Unxel[1] (do lat.gelu- conxelar, frío,xeo ougelatus- conxelado, inmóbil) é un material aparentemente continuo, comoxelea, que forma unha solucióncoloidal onde a fase dispersa ésólida e a fase continua élíquida, formando unha estruturatridimensional coherente que dá lugar apropiedades reolóxicas características. Esta estrutura pode conter grandes cantidades de líquido, o que lles confire un aspecto xelatinoso.. Aínda que se poidan considerar comolíquidos, con todo compórtanse comosólidos. Un exemplo é axelatina.
Moitos xeles presentantixotropía - tórnanse fluídos cando se axitan, mais re-solidifícanse ao repousar.
Substituíndo o líquido porgas é posíbel preparar aeroxeles, materiais con propiedades excepcionais tales como unha densidade moi baixa e un illamento térmico excelente.
Os xeles pódense formar por diferentes procesos, entre eles a xelificación por arrefriamento, a xelificación por evapo-concentración, a xelificación por acción de enzimas e a xelificación por adición de axentes xelificantes. Neste último caso, os axentes xelificantes, como a pectina ou a xelatina,[2] incorporan-se nun medio acuoso, que, ao arrefriar, forman unha rede tridimensional que atrapa aauga, dando lugar ao xel.
Os xeles pódense clasificar de diversas maneiras, dependendo da natureza das partículas que forman a rede (orgánicos, inorgánicos, biolóxicos), a natureza do medio de dispersión (hidroxeles, organoxeles) ou a temperatura de xelificación (xeles térmicos, xeles termorreversibles).
A principal característica dos xeles é a súa capacidade para manter grandes cantidades de líquido na súa estrutura, o que lles confire a súa textura xelatinosa. Tamén destaca a súa capacidade tixotrópica, é dicir, a súa capacidade para comportarse como líquidos cando son agitados e como sólidos en repouso.
Os xeles teñen numerosas aplicacións en diferentes sectores. Naalimentación, son utilizados como axentesespesantes e estabilizantes, dando textura a produtos como doces, marmeladas ou iogures. Na industriafarmacéutica, son utilizados na formulación demedicamentos, permitindo a liberación controlada deprincipios activos. Tamén son utilizados na elaboración deapósitos dehidroxel,[3] que manteñen un ambiente húmido favorecedor da curación en feridas e queimaduras.
|
---|
Estados | |
---|
Baixa temperatura | |
---|
Outros estados | |
---|