Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Xenitivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Oxenitivo é o nome duncaso que naslinguas flexivas é utilizado en substantivos, adxectivos e pronomes para indicar que a palabra realiza afunción deComplemento do Nome ouModificador, aínda que pode aparecer tamén noutras como a de complemento dun verbo,Complemento Circunstancial etc:polaco "dobrej szafy" ("de bo armario")

Proceden do xenitivo frases petrificadas que en galego xeraron un vocábulo: FIL(IU) ECCLESIAE >fregués, AURI FRESU >ourive, COMITE STAB(U)LI >condestable, os días da semana: (DIES) MARTIS >martes, (DIES) IOVIS >xoves, (DIES) VENERIS >venres, (DIES) LUNAE >luns, (DIES) MERCURII >mércores[1].

Xenitivo saxón

[editar |editar a fonte]

O xenitivo saxón e unha das poucas pegadas "flexivas" que permanecen noinglés actual: "Antonio's brother came yesterday". Esta construción gramatical empregase para indicar ao "posuidor".

Hoxe en día, moitos lingüistas negan que o xenitivo saxón sexa un caso. Arguméntano dicindo que se converteu nunha partícula clítica que, aínda que sempre aparece xunto a un nome, está claramente separada del:"The ambassador of Iceland's wife was very welcome". Se o 's que aparece detrás deIceland fose un caso do nome, entón a muller seríao do país Islandia. Mentres que do xeito no que se emprega en inglés, a muller é o caso de todo o sintagma nominal"The ambassador of Iceland".

Leonard Bloomfield no seu libroLanguage (1935, pp. 203–6), clasificou o xenitivo saxón como undeterminante máis. Da mesma forma cós outros posesivos"my, your, his,...".

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Cun -s engadido en analoxía co martes, xoves e venres, onde é etimolóxico.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xenitivo&oldid=5633916»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp