrificio, incluso extremo: dar a vida polos irmáns (EncíclicaSollicitudo rei socialis).

Moral cristiá

[editar |editar a fonte]

A vida moral preséntase como a resposta debida ás iniciativas gratuítas que o amor de Deus multiplica a prol do home. É unha resposta de amor (EncíclicaVeritatis Splendor).

Non debe buscarse ningunha recompensa maior que o amor mesmo (EncíclicaVeritatis Splendor).

O amor e a vida segundo o Evanxeo non poden propoñerse ante todo baixo a categoría de precepto, porque o que esixen supera as forzas do home. Só son posibles como froito dun don de Deus que sanda, cura e transforma o corazón do home por medio da súa graza (EncíclicaVeritatis Splendor).

O amor é tamén o único criterio segundo o cal todo debe facerse e non facerse, cambiarse e non cambiarse. É o principio que debe dirixir toda acción e o fin ao que debe tender. Actuando con amor ou inspirados polo amor, nada é desconforme e todo é bo (EncíclicaRedemptoris missio).

Ecoloxía

[editar |editar a fonte]

Na raíz da insensata destrución do medio natural hai un erro antropolóxico por desgraza moi difundido no noso tempo... o home cre que pode dispoñer arbitrariamente da terra, someténdoa sen reservas á súa vontade como se ela non tivese unha fisionomía propia... (EncíclicaCentessimus Annus).

Pena de morte

[editar |editar a fonte]

Nin sequera o homicida perde a súa dignidade persoal e Deus mesmo faise o seu garante (EncíclicaEvangelium vitae).

Aborto

[editar |editar a fonte]

Non raramente a muller está sometida a presións tan fortes que se sente obrigada psicoloxicamente a ceder ao aborto: non hai dúbida de que neste caso a responsabilidade moral afecta particularmente aos que directa e indirectamente a forzaron a abortar (EncíclicaEvangelium vitae).

Eutanasia

[editar |editar a fonte]

Cando a morte se prevé inminente e inevitable, pódese en conciencia renunciar a uns tratamentos que procurarían unha prolongación precaria e penosa da existencia.

Xa Pío XII afirmaba que é licito suprimir a dor por medio de narcóticos, a pesar de ter como consecuencia limitar a conciencia e abreviar a vida (EncíclicaEvangelium Vitae).

Sentido da vida

[editar |editar a fonte]

O sentido máis verdadeiro e profundo da vida é ser un don que se realiza ao darse (EncíclicaEvangelium vitae).

Satán

[editar |editar a fonte]

O espírito das tebras é capaz de amosar a Deus como inimigo da propia criatura e, ante todo, como inimigo do home, como fonte de perigo e ameaza para o home. Deste xeito,Satán enxerta no ánimo do home o xermolo da oposición daquel que dende o principio debe ser considerado como inimigo do home e non como Pai (EncíclicaDominum et vivificantem).

Pecado

[editar |editar a fonte]

Ningún pecado do home pode cancelar a misericordia de Deus, nin impedirlle poñer en acto a súa forza vitoriosa, con tal de que o invoquemos. Máis aínda, o mesmo pecado fai resplandecer con maior forza o amor do Pai... (EncíclicaVeritatis Splendor).

A salvación

[editar |editar a fonte]

A universalidade da salvación non significa que se conceda soamente aos que, de modo explícito, cren en Cristo e entraron na Igrexa. Se é destinada a todos, a salvación en verdade debe de estar a disposición de todos ( EncíclicaRedemptoris missio).

Pluralismo

[editar |editar a fonte]

O pluralismo é froito do empuxe dinámico do mesmo Espírito (EncíclicaRedemptoris missio).

Liberdade

[editar |editar a fonte]

A Igrexa diríxese ao home no pleno respecto á súa liberdade; propón, non impón nada: respecta as persoas e as culturas, e detense ante o sagrario da conciencia (EncíclicaRedemptoris missio).

A guerra

[editar |editar a fonte]

Non matedes! Non preparedes aos homes destrución e exterminio! Pensade nos vosos irmáns que sofren fame e miseria! Respectade a liberdade e dignidade de cada un! (EncíclicaRedemptor hominis).

Nunca máis a guerra! Nunca máis a guerra! que destrúe a vida dos inocentes, que ensina a matar e trastorna igualmente a vida dos que matan, que deixa tras de si un rastro de rancores e odios, e fai máis difícil a solución dos problemas que a provocaron (EncíclicaCentessimus annus).

Papado

[editar |editar a fonte]

É precisamente como se, dende a debilidade humana de Pedro, se manifestase de modo pleno que o seu ministerio particular na Igrexa procede totalmente da Graza (EncíclicaUt Unum sint).

O Nadal

[editar |editar a fonte]

O Nadal pon tamén de manifesto o senso profundo de todo nacemento humano, e a alegría mesiánica constitúe así o fundamento e realización da alegría por cada neno que nace (EncíclicaEvangelium vitae).

A familia

[editar |editar a fonte]

A familia, fundada e vivificada polo amor, é unha comunidade de persoas: do home e da muller esposos, dos pais e dos fillos, dos parentes. O seu primeiro cometido é o de vivir fielmente a realidade da comuñón co empeño constante de desenvolver unha auténtica comunidade de persoas. O principio interior, a forza permanente e a meta última de tal cometido é o amor (Exhortación apostólicaFamiliaris Consortio).

Posturas sociopolíticas

[editar |editar a fonte]

A Igrexa asume unha actitude crítica tanto ante o capitalismo liberal como ante o colectivismo marxista (EncíclicaSollicitudo rei socialis).

Se a produción de armas é unha grave desorde que reina no mundo actual respecto das verdadeiras necesidades dos homes e o uso dos medios axeitados para satisfacelas, non o é menos o comercio das mesmas. Máis aínda, a propósito disto, é preciso engadir que o xuízo moral é aínda máis severo (EncíclicaSollicitudo rei socialis).

A conciencia da que falamos non se refire soamente aos individuos, senón tamén ás nacións e aos pobos, os cales, como entidades cunha determinada identidade cultural, son particularmente sensibles á conservación, libre xestión e promoción do seu propio patrimonio (EncíclicaSollicitudo rei socialis).

É necesario o pleno respecto da identidade de cada pobo, coas súas características históricas e culturais (EncíclicaSollicitudo rei socialis).

Outras nacións necesitan reformar algunhas estruturas e, en particular, as súas institucións políticas, para substituír réximes corrompidos, ditatoriais ou autoritarios, por outros democráticos e participativos (EncíclicaSollicitudo rei socialis).

Occidente parece inclinarse a unhas formas de illamento crecente e egoísta (EncíclicaSollicitudo rei socialis).

Desexo chamar a atención... abonda con mirar a realidade da multitude inxente de homes e mulleres, nenos, adultos e anciáns; nunha palabra, persoas concretas e irrepetibles que sofren o peso intolerable da miseria (EncíclicaSolicitude rei socialis).

Existe o dereito común de todos a usar os bens da enteira creación.É inaceptable a postura do ríxido capitalismo que defende o dereito exclusivo á propiedade privada dos medios de produción como un dogma intocable na vida económica (EncíclicaLaborem Exercens).

Non se trata soamente de dar o superfluo, senón de axudar a pobos enteiros —excluídos ou marxinados— a que entren no círculo do desenvolvemento económico e humano. Isto será posible non só utilizando o superfluo que o noso mundo produce en abundancia, senón cambiando sobre todo os estilos de vida, os modelos de produción e consumo, as estruturas consolidadas de poder que rexen hoxe a sociedade (EncíclicaCentessimus Annus).

Viaxes pastorais

[editar |editar a fonte]

Realizou 104 viaxes ao longo e ancho dos cinco continentes. As viaxes mantivérono na primeira liña da información internacional.

Na súa xira por Centroamérica en 1979, de modo particular enMéxico, recoñeceu a importancia do catolicismo latinoamericano, apoiou ás súas arelas de xustiza social fronte ás desigualdades e a corrupción e defendeu os dereitos dos indíxenas e das súas linguas e culturas. Ese mesmo ano fixo a primeira visita aEstados Unidos, onde loou a súa tradición democrática, pero criticou os excesos do capitalismo, o consumismo hedonista e a guerra fría que dividía o mundo en bloques. Lembrou o deber de solidariedade da primeira potencia mundial cos marxinados da terra.

Tamén en 1979 tivo lugar a histórica primeira visita á súaPolonia natal facendo emerxer un catolicismo renacido dende a marxinación a que o tiña sometido o réxime comunista. A congregación entusiasta de multitudes acabou sendo todo un desafío á ditadura comunista. As súas mensaxes de superación do medo, defensa dos dereitos dos traballadores e de apertura democrática foron un estímulo para o movemento obreiro católico e feriron de morte o sistema totalitario.

En 1979 estivo enTurquía onde estreitou os vencellos copatriarca ecuménico de Constantinopla,Dimitros I, máxima autoridade moral das Igrexas ortodoxas. Apoiou o avance en Turquía dos valores democráticos.

En 1980 realizou a primeira gran xira polaÁfrica negra (Congo,Kenya,Ghana,Burkina Faso...). Clamou contra a miseria e reclamou xustiza e solidariedade económica e social coa poboación. Fixo tamén aquí unha defensa das culturas e linguas populares. Non foi ben recibida a súa mensaxe a prol da castidade e contraria á contracepción, que se considerou allea e mesmo contraproducente para o desenvolvemento da poboación.

En 1982 visitouInglaterra. Aquí procurou con xestos elocuentes estreitar os vencellos coaIgrexa Anglicana. Fixo contundentes chamamentos á paz e en contra daguerra das Malvinas. En novembro dese mesmo ano visitou por vez primeiraSantiago de Compostela, coincidindo coAno Santo.

En 1987 durante a súa estadía enChile, foi branco de duras críticas polas súas aparicións co ditadorPinochet, e as súas demasiado mornas admonicións contra a falta de liberdades. Este exceso de diplomacia cun ditador non se repetiu na súa visita aParaguai ese mesmo ano, onde o ditadorStroessner tivo que escoitar condenas moi claras ao seu réxime por parte do papa e a súa nidia defensa dos dereitos humanos. Foi este un factor que se sumou no camiño da recuperación das liberdades democráticas.

En 1989 celebrou unha multitudinariaXornada Mundial da Xuventude enSantiago de Compostela. Animou a mocidade a loitar por un mundo máis humano e máis xusto e lembrou con insistencia os valores do amor casto, o matrimonio indisoluble e o sentido católico da sexualidade, motivo polo cal foi criticado por boa parte da prensa española.

En 1994 realizou a súa primeira viaxe aCroacia. Visualizou o coñecido apoio da Igrexa á independencia da república ex-iugoslava, o que restou credibilidade aos seus chamamentos á paz e á reconciliación.

En 1995 enFilipinas realizou unha das súas viaxes máis exitosas; bateu todos os récords de convocatoria na historia da humanidade[Cómpre referencia] (nun só día uns seis millóns[Cómpre referencia] de seguidores) enLuneta Park.

En 1996, enNicaragua, púxose de manifesto a enorme distancia que afastaba a Xoán Paulo II da chamada Igrexa Popular, froito daTeoloxía da Liberación e en estreita colaboración co réxime sandinista. Xoán Paulo II lembrou a doutrina da Igrexa a prol das reformas sociais e dos dereitos dos indíxenas pero criticou con enerxía a connivencia de eclesiásticos nicaraguanos co goberno revolucionario.

En 1997 fixo dendeBosnia e Hercegovina chamamentos ao perdón entre as etnias da ex-Iugoslavia e manifestou o apoio da Igrexa para sanar feridas e contribuír á reconstrución do país. Ese mesmo ano, noLíbano resaltou a necesidade dunha fraternidade sólida entre as distintas relixións, culturas e civilizacións. Defendeu un Líbano soberano que é máis ca unha nación,é unha mensaxe chegou a dicir.

En 1998 foi recibido cordialmente enCuba polo ditadorFidel Castro, que tolerou a mensaxe papal de liberdade e celebrou a condena papal ao bloqueo estadounidense causante de sufrimentos para o pobo cubano, así como o recoñecemento por parte de Xoán Paulo II a certos valores socialistas. A visita supuxo ánimos renovados para a Igrexa cubana, pero non tivo consecuencias políticas.

Exipto foi, no ano 2000, testemuña das palabras de Xoán Paulo II contra a intolerancia relixiosa e o grave pecado de promover a violencia en nome de Deus. Foron significativos os encontros co líder musulmán, o granimánsunni, e o papacoptoShenouda III cabeza dunha milenaria igrexa cristiá con seis millóns de fieis.

No ano 2001 realizou unha difícil viaxe aGrecia, onde pediu perdón aos irmáns ortodoxos polos pecados de acción e omisión cometidos polos católicos contra eles ao longo da historia. O líder ortodoxoChristodoulos fixo votos pola unidade das Igrexas pero non tivo un xesto de reciprocidade. Ese mesmo ano realizou unha arelada visita aUcraína, berce do cristianismo ruso, dende onde intentou tender a man á veciñaRusia. A frialdade dopatriarca de Moscova frustrou as expectativas dunha visita á Santa Rusia. Foi especialmente emotiva a visita a Rabi Ya en honra das vítimas xudías alí masacradas. Tamén en 2001 visitouKazakhstán eArmenia. Neste último país solidarizouse co seu pobo masacrado por xenocidios terribles durante o século XX e coa antiquísimaIgrexa Armenia celebrou con sentido ecuménico os 1 700 anos de cristianismo da primeira nación que profesou a fe enXesús. Ese ano sería tamén o da celebérrima visita á mesquita deDamasco enSiria como expresión da fraternidade cos musulmáns.

Relacións con outras relixións

[editar |editar a fonte]

Xoán Paulo II viaxou moito e tomou contacto con crentes doutras confesións. El tentou sempre atopar o que tiñan en común tanto doutrinal como dogmaticamente. NoDía Mundial de oración pola paz, que tivo lugar en Asís o 27 de outubro de 1986, máis de 120 representantes de diferentes relixións edenominacións cristiás pasaron o día xuntos pregando.

Anglicanismo

[editar |editar a fonte]

Xoán Paulo II mantivo boas relacións coaIgrexa de Inglaterra.[16] Foi o primeiro papa enviaxar ao Reino Unido, en 1982, onde se reuniu coaRaíña Isabel II,gobernadora suprema da Igrexa de Inglaterra. Predicou nacatedral de Canterbury e recibiu aoarcebispo de Canterbury con amizade e cortesía. Porén, Xoán Paulo II amosou o seu desgusto pola decisión dos anglicanos deordenar mulleres como sacerdotes e considerou isto como un paso na dirección contraria á unidade entre aComuñón Anglicana e a Igrexa católica.[16]

Relacións cos xudeus

[editar |editar a fonte]

As relacións entre ocatolicismo e oxudaísmo melloraron durante o pontificado de Xoán Paulo II. El falou frecuentemente sobre a relación entre a Igrexa e os xudeus. De neno, Karol Wojtyla acostumaba facer deporte cos seus numerosos veciños xudeus. En 1979 converteuse no primeiro papa en visitar ocampo de concentración de Auschwitz enPolonia, onde moitos dos seus paisanos (maioritariamente xudeus polacos) pereceron baixo o dominionazi. Tamén se converteu no primeiro papa en facer unha visita oficial a unha sinagoga, cando visitou asinagoga de Roma o13 de abril de1986.

En marzo do 2000, Xoán Paulo II visitouYad Vashem, (o memorial nacional israelí doHolocausto) enIsrael e despois pisou o sitio máis sagrado do xudaísmo, oMuro das Lamentacións enXerusalén, colocando unha carta dentro del (na que fixo unha apoloxía contra as accións da Igrexa no pasado contra os xudeus). En outubro do 2003 aLiga Antidifamación felicitou a Xoán Paulo II con ocasión dos seus vinte e cinco anos de papado.

Inmediatamente trala morte do papa, a Liga publicou un manifesto no que dicía que Xoán Paulo II revolucionara as relacións entre católicos e xudeus, dicindo que «houbo máis cambio para ben neste papado de 27 anos que nos preto de 2 000 anos anteriores».

Un número de puntos de disputa existen aínda entre a Igrexa católica e a comunidade xudía, incluíndo diferenzas doutrinais. Non obstante, o número de diferenzas que dividen aos grupos xudeus e ao Vaticano ten descendido significativamente nos últimos 40 anos.

Relacións coa Igrexa ortodoxa

[editar |editar a fonte]

En maio de 1999, Xoán Paulo II visitouRomanía trala invitación do patriarcaTeoctist daIgrexa ortodoxa romanesa. Esta foi a primeira vez que un papa visitaba un país predominantemente ortodoxo dende oGran Cisma de Oriente en1054. Á súa chegada, o patriarca e o presidente de Romanía,Emil Constantinescu, saudaron o papa. O patriarca declarou: «O segundo milenio da historia cristiá comeza cun [...] compromiso verdadeiro a restaurar a unidade cristiá».

Xoán Paulo II visitou outras áreas fortemente ortodoxas comoUcraína, a pesar da falta de benvida, e dixo que o fin do cisma era un dos seus máis profundos desexos.

O papa dixo tamén ao longo do seu pontificado que un dos seus máis grandes soños era visitarRusia, pero isto xamais tivo lugar. Fixo numerosos intentos para resolver os problemas de séculos entre aIgrexa católica e aIgrexa ortodoxa rusa, como devolver a icona deNosa Señora de Cazán en agosto de 2004. De todos os xeitos, a Igrexa ortodoxa nunca amosou moito entusiasmo, facendo declaracións ao efecto como: «A cuestión da visita do papa a Rusia non está conectada polos xornalistas cos problemas entre as igrexas, que son agora imposibles de resolver, pero si coa devolución dunha de moitas obras sacras, que foron roubadas ilegalmente de Rusia». (Vsevolod Chaplin).

Budismo

[editar |editar a fonte]

Tenzin Gyatso, o décimo cuartoDalai Lama e líder espiritual dobudismo tibetano, visitou o papa Xoán Paulo II oito veces, máis que calquera outro dignatario. O papa e o Dalai Lama a miúdo compartían puntos de vista similares, xa que ambos os dous proviñan de pobos afectados polocomunismo.

Islam

[editar |editar a fonte]

O 6 de maio de 2001, Xoán Paulo II converteuse no primeiro papa católico en entrar e pregar nunha mesquita islámica. Visitou aGran Mesquita de Damasco, Siria, onde se pensa queXoán o Bautista está enterrado, e pronunciou un discurso que incluíu o seguinte: «Por todas as veces que musulmáns e cristiáns se teñen ofendido mutuamente, precisamos buscar o perdón do Todopoderoso para ofrecer os uns aos outros o perdón[17]. O seu famoso bico ao Corán en Siria[18], un acto que o fixo popular entre os musulmáns.

O papa para a xuventude

[editar |editar a fonte]

Xoán Paulo II tivo tamén unha especial relación coa xuventude católica e foi coñecido polo alcume de «O papa da Xuventude». Denantes de ser papa adoitaba facer excursións cos mozos. El seguía a ir á montaña cando era papa, sendo un heroe para moitos deles. De feito, en reunións, os católicos novos, e incluso non católicos, acostumaban cantar a frase «Xoán Pablo II, quérete todo o mundo», e ocasionalmente el respondía, en inglés: «No. JP Two, He Loves YOU!»

El estableceu aXornada Mundial da Xuventude en 1984 coa intención de brindar á mocidade católica de todas as partes do mundo a oportunidade de celebraren todos xuntos a súa fe. Estes encontros de algo máis dunha semana sucedían cada dous ou tres anos, atraendo a centos de milleiros de mozos, quen ían cantar, pasalo ben e, sobre todo estar co papa e celebrar a súa fe. Eran os chamados «papaboys» e «papagirls», cuxo lema máis frecuente era «¡Esta é a xuventude do papa!»

Apoloxías ou peticións de perdón

[editar |editar a fonte]

Xoán Paulo II proclamou sempre a idea central do perdón sen límites. Xa en 1965 deu pulo a unha declaración de reconciliación ofrecida polos bispos polacos aos bispos alemáns co fin de sandar as feridas abertas aínda pola segunda guerra Mundial. Así pois, o seu pontificado estivo marcado por significativas solicitudes de perdón en nome da Igrexa católica:

  • Pola condena das teorías científicas deGalileo Galilei (outubro de 1992).
  • Pola implicación de católicos no comercio de escravos (agosto de 1993).
  • Pola pasividade de moitos católicos ante oHolocausto xudeu e a implicación histórica noantisemitismo (marzo de 1998).
  • Pola falta de respecto ás culturas e linguas de moitos pobos sometidos a nacións católicas ou erroneamente evanxelizados (marzo de 2000).

En prol do ecumenismo, tamén rehabilitou as figuras de reformadores como XoánHus ouMartiño Lutero, sen que isto supoña a aceptación da integridade das súas doutrinas, e mesmo chegou a pedir solemnemente desculpas aos ortodoxos en nome da Igrexa polo ataque doscruzados a Constantinopla no século XIII. Estes xestos foron vistos con reticencias por parte dos sectores máis conservadores do catolicismo tradicional,[Cómpre referencia] pouco afeito a estes signos de humildade evanxélica.

Guerra de Iraq

[editar |editar a fonte]

En 2003 Xoán Paulo II fixo importantes críticas áinvasión de Iraq do 2003. Mandou o antigonuncio apostólico nos Estados Unidos, ocardeal Pío Laghi, a falar coPresidente dos Estados UnidosGeorge W. Bush para expresarlle a súa oposición á guerra. Xoán Paulo II dixo que lle correspondía ásNacións Unidas resolver o conflito internacional a través da diplomacia e que unha agresión unilateral é un crime contra a paz e unha violación das leis internacionais.[Cómpre referencia]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Time (ed.)."TIME 100 Persons Of The Century". Arquivado dendeo orixinal o 22 de novembro de 2008. Consultado o22 de agosto de2013. Arquivado 10 de maio de 2007 enWayback Machine.(de pago)
  2. Anne Applebaum. The Washington Post, ed."How the Pope 'Defeated Communism'"(en inglés). Consultado o22 de agosto de2013. 
  3. [1]
  4. [2]
  5. Karol Wotjyla: The Pope of the third millennium, Sergio Toppi,‎ Tony Pagot, 2001, St Pauls,ISBN 978-0854396276
  6. [3]
  7. "Frail Pope suffers heart failure,"BBC News,1 de abril2005 (consultado o11 de xuño2005).
  8. "John Paul's last words revealed,BBC News,18 de setembro2005 (consultado o18 de setembro2005).
  9. Cierran las puertas de San Pedro,(encastelán).
  10. The final farewell,(eninglés).
  11. The Life of Pope John Paul II, a 2005 Universal Studios NBC News Film
  12. http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Benedicto/XVI/hara/beato/Juan/Pablo/II/mayo/elpepusoc/20110114elpepusoc_2/Tes
  13. http://www.bbc.co.uk/news/world-europe-12191423
  14. Ver noticia
  15. La Voz de Galicia, 27-04-1014.
  16. 16,016,1BBC (ed.)."John Paul II and the Anglicans"(en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2013. 
  17. [4]»
  18. [5]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Xoán Paulo II, papa
AGalicitas posúe citas sobre:  Xoán Paulo II, papa

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Predecesor:
Xoán Paulo I

264ºPapa daIgrexa católica

1978-2005
Sucesor:
Bieito XVI
Bispos de Cracovia
Arcebispos de Cracovia
Persoa do ano segundo a revistaTime
1927–1950
1951–1975
1976–2000
Dende 2001
Gañadores doPremio Carlomagno
1950–1970
1971–1990
1991–2010
2011–
1984–1999
2000-2019
2021-
Outorgada a título póstumo
Dende o establecemento da Igrexa (30)
Pedro  · Lino  · Anacleto  · Clemente I  · Evaristo  · Alexandre I  · Sisto I  · Telesforo  · Hixinio  · Pío I  · Aniceto  · Sotero  · Eutelo  · Vítor I  · Ceferino  · Calisto I  · Urbano I  · Ponciano  · Antero  · Fabián  · Cornelio  · Lucio I  · Estevo I  · Sisto II  · Dionisio  · Fiz  · Eutiquiano  · Caio  · Marcelino  · Marcelo  · Eusebio  · Melquíades
Dende oEdicto de Milán (313)
Silvestre I  · Marcos  · Xulio I  · Liberio  · Dámaso I  · Siricio  · Anastasio I  · Inocencio I  · Zósimo  · Bonifacio I  · Celestino I  · Sisto III  · León I  · Hilario  · Simplicio  · Xelasio I  · Anastasio II  · Símaco  · Hormisdas  · Xoán I  · Fiz III · Bonifacio  · Xoán II  · Agapito I  · Silverio  · Vixilio  · Paio I  · Xoán III  · Bieito I  · Paio II  · Gregorio I  · Sabiniano  · Bonifacio III  · Bonifacio IV  · Adeodato I  · Bonifacio V  · Honorio I  · Severino  · Xoán IV  · Teodoro I  · Martiño I  · Uxío I  · Vitaliano  · Adeodato II  · Dono  · Agatón  · León II  · Bieito II · Xoán V  · Conón  · Serxio I  · Xoán VI  · Xoán VII  · Sisinio  · Constantino  · Gregorio II  · Gregorio III  · Zacarías  · Estevo (II)  · Estevo II
Dende adoazón de Pipino (756)
Paulo  · Estevo III  · Hadrián I  · León III  · Estevo IV  · Pascual I  · Uxío II  · Valentino  · Gregorio IV  · Serxio II  · León IV  · Bieito III  · Nicolao I  · Hadrián II  · Xoán VIII  · Mariño I  · Hadrián III  · Estevo V  · Formoso  · Bonifacio VI  · Estevo VI  · Romano  · Teodoro II  · Xoán IX  · Bieito IV  · León V  · Serxio III  · Anastasio III  · Lando  · Xoán X  · León VI  · Estevo VII  · Xoán XI  · León VII  · Estevo VIII  · Mariño II  · Agapito II  · Xoán XII  · León VIII  · Bieito V  · Xoán XIII  · Bieito VI  · Bieito VII  · Xoán XIV  · Xoán XV  · Gregorio V  · Silvestre II  · Xoán XVII  · Xoán XVIII  · Serxio IV  · Bieito VIII  · Xoán XIX, papa  · Bieito IX  · Silvestre III  · Bieito IX  · Gregorio VI  · Clemente II  · Bieito IX  · Dámaso II  · León IX
Dende oGran Cisma (1054)
Vítor II  · Estevo IX  · Nicolao II  · Alexandre II  · Gregorio VII  · Vítor III  · Urbano II  · Pascual II  · Xelasio II  · Calisto II  · Honorio II  · Inocencio II  · Celestino II  · Lucio II  · Uxío III  · Anastasio IV  · Hadrián IV  · Alexandre III  · Lucio III  · Urbano III  · Gregorio VIII  · Clemente III  · Celestino III  · Inocencio III  · Honorio III  · Gregorio IX  · Celestino IV  · Inocencio IV  · Alexandre IV  · Urbano IV  · Clemente IV  · Gregorio X  · Inocencio V  · Hadrián V  · Xoán XXI  · Nicolao III  · Martiño IV  · Honorio IV  · Nicolao IV  · Celestino V  · Bonifacio VIII  · Bieito XI  · Clemente V  · Xoán XXII  · Bieito XII  · Clemente VI  · Inocencio VI  · Urbano V  · Gregorio XI  · Urbano VI  · Bonifacio IX  · Inocencio VII  · Gregorio XII  · Martiño V  · Uxío IV  · Nicolao V  · Calisto III  · Pío II  · Paulo II  · Sisto IV  · Inocencio VIII  · Alexandre VI  · Pío III  · Xulio II  · León X  · Hadrián VI  · Clemente VII  · Paulo III  · Xulio III  · Marcelo II  · Paulo IV
Dende aContrarreforma católica (1560)
Dende oConcilio Vaticano Segundo
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xoán_Paulo_II,_papa&oldid=7067101»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp