Dous reinos xeorxianos na antigüidade,Iberia no leste do país eCólquida no oeste foron as primeiras nacións da rexión en adoptar oCristianismo (317 e523, respectivamente).Egrisi presenciou con frecuentemente batallas entre os rivaisPersia eImperio Bizantino, os cales pretendían conquistar Xeorxia cada certo tempo.
Como resultado disto, estes reinos foron desintegrados en varias rexións feudais nos primeiros anos daIdade Media. Isto fixo doado aosárabes conquistaren Xeorxia noséculo VII. As rexións rebeldes foron liberadas e unidas ao Reino de Xeorxia nos comezos doséculo XI. Comezando oséculo XII, o dominio de Xeorxia estendeuse sobre gran parte doCáucaso meridional, incluíndo zonas nororientais e case toda a costa norte da actualTurquía.
Este Reino de Xeorxia, que era tolerante cos seus súbditosmusulmáns exudeus, foi subordinado polosmongois noséculo XIII. Consecuencia diso foi que os diferentes gobernadores locais pelexaron pola súa independencia do goberno xeorxiano central ata a total desintegración do Reino noséculo XV. Os reinos lindeiros aproveitaron a situación, e dende oséculo XVI oImperio Persa e oOtomán subxugaron o leste e o oeste de Xeorxia, respectivamente. Os gobernadores destas rexións, que conservaran en parte a súa autonomía, organizaron rebelións en varias ocasións. Sucesivas rebelións locais e invasións persas e otomás acabaron por debilitar aos reinos. Como resultado das guerras contra os estadosislámicos a poboación de Xeorxia viuse reducida a 250.000 habitantes.
Só unha pequena parte da nobreza xeorxiana se someteu, mentres outros organizaron rebelións antirrusas en varias ocasións. No verán de1805 pequenos destacamentos rusos norío Askerani e preto de Zagam derrotaron ao exército persa e protexeron Tbilisi. En1810, logo dunha curta guerra, o reino xeorxiano occidental deImereti foi anexado polo tsarAlexandre I de Rusia. O derradeiro rei imeretio eBagratid xeorxianoSalomón II morreu no exilio en1815. Dende1803 a1878, como resultado das numerosas guerras rusas contraTurquía eIrán, algúns territorios foron anexados a Xeorxia. Estas zonas (Batumi,Artvin,Akhaltsikhe,Poti eAbkhazia) agora representan a maioría do territorio xeorxiano.
O principado deGuria foi abolido en1828 e o deSamegrelo (Mingrelia) en1857. A rexión deSvaneti foi gradualmente anexada entre 1857 e1859.
O radical xeorxianoIósif Dzhugashvili, prominente entre os bolxeviques rusos, chegou ao poder no Imperio Ruso logo daRevolución de Outubro de 1917. Yugashvili foi máis coñecido polo seu alcumeStalin (do ruso сталь:aceiro).Stalin alcanzou a máis alta posición no estadosoviético.
Dende1941 ata1945, durante asegunda guerra mundial, preto de 700.000xeorxianos pelexaron como soldados do Exército Vermello contra aAlemaña nazi e case 350.000 deles morreron nos campos de batalla da fronte oriental. Así mesmo, durante este período os pobos daRepública dos Inguxos,Karachay, ademais doschechenos e osbalkarios do Cáucaso setentrional foron deportados aSiberia por suposta colaboración cosnazis. Coas súas respectivas repúblicas autónomas abolidas, a RSS de Xeorxia obtivo brevemente os seus territorios ata1957.
Eduard Shevardnadze, o ministro xeorxiano de Relacións Exteriores daURSS, foi un dos artífices daPerestroika durante a década de1980. Durante este período, Xeorxia desenvolveu un vigoroso sistema multipartidista que alentou fortemente a independencia. O país tivo as primeiras eleccións pluripartidistas daUnión Soviética o28 de outubro de1990. Dende novembro dese ano a marzo de1991 un dos líderes do movemento de Liberación Nacional,Zviad Gamsajurdia, foi o presidente do Consello Supremo da República de Xeorxia (o Parlamento).
O9 de abril de1991, pouco despois do colapso daURSS, Xeorxia declarou a súa independencia. O26 de maio dese anoZviad Gamsajurdia foi electo como o primeiroPresidente da Xeorxia independente. Porén, Gamsajurdia foi deposto mediante un sanguentogolpe de estado entre o22 de decembro de1991 e o6 de xaneiro de1992. O golpe foi instigado por parte da Garda Nacional e unha organización paramilitar chamada "Mjedrioni", da que se dicía que era apoiada por unidades militares rusas con base en Tbilisi. O país viuse envolto nunhaguerra civil que durou case ata1995. Shevardnadze retornou a Xeorxia en1992 e uniuse aos líderes do golpe –Kitovani e Ioselani– para encabezar un triunvirato chamado "Consello de Estado".
En1995, Shevardnadze foi oficialmente electo como presidente, ao mesmo tempo en que dúas rexións do país,Abkhazia eOsetia do Sur, axiña se viron en disputa con outros separatistas locais, feito que desembocou en guerras e violencia interétnica. Apoiadas porRusia, Abkhazia e Osetia do Sur manteñen unha independenciade facto de Xeorxia. Máis de 250.000xeorxianos foronlimpados etnicamente de Abkhazia por separatistas abkhazos e voluntarios nor-caucásicos, na súa maioríachechenos, entre 1992 e 1993. Máis de 25.000 xeorxianos foron expulsados deTsjinvali tamén, e moitasfamilias osetas foron forzadas a abandonar os fogares na rexión deBorjomi e foron desprazados para Rusia. Calcúlase que morreron ao redor de 10.000 persoas, a maior parte deles civís asasinados en operacións de limpeza étnica.
En2003 o propio Shevardnadze foi deposto por un golpe pacífico e sen derramamento de sangue, coñecido como a «Revolución Rosa», liderada porMijeíl Saakashvili,Zurab Zhvania eNino Burdzhanadze, os membros fundadores e líderes do partido maioritario. Nino Burdzhanadze asumiu interinamente o poder ata a elección de Saakashvili, quen tomou posesión como presidente de Xeorxia o25 de xaneiro do2004. Restaurar a integridade territorial nacional, reverter os efectos da limpeza étnica e o retorno dos refuxiados para os seus fogares foron as promesas preelectorais do goberno de Saakashvili.
Logo da Revolución Rosa, comezou unha serie de reformas para reforzar as milicias e a capacidade económica do país. Os esforzos do goberno de restablecer a autoridade de Xeorxia narepública autónoma suroccidental deAdzaria desembocaron nunha crise maior a comezos do2004. O éxito en Adzaria animou a Saakashvili a intensificar os seus esforzos, mais non tivo éxito rotundo na separatistaOsetia do Sur. A pesar disto, Saakashvili segue gozando dunha gran popularidade no país.
Dend o2004, o Presidente Mijeíl Saakashvili iniciou unha política de achegamento con occidente e en particular coaUnión Europea.
Xeorxia sitúase na costa oriental domar Negro. OCáucaso, fronteira natural entreEuropa eAsia, marca o carácter montañoso do relevo. OGran Cáucaso, polo norte, separa Xeorxia deRusia e alberga oShkhara (5.204m), cumio de Xeorxia e a segunda cima deEuropa. OCáucaso Menor (3.301m), ao sur, illa o país deTurquía eArmenia. Entre ámbalas dúas cadeas ábrense dous vales fluviais: o do Kura, que desemboca noCaspio, e o do Rioni, que flúe ata oNegro, creando unha rexión de terras baixas. É un pequeno país de aproximadamente 69.875 quilómetros cadrados. A pesar da súa área de escaso tamaño, Xeorxia ostenta unha das topografías máis varias das antigas repúblicas soviéticas. As montañas do Cáucaso Menor, que corren paralelas ás fronteiras turca e armenia, e as montañas de Surami e Imereti -que conectan o Cáucaso Menor co Gran Cáucaso- crean unha barreira natural, en parte responsable das diferenzas culturais e lingüísticas entre as rexións.
Vista satélite de XeorxiaCastelos medievais da vila deShatili en Khevsureti
Debido á súa altura e a súa pobre infraestrutura de transportes, moitas vilas montañesas quedan virtualmente illadas durante o duro inverno. Ostremores de terra e os desprendementos de montaña nestas zonas chegan a ser característicos e condicionan o estilo de vida. Entre os desastres naturais máis recentes estivo o deslizamento de rochas en Adzaria, en1989, que desprazou centos de persoas no suroeste de Xeorxia, e doustremores en1991, que destruíron varias aldeas na zona central e norte do país, ademais de Osetia do Sur.
Orío máis grande é oMtkvari (ou tamén coñecido comoKura, o nome que se lle dá na beira azerí), que despois de atravesar Azerbaidján remata noMar Caspio, após percorrer 1 364 quilómetros dende o nordés deTurquía a través das chairas de Xeorxia e atravesar a capitalTbilisi. Orío Rioni, o máis longo do oeste do país, baixa do Cáucaso Maior e remata no Mar Negro no porto dePoti.
O clima de Xeorxia é en extremo diverso, considerando que o país é dun tamaño pouco significativo. Existen dúas zonas climáticas principais, como o son a zona Leste e a Oeste do país. Osmontes Cáucasos xogan un importante rol, moderando o clima xeorxiano e protexendo o país da penetración de correntes de aire xélidas provenientes do extremo setentrional. Os pequenos montes caucásicos protexen parcialmente así mesmo á rexión da influencia de masas de aire cálidas e secas do sur.
Gran parte do sector oeste de Xeorxia preséntase como unha zonahúmidasubtropical con precipitacións cunha media entre 1 000 e 4 000 mm. As precipitacións tenden a estar uniformemente distribuídas ao longo do ano, a pesar de que a choiva pode ser particularmente forte nooutono. O clima da rexión varía de modo significativo coa altura e, mentres a maioría das terras baixas kartvelianas do leste de Xeorxia son relativamente cálidas ao longo do ano, a precordilleira e as áreas montañosas (incluíndo os grandes e pequenos montes doCáucaso) experimentanveráns húmidos e frescos einvernos connevadas: a neve acumulada con frecuencia supera os dous metros en moitas rexións.Adzaria é a rexión máis húmida das rexións do Cáucaso.
Vista das montañas do Cáucaso
O leste de Xeorxia ten un clima de transición entre o húmido subtropical e ocontinental. Ámbolos dous están influenciados polas masas de aire secas provenientes deAsia Central e oCaspio polo leste e as masas de aire húmidas do Mar Negro polo oeste. A penetración das masas de aire húmidas dende o Mar Negro é frecuentemente impedida por algunhas montañas (Likhi eMeskheti) que dividen o país en metades occidentais e orientais. A precipitación anual é considerablemente menor en comparación coa do oeste de Xeorxia, e nese sentido o leste do país presenta veráns calorosos e invernos relativamente fríos. Así como nas zonas occidentais da nación, a altura xoga un papel importante na zona oriental, e as condicións climáticas por riba dos 1 500msnm son considerablemente máis frescas (ata máis frías) que as presentes en terras máis baixas. As rexións que están situadas por riba dos 2.000msnm acostuman experimentar xeadas ata no verán.
As eleccións parlamentarias limpas foron celebradas o28 de marzo daquel ano,[8] onde oMND asegurouse a gran maioría dos escanos (preto do 75% dos votos) con soamente outro partido que acadou o limiar do 7% (a oposicióndereitista obtivo o 7,5%). Crese que estas foron unha das eleccións máis limpas que xamais tivo a Xeorxia independente, a pesar do aumento de tensión entre o goberno central e o líderadzarioAslan Abashide que afectou en menor medida as eleccións da súa rexión.
A tensión entre o goberno xeorxiano e o deAdzaria medrou cada vez máis despois das eleccións ata os últimos días de abril. A cúspide foi o día1 de maio, cando Abashidze respondeu ás manobras militares realizadas por Xeorxia preto da rexión, facendo estourar as tres pontes que conectan Adzaria co resto de Xeorxia sobre orío Choloki. O5 de marzo, Abashidze foi obrigado a fuxir de Xeorxia mentres as manifestacións masivas pedían a súa dimisión.
Nos últimos anos a república caucásica reduciu considerablemente a corrupción.Transparencia Internacional situou Xeorxia no posto nº 79 doÍndice de percepción da corrupción do ano2007, dándolle unha puntuación ao país de 2,8 puntos (sendo 10 a mellor cualificación).[10] A pesar da súa baixa posición, constitúe unha notable melloría con respecto aos postos dos anos2005 e2006 nos que o país se atopaba nos postos 130 e 99 respectivamente.
O7 de novembro do2007, durante un período de protestas masivas, o presidente Saakashvili declarou Tbilisi en estado de excepción.[11] As masivas demostracións de protesta da oposición civil chamaban á dimisión de Saakashvili. Durante as manifestacións a policía xeorxiá empregou axentes antidisturbios, canóns de auga e armas acústicas de alta tecnoloxía para despexar as rúas da capital. O8 de novembro, o presidente declarou o estado de emerxencia en todo o país durante 15 días. O goberno ruso negou as acusacións de ter que ver coas revoltas. O presidente Saakashvili rexeitou as demandas de dimisión feitas pola oposición; porén, anunciou eleccións anticipadas para xaneiro do2008,[12] acurtando a duración do seu mandato nun ano.
O16 de novembro do2007, o presidente de Xeorxia, Mikheil Saakashvili, levantou o estado de excepción do 7 de novembro e destitui o goberno, presentando aLado Gurguenidzeo como primeiro ministro de xeorxia, trala dimisión deZurab Noghaideli por problemas desaúde.[13] No mes de abril do2007 Noghaideli fora operado nosEEUU, no hospital St. Luke's Episcopal deHouston, polo doutor Charles Frazier.
O 22 de novembro do mesmo ano, o novoprimeiro ministro Lado Gurguenidzeo e dous novos ministros Koba Subeliani e Maia Miminoshvili xuraron os seus postos ante oParlamento de Xeorxia.
Mikheil Saakashvili deixou o seu posto de presidente do país o25 de novembro do2007. Xa que, a Constitución de Xeorxia establece que o presidente da república debe deixar o seu posto polo menos 45 días antes das eleccións se quere ser elixido para unha nova quenda. Segundo Ivane Noniashvili, director de prensa da presidencia, Mikheil Saakashvili vaise presentar ás eleccións do2008.[14] A actual voceira do parlamento de xeorxia,Nino Burjanadze asumiu a presidencia en funcións ata ser anunciado un novo presidente nas vindeiras eleccións do8 de xaneiro.
O rexistro para concorrer ás eleccións presidenciais de xaneiro foi pechado o27 de novembro. No rexistro presentáronse 22 persoas, incluíndo o derradeiro presidente ata o momento,Mikheil Saakashvili, o candidato da oposiciónLevan Gachechiladze, o home de negocios Badri Patarkatsishvili, David Gamkrelidze o líder do Novo Partido de Dereita, Shalva Natelashvili líder do Partido Laborista Xeorxián, Irina Sarishvili-Chanturia líder do Partido da Esperanza entre outros.
O27 de novembro anunciouse un referendo para o ingreso da república naOTAN que terá lugar o5 de xaneiro do 2008, o mesmo día cas eleccións presidenciais.[15]
OPoder Executivo está liderado poloPresidente como cabeza do goberno, quen é elixido por un período de cinco anos. O seu sucesor constitucional é o presidente do Parlamento. Actualmente, a Presidenta éSalome Zurabishvili e o seuPrimeiro Ministro é Mamuka Bakhtadze.
OPoder Lexislativo compono oParlamento de Xeorxia (Sak'art'veos Parlamenti) , tamén coñecido comoUmaghiesi Sabcho (Consello Supremo), o cal ten 235 membros, elixidos por un período de catro anos; 150 asentos por representación proporcional, 75 por distritos dun só escano e 10 membros que representan aos desprazados da rexión separatista deAbkhazia. O portavoz do Parlamento é Nino Burjanadze.
OPoder Xudicial conta en Xeorxia cunha Corte Suprema, con xuíces elixidos polo Parlamento considerando as recomendacións do Presidente e unha Corte Constitucional.
O status do antigo distrito autónomo administrativo deOsetia do Sur ouSamachablo está sendo negociado co goberno separatista pro-ruso establecido alí. O goberno separatista reclama a parte norte da rexiónShida Kartli como o seu territorio, así como tamén pequenas zonas das rexións veciñas.
As rexións están subdividas en 70 distritos (xeorxiano:Raioni, რაიონი).
A antiga bandeira foi empregada ata o2004 e a actual impúxose rapidamente, pois a anterior identificábase co réxime estrito e impopular do expresidenteEduard Shevardnadze. Logo da súa caída,Mijáil Saakashvili adoptou o seu uso, argumentando ademais que vai en concordancia coa tradicióncristiá do país. A insignia actual ten aCruz de San Xurxo (presente así mesmo nabandeira de Inglaterra) e catro pequenas cruces, que probablemente corresponden aXurxo V de Xeorxia (tamén coñecido como "O Brillante"), quen expulsou osmongois nomedioevo.
Cultivadores deté preto deChakvaEvolución demográfica de XeorxiaPatriarca xeorxiano ortodoxo
A poboación actual de Xeorxia é de 4.677.401 (estimado a xullo de2005), onde etnicamente os xeorxianos forman a maioría con preto do 83,8% da poboación, osazerís forman o 6,5%, osarmenios o 5,7% e osrusos o 1,5% (a maioría dos rusos emigraron dende que Xeorxia declarou a súa independencia). Osabkhazios e ososetos do sur (e os que están na fronteira conOsetia do Norte) trataron de independizarse de Xeorxia dende a independencia desta. Outros dous gruposkartvelianos viven en Xeorxia: ossvan e osmingrelianos, cun menor número que oslaz, a maioría dos cales vive enTurquía. Son lingüisticamente diferentes pero próximos étnica e culturalmente aos xeorxianos. Hai tamén numerosos grupos máis pequenos no país, incluíndo osgregos,kurdos,xudeus,tártaros,turcos eucraínos.
Dende a caída daUnión Soviética, Xeorxia sufriu un serio colapso da poboación, como a rebelión enAbkhazia,Adjaria eOsetia do Sur, unha fráxil economía e poucas oportunidades de traballo permitiron que centos de xeorxianos emigrasen en busca de traballo, especialmente aRusia. O problema agrávase aínda máis coa baixataxa de natalidade entre a poboación que reside permanentemente no país. Un problema semellante existe na veciñaArmenia. Estímase que a poboación actual é un millón de persoas menor que a que había en1990, e algúns observadores suxiren que o número actual é ata menor. O crecemento da poboación presenta un acusado balance negativo (-1,1% anual), un dos máis baixos do mundo. A fecundidade tamén é baixa (1,4 fillos pormuller). A poboación tende á madureza, pero a proporción de mozos (33,9%) aínda domina sobre a de anciáns (19,4%).
Os xeorxianos considéranse étnica e culturalmenteeuropeos. Oxeorxiano é falado por preto do 85% da poboación, aínda que oruso está bastante estendido, como un dos últimos vestixios da era soviética. Ata hai pouco, a vida dos xeorxianos estaba suxeita aos vaivéns da política e estaba marcada pola escaseza deenerxía eléctrica, pero despois de que Shevardnadze fose deposto o panorama social albíscase máis tranquilo.
Os xeorxianos saúdanse cun apertón de mans e dinGamarjoba (Ola; literalmente, que gañes). As respostas difiren: en saúdos oficiais, respóndese coas mesmas palabras; en circunstancias informais, as persoas responden conGagimarjos (Que ti gañes).Rogor khar? (Como estás?) é un xeito informal para iniciar unha conversa.Rogor brdzandebit? é máis formal.Kargad ikavit significa "Que che vaia ben".Mshvidobit (A paz sexa contigo) emprégase en despedidas de maior significado, xeralmente cando a xente non agarda verse por un longo período de tempo.
O apertón de mans é frecuente ata en encontros fortuítos; darlle unha aperta amigable a alguén ou bicarlle na fazula é tamén habitual, sobre todo entre mozas e mulleres. Os nenos pequenos adoitan recibir caricias e bicos. Un diríxese aos adultos polos seus títulos profesionais seguidos dos apelidos, ou polo seu nome de bautismo seguido deBatono (Señor) ouKalbatono (Señora). O uso dos termos Batono ou Kalbatono con só o apelido é moi formal, de modo que se usan nomes e apelidos na correspondencia e nos medios de comunicación.
Os habitantes deTbilisi acostumaban pasear polas tardes ao longo daAvenida de Rustaveli para atoparse con amigos ou tomar algo nun dos numerososcafés que bordean as beirarrúas. Na recente etapa de violencia nas rúas, retiráronse para a seguridade detelevisións eteléfonos, pero unha crise enerxética que xurdiu en1994 converteu ata isto nunha rara diversión.
A economía xeorxiana virou tradicionalmente ao redor doturismo doMar Negro, o cultivo de cítricos,Té euvas; aminería extractiva domanganeso e ocobre ademais dun pequeno sectorindustrial que produceviño,metais, maquinaria,químicos etéxtiles. O país importa a gran maioría daenerxía que require, incluíndogas natural epetróleo. A súa única fonte importante de enerxía é opoder hidroeléctrico. A pesar do severo dano que a economía doméstica sufriu a razón da guerra civil, Xeorxia -coa axuda doFondo Monetario Internacional e oBanco Mundial- fixo avances económicos substanciais dende1995, incrementando o ritmo do crecemento doproduto interior bruto e reducindo ainflación. A economía continúa experimentando un gran déficit orzamentario debido á imposibilidade de obter ingresos fiscais porimpostos. Xeorxia continúa tamén sufrindo das escasezas de enerxía; privatizouse a rede de distribución en1988, e as entregas están mellorando constantemente.
Xeorxia está fixando as súas esperanzas para unha recuperación a longo prazo no desenvolvemento dun corredor internacional de transporte a través de portos clave no Mar Negro comoPoti eBatumi. O déficit comercial cada vez maior, os continuos problemas coaevasión tributaria e acorrupción, e as incertezas políticas opacan o cadro económico a curto prazo. Con todo, o investimento restablecido podería estimular un desenvolvemento económico máis alto a ritmo do 6%.
Debido ás continuas crises enerxéticas, os apagamentos continúan escurecendo a Tbilisi con regularidade, sobre todo noinverno. Aínda que os apagamentos tiñan, no pasado, inhabilitado o faro da dirección doaeroporto, non aconteceu ningún accidente serio. Dúas aeroliñas locais -Georgian Airlines eAir Georgia- teñenhubs en Tbilisi, desde os cales serven a varias locaciones rexionais. As liñas aéreas máis grandes que serven ao aeroporto sonBritish Airways,Swiss Air eTurkish Airlines;Aeroflot prové o servizo de viaxes de Tbilisi para calquera punto do ex-bloque soviético.
Aautoestrada que conecta Xeorxia conRusia a través da costa deAbkhazia vía o túnel da Gama Caucásima está pechada. Outros puntos de entrada inclúen a ruta pola Autoestrada Militar Xeorxiana, a cal percorre oDariali a través deTurquía,Armenia eAzerbaidján polo sur. Os tres portos máis grandes (Batumi,Poti eSujumi) sitúanse na costa domar Negro. Batumi e Poti son puntos de partida para barcos de transporte de ocasionalmente parten aOdesa,Sochi,Trabzon eIstanbul.
A arquitectura xeorxiana é unha das máis distinguidas e únicas do mundo. Porén, esta foi influenciada e enriquecida por moitas civilizacións ao longo da historia do país. No país atópanse diversos estilos arquitectónicos noscastelos,torres,fortificacións eigrexas. A fortificación deSvaneti e o castelo cidade deShatili en Khevsureti son os mellores exemplos de castelosmedievais xeorxianos.
A arte eclesiástica xeorxiana fai parte dun dos trazos principais da arquitectura cristiá xeorxiana, a cal combina as cúpulas clásicas coas orixinais de cúpula cruzada. As cúpulas cruzadas desenvolvéronse en Xeorxia durante oséculo IX, as cúpulas anteriores eran do tipobasilica. Algúns exemplos da arquitectura eclesiástica xeorxiana poden atoparse noutras terras fóra do Cáucaso, como é o caso domosteiro Bachkovo enBulgaria, construído en1083 polo militar xeorxianoGrigorii Bakuriani. EnGrecia destaca omosteiro Iviron, construído noséculo X, e enXerusalén (Israel) omosteiro da cruz, construído noséculo IX.
Os deportes máis populares en Xeorxía son ofútbol,baloncesto,rugby,loita,judo ehalterofilia. Historicamente, a loita é un deporte importante en Xeorxia e mesmo algúns historiadores cren que aloita grecorromana incorpora moitos elementos xeorxianos[16], actualmente un dos estilos máis populares de loita en Xeorxia é o da rexión de K'akheti. No século XIX foron populares opolo e oLelo, un deporte tradicional xeorxiano substituído polo rugby.
O primeiro e único circuíto de carreiras do Cáucaso está en Xeorxia, oCircuíto de Carreiras Rustavi orixinalmente construído en 1978 e reaberto en 2012 logo da súa total reconstrución[17] nun valor de 20 millóns de dólares, e que se utiliza para competicións deLegends car e Fórmula Alfa.