Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Xifosuros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xifosuros
Xiphosura

Rango fósil:ordovícico -actualidade

Limulus polyphemus
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Arthropoda
Subfilo:Chelicerata
Clase:Merostomata
Orde:Xiphosura
Latreille, 1802
Subordes
Artigos principais:Merostomados e Limúlidos.

A dosxifosuros (Xiphosura) é unhaorde dequelicerados mariños daclase dosmerostomados.

Antigamente clasificado como unha clase, este rango asígnase hoxe aotaxon dos merostomados (Merostomata), que inclúe a ordefósil doseuriptéridos (Eurypterida). Estes últimos parece que están máis cerca dosarácnidos que os merostomados actualmente vivos (os xifosuros).

A súaespecie máis coñecida éLimulus polyphemus o chamado cangrexo de ferradura, aínda que son todas moi semellantes entre si.

Os xifosuros considéranse comofósiles viventes porque evolucionaron moi pouco nos seus máis de 475 millóns de anos de existencia (apareceron por primeira vez no rexistro fósil noordovícico inferior).[1][2]

Taxonomía

[editar |editar a fonte]

Descrición

[editar |editar a fonte]

A orde foi descrita en1802 poloentomólogofrancésPierre André Latreille, no volume primeiro da súa monumental obraHistoire naturelle générale et particulière des crustacés et insectes, publicada en 14 volumes entre 1802 e 1805.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

O nomeXiphosura está formado polos elementos dolatín científicoxipho- e-ura, tirados dogrego antigo ξίφοςxíphos 'espada' e οὐράourá 'cola', respectivamente; e coa desinencia-a, indicando substantivo neutro plural. Literalmente: 'os de cola en (forma de) espada'.[3][4]

Clasificación

[editar |editar a fonte]

A orde dos xifosuros, segundo Lamsdell (2013)[5] eFossilworks,[6] subdivídese en dúassubordes, a dosbelinurinos (Bellinurina),extinta, e a doslimulinos (Limulina), esta última a única con especies actuais, todas elas reunidas nafamilia doslimúlidos (Limulidae), que conta con tresxéneros e catroespecies:[7][8]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Van Roy, P.; Orr, P. J.; Botting, J. P.; Muir, L. A.; Vinther, J.; Lefebvre, B.; Hariri, K. E. & Briggs, D. E. G. (2010): "Ordovician faunas of Burgess Shale type".Nature465: 215.
  2. Van Roy, P.; Briggs, D. E.; & Gaines, R. R. (2015):"The Fezouata fossils of Morocco; an extraordinary record of marine life in the Early Ordovician".Journal of the Geological Society.
  3. XiphosuraArquivado 24 de setembro de 2019 enWayback Machine. noMemidex Dictionary.
  4. Xiphosura noMerriam-Webster Unabridged Dictionary.
  5. James Lamsdell (2013):"Revised systematics of Palaeozoic 'horseshoe crabs' and the myth of monophyletic Xiphosura".Zoological Journal of the Linnean Society167 (1): 1-27.
  6. Order Xiphosurida Latreille 1802Arquivado 22 de marzo de 2016 enWayback Machine. enFossilworks.
  7. Mikko's Phylogeny Archive - Xiphosura.
  8. 8,08,1Xiphosura noITIS.
  9. Limulina no ITIS.
  10. Limulidae no ITIS.
  11. Carcinoscorpius no ITIS.
  12. Limulus no ITIS.
  13. Tachypleus no ITIS.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Xifosuros
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  XifosurosModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Brusca, R. C. & G. J. Brusca (1990):Invertebrates. Sunderland, MA, USA: Sinauer Associates. Tradución ao castelán en 2005, por McGraw-Hill Interamericana de España, Madrid.ISBN 978-84-486-0246-8.
  • Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004):Invertebrate Zoology, 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/ColeISBN 0-03-025982-7.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xifosuros&oldid=6668015»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp