Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Pobos xermánicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xermano»)
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde febreiro de 2017.)

Ospobos xermánicos habitaban a rexión deEuropa situada alén das fronteiras doImperio Romano, entre osríosRin,Danubio eVistula e osmares doNorte eBáltico, denominadaXermania. Eran considerados "bárbaros" polosromanos (do gregoβάρβαροι, bárbaroi = estranxeiros, que non falan a lingua grega), pois non posuían a mesma cultura. Dividíanse en numerosas tribos.

Orixes

[editar |editar a fonte]
Mapa da cultura daIdade de Bronce Nórdica, cerca de-1200
Mapa das culturas da Idade de Ferro Prerromana relacionadas coa lingua protoxermánica, c.-500--60.

Con respecto ás orixes étnicas, as probas atopadas por arqueólogos e lingüistas suxiren que un pobo ou grupo de pobos que compartían unha cultura material común residía no norte da actualAlemaña e sur daEscandinavia durante o final daIdade de Bronce (-1000 --500). Esa cultura é chamadaIdade de Bronce Nórdica. A longa presenza de tribos xermánicas no sur da Escandinavia (unha linguaindoeuropea chegou probabelmente sobre-2000) é tamén evidente polo feito de que non fosen encontrados nomes de lugares prexermánicos na rexión.

Os lingüistas, traballando a partir das historicamente coñecidaslinguas xermánicas, suxiren que este grupo falaba o idiomaprotoxermánico, unha rama propia da familia de linguas indoeuropeas. As características culturais da época inclúen poboacións pequenas e independentes e unha economía fortemente baseada na gandería.

O desprazamento para o sur foi probablemente influenciado por un empeoramento no clima da Escandinavia entre-600 e-300. O clima quente e seco do sur da Escandinavia (2 a 3 graos mais quente que hoxe), empeorou considerabelmente, o que non só modificou dramaticamente a flora, senón que tamén forzou ás persoas a mudar o seu modo de vida e abandonar as súas poboacións.

Por esa época, esta cultura descubriu como extraer ferro dos xacementos nos pantanos de turba. A súa tecnoloxía para obter mineral de ferro debe telos axudado na expansión para novos territorios.

A cultura xermánica creceu para sueste e para suroeste, sen paradas repentinas, e pode ser diferenciada da cultura dosceltas que habitaban máis ao sur nas rexións doDanubio e Alpinas no mesmo período.

Período histórico

[editar |editar a fonte]

Primeiros contactos

[editar |editar a fonte]

Os primeiros contactos dos xermanos cos romanos ocorreron no ano-113, con derrotas para os romanos. Pouco despois, o xeneral Mario mudou moito o exército e conseguiu algunhas importantes vitorias sobre os xermanos, de estatura moito superior aos romanos.Xulio César (século -I) escribiu algo sobre os xermanos. Nese período, as tribos xermánicas vivían en aldeas rudimentarias, practicando unha economía comunal baseada na agricultura, na gandería e nas pillaxes. Cando as terras se esgotaban, partían á procura doutras. As áreas cultivábeis e os bosques eran de uso común para os habitantes das aldeas. Apenas os rabaños permanecían como propiedade particular, constituíndo a principal riqueza dos guerreiros.

A penetración xermánica no Imperio Romano

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Invasións bárbaras.

Pódese distinguir dúas grandes fases da penetración dos pobos xermánicos noImperio Romano:

Pobos bárbaros invadiron o Imperio Romano
  • Primeira fase - Migracións (até o século V): corresponde ao período en que se os pobos bárbaros migraron, de forma lenta e pacifica, aos dominios do Imperio Romano. O propio goberno romano establecía acordos cos pobos bárbaros, permitíndolles fixárense dentro das fronteiras do Imperio. Moitos deses xermanos chegaron a ingresar en unidades auxiliares do exército romano, sumando forzas na defensa das fronteiras de Roma. Algúns xefes bárbaros atinxiron, inclusive, postos de comando, estando incumbidos de misións militares especiais no interese do Imperio. Así, co tempo, ocorreu unha progresiva "xermanización" do exército romano. Este feito comezou a xerar inquietude entre os romanos, ata tal punto que membros da elite de Roma, tomados polo medo, mostraron ao emperador que "estaban sendo protexidos por un exército composto por homes da mesma raza que os nosos escravos".
No goberno deDiocleciano (284/305), soldados xermanos pasaron a ser regularmente recrutados para servir nas lexións do Imperio Romano. As autoridades imperiais procuraban rodear as fronteiras de xefes bárbaros aliados, que mantiñan a independencia, os usos e os costumes, pero defendían os intereses romanos diante do mundo xermánico e eran recompensados con diñeiro e terras.
  • Segunda fase - Invasións (a partir do século V): corresponde ao período en que os pobos bárbaros invadiron o Imperio Romano, por medio de infiltracións ameazadoras, violentas e brutais. O factor de orde externa que máis colaborou para desencadear as invasións xermánicas foi a chegada aEuropa, doshunos, que eran guerreiros extremadamente feroces. Pobonómade vindo daAsia Central, por razóns non plenamente esclarecidas, os hunos entraron en conflito con xermanosostrogodos, aniquilando as súas estruturas sociais. Fuxindo da furia dos hunos, boa parte dos ostrogodos emigrou en dirección ao oeste europeo, para a rexión ocupada por outro grupo de xermanos, osvisigodos.

Pouco tempo despois, os propios visigodos habían sufrir ataques hunos sen conseguir deter o seu avance. O xefe dos visigodos solicitou, entón, ao emperador romano permiso para penetrar nos dominios do imperio. Sen prever as consecuencias do seu acto, o emperadorValente autorizou a entrada de millares de xermanos, que, así, atravesaron orío Danubio. Posteriormente, eses mesmos xermanos decidiron avanzar en dirección aomar Mediterráneo, pillando e saqueando aldeas e cidades. Inaugurábase, dese modo, o período das grandes invasións.

Pouco a pouco, os diversos pobos xermánicos foron dominando diferentes rexións do antigo Imperio Romano e organizándose nos territorios conquistados. Xa por volta do século VII, case tódolos pobos xermánicos estaban establecidos en rexións de Europa.

Por volta doséculo IV, a Asemblea dos Guerreiros practicamente desaparecera entre os bárbaros, substituída por un Consello de Nobres. O contacto cada vez maior co Imperio leváraos a asimilar bastante a vida económica, a xerarquía social, a disciplina militar e a relixión dos romanos (moitos bárbaros convertéranse aoarianismo, rama docristianismo considerado herético poloPrimeiro Concilio de Nicea, realizado en325). Mesmo así, as súas comunidades aínda eran ben rudimentarias e case todas descoñecían a escrita.

A partir do final doséculo IV, premidos polos hunos, pobo nómade vido daAsia Central, as tribos xermánicas migraron en masa e dunha forma non pacífica para o interior doImperio Romano de Occidente.

  1. Suevos,alanos,burgundios,francos,vándalos evisigodos penetraron, saquearon e ocuparon aGalia, aPenínsula Ibérica,África eItalia.
  2. Anglos,saxóns exutos tomaron aBritania.

Para defenderenRoma dos sucesivos ataques de determinadas tribos, os Emperadores recorrían ao auxilio doutros xefes bárbaros, ficando á súa mercé. As invasións xermánicas trouxeron desorde, destrución, fame e pillaxe ao xa decadente Imperio Romano, precipitando a súa desintegración no final doséculo V.

Características

[editar |editar a fonte]

Os pobos xermánicos nós estaban organizados socialmente en Estados, senón en comunidades tribais.

A estrutura social básica era a familia monogámica, cuxo poder absoluto era confiado ao pai. Despois, viñan os clans, compostos pola reunión de familias aparentadas, con ascendentes comúns. Finalmente, viñan as tribos, formadas polo agrupamento de varios clans. O órgano público mais importante de cada tribo era a Asemblea dos Guerreiros, que deliberaba sobre asuntos como a declaración de guerra ou de paz, a liberación de prisioneiros, os crimes de traizón e a expulsión de membros da tribo.

Nas tribos xermánicas, os xefes (reis) exercían funcións relixiosas, militares e xudiciais. Malia que a súa autoridade se sometese á Asemblea, eses xefes asumían poderes case absolutos nos tempos de guerra. Alén diso, tiñan o dereito de manter unha tropa persoal (séquito), composta de experimentados e fieis guerreiros, que se tornou, co tempo, cada vez mais numerosa.

A partir do século I de nosa era, pódense distinguir nesa sociedade catro clases sociais:

  • Nobreza: ocupaba postos de dirección na tribo.
  • Homes libres: clase composta polos guerreiros portadores de armas e con dereito de expresar as súas opinións nas asembleas.
  • Homes semilibres: clase constituída por membros de poboacións vencidas en guerra, excluídas do pobo libre polo feito de non pertenceren aos clans tribais.
  • Escravos: formados por prisioneiros de guerra, por fillos de escravos e por debedores insolventes.

A base da organización social das tribos era a “sipe”, especie de clan formada por familias ligadas por lazos de parentesco. Os seus membros protexíanse mutuamente e a ofensa a un deles atanguía toda a sipe, que practicaba a vinganza colectiva. Naguerra, oexército era recrutado entre os homes da tribo, maiores de 16 anos.

Os xermanos non coñecían cidades nin Estado. A máis importante institución política era a Asemblea dos Guerreiros da tribo, que decidía sobre a guerra, apaz, a liberación dosescravos e escollía o rei, con función relixiosa e militar. Os principais xefes desenvolveron o costume de manter unha "escolta" ou "séquito" de guerreiros, ligados ao líder por un xuramento de fidelidade. En caso de ataques e loitas, eran recompensados co produto das pillaxes, dando orixe a unha nobreza posuidora de terras e escravos.

Estrutura económica

[editar |editar a fonte]

Entre as principais actividades económicas, destacábanse aagricultura (trigo,cebada,centeo,legumes etc.) e agandería (bois, carneiros). Ao principio, a propiedade da terra pertencía a todo o clan, sendo que os seus membros tiñan o dereito de ter en usufruto determinadas áreas. Entre tanto, en función das necesidades colectivas, os bosques, os pastos e a auga eran explotados de forma comunitaria. Era considerada propiedade individual apenas a casa familiar, pois representaba o templo dos deuses domésticos e o lugar e veneración aos antepasados.Malia con produción modesta, os xermanos dedicábanse á industria metalúrxica, fabricando belas e eficientes armas metálicas (lanzas, longas espadas, machados). Producían, tamén, obxectos cerámicos e pezas de ourivaría de gran valor.

Vida cultural

[editar |editar a fonte]

Relixión

[editar |editar a fonte]

Os xermanos adoraban as forzas da natureza (trebón, sol, raio, lúa). Entre os principais deuses, encontrábanse:Wodan (Odín), señor dos mortos, do comercio, da guerra e das tempestades,Thor (Donar), protector dos labregos, cuxos brazos lanzaban raios, eTiwaz, deus que gobernaba o ceo e dirixía as asembleas. A cerimonia relixiosa dos xermanos era bastante simples. O culto era celebrado no alto dunha montaña sagrada, xunto a unha árbore ou unha fonte. Crían na vida despois da morte e dicían que os guerreiros mortos nos campos da batalla eran levados polasvalquirias (deusas da guerra) até unha especie de paraíso, denominadoValhalla. Dicían, tamén, que aqueles que morrían de vellos ou por doenza estaban destinados aoHell, unha especie de reino das tebras.

Dereito

[editar |editar a fonte]

Non existían, entre os xermanos, normas xurídicas escritas. As relacións sociais eran regulamentadas por normas consuetudinarias, que se transmitían oralmente de xeración a xeración. A ordalía era un tipo de proba xudicial frecuentemente utilizada nos xuízos e consistía en someter o acusado ao suplicio do fogo ou á inmersión en auga. Se o acusado resistir ao suplicio, era considerado inocente.

Pensamento e artes

[editar |editar a fonte]

Absorbidos en tarefas inmediatas, como a guerra, a agricultura e a caza, os xermanos non se empeñaban en rexistrar de modo específico a súa visión de mundo e o seu pensamento social. Tiñan unha escrita (runas), que se encontra gravada en xoias e en armas, pero a súa función era, basicamente, decorativa e máxica (protexer o dono do obxecto). Xa no plano artístico, os xermanos deixaron importantes realizacións na ornamentación de obxectos (armas, cintos, brazaletes, colares, aneis etc.). Os deseños decorativos baseábanse en animais estilizados e en motivos xeométricos, sendo utilizadas, principalmente, aroda e acruz. Os xermanos non se dedicaron ao deseño da figura humana.

Pobos xermánicos

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Linguas indoeuropeas
Pobos indoeuropeos
Protoindoeuropeos
HipótesesUrheimat
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pobos_xermánicos&oldid=6680390»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp