Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Xenofonte de Atenas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXenofonte de Atenas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 430 a. C.Editar o valor en Wikidata
Erchia, Antiga Atenas(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Mortec. 354 a. C.Editar o valor en Wikidata (75/76 anos)
Corinto, GreciaEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTomb of Xenophon in Scillous(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Estratego
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofíaEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador, militar, filósofo, mercenario, escritorEditar o valor en Wikidata
ProfesoresSócrates,Pródico de Ceos eIsócrates de AtenasEditar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosDiodorus, Grilo (filho de Xenofonte)Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Enciclopedia militar SytinEditar o valor en Wikidata
BNE: XX1152182

Xenofonte ou en gregoΞενοφῶν, nado no430 a. C. e finado no354 a. C., foi un historiador, militar e filósofogrego, coñecido polos seus escritos sobre a cultura e historia deGrecia.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Nace enAtenas nodemo deErquia, na segunda metade doséculo -V, no seo dunha familia acomodada. A súa infancia e mocidade transcorreron durante aGuerra do Peloponeso (431-404) na que participou formando parte das forzas ecuestres. Foi discípulo deSócrates, e escribiu diálogos inspirados na súa persoa. Durante o goberno dosTrinta Tiranos, Xenofonte uniuse a unha expedición de mercenarios gregos aPersia coñecida como aExpedición dos Dez Mil, contratados polo príncipe persaCiro o Xove (con quen trabou amizade), que se enfrontaba co seu irmán máis velloArtaxerxes II, o rei dePersia. Á morte de Ciro nabatalla de Cunaxa, a expedición quedou abandonada á súa sorte, polo que se tivo que abrir paso a través de 1.500 quilómetros de territorio hostil ata chegar ao mar en Trapezonte, onde se puido escoitar o famoso berro «θάλαττα! θάλαττα! /thalatta! thalatta!» (« O mar! O mar!») lanzado polos gregos ao enxergaren oPonto Euxino á saída das montañas. O relato de Xenofonte sobre esta expedición leva por nomeAnábasis, e é a súa obra máis coñecida.

Tras regresar a Grecia, Xenofonte entra ao servizo do reiespartanoAxesilao II, que comandaba un corpo expedicionario grego para protexer as cidades gregas deAsia Menor dos persas (-396). Con todo, a alianza grega pronto se rompeu e no-394 tivo lugar abatalla de Coronea, na que Esparta se enfrontou a unha coalición de cidades gregas da que formaba parte Atenas. Xenofonte tomou parte na batalla, ao servizo de Axesilao, polo que foi desterrado da súa patria. En calquera caso, os espartanos distinguírono primeiro coaproxenía (honores concedidos a un hóspede estranxeiro) e máis tarde cunha leira en territorioeleo, enEscilunte, preto deOlimpia, na que comezou a escribir parte da súa prolífica obra. Aquí uníuselle a súa esposa, Filesia, e os seus fillos, os cales foran educados en Esparta.

No-371 tivo lugar abatalla de Leuctra, trala cal os eleos recuperaron os territorios que lles foron arrebatados previamente por Esparta, e Xenofonte tivo que trasladarse aCorinto. Ao tempo, o poder emerxente deTebas orixinou unha nova alianza espartano-ateniense contra Tebas, polo que lle foi levantada a prohibición de volver á súa patria. Con todo, non hai evidencia de que Xenofonte retornase a Atenas.

Nas súas obras maniféstase hostil cara á democracia ateniense e oriéntase cara a formas máis autoritarias, como as que coñeceu en Esparta e enPersia.

Obra

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Versión en galegoArquivado 16 de abril de 2021 enWayback Machine. na páxina web deRinoceronte Editora.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • J.K. Anderson,Xenophon, London Classical Press, Londres, 2001 ;
  • H.R. Breitenbach, q.v.,Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft, 9A2, 1967, col. 1569–2052 ;
  • E. Delebecque,Essai sur la vie de Xénophon, Belles Lettres, París, 1957 ;
  • J. Luccioni,Les idées politiques et sociales de Xénophon, publications de la Sorbonne, París, 1957.
E-books en liña coas obras de Xenofonte (Proxecto Gutenberg(eninglés)

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xenofonte_de_Atenas&oldid=7133705»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp