Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Xoán Paulo I, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSúa SantidadeEditar o valor en Wikidata
Xoán Paulo I, papa

(1978)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it)Albino LucianiEditar o valor en Wikidata
17 de outubro de 1912Editar o valor en Wikidata
Canale d'Agordo, ItaliaEditar o valor en Wikidata
Morte28 de setembro de 1978Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Cidade do VaticanoEditar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardioEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrutas vaticanasEditar o valor en Wikidata
263ºPapa
26 de agosto de 1978 – 28 de setembro de 1978
← Paulo VI, papaXoán Paulo II, papa →
Cardeal
5 de marzo de 1973 –
Patriarch of Venice(en)Traducir
1969 – 1978
← Giovanni UrbaniMarco Cé →
Roman Catholic Bishop of Vittorio Veneto(en)Traducir
15 de decembro de 1958 – 1969
← Giuseppe Carraro(pt)TraducirAntonio Cunial(pt)Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismoEditar o valor en Wikidata
EducaciónPontificia Universidade GregorianaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDogmas da Igreja Católica(pt)Traducir,teoloxía moral,Dereito canónico,Ministerio petrino,Igrexa católica epapadoEditar o valor en Wikidata
Lugar de traballoRoma
Venecia
Cidade do Vaticano
Vittorio Veneto(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico latino (1935–), diácono transitorio (1935–), profesor universitario, escritor, bispo católico latinoEditar o valor en Wikidata
ConsagraciónXoán XXIIIEditar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa26 de agostoEditar o valor en Wikidata
Participou en
26 de agosto de 1978conclave de agosto de 1978
11 de outubro de 1962Concilio Vaticano SegundoEditar o valor en Wikidata
Familia
PaiGiovanni LucianiEditar o valor en Wikidata
IrmánsAntonia LucianiEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Sitio webfondazionepapaluciani.it…Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1722303Discogs: 463620WikiTree: Luciani-3Find a Grave: 2378Editar o valor en Wikidata

Albino Luciani, nado enCanale d'Agordo,Véneto,Italia, o17 de outubro de1912 e finado naCidade do Vaticano o28 de setembro de1978, foiPapa daIgrexa católica co nome deXoán Paulo I (latín:Ioannes Paulus PP. I).

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Naceu nunha pequena localidade daprovincia de Belluno (Véneto,Italia), daquela coñecida comoForno dei Canale, era fillo de Giovanni Luciani e Bortola Tancon, sendo o maior de catro irmáns. Ós 10 anos, e logo de vivir na pobreza durante aprimeira guerra mundial, a súa nai morreu e o seu pai contraeu novas nupcias cunha muller de gran devoción; foi entón cando naceu a súa vocación sacerdotal, segundo el declarou, grazas á predicación dun frade capuchino. En1923 ingresou no seminario menor da localidade deFeltre, pasou logo ao seminario maior de Belluno, onde foi ordenado sacerdote en 1935. Trala súa ordenación trasladouse a Roma onde completou os seus estudos teolóxicos na Pontificia Universidade Gregoriana deRoma, na que obtería o grao de Doutor en teoloxía en1947. Ó remata-los estudos regresou á súa localidade natal onde empezou o seu labor pastoral como párroco de Forno dei Canale e de Agordo, labor que compatibilizou cunha función docente no Instituto Tecnolóxico Mineiro.

Antes de se converter no"Papa do sorriso" (como sería coñecido por moitos), ocupou cargos como Vicerreitor do seminario deBelluno e Vicario Xeral de Belluno (diocese a cargo da cal estivo 11 anos) en1954. En1958 Xoán XXIII conságrao como bispo deVittorio Veneto e o15 de decembro de1969 foi nomeado Patriarca deVenecia, penúltimo paso antes da súa elección como Sumo Pontífice ó que intermediaría a súa creación como cardeal o5 de marzo de1973.

Foi elixido como o 263ºPapa daIgrexa católica o26 de agosto de1978. Foi o primeiro Papa con dous nomes, xesto co que pretendía honrar ós seus dous predecesores:Xoán XXIII ePaulo VI. Despois da súa elección, Xoán Paulo I estableceu un ambiente de optimismo e reformas. Pero nunca chegaría a avanzar máis alá das propostas. Morreu, aparentemente por infarto, 33 días despois, o28 de setembro de1978, tras o undécimo pontificado máis breve a historia (o primeiro corresponde ó deUrbano VII quen ocupou a sé por 13 días).

Morte

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Morte de Xoán Paulo I.

O ambiente de optimismo e proximidade establecido por Xoán Paulo I nunca chegaría a avanzar pola brevidade do seu pontificado. Foi atopado morto na súa cama pouco antes do amencer do29 de setembro de1978, 33 días logo da súa elección. Segundo as fontes oficiais, o papa, de 65 anos, morreu duninfarto. Díxose que o Vaticano ocultou algúns aspectos sobre o descubrimento do cadáver para evitar dar detalles indecentes[1][2] no feito de que foi descuberto pola irmá Vincenza, unha monxa.[3] Como é costume trala morte dun papa, non se realizou autopsia. Aínda que isto, xunto con declaracións contraditorias realizadas trala morte do papa, deron lugar a unha serie deteorías conspiradoras en torno a ela. Estas declaracións refírense a quen atopou o cadáver e onde, a que hora e que papeis tiña na man.

Polémica e hipótese en torno á súa morte

[editar |editar a fonte]
Tumba de Xoán Paulo I nasgrutas vaticanas.

O Vaticano afirma que Xoán Paulo I faleceu dun infarto na súa cama e que non se levou a caboautopsia ningunha pola oposición dos seus familiares. Algúns aspectos desta declaración oficial, con todo, víronse contraditos máis tarde: non foi o irlandés John Magee (posteriormente bispo), quen fose secretario persoal dePaulo VI, Xoán Paulo I eXoán Paulo II, a primeira persoa en achar o cadáver do pontífice, senón unha das relixiosas que se encargaban do traballo doméstico, como se soubo en1988.[4] A familia do falecido papa revelou en1991 que a morte non o viu na cama, senón no seu escritorio;[5] e ademais, si se lle realizou unha autopsia, segundo outros informes.[6] Estas incoherencias oficiais, xunto a outros factores de índole económica, deron orixe a teorías conspiradoras que apuntan a un envelenamento do Pontífice.[7]

Xoán Paulo I pretendía afondar nas reformas iniciadas porXoán XXIII. A clarificación das contas vaticanas era unha das súas prioridades. Mentres foiPatriarca de Venecia, en1972, oBanco Vaticano vendeu aoBanco Ambrosiano, propiedade deRoberto Calvi, aBanca Cattolica do Veneto, sen consultar ao bispado metropolitano de Venecia, do cal monseñor Albino Luciani era xerarca.
O responsable desta acción foi o arcebispoPaul Marcinkus, o cal levou a certas desavinzas entre Luciani, aínda non nomeado papa, e o norteamericano, responsable da dubidosa administración Vaticana de entón. A Banca Cattolica do Veneto estaba especializada en préstamos con baixos tipos de xuro cara aos máis necesitados; quizais por isto o papa Luciani tomou cartas no asunto.Giovanni Benelli, substituto doSecretario de Estado Vaticano, cóntalle que existe un plan entre Roberto Calvi,Michele Sindona e Marcinkus para aproveitar a ampla marxe de manobra que ten o Vaticano: «evasión de impostos, movemento ilegal de accións». A reacción de Luciani, recollida no libroCo corazón posto en Deus: intuicións proféticas de Xoán Paulo I, é dunha enorme decepción.

O9 de maio dese mesmo ano da morte de Xoán Paulo I,1978, fora asasinado o primeiro ministro de Italia,Aldo Moro, líder daDemocracia Cristiá. As estrañas circunstancias do deceso de Albino Luciani -un ataque cardíaco, para alguén que gozaba de boa saúde- e outros sucesos misteriosos, como que a defunción non fose certificada polo forense vaticano, senón por outro, e o precipitado do seu embalsamamento, dispararon a teoría de que en realidade Xoán Paulo I foi asasinado. A dobre confesión da monxa, Sor Vicenza Taffarel, quen atopou o cadáver do Sumo Pontífice (nunha primeira versión: vestido aínda, no seu baño, posiblemente no chan, onde vomitou; e a outra: na súa cama, con documentos desordenados e as lentes caídas do seu rostro, xa desposuído do hábito papal) inducen a pensar que foi envelenado.

Algunhas obras de investigación abundan na teoría do envelenamento. O libroO día da conta do sacerdote español Jesús López Sáez, presume que o sumo pontífice foi envelenado cunha forte dose dun vasodilatador.[6] O libroIn God's Name (No nome de Deus), do xornalista inglésDavid Yallop, defende que foi envelenado por altos xerarcas da Igrexa católica en complicidade con mafiosos vinculados co Banco Ambrosiano e as irmandades secretas masónicas.[8]

En1988 o Vaticano abriu as súas portas ao xornalistaJohn Cornwell e deulle todo tipo de facilidades para entrevistar ás testemuñas da vida e morte de Xoán Paulo I, ata algúns que nunca declararan en público os seus vivencias. No seu libroComo un ladrón na noite. A morte do papa Xoán Paulo I entrevista aos secretarios do papa defunto, a Paul Marcinkus, á sobriña (médico de profesión) do papa Luciani, a un sarxento da garda suíza, aos embalsamadores, a xornalistas, un axente doFBI que traballou en Roma, aJoaquín Navarro-Valls,Radio Vaticano, os médicos do papa etc. A conclusión foi que parecía inverosímil que o papa fose asasinado, atribuíndo a súa morte a unha conxunción de factores. O seu carácter afable viuse esmagado pola burocracia vaticana e a presión de traballo á que foi sometido (o cardealVillot recoñeceu que se sentía culpable de habelo angustiado de traballo con maletas de documentos), a pouca axuda que recibiu da contorna para desempeñar a súa nova función, os seus problemas de saúde (sobre todo circulatorios, embolias, trombos etc.) que combinado co estrés e un posible descoido na medicación xunto coa ausencia de trato por parte dos médicos do Vaticano, puideron producir unhaembolia pulmonar a noite do28 de setembro de1978.

Con todo, varias fontes acusaron a Cornwell de ser contratado polo propio Vaticano para dar esta información falsa, xa que se demostrou que Albino Luciani non tiña ningún dos problemas de saúde mencionados nin tomaba medicación algunha, o que deixou numerosas dúbidas sen resolver sobre a morte do Sumo Pontífice.[9]

Beatificación

[editar |editar a fonte]

Nunha cerimonia deslucida pola chuvia que caía sobreRoma o domingo4 de setembro de2022,Jorge Mario Bergogliobeatificou a Xoán Paulo I, que pasou á historia porque o seu pontificado durou só 33 días, ao falecer aos 65 anos de idade de maneira inesperada, o que deu lugar a todo tipo de especulacións que acabaron converténdose en argumento de libros e filmes.Albino Luciani, pontífice que sorprendeu aos fieis ao dirixirse a eles con sinxeleza e deixar de utilizar o "plural maxestático", alcanzou o status previo ásantidade grazas a unmilagre logrado por medio da súa intercesión, segundo a Igrexa católica. Trátase da curación en2011 da nena arxentina Candela Giarda, afectada por unha grave enfermidade e que, segundo os médicos, non tiña esperanzas de sobrevivir.[10]

Ante os ao redor de 25 000 fieis presentes napraza de San Pedro doVaticano para participar na cerimonia debeatificación,Francisco cualificou a Xoán Paulo I de «pastor apracíbel e sereno» e fixo referencia o «sorriso» que mostraba. Era a mellor maneira de transmitir «unha Igrexa co rostro alegre, sereno e riseiro», dixo Bergoglio, trazando así un evidente paralelismo coa súa idea de como quere el que se mostre a comunidade cristiá. O coñecido como "papa do sorriso" era a imaxe dunha Igrexa católica «que nunca pecha as portas, que non endurece os corazóns, que non se queixa nin alberga resentimentos, que non está enfadada nin é impaciente, que non se presenta de modo áspero nin sofre pola nostalxia do pasado».[10]

OSanto Pai, na súa homilía na beatificación do papa Luciani recordou que seguir aXesús é tomar como El as propias cargas e as dos demais, facer da vida un don, gastala imitando o amor xeneroso e misericordioso deDeus. Tal como o novo beato que, co seu sorriso, logrou transmitir a bondade do Señor.[11]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Evidence of foul play in Pope death claimed".Chicago Tribune. 7 de outubro de 1978. Arquivado dendeo orixinal o 11 de abril de 2013. Consultado o =26 de decembro de 2009. 
  2. "BISHOP TELLS STORY OF POPE JOHN PAUL I'S DEATH HE DEBUNKS CONSPIRACY THEORY, BUTS SAYS VATICAN ALTERED SOME DETAILS". St. Louis Dispatch. 11 de outubro de 1998. Arquivado dendeo orixinal o 08 de novembro de 2017. Consultado o 31 de decembro de 2009. 
  3. "Foul Play". Baltimore Afro-American. 10 de outubro de 1978. Consultado o 26 de decembro de 2009. 
  4. Juan Arias (10 de agosto de 1988)."Una religiosa encontró muerto a Juan Pablo I".El País(encastelán). 
  5. Juan Arias (5 de xaneiro de 1991)."El papa Juan Pablo I no murió en la cama, según han revelado ahora sus familiares".El País(encastelán). 
  6. 6,06,1José Manuel Vidal (14 de setembro de 2003)."La extraña muerte de un papa: «Juan Pablo I fue asesinado»".El Mundo(encastelán). 
  7. Clarín, 26 de agosto de 1998:Arquivado 10 de abril de 2021 enWayback Machine. "El papa de la sonrisa"
  8. El grupo neoliberal que impuso a Juan Pablo II pudo estar envuelto en asesinato de Albino Luciani La Fogata Digital.
  9. "La misteriosa muerte de Juan Pablo I, en Agencia El Vigía". Arquivado dendeo orixinal o 16 de setembro de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2014. 
  10. 10,010,1Menor, Darío (4 de setembro de 2022)."El papa Francisco beatifica a Juan Pablo I, «el rostro alegre, sereno y sonriente» de la Iglesia".La Voz de Galicia. Consultado o 5 de setembro de 2022. 
  11. Vatican News (4 de setembro de 2022)."Francisco: Juan Pablo I vivió el Evangelio sin concesiones y amando hasta el extremo". Consultado o 5 de setembro de 2022. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Xoán Paulo I

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]


Predecesor:
Paulo VI

263ºPapa daIgrexa católica

1978
Sucesor:
Xoán Paulo II
Dende o establecemento da Igrexa (30)
Pedro  · Lino  · Anacleto  · Clemente I  · Evaristo  · Alexandre I  · Sisto I  · Telesforo  · Hixinio  · Pío I  · Aniceto  · Sotero  · Eutelo  · Vítor I  · Ceferino  · Calisto I  · Urbano I  · Ponciano  · Antero  · Fabián  · Cornelio  · Lucio I  · Estevo I  · Sisto II  · Dionisio  · Fiz  · Eutiquiano  · Caio  · Marcelino  · Marcelo  · Eusebio  · Melquíades
Dende oEdicto de Milán (313)
Silvestre I  · Marcos  · Xulio I  · Liberio  · Dámaso I  · Siricio  · Anastasio I  · Inocencio I  · Zósimo  · Bonifacio I  · Celestino I  · Sisto III  · León I  · Hilario  · Simplicio  · Xelasio I  · Anastasio II  · Símaco  · Hormisdas  · Xoán I  · Fiz III · Bonifacio  · Xoán II  · Agapito I  · Silverio  · Vixilio  · Paio I  · Xoán III  · Bieito I  · Paio II  · Gregorio I  · Sabiniano  · Bonifacio III  · Bonifacio IV  · Adeodato I  · Bonifacio V  · Honorio I  · Severino  · Xoán IV  · Teodoro I  · Martiño I  · Uxío I  · Vitaliano  · Adeodato II  · Dono  · Agatón  · León II  · Bieito II · Xoán V  · Conón  · Serxio I  · Xoán VI  · Xoán VII  · Sisinio  · Constantino  · Gregorio II  · Gregorio III  · Zacarías  · Estevo (II)  · Estevo II
Dende adoazón de Pipino (756)
Paulo  · Estevo III  · Hadrián I  · León III  · Estevo IV  · Pascual I  · Uxío II  · Valentino  · Gregorio IV  · Serxio II  · León IV  · Bieito III  · Nicolao I  · Hadrián II  · Xoán VIII  · Mariño I  · Hadrián III  · Estevo V  · Formoso  · Bonifacio VI  · Estevo VI  · Romano  · Teodoro II  · Xoán IX  · Bieito IV  · León V  · Serxio III  · Anastasio III  · Lando  · Xoán X  · León VI  · Estevo VII  · Xoán XI  · León VII  · Estevo VIII  · Mariño II  · Agapito II  · Xoán XII  · León VIII  · Bieito V  · Xoán XIII  · Bieito VI  · Bieito VII  · Xoán XIV  · Xoán XV  · Gregorio V  · Silvestre II  · Xoán XVII  · Xoán XVIII  · Serxio IV  · Bieito VIII  · Xoán XIX, papa  · Bieito IX  · Silvestre III  · Bieito IX  · Gregorio VI  · Clemente II  · Bieito IX  · Dámaso II  · León IX
Dende oGran Cisma (1054)
Vítor II  · Estevo IX  · Nicolao II  · Alexandre II  · Gregorio VII  · Vítor III  · Urbano II  · Pascual II  · Xelasio II  · Calisto II  · Honorio II  · Inocencio II  · Celestino II  · Lucio II  · Uxío III  · Anastasio IV  · Hadrián IV  · Alexandre III  · Lucio III  · Urbano III  · Gregorio VIII  · Clemente III  · Celestino III  · Inocencio III  · Honorio III  · Gregorio IX  · Celestino IV  · Inocencio IV  · Alexandre IV  · Urbano IV  · Clemente IV  · Gregorio X  · Inocencio V  · Hadrián V  · Xoán XXI  · Nicolao III  · Martiño IV  · Honorio IV  · Nicolao IV  · Celestino V  · Bonifacio VIII  · Bieito XI  · Clemente V  · Xoán XXII  · Bieito XII  · Clemente VI  · Inocencio VI  · Urbano V  · Gregorio XI  · Urbano VI  · Bonifacio IX  · Inocencio VII  · Gregorio XII  · Martiño V  · Uxío IV  · Nicolao V  · Calisto III  · Pío II  · Paulo II  · Sisto IV  · Inocencio VIII  · Alexandre VI  · Pío III  · Xulio II  · León X  · Hadrián VI  · Clemente VII  · Paulo III  · Xulio III  · Marcelo II  · Paulo IV
Dende aContrarreforma católica (1560)
Dende oConcilio Vaticano Segundo
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xoán_Paulo_I,_papa&oldid=7093726»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp