Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Xoán Carlos Montes Bugarín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoán Carlos Montes Bugarín
Biografía
Nacemento21 de maio de 1975Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Mondariz, EspañaEditar o valor en Wikidata
Alcalde de Mondariz
2023 –
← Xosé Emilio Barros Bello
Alcalde de Mondariz
2015 – 2019
← Julio Alén MontesXosé Emilio Barros Bello →Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónpolíticoEditar o valor en Wikidata

Xoán Carlos Montes Bugarín, coñecido comoCalís, nado enMondariz o21 de maio de1975, é un político galego.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Naseleccións municipais de 2007 encabezando a candidatura doBNG foi elixido concelleiro de Mondariz, sendo a segunda forza política traloPPdeG con 3 concelleiros. Volveu encabeza-la candidatura doBNG nasmunicipais de 2011 e volveu se-la segunda forza política, pasando de 3 a 5 concelleiros. Membro da corrente internaMáis Galiza, trala saída de dita corrente da fronte nacionalista, en abril de2012 abandonou oBNG xunto con outros 3 compañeiros do seu grupo municipal[1].

Trala escisión, constitueu a formación localAlternativa por Mondariz, a cal encabezou nasmunicipais de 2015[2] logrando sela forza máis votada con 4 dos 11 concelleiros, polo que foi elixido alcalde. Estableceu un pacto de goberno coa única concelleira doPSdeG-PSOEMarina Alfaro, o cal rompeu a edil socialista en febreiro de2017[3]. Nasmunicipais de 2019 volveu encabeza-la candidatura de Alternativa por Mondariz, que foi novamente a forza máis votada con 4 edís, porén perdeu a alcaldía en favor de Xosé Emilio Barros, candidato doBNG, segunda forza máis votada, grazas ao apoio dos dous concelleiros doPPdeG e do único concelleiro doPSdeG-PSOE.[4]

Nasmunicipais de 2023 encabezou novamenteAlternativa por Mondariz, logrando ser novamente a forza máis votada e subindo ata os 5 concelleiros. Desta forma, recuperou a alcaldía ó non chegar a acordo algún os demais grupos, pasando a gobernar en minoría.[5] O 11 de setembro de 2024 presentou a súa renuncia, canda o seu goberno, polo que considera o bloqueo da oposición ao labor do goberno municipal[6].

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Los cuatro concejales de +G de Mondariz retan al BNG y se quedan con las actas
  2. Alternativa por Mondariz elige a ´Calis´ como candidato a alcalde
  3. El bipartito de Mondariz estalla al romper la edila socialista con la marea local
  4. La Voz de Galicia, Vigo, 16-6-2019, p. 6.
  5. Torres, Mónica (17 de xuño de 2023)."Los independientes toman el mando en Mondariz".lavozdegalicia.es(encastelán). Consultado o 23 de abril de 2024. 
  6. "Dimite o Goberno de Mondariz".Nosdiario. 11 de setembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]


Predecesor:
Julio Alén Montes
 
Alcalde de Mondariz
 
2015 -2019
Sucesor:
Xosé Emilio Barros Bello
Predecesor:
Xosé Emilio Barros Bello
 
Alcalde de Mondariz
 
2023 -2024
Sucesor:
Pablo Barcia
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xoán_Carlos_Montes_Bugarín&oldid=7207397»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp