Xiraz[1] (enpersa:شیراز, Širâz), é a quinta cidade máis poboada deIrán[2] e é a capital daprovincia de Fars. No 2009, a poboación da cidade era de 1.455.073. Xiraz está localizado no suroeste de Irán, a carón do río estacional Roodkhaneye Khoshk. Ten un clima moderado, e durante un máis dun milenio foi o centro comercial da rexión. Está considerada unha das cidades máis antigas de Persia.
A referencia máis antiga da cidade, comoTiraziš, aparece nunha táboas elamitas do -2000.[3] Noséculo XIII, Xiraz converteuse nun centro das artes e das letras, debido ó apoio do seu gobernante e á presenza de estudosos e artistas persas. Foi a capital dePersia durante adinastía Zand dende o 1750 ata 1781, así como no breve períodosaffarí. Dous famosos poetas deIrán,Hafez eSaadi, son de Xiraz.