O xecónidos encóntranse nas zonas declimas temperados etropicais de todo o mundo, sendo particularmente numerosas as especies que habitan nas úlimas mencionadas.
Sonlagartos de pequeno a mediano tamaño decorpo rugoso e deprimido,ollos prominentes conpupila vertical e senpálpebras,patas provistas de láminas adhesivas que lles permiten adherirse ás superficies ecola da que se poden desprender en caso de perigo.
Os xecos teñen varios trazos peculiares que os distinguen claramente doutros lagartos. Son únicos pola súa vocalización, xa que emiten sons estridentes nas súas interaccións con outros xecos. Son de hábitos nocturnos, con ollos enormes e dotados de pupilas verticais lobuladas que permiten unha extraordinaria marxe de variación na súa abertura. Moitas especies teñen almofadiñas adhesivas nas plantas dos pés que lles permiten escalaren superficies lisas verticais e incluso transitaren polos teitos das casas con facilidade. Estas habilidades son ben coñecidas entre as persoas que viven en climas temperados, subtropicais e tropicais, onde varias especies de gecos adoitan pasaren ao interior das casas. Estas especies (por exemplo aosga) case forman parte do mobiliario e raramente son molestadas, dado que se alimentan deinsectos.
Prestouse moita atención ás patas dos xecos, xa que se adhiren a moitos tipos de superficie sen necesidade de líquidos ou de tensión superficial. Recentes estudos das sedas (peliños) das plantas dos pés destes animais demostraron que as forzas atractivas que mantenen os xecos adheridos ás superficies son asforzas de Van der Waals.
A cor da maioría das especies varía entre tons pardos e gris escuro. Algunhas poden cambiar de cor paracamuflarse co contorno ou cando se estresan. Porén hai outras que teñen cores brillantes.
Os xecónidos son lagartos xeralmente nocturnos earborícolas. Como a maioría dos lagartos, comeninsectos. Os xecos son os únicosescamosos cuxosovos posúen casca dura.[10] Algunhas especies sonpartenoxenéticas, é dicir, as femias poden reproducírsense sencopular cun macho. Isto aumenta a capacidade destes xecos para estendérense ás illas. Moitos xecos viven en grupos e emiten chíos e outras vocalizacións para comunicárense entre eles.
Un caso notábel é o dos xecos do xéneroPtychozoon, que teñen membranas de pel nas patas e nos costados do corpo que actúan como paracaídas para suavizar os seus descensos cando se lanzan dunha árbore a outra.
O xecónidosvolucionaron probabelmente durante oCretáceo inferior e, hai uns 100 millóns de anos xa estaban ben adaptados para un estilo de vida escansorial,[11] un tipo de locomoción caracterizada polos movementos rápidos de escape.[12]
↑Han, D.; K. Zhou, & A. M. Bauer (2004): "Phylogenetic relationships among gekkotan lizards inferred from c-mos nuclear DNA sequences and a new classification of the Gekkota".Biological Journal of the Linnean Society83: 353– 368.
↑Gamble, T., A. M. Bauer, E. Greenbaum, & T. R. Jackman (2008): "Out of the blue: A novel, trans-Atlantic clade of geckos (Gekkota, Squamata)".Zoologica Scripta37: 355-366.
↑Gamble, T., A. M. Bauer, E. Greenbaum, & T. R. Jackman (2008): "Evidence for Gondwanan vicariance in an ancient clade of gecko lizards".Journal of Biogeography35: 88-104.
↑Gamble, T., A. M. Bauer, G. R. Colli, E. Greenbaum, T. R. Jackman, L. J. Vitt & A. M. Simons (2011): "Coming to America: Multiple Origins of New World Geckos".Journal of Evolutionary Biology24: 231-244.
↑Gabriela Fontanarrosa, Juan D. Daza & Virginia Abdala (2017): "Cretaceous fossil gecko hand reveals a strikingly modern scansorial morphology: Qualitative and biometric analysis of an amber-preserved lizard hand".Cretaceous Research. doi:https://doi.org/10.1016/j.cretres.2017.11.003.
↑Pyron, R. Alexander, Frank T. Burbrink & John J. Wiens (2013): "A phylogeny and revised classification of Squamata, including 4161 species of lizards and snakes".BMC Evolutionary Biology 201313: 93.doi10.1186/1471-2148-13-93
Arnold, E. N. & Poinar, G. (2008): "A 100 million year old gecko with sophisticated adhesive toe pads, preserved in amber from Myanmar".Zootaxa1847: 62–68.
Barrio-Amorós, C. L. & Ortiz, J. C. (2016): "Venezuelan geckos (Gekkonidae, Phyllodactylidae, Sphaerodactylidae) in the collection of the Universidad de Concepción in Chile, with description of the type series of Gonatodes ligiae and Gonatodes petersi (Sphaerodactylidae)".Zootaxa4136 (3): 537–552.
Han, D.; Zhou, K. & Bauer, A. M. (2004): "Phylogenetic relationships among gekkotan lizards inferred from C-mos nuclear DNA sequences and a new classification of the Gekkota".Biological journal of the Linnean Society83 (3): 353–368.
King, C. M., Roberts, C. D., Bell, B. D., Fordyce, R. E., Nicoll, R. S., Worthy, T. H., Paulin, C. D., Hitchmough, R. A., Keyes, I. W., Baker, A. N., Stewart, A. L., Hiller, N., McDowall, R. M., Holdaway, R. N., McPhee, R. P., Schwarzhans, W. W., Tennyson A. J. D., Rust, S. & McCadie, I. (2009): "Phylum Chordata: lancelets, fishes, amphibians, reptiles, birds, mammals. Pp. 431–551, en: Gordon, D. P. (ed.)New Zealand inventory of biodiversity. Volume 1. Kingdom Animalia. Radiata, Lophotrochozoa, Deuterostomia. Christchurch, New Zealand: Canterbury University Press.ISBN 978-1-8772-5772-8.
Young, J. Z. (1977):La vida de los vertebrados. Barcelona: Editorial Omega.ISBN 84-2820-206-0.